"Calo"

(Ultima actualizaci??30-08-2019)

Brúa en Compostela

- concertos-

Sábado 31 de agosto ás 14:30h no Embora Bar Cultural

Brúa nace da amizade agromada á calor das foliadas compostelás. Traballan partindo fundamentalmente da tradición galega, incluíndo tamén pezas de tradicións irmás, como a asturiana ou a portuguesa, e tamén algunhas de composición propia.

No seu son, baseado na linguaxe do folk atlántico, nótase o pulso das foliadas e máis o contacto con outras músicas europeas. Gostan dun estilo directo e sinxelo, máis coidando os arranxos e pondo espec(...)

(Ultima actualizaci??24-07-2019)

Festas do Apostolo (Compostela)

- concertos-

19 de xullo 

*XLI Torneo de chave Festas do Apóstolo. Parque da Alameda.A carón da Escola Infantil de Santa Susana

19.30 h Torneo feminino

20.30 h Torneo masculino 

*22.30h Pregón desde os balcóns do Pazo de Raxoi a cargo de Luis Zahera. Praza do Obradoiro

*23.00h Concerto: Zalón. Praza do Obradoiro

*23.00h Concerto: Budiño. Praza da Quintana

*23.30h Concerto: Kind of Soul. Praza do Toural

 

20 de xullo

*'Día do Traxe Galego'

11.30 h Concentración de participantes na  Alameda e de(...)

Presentación do Libro-CD Son da Maía en Calo (Teo)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??15-02-2019)

- concertos-

🗓O sábado 16 de febreiro ⏳ás 18:00

📍 estaremos na casa común de Calo. Teo `Marisa Mirás´

🎤presentando o libro-cd `SON DA MAÍA´ Xermán V. Soneira o ghaiteiro da Maía.

🎙🎞📟Faremos un repaso polo folclore da parroquia de Calo dende a retrospectiva do val da Maía con música o vivo.

🎼🎶🎵Quedades tod@s convidados-as.

A Vacaloura Vermella en Vigo (San Brais 2019)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??31-01-2019)

- concertos-

XOVES 31 as 22H

A Vacaloura Vermella

Grupo folk de Mos

Eles mesmos se denominan axitadores de festas, vaciadores de bodeghas e papadores de pinchos.

Un ano mais estarán connosco os nosos amigos da Vacaloura vermella!

Esperanos unha noite larga de troula !

Imos San Blas !!!

RESERVAS: 667088499

2018

As Cantigas De Elena Na Cosechera (Lugo)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??23-11-2018)

- concertos-

Sábado, 24 de novembro

AS CANTIGAS DE ELENA

As Cantigas de Elena é un proxecto que recompila melodías recollidas a Elena Alonso Pino (Toutón, 1 de xullo de 1928) por parte de María Vidal, Pichi Abollado e o seu neto, Pipo Alvariño.

Elena recordaba multitude de melodías, moitas delas moi antigas, e as cantaba dun xeito irrepetible. Tras unha sobremesa da cea de noite boa do ano 2016, Pipo Alvariño, María Vidal, Pichi Abollado e Miryam González acordaron que as fermosas melodías que conser(...)

Freixo Rock 2018 (Vigo)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??14-09-2018)

- concertos-

Festival 100% autoxestionado e no que non se cobra entrada que terá lugar o 14 e 15 de setembro no Freixo, Vigo.

Os grupos que forman o cartel son:

- JOSETXU PIPERRAK and The Riber Rock Band

- RADIOCRIMEN

- ARKADA SOCIAL

- SKAKEITAN

- FALPERRYS

- THE SKARNIVALS

- MASKARPONE

- OS VACALOURAS

- OS ROSMÓNS

- DEMENCIA SONORA

- FURANCHAZO

(Ultima actualizaci??10-09-2018)

Freixo Rock 2018 (O Freixo. Vigo)

-

Festival 100% autoxestionado e no que non se cobra entrada que terá lugar o 14 e 15 de setembro no Freixo, Vigo.

Os grupos que forman o cartel son:

- JOSETXU PIPERRAK and The Riber Rock Band

- RADIOCRIMEN

- ARKADA SOCIAL

- SKAKEITAN

- FALPERRYS

- THE SKARNIVALS

- MASKARPONE

- OS VACALOURAS

- OS ROSMÓNS

- DEMENCIA SONORA

- FURANCHAZO

(Ultima actualizaci??07-09-2018)

II Revolta Do Umia en Vilar de Mato , Cuntis

- concertos-

Sábado 8 de Setembro:

-12:00 Alborada por Vilar do Mato x Grupo Folclórico Hai que Roelo

-11:30 Roteiro Interpertativo - Exposicion de laminas da biobersidade x Alba González Picáns

-13:00 Monologo x #LoisPerez

-14:00 Sesion Vermú x A Vacaloura Vermella

-15:00 Xantar Popular

*Sobremesa Regueifas - Quique Estévez - Mani Braga

-17:00 Xogos e Obradoiros na contorna do rio

-18:30 Agrupacion de Baile e Musica Tradicional de Cuntis

-- 20:00 -- CONCERTOS --

- A Vacaloura Vermella (Folk(...)

(Ultima actualizaci??24-08-2018)

IV Festival Intercéltico Son do Pazo (Mos)

- concertos- festivais-

Venres 31 de agosto a partires das 22:30h

AIRIÑOS DO CASTELO

LEILÍA

H2FOLK

Sábado 1 de setembro

A Vacaloura Vermella, As Maimiñas, Treboada Baixo Miño, Xisco Feijoo

E a partires das 21:30h

XABIER DÍAZ E ADUFEIRAS DE SALITRE

BACKWEST (IRLANDA)

ANDOA

Entrada de Balde

(Ultima actualizaci??24-08-2018)

XVI edición do Festival Terra Brava (O Incio)

- concertos- festivais-

Sabado 25 de agosto

Sesión vermú e sesión de tarde a cargo dos grupos Balkan Paradise Orchestra e as Vikingas. E a partir das 21:00 horas, actuación dos grupos Faiscas da Pontagra, BÖJ, Ruxe Ruxe e Vacalouras

(Ultima actualizaci??09-08-2018)

Festa Galega en Malpica

- concertos-

Cada vez falta menos para un dos grandes acontecementos do verán, a nosa Festa Galega, que cumpre 11 anos e que volve acompañada dunha Feira Medieval Mariñeira para garantir a animación da mañá á noite. Catro grandes nomes da música tradicional galega pasarán polo escenario do porto entre os días 17 e 18 de agosto: Susana Seivane, Os da Porfía, Luar na Lubre e Coanhadeira. E non serán os únicos, porque, como é costume, na Festa Galega contamos coas agrupacións de música tradicional do noso conce(...)

(Ultima actualizaci??20-07-2018)

XIII Festival da Chaira (A Pastoriza. Lugo)

- concertos- festivais-

Sábado, 21 de xullo

A XIII edición do Festival da Chaira organizado pola Asociación A Chaínza será o 21 de xullo en Baltar, A Pastoriza. Todas as actividades programadas realízanse na contorna da área recreativa da praia fluvial da Riboira. Este festival tenta promover a defensa, protección e divulgación do patrimonio cultural galego.

A asociación cultural A Chaínza leva doce anos encargándose de definir o programa do Festival dá Chaira.

Este ano, o programa dará comezo coa Ruta A E(...)

(Ultima actualizaci??06-07-2018)

XXI Música na Noite en Calo (Teo)

- concertos-

Sábado 7 de xullo a partires das dez da noite, con Desequilibrio Mental, A Compañía do Ruído, Pito de Pikasso Cuarta Xusta e Chorima

(Ultima actualizaci??19-04-2018)

FESTA DA SEMENTEIRA DO MILLO 28 - 29 ABRIL EN MATAMÁ (VIGO)

- concertos- SEMENTEIRA-

A Asociación COLECTIVO CULTURAL ALTERNATIVO MALAHERBA, xa estamos preparando a sétima edición da FESTA DA SEMENTEIRA DO MILLO que se celebrará en Matamá (Vigo) os días 28 e 29 de abril.

A festa comezará o sábado 28 coas xa tradicionais OLIMPIADAS DO CAMPO para pasar unha tarde de deporte e bo humor participando en diversas probas como o : "lanzamento de sacho", "debullar millo", "lanzamento de boina", "carreira de trespés", ....

Xa á tardiña actuará o coñecido mús(...)

(Ultima actualizaci??22-02-2018)

Noitiñas de Teo

- Festa-

Venres 23 de febreiro ás 22:30h

Bar A capilla (Calo).

2017

(Ultima actualizaci??01-12-2017)

Nunca Máis Fest: Vigo

- concertos-

Venres 1 de decembro ás 19:30h

Transylvania Metal Pub Vigo.

Rogelio Abalde nº16.

Vigo.

Nunca Máis Fest é unha iniciativa espontánea que xorde de diversos músicos da cidade de Vigo de querer facer o que mellor saben para axudar a todas os damnificados polos incendios que arrasaron os montes de Galicia o pasado mes de outubro e que deixaron desolación e mortes ao seu paso.

Día 1 de decembro ás 19.30 h

- Sparkle Queens

- Martillo

- Lapsus Mentis

- Dioivo

- Iron Hunter

- 1987

- (...)

(Ultima actualizaci??04-11-2017)

Concerto Expansivo por un Monte Vivo

- concertos-

O Concerto Expansivo por un Monte Vivo celébrase simultáneamente o sábado 4 de novembro en:

OURENSE. 21h

El Pueblo Café Cultural: Ménage à trois grupo, Blues do País, Thetetasvan Van e O Sonoro Maxín.

COMPOSTELA

21h A Gramola Café: Regueifesta e Banda da Gramola

20h Gentalha Do Pichel: Gergelyes, Paula Carballeira e Foliada Popular

FERROL 22h

Fundaçom Artábria: Rottentown e Iron Hunter.

MOS 18h

CSCD As Pedriñas: Asacocirco Compañia, A Vacaloura Vermella e Tanto Nos Ten (TNT) Mús(...)

(Ultima actualizaci??02-11-2017)

Magosto-Folk 4 de novembro en Tameiga (Mos)

- concertos-

Sábado 4 de novembro ás 18:00h

CSCD As Pedriñas.

Avda. do rebullón 23.

Tameiga.

Este ano o magosto do gosto será nas Pedriñas. Circo familiar ás 18:00 con Asacocirco, Regueifas có viño e as castañas para rematar á noite cós grandes de Tanto Nos Ten e Vacaloura Vermella.

(Ultima actualizaci??02-11-2017)

40 anos de “Fonte do Araño” (1977-2017), Reedición conmemorativa

- concertos-

Este xoves 2 de Novembro, as 20 horas, na Fundación Luis Seoane de A Coruña terá lugar a audición e presentación da reedición dun disco transgresor e histórico na música galega. O acto, gratuíto, consistirá na escoita completa do LP (dez cancións) seguida dunha conversa aberta entre o autor Emilio Cao e o público. Esta edición limitada de “Fonte do Ara&nti(...)

(Ultima actualizaci??01-09-2017)

VI Festival do Paradiso (Monforte de Lemos)

- concertos-

Sábado 2 de setembro ás 21:00h

Monforte de Lemos.

6º edición do Festival do Paradiso organizado pola asociación cultural Náufragos do Paradiso cas bandas

Terbutalina

BALA

Chotokoeu

Os Vacalouras

The Poet's Silence

Cadela Asasina

Dj Darius Weis

Sábado 2 de setembro no Parking dos Condes (Monforte de Lemos) a partir das 20h, entrada de balde. Cantos de taberna pola tarde por diferentes bares de Monforte

(Ultima actualizaci??21-07-2017)

XIV Festival Folclórico Carneiro ao Espeto en Moraña (Pontevedra)

- concertos-

O sábado, 22 de xullo, a partir das 20:00 horas, no patio da Casa de Cultura ADR Castelao de Moraña,celebrarase o XIV Festival Folclórico Carneiro ao Espeto, organizado pola Asociación Cultural Seixebra de Moraña

Este ano acompañarán a Seixebra a Asociación Cultural Etnográfica La Arracada, de Zamora; as pandereteiras Riscadela, de Calo (Teo) e a Banda de Música Nova Lira, de Moraña.

(Ultima actualizaci??08-07-2017)

XVI Festival Retrouso e IV Retro-Foliada (Cela - Bueu)

- Festa- festivais- Retrouso de Cela-

Xa está aquí, un ano máis, o FESTIVAL RETROUSO!!!

Convidámosvos a que veñades ao Eirado de Cela (Bueu) o vindeiro sábado 8 de xullo a partir das 21:00h.

Nesta XVI edición contaremos coa participación do grupo Pousos da Area de Marín e Andorinhos de Espargo que chegan dende a localidade de Aveiro, no país veciño.

Ademais, as distintas formacións da nosa asociación farán coma vén sendo habitual a súa actuación de baile, de gaita e de pandeireta.

E tralo gran éxito acadado nos anos ante(...)

(Ultima actualizaci??23-06-2017)

Rock in Freixo (Valadres-Vigo)

- concertos-

Venres 23 de xuño, con Os Vacalouras, Fanfarria taquikardia, Demencia Sonora,...

(Ultima actualizaci??17-06-2017)

Medomedá, a Banda de Balbina e Carne de Pescozo en Calo (Teo)

- concertos-

Sábado 17 de xuño ás 21:30h na Carballeira de Cornide (Calo-TEO).

Organizado polo Concello de Teo e Medomedá .

(Ultima actualizaci??21-04-2017)

7ª Noite da Lusofonia en Lugo

- concertos- aPenultima- Clavicembalo-

Venres 21 de abril ás 23:00h

Club Clavicémbalo.

Rúa Paxariños, 23.

Lugo.

7ª Noite da Lusofonia: Gonçalo Guerreiro (Portugal)

21:00 Jantar lusófono no Lar da Cultura do País (Carril das Hortas, 1 baixo)

Preço: 15 euros

23:00 Atuação de Gonçalo Guerreiro (Clube Clavicémbalo)

Entrada: 3 euros

Pack jantar+concerto=15 euros

(Ultima actualizaci??08-04-2017)

IX FestiVal da Maía (Bertamiráns. Ames)

- concertos-

Sábado 8 de abril ás 20:30h

Casa de Cultura de Bertamirans.

Pr. Chavián, S/N.

Amés.

O vindeiro sábado 8 de abril agardamos por todxs vós para o #IXFestiValdaMaía!

Xunto a Maianas estarán Coribantes (Ponte Caldelas), Ghalos do Curral (Pontevedra), Pousos da Area (Marín) e Pola Corda (Calo). E tamén teremos uns presentadores de luxo, Julio e Carlos, que de seguro xa coñecedes do ano pasado: Luuuumeeee!!! :D

Con estes musicazos e coa entrada de balde... A cousa é para non perdela!

(...)

2016

(Ultima actualizaci??06-11-2016)

Novo disco de Guadi Galego: O mundo está parado

-

Guadi Galego volta á escena cun novo traballo en novembro: O MUNDO ESTÁ PARADO

Co seu anterior LUAS DE OUTUBRO E AGOSTO (Fol Música 2014), a compositora GUADI GALEGO conseguiu conquistar a público e crítica cun disco extraordinario, cheo de cancións fermosas, melodías sublimes e letras moi persoais.

O vindeiro 4 de novembro Guadi vai publicar o seu terceiro disco en solitario, O MUNDO ESTÁ PARADO, un conxunto de cancións onde a pluralidade a universalidade e á vez a diversidade están prese(...)

(Ultima actualizaci??28-10-2016)

CoMcORdAs (jazz / swing)

- concertos- aPenultima- AturuxoBar-

Domingo 30 de outubro ás 13:00h

Aturuxo Bar (Bueu).

Pazos Fontenla, 59.

Bueu.

O swing, o jazz e os ritmos xitanos son algúns dos xéneros de música que engloban o espectáculo do CoMcORdAs que, polo feito de tocaren só instrumentos de corda, non deixan de sorprender a través dos recursos destes, do escenario minimalista e acolledor.

Constituído por António Negro na guitarra solo, Gonçalo Rafael no baixo acústico e Gil Duarte na guitarra ritmo, forman o grupo en xullo de 2006 coa int(...)

(Ultima actualizaci??09-10-2016)

Concerto de Milo Ke Mandarini (Vilar de Santos. Ourense)

- concertos-

Xoves 13 de outubro ás 20:30h

A Arca da Noe.

Rua do Forno, 13, Vilar de Santos.

Ourense.

13 de outubro, às 20h30, aterra na Arca, MILO KE MANDARINI

Milo Ke Mandarini surge da necessidade de compartilhar uma forma muito pessoal de sentir a música tradicional e a cultura popular da área mediterrânea. Toledanos de origem, Carlos Ramírez e Isabel Martín formam este dúo desde que no ano 2008 começam a ir a diferentes palcos e festivais folk da península.

Alimentados por uma incesante pa(...)

(Ultima actualizaci??01-08-2016)

Festival Revenidas 2016 (Vilaxoán de Arousa)

- concertos-

Venres 19 de agosto

Horarios non definitivos.

No Escenario Mahou con:

20:00 h. Poetarras

22:00 h. Gabriel o Pensador

00:45 h. Juantxo Skalari Kluba & #LaRudeBand

03:25 h. Familia Caamagno

Escenario Turismo Rías Baixas con:

22:50 h. Brinkadelia Troupe

23:40 h. #Malandrómeda

02:00 h. Itaca Band

#DjCrebinsky

Sábado 20 de agosto

A música con entrada de pago comezará no escenario Turismo Rías Baixas co Sonoro Maxín.

21:00 h. O Sonoro Maxín

23:30 h. Falp(...)

(Ultima actualizaci??08-07-2016)

Festival Música na Noite en Calo - Teo

- concertos- festivais-

Sábado 9 de xullo

https://goo.gl/maps/1i3vbqfvNto

Malandrómeda

Zurrumalla

Barbitúricos

O Sonoro Maxín

Airiños do Maycar

(Ultima actualizaci??08-07-2016)

XV Festival Retrouso e III Retro-Foliada en Cela (Bueu)

- festivais-

Xa está aquí, un ano máis, o FESTIVAL RETROUSO!!!

Convidámosvos a que veñades ao Eirado de Cela (Bueu) o vindeiro sábado 9 de xullo a partir das 20:30h.

Nesta XV edición contaremos coa participación das pandereteiras Lina e Lola, do Morrazo.

Ademais, as distintas formacións da nosa asociación farán coma vén sendo habitual a súa actuación de baile, de gaita e de pandeireta.

E tralo gran éxito acadado nos anos anteriores, repetimos coa RETRO-FOLIADA!!!

A partir das 22:00h. gran folia(...)

(Ultima actualizaci??13-05-2016)

Maio nas Crechas (Compostela)

- aPenultima- Crechas-

Xoves 12 21h 3€

VIRANDEIRA FOLK

Virandeira Folk prosegue adiante na súa andadura polo panorama musical galego coa presentación dun novo disco, Metamorfose, unha proposta musical viva, fresca, moderna e singular. A banda viguesa acadou unha gran recepción por parte da crítica en 2012 cO seu debut discográfico, Sons do Atlántico. Virandeira é unha banda de folk fusión que aposta pola mestura de xéneros, estilos e sons. Unha visión da música que foxe do contemporizador na procura do ecléctico, f(...)

(Ultima actualizaci??28-04-2016)

Concerto Tumba E Dálle en Barreiros (Lugo)

- concertos-

Venres 29 de abril

Sala O Que Che Dixen 2

San Miguel de Reinante, 27790 Barreiros

Chega o esplendor da primavera, e con ela agroman as flores, os paxaros cantan e os gaiteir@s desempolvan os seus traxes porque empezan as citas musicais e os bolos estivais.Lumeeee!!! E que mellor xeito de facelo para nós que facelo na casa, ante a nosa xente e no calor que desprende o sentirse arroupado polos teus.

Así que mañá venres (noite do venres para o sábado) a iso das 12.30 agardámosvos na Sala O(...)

(Ultima actualizaci??22-04-2016)

Festa da Sementeira do Millo de Matamá (Vigo)

- concertos-

Sábado 23 de abril

Un ano máis o Colectivo Malaherba organiza e celebra a Festa da Sementeira do Millo de Matamá os días 23 e 24 de abril.

O sabado 23 comezaremos ás 16:00 coas xa famosas e celebres OLIMPIADAS DO CAMPO (Anótate e participa) que estaran amenizadas polo grupo de batucada BATE NO COBRE.

Ás 19:00 teremos unha CHARLA/COLOQUIO: Petroglifo de Redondelos, Presente e Futuro, onde intervirán Xulio Fdez. Pintos, Xosé Lois Vilar e Manolo Ledo.

Ás 22:00 teremos un monólogo a ca(...)

(Ultima actualizaci??01-04-2016)

VIII FestiVal da Maía (Bertamiráns. Ames)

- concertos-

Sábado 02 de abril

Casa da Cultura, Bertamiráns (Ames)

Organizan: Asociación Cultural Val da Maía e Maianas.

Participan: Maianas (Ames), Coribantes (Pontecaldelas), Estivada Tradicional (Calo-Teo), Ghalos do Curral (Pontevedra) e os acordeonistas de Lume na Lareira (A Estrada).

(Ultima actualizaci??01-04-2016)

III Encontro de Cantareiras en Barallobre (Fene)

-

Sábado 9 de abril ás 20h no local da Liga de Amigos de Barallobre

Organizan:

A Liga de Amigos de Barallobre e a Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene”

Participan:

Xerfa (Airiños de Fene)

Riscadela (Calo - Teo)

Xirifeiras (Airiños de Fene)

Drizas de Dorneda (Oleiros)

(Ultima actualizaci??26-02-2016)

XII Edición. VENRESPIRAR - Ourense

- Festa-

Volta o Venrespirar, arrincamos o vindeiro Venres 26 de Febreiro no Liceo de Ourense a partir das 22:00h, preparade os sapatinhos, instrumentos e voces, ..., Vinde gastar pista con nós.

Este venres, nas músicas:

Irmáns Castro e acompañantes. "Os Lubicáns"

Carapaus

No tramo final, despois do sorteo da CESTA, aberto a persoas ou grupos que queirades tocar, simplesmente deberedes comunicalo ás persoas da organización para establecer unha rolda de quendas.

Baile e boa música aseguradas e (...)

2015

(Ultima actualizaci??12-11-2015)

Concerto De Tres Pesos Na Gentalha Do Pichel (Compostela)

- concertos- aPenultima- gentalha-

Venres 13 de novembro ás 22h30

Felisa segade, Estevo Lamas e Xosé Antón Ferreira som Tres Pesos. Tres jeitos de fazer, tres adictos à nossa música, tres caras da mesma moeda. Um projecto, um sonho. Tres músicas, tres vozes e tres vidas ligadas a duzias de projectos culturais; Malveiras, Colexiata, Pradairo, Limagoia, A Ponte Vella, Ker-cuez, Estivada de Calo, Arreixeira, Leilía, Liceo de Noia, Brincadeira,... centos de horas sobre o cenário e miles fora del sonhando com a nossa música, com a (...)

(Ultima actualizaci??30-10-2015)

CASTAÑAZO ROCK 2015 (Chantada)

- concertos-

Sábado, 31 de outubro ás 12:00

Mercado Gandeiro Chantada (Lugo)

CASTAÑAZO INFANTIL 2015 - ARTE NA RÚA ITINERANTE

11:30h. DABOAPIPA - música e contos. Pza. da Paz

12:30h. PETER PUNK - circo e malabares. Rúa Leonardo Rodríguez

(se chove será no Auditorio Municipal e na Casa da Música, respectivamente)

VI Concurso de Cantos de Taberna.

entre as 15:00 e as 18:00 horas

Participan:

Punkdereteiras.

Lucecús.

Os fedechinchos.

Searas.

Mariñeiros do Monte.

Trinzadura.

Rilhacepa(...)

(Ultima actualizaci??28-09-2015)

Outubro '15 nas Crechas (Compostela)

- concertos- aPenultima- Crechas-

PROGRAMACIÓN DO MES DE OUTUBRO 2015

Xoves 1 (dous pases: 21h e 22.30h) 4€

NO ES PAÍS PARA COÑOS

Trata, desde a comedia e a crítica satírica, preocupacións femininas con respecto á saúde sexual, o embarazo, o aborto e as relacións amorosas. Pretende empoderar ás mulleres e facelas conscientes da súa sexualidade, os seus dereitos e mellorar a súa independencia emocional. Precisamente por isto, visibiliza aos eternos (eternas) actores (actrices) secundarios (secundarias) no mundo da cul(...)

(Ultima actualizaci??03-09-2015)

I Festival Intercéltico Son do Pazo (Mos)

- concertos- festivais-

Venres 4 e sábado 5 de setembro

Venres 4

22:00 - Sondeseu

23:30 - Riobó

01:00 -A Vacaloura Vermella

21:00 21:45 22:30 23:30 00:50

Sábado 5

12:00 - Sesión vermú a cargo da Banda de Gaitas Marino Tapiega e Tapia de Casariego de Asturies e a banda Aireiños do Castelo de Mos

21:00 - Airiños do Castelo

21:45 - Marino Tapiega

22:30 - Uxía

23:30 - Budiño

00:50 - Os Dabaixo

Haberá exposición de coiro, instrumentos tradicionais e obradoiros de artesanía

Acampada de bald(...)

(Ultima actualizaci??20-08-2015)

XVIII NOITE FOLK (NEGREIRA)

- concertos-

Sábado, 22 de agosto

Refuxio de Covas

-LIMAGOIA - 22:00h

-LEILÍA - 23:00h

-BUDIÑO - 00:30h. Con Isaac Palacín, Alfonso Casi Siempre, Fernando Barroso,e como convidado especial: Xabier Diaz.

Chega unha nova edición da Noite Folk de Negreira nun ano moi especial, no que as pandereteiras nicrarienses Limagoia celebran o seu 25 aniversario. Farano na compaña do grupo de pandereteiras con maior traxectoria no nosos país: Leilía. No escenario estará ademais coa súa banda un dos gaiteiros(...)

(Ultima actualizaci??04-03-2015)

3º Baile con petiscada no Restaurante Squash (Compostela)

- concertos-

Este sábado 7 de marzo a partir das 22h, repitimos baile. Esta vez non queremos que quededes con fame, así que poderedes disfrutar dunha boa petiscada durante o baile.

IMPRESCINDIBLE CONFIRMAR ASISTENCIA

Precios Anticrisis: 10 €

RESERVAS 689572406

Restaurante Squash Santiago

Vilar de Calo s/n, 15866 Teo, Galicia, Spain

2014

(Ultima actualizaci??19-12-2014)

Xoán Curiel e Sérgio Tannus na Capilla de Calo (Compostela)

- concertos-

Venres 19 de nadal a partires das 22:30

O prometido é debeda! Xoán Curiel e Sérgio Tannus chegan á A Capilla de Calo con máis gañas que nunca. En Novembro non puido ser, pero desta vai ;)

*Entrada de balde

(Ultima actualizaci??13-11-2014)

Foliada Magosto da Ponte Vella (Reis-Teo)

- Festa-

Sábado 15 de Novembro

A.F.C. O Pedrón, Herdeiros da requinta de Carcacía, A.C. A Mámoa de Luou, Banda de Gaitas Estivada de Calo, Asubíos de Rebordelo, A Ponte Vella.. e Foliada libre

(Ultima actualizaci??14-08-2014)

Derradeiros concertos de Marful: Redondela e Lugo (San Froilán)

- concertos- Marful-

Redondela, Casa da Torre. Sábado 16 de agosto ás 22:30h

Lugo, Praza de Santa María, Festas de San Froilán. Mércores 8 de outubro, 21h.

“Que pasa cando se xuntan catro talentosos músicos procedentes de

diversas tendencias musicais?

Poden pasar Marabillas Auténticas, Revolucionarias e Funanbuleras,

Unicas e Libres: MARFUL”.

Marful é un grupo fóra do común, que abriu unha brecha estética no

país, logo seguida por outros. Combinan ritmos bailables procedentes

de América e europeos: tang(...)

(Ultima actualizaci??27-07-2014)

Presentación-Festa do libro biográfico dos Diplomáticos de Monte Alto

- concertos-

A Asociación Cultural O Castro ten o pracer de convidarvos a participar no evento que promociona, dentro dos previos ó Festival do Castro, a Presentación-Festa do libro de Rodri Suárez “Non temos medo. Historia oral dos Diplomáticos de Monte Alto”. Dito evento terá lugar este xoves 31 de xullo de 2014 ás 20.00 horas, no Edificio Sociocultural e Xuvenil de Ferreira de Pantón.

No acto intervirán membros destacados dos Diplomáticos, así contaremos coa participación do autor Rodri Suárez e o in(...)

(Ultima actualizaci??01-07-2014)

Festival de Verán-Encontros Musicais de Ames

- concertos-

Programación

— Venres, 4 de xullo:

• 20 h: Cé Orquestra Pantasma. O clásico home orquestra na súa versión para os máis pequenos.

• 21:30 h: A Requinta da Amaía. Obradoiro baseado na participación do público. Música en directo, xogos e sinxelas danzas de grupo.

• 22:30 h: Concerto dos Cempés. O mítico grupo ferrolán presenta o seu último disco, Tentemozo.

— Venres, 11 de xullo:

• 20:00 h: Dani García con Don Gelatti: comedia máxica onde a expresión corporal substitúe ás palabras(...)

(Ultima actualizaci??15-03-2014)

ALL STARS CARBALLO 2014>> PORQUE EN CADA BILLARDA HAI UNHA BOMBA POR ESTOURAR!!

- concertos-

Sábado 15 de marzo.

Os activistas TeleVaralers unha vez máis poñen a funda e co coitelo na boca lánzanse ó abismo salvaxe que supón unha edición máis do Billarda All Stars que ista vez convertiran a vila de Carballo nun gran ceo de estrelas  avermelladas pola carraxe e a paixón billardeira, e nada mellor para saber o que se nos ben enriba no hemisferio Bergantinhos que saborear ista explosiva reconstruccion de petiscos ...

A faena comezá apartires das 15:30 H. co espectacular concurso de(...)

(Ultima actualizaci??06-03-2014)

CONCERTO DE PADDY DUNCAN (violí­n) e CHICK McAULEY (guitarra) en Calo - Teo.

- concertos-

Venres, 14 de marzo en A Capilla de Calo

Concerto a cargo dos músicos escoceses Paddy Duncan e Chick Mcauley, violín e guitarra respectivamente.

MÚSICA TRADICIONAL ESCOCESA E IRLANDESA.

DESPOIS DO CONCERTO...JAM SESSION FOLK.

(Ultima actualizaci??28-02-2014)

Grande Cocido DIATÓNICO en Rois (A Coruña)

- concertos-

Escola Livre da Música Popular Galega

Estimad@s amantes do acordeón diatónico!

Como xa somos moit@s os que andamos espallando os sons do diatónico por todo o país

propoñemos unha xuntanza informal e lúdica en torno a un cocido do país con todos os

amigos que nos poidamos xuntar para compartir, tocar, e intercambiar todo tipo de pareceres

en torno ao noso instrumento.

Será o sábado 29 de marzo, sobre as 21.30-22.00 no

BAR "O PEMENTO" ROIS

Menú: Cocido do país (18-20 €) (...)

(Ultima actualizaci??14-01-2014)

Programación de Xaneiro no FURANCHO MALAHERBA (Matamá - Vigo)

- concertos-

Ola ,un ano mais arranca a época furancheira en MATAMÁ con gallo do San Mauro.

Mercores 15 Xaneiro: SETE CUNCAS (Festa S.Mauro)

Venres 17 Xaneiro: PANDERETEIRAS A BUXAINA.+ GHAITA E CÍA.

Sábado 18 Xaneiro: LEO I ARREMECAGONHA (2ª procesion atea) + OS VACALOURAS.

Domingo 19 xaneiro: Sesión vermout con ZURRUMALLA, despois COCIDO GALEGO

Venres 24 xaneiro: CÉ ORQUESTRA PANTASMA (acompañado do coro bocasneghras) + FANFARRIA TAQUIKARDIA

Sábado 25 xaneiro: OS QUATRO QUINTOS. OS GHAITEIROS(...)

2013

(Ultima actualizaci??04-12-2013)

Magosto en A Capilla (Calo)

- concertos-

Xoves 5 de Nadal

DENDE AS 20H. CASTAÑAS E BOLOS PREñADOS DE BALDE.

A PARTIR DAS 23,30H. CONCERTO DE "CARRICOBANDA" (MÚSICA TRADICIONAL/FOLK)

(Ultima actualizaci??08-11-2013)

Magosto e Foliada da Ponte Vella

- Festa- Vai de Roda-

Magosto e Foliada da Ponte Vella o vindeiro Sábado 9 de Novembro a partir das 21h.

(Ultima actualizaci??08-11-2013)

Constrúe o teu instrumento: requinta e castañeta (Couso - A Estrada)

- concertos-

Sábado 16 de Novembro

IMPARTE: Suso Vaamonde

ORGANIZA: Asociación “A Xesteira” (Couso)

Prezo por participante: 10€, máximo 20 participantes

Comezo: 17:00 Remate:20:00

Contidos

Neste obradoiro imos aprender a facer a nosa propia requinta de pvc, afinada en Sol, en menos dunha hora. Tamén imos facer unha castañeta de cana no mesmo tempo. Unha vez construí­dos estes instrumentos, imos aprender a tocalos.

Programa

De 17:00 h a 18:00 h: cada participante construi(...)

(Ultima actualizaci??13-09-2013)

V Edición de Persoeiros da Terra: Presentación do Libro-CD "Germán V. Soneira, o gaiteiro dos Hnos. Lamas", na Casa Común de Calo 'Marisa Mirás', no Concello de Teo

- concertos-

O Domingo 22 de Setembro ás 17.00 h. preséntase o libro cd "Germán V. Soneira, o gaiteiro dos Hnos. Lamas" na Casa Común de Calo 'Marisa Mirás' no V Certame Persoeiros da Terra.

Quinto libro do certame composto por Chema Cebeiro e Fco Noia en colaboración co Concello de Teo...

(Ultima actualizaci??27-08-2013)

Rebumbio 2013 (Puxeiros. Mos)

- concertos- Rebumbio-

O venres 30 de agosto no Festival Rebumbio contaremos cos Ulträqäns, Os Vacalouras, Chotokoeu, O Leo Arremecághona e daremos a benvida o día cunha boa sesión de Hadri Hache!!!.

O sábado 31, Serán do Monte, aparte de ter aberto o palco a calquera grupo ou solista, estaremos acompañados polos Veraneantes, As Lagharteiras e A Bagunda Folc Republicano.

O domingo 1 de setembro, Festa do monte dos Veciños de Tameiga, no que aparte do xantar popular, durante todo o dia contaremos cas seguintes actuacións; A Fanfarria Taquikardia, O artista de circo Abramcadabra o Cé Orquestra Pantasma e o espectáculo de humor dos Sete Magníficos Máis Un.

(Ultima actualizaci??23-08-2013)

VIII Festival Noalla Viva

- concertos- Nao- Kógito- Os Vacalouras- A Tarantela Rabuda-

Venres 13 e sábado 14 de Setembro.

Concertos e acampada de balde

(Ultima actualizaci??16-08-2013)

Festa-homenaxe a Pazos de Merexo en Muxí­a o Venres 16 de Agosto

- concertos-

Festa-homenaxe que lle imos armar a Pazos de Merexo o vindeiro venres en Muxía, na que el e mais o seu acordeón diatónico serán os principais protagonistas.

Será as oito do serán, no "Rincón da Baiuca", na entrada mesmo de Muxía.

Pazos de Merexo, o mestre do acordeón diatónico da Costa da Morte

No Concello de Muxía, Merexo, aldea recollida no fondo da ría, a carón da fermosísima praia do Lago. Dende sempre, xente bailadora con auténtica fame de música.

Cando era moi novo e aínda non sab(...)

(Ultima actualizaci??19-07-2013)

XXX Festa da Carballeira de Zas

- concertos- Festa da Carballeira- Viqueiras- Berrogüetto-

Venres, 2 de Agosto de 2013 Actuarán: A partir das 10 da noite:

- Saldos Negativos (Vigo/Ferrol)

- Peregrino Gris (Costa Rica)

- Tarará Trío (A Coruña)

Sábado, 3 de Agosto de 2013

Actuarán: A partir das 6 da tarde:

- A.C. CASTRO MEDA de ZAS

- Banda de gaitas Estivada de Calo

A partir das 9 da noite:

- Os Viqueiras de Ordes

- Xabi Aburruzaga (País Vasco)

- Berrogüeto (Galiza)

- Rua Macmillan (Escocia)

- Lurte (Aragón)

Acceso: 7€, con agasallo de CD conmemorativo do festi(...)

(Ultima actualizaci??18-07-2013)

Os d'Abaixo en Teo

- concertos-

Este Ventres 19, a partires das 23:00 h. baile con Os d'Abaixo no bar A Capilla de Calo, no concello de Teo. Esperámosvos a tod@s pra botar xuntos unhas boas bailas!!

(Ultima actualizaci??03-05-2013)

Xardin Desordenado - Maio 2013

- concertos-

Xardín Desordenado de "Turné".

Ímonos o mes de Maio tres xardineiros, Marlene Rodrigues, Isaac Garabatos, e un servidor, a ofrecerlle á afección cancións con textos dos nosos poetas, para ánimo e consolo xeral (ambas as dúas cousas necesítanse hoxe en día).

Presentamos o noso primeiro CD, pero tamén algunha das cancións das damas poetas que compoñerán o noso próximo traballo. Prometemos emoción e coñecemento, pero tamén moito ritmo e moito calorciño.

Saírnos ao paso na Libraría Andel (día 3 (...)

(Ultima actualizaci??08-03-2013)

Homenaxe a Rosalía de Castro en Carballo

- concertos- Uxía Senlle- Habelas hainas-

"Rosalías. Daquelas que cantan" homenaxea a Rosalía de Castro e a todas as mulleres con motivo do 8 de marzo

O venres 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o Pazo da Cultura de Carballo acolle ás 21.00 horas o espectáculo "Rosalías. Daquelas que cantan". Organizada pola Asociación Cultural Lumieira, a cita consiste nun acto musical e poético en homenaxe a Rosalía de Castro no que participan as cantantes Uxía e Dolores Platas, o grupo feminino Habelas hainas ou a poetisa carballesa Rosalía (...)

(Ultima actualizaci??02-03-2013)

I Xornadas de Música Tradicional Cantodorxo en O Grove

- concertos- xornadas- clases-

PROGRAMA

SÁBADO 2 DE MARZO

10.00-12.00 horas. Técnica de ornamentación para gaita

12.00-14.00 horas. Principios básicos para a afinación da gaita

17.00-20.00 horas. Manipulación de elementos sonoros da gaita

DOMINGO 3 DE MARZO

10.00-14.00 horas. Obradoiro de percusión

18.00 horas. Concurso de Xoves Gaiteiros Solistas Concello do Grove

Estas xornadas compóñense de dúas partes: unha didáctica, de música tradicional, e un concurso de xoves gaiteiros solistas.

A parte didáctica(...)

2012

(Ultima actualizaci??29-11-2012)

Primeiro aniversario do Torreiro da Festa (Vigo)

- concertos- Falperrys- Vacalouras-

Sábado 1 de Nadal ás 22:30.

Rúa Rogelio Abalde, 16. Vigo

(Ultima actualizaci??25-11-2012)

DésPRESTIGE - DésCONCERTO EXPANSIVO

- concertos- aPenultima- Repichoca- auriense- Crechas-

Rememorando o célebre Concerto Expansivo do 1 de Febreiro de 2003, no que se celebraron máis de 150 actuacións musicais, teatrais, plásticas e videográficas simultáneas en toda Galiza, o 1 de Decembro de 2012, aniversario da Marea de Dignidade, A Burla organiza o DésCONCERTO EXPANSIVO. Unha ocasión para celebrar o nacemento daquel movemento social sen precedentes e facer un animado balance da década. A iniciativa está aberta a toda formación musical, teatral ou artistística en réxime de autoorga(...)

(Ultima actualizaci??26-10-2012)

Centro Social Gomes Gaioso (Corunha) - Ciclo de atividades para o outono

- Festa- Gomes Gaioso-

Ciclo de atividades para o outono

Este outono ofertamos um intenso ciclo de atividades que nom te podes perder. O próximo sábado 27 o Gaioso participa de um périplo tasqueiro que remata com a foliada habitual de cada mês. A música, portanto, nom vai começar no centro social mas no bar A Caionesa às 19h (campo da lenha) e fará um percurso por bares clássicos da cidade.

O 31 de outubro, último dia do ano no calendário celta, projeta-se Le Quattro Volte (2010), um filme que fala sobre a magia(...)

(Ultima actualizaci??24-06-2012)

XV Festival Música Na Noite (Calo - Teo)

- concertos- Música Na Noite- O sonoro maxín- A compañía do ruido- Leo i arremecághona- Cempés- Taghaitai- festivais-

VENRES 6 DE XULLO

O sonoro maxín (Ourense), Los Mighty Calacas (México), A compañía do ruido (Ribeira) , Desequilibrio mental (Teo) , Leo i arremecaghoná (Santiago de Compostela)

SÁBADO 7 DE XULLO

Os Cempés (Ferrol), Taghaitai (Santiago de Compostela), Vai rañala (Fene), Devotos do folclore 300 (Teo), Homen Banda (Brasil)

Acampada de balde

(Ultima actualizaci??15-06-2012)

Foliada e Sardiñada en Couso

- concertos- As Nosas Músicas- Couso-

Venres 15 de xuño, a partires das 21.00

Contamos contigo, e co grupo:

Os de Abaixo (de Calo)

Musica, baile, festa. Achégate!

E se queres trae o teu instrumento pra tocar, a tua voz pra cantar e o teu corpo pra bailar!

(Ultima actualizaci??09-06-2012)

II Festival Arrente O Toxo (Cangas)

- concertos-

9 de Xuño en Visueiras, couto mixto entre Liméns e Nergha. Con Os Vacalours, Rojo Dos, O neto de Manuel,...

(Ultima actualizaci??14-04-2012)

Muxarega no Palique (As Pontes)

- concertos- Muxarega-

Hoxe sábado estamos no Palique en As Pontes a iso das 00:30, animádevos a botarlle unhas muiñeiras pa entrar en calor :)

(Ultima actualizaci??08-03-2012)

Xornada de Palletas e Pallóns na Tradescola

- concertos- Tradescola-

O vindeiro día 10 de marzo terá lugar na Tradescola un curso de confección de palletas e pallóns a cargo do artesán Jaime Pena. Este curso é imprescindible para todas aquelas persoas amantes da música tradicional e particularmente para os alumnos que se están formando na aprendizaxe da gaita, xa que nesta xornada, os alumnos poderán adquirir unhas nocións básicas sobre a construcción e a manipulación de palletas e pallóns, as peculiaridades dos materiais cos que se realizan, como colocalos nun (...)

Concerto no CSA O Fresco (Ponteareas): Vacalouras + Falperrys

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??28-01-2012)

- concertos-

28 de Xaneiro, ás 20h no Centro Social Autoxestionado O FRESCO. (Barrio da Ponte, Ponteareas)

(Ultima actualizaci??25-01-2012)

Despedida, deicalogo, de Lamatumbá

- Lamatumbá-

QUE VOS CONTEN OS QUE SABEN, OU SEXA, NÓS. OS DE FORA DAN TABACO

Pasaron trece anos dende que un grupo de amigos se xuntou para porlle música ás súas inquedanzas. Neses trece anos pasaron un montón de persoas por ese grupo, pasaron miles de cousas, unhas boas, outras non tanto. O que nun principio non pasaba de ser un divertimento acabou convertíndose nun barco que comezou a navegar por centos de mares, centos de portos nos que tomar terra e baixar a coñecer sitios, atopar xente, facer bo(...)

(Ultima actualizaci??13-01-2012)

Festas de San Mauro en Matamá

- Festa- Furancho Malaherba-

O VINDEIRO FIN DE SEMAN VAISE CELEBRAR A FESTA DE SAN MAURO EN MATAMÁ(VIGO).

A ASOCIACION ''COLECTIVO CULTURAL ALTERNATIVO MALAHERBA'' VAI A ABRIR UN FURANCHO NESTA FESTA CO FIN DE RECADAR CARTOS QUE IRÁN DESTINADOS AS ACTIVIDADES QUE ESTA ASOCIACION ORGANIZA AO LONGO DO ANO.

ANIMÁDEVOS A VIR POR MATAMÁ ESTE FIN DE SEMAN E NON VOS ESQUEZADES DE VISITAR O FURANCHO MALAHERBA!!!

A PROGRAMACION DA FESTA DE SAN MAURO É A SEGUINTE:

VENRES 13 xaneiro

22h. Actuación do grupo CATRO QU(...)

2011

(Ultima actualizaci??26-08-2011)

Camiñada polo Rego dos Muíños en Canduas e actuación de Cé Orquestra Pantasma

- concertos- Cé Orquestra Pantasma-

Para este venres 26 de agosto o departamento de Cultura do Concello de Cabana de Bergantiños oferta a tradicional camiñada para cabaneses e turistas polo rego dos Muíños en Canduas. Á vez de saudable, esta ruta servirá para dar a coñecer o patrimonio etnográfico recentemente recuperado polos voluntarios do Campo de Traballo que se celebrou no pasado mes de agosto. O percorrido estará guiado por Ángel Eiroa, técnico de turismo do Concello de Cabana.

O punto de partida será o campo da festa de (...)