"Berra"

2018

(Ultima actualizaci??21-09-2018)

Ciclo DOCE: Garcí­a MC e Dj Mil Alto Asalto en A Coruña

- concertos-

Sábado, 22 de setembro ás 22h na Sala Mardi Gras

Anticipada 8€ (Descontos dispoñibles para músicos e colectivos de Hip Hop en enradas@salamardigras.com ). Billeteira 10€

Entrada de menores consultar en: salamardigras.com

García Mc e Dj Mil, a volta ás orixes da Cultura Hip Hop cun Mc e un Dj man a man representando a vella escola. O referente internacional do rap en galego con 20 anos de rimas ás súas costas (Deus Ke te Crew) e o máximo expoñente do turtablism galego actualmente, unen f(...)

(Ultima actualizaci??07-09-2018)

Festival Solidario "DesPlanta SONS" en Teo (A Coruña)

- concertos-

Venres, 7 de Setembro

Aldea Ameneiro, 15866 Teo (A Coruña)

Presentámosvos o tremendo elenco de artistas que unirán as súas voces de maneira desinteresada para berrar xunt@s por un futuro no que @s nos@s cativ@s poidan respirar o mesmo aire puro que nos legaron os nosos ancestros.

A festa comezará a quentar motores ás 20.30h con hinchables gratuí­tos para os máis pequenos, que a continuación poderán disfrutar da música que lles trae o Capitán Garfo, un espectáculo infantil moi entretido(...)

2017

(Ultima actualizaci??19-05-2017)

BERRA X ! - Baños de Molgas

- concertos-

Sábado 20 de maio ás 16:00h

Ansuíña.

Entidad Baños de Molgas.

Baños de Molgas.

BERRA EM GALEGO X !

O sábado 20 de maio en Baños de Molgas, coa actuación das bandas:

# A Compañía do Ruído

# Bouba

# Malheira

# Mulheres na Batida

# Rebeliom do Inframundo

# Skandalo GZ

Pinchada postconcertos con # Russinha e Tríbade máis # Xandr3

ENTRADAS

Reserva as anticipadas enviando 10€ mediante Paypal a berraemgalego@gmail.com ou facendo unha transferencia desa cantidade a ES2930(...)

2014

(Ultima actualizaci??29-08-2014)

Festival Berra Baiona!

- concertos-

Venres 29 de agosto ás 20:30 no Parque da Palma, Baiona.

Entrada de balde

THE TOASTERS / SUPER SKUNK / TERBUTALINA / GANJAHR FAMILY AND WEST ROCKERS BAND / ZAMARAMANDI / BLOQUINHO DE SAMBA APERTA

Sempre apostando por ofrecer programas heteroxéneos, multiculturais e interxeracionais, o Colectivo Berra, coa colaboración da Concellería de Cultura de Baiona, presenta un ano máis o Berra Baiona! Un festival gratuíto, organizado con moito agarimo, co fin de achegar unha cultura alternativa á V(...)

2013

(Ultima actualizaci??12-07-2013)

Campanha de apoio ao XXVII Festival da Poesia no Condado

- Festival da Poesí­a no Condado-

Berramos 'Desobediência' para que nom lhe quitem às pessoas para dar-lhe aos bancos, para que a cultura popular e participativa siga viva neste XXVII Festival da Poesia, para que a nossa festa mantenha a música, a literatura, o cinema, o artesanato, a feira, todo! Unides-vos ao nosso berro?

Este ano o Festival da Poesia quere ser o XXVII Festival da Poesia. Para o ser, tem que se manter, e, para se manter, necessita dinheiro. Nom queremos renunciar às exposiçons, nim ao comboio de baixa ve(...)

(Ultima actualizaci??28-01-2013)

Nace a Federación Galega de Festivais

- concertos-

Excelentes novas dende Compostela. O pasado sábado 26 de xaneiro constituíuse a Federación Galega de Festivais.

15 asociacións sen ánimo de lucro, organizadoras todas elas de festivais de música na Galiza, que deciden xuntar esforzos para optimizar os seus recursos e garantir a supervivencia da rede de festivais que ao longo de todo o ano serve de altofalante á música do país.

A Federación Galega de Festivais nace co obxectivo de promocionar a música do país e a organización de concertos (...)

(Ultima actualizaci??10-08-2013)

NOITE DE ENCANTOS NA FURNA (Corme)

- concertos- Chotokoeu-

Sábado 10 de Agosto na Praia das Furnas en Osmo, Corme.

DESEMBARCO PIRATA NA FURNA

Outro ano mais desfrutaremos dunha nova edicion da noite de encantos na furna en corme.

Xa son 14 anos onde a musica e as boas enerxias topanse neste escenario privilexado ke é a Furna do Osmo.

14 anos dunha festa,dunha noite de encantos,mais non dun festival.A furna é muito mais q un festival;é un punto de encontro para as xentes q seguimos crendo q a cultura non é un negocio,

é unha festa na cal graci(...)

(Ultima actualizaci??25-05-2013)

Festival de peche das VI Xornadas "BERRA EN GALEGO" (Ourense)

- concertos-

Este sábado 25 de maio tedes cita na Praza de Saco e Arce (zona vella Ourense) ás 21:30 horas, cun variado surtido de bandas de diferentes estilos musicais para tódolos gustos.

THETETA´S VAN: un furor de grupo ourensá formado por mulleres as cales nos transportarán ós anos 80 versioneando en galego os principais hits da época.

FALPERRYS: dende Vigo nos acompañarán o punk divertido de Falperrys coa perfecta base folk á que nos teñen acostumadas.

NAO: finalmente contamos con Nao e as súas(...)

(Ultima actualizaci??22-05-2013)

Manifestación en Compostela contra a Minarí­a Destrutiva na Galiza

- concertos-

MANIFESTACIÓN

O DOMINGO 2 DE XUÑO

EN COMPOSTELA

ÁS 12 DA MAÑÁN NA ALAMEDA

Haberá autobuses dende Vigo e dende o Miñor.

Custa 8 € e o percorrido e horario para coller á xente son os que siguen:

Na Ramallosa (ao pé da capela da alameda) ás 9.15.

En Nigrán (diante da casa do Concello) ás 9.25

Nas Travesas (diante do Sta. Irene) ás 9.45

Na Praza de España (na parada dos autobuses) ás 9.50

A volta é ás 4 da tarde.

Por favor, reserva con tempo a túa praza.

O goberno galego quere facer (...)

2012

(Ultima actualizaci??08-03-2012)

IV Aniversario do Local Social Aturuxo (Boiro)

- concertos- Local Social Aturuxo- Dios Ke Te Crew- aPenultima- lsAturuxo-

O venres 9 e o Sabado 10 o local social Aturuxo celebra o seu cuarto aniversario baixo o lema ''Cuatro Anos Criando Poder Popular''. Catro anos dinamizando o tecido asociativo e cultural do concello e da comarca, cumplindo ,dentro das nosas posibilidades, cos obxectivos que nos marcamos e nos fomos marcando ao longo de todo este tempo: dignificación e espallamento da lingua e cultura galegas, a libre expresión, o movemento e a loita social...

Nestes catro anos fomentamos unha mocida(...)

2011

(Ultima actualizaci??18-08-2011)

BERRA! BAIONA

- concertos- Berra- Festicultores- Chotokoeu-

FESTIVAL INTERNACIONAL MUSICAL E CULTURAL

25 / AGOSTO / Parque da Palma (BAIONA)

SONAMBULO (Costa Rica)

POLLERAPANTALON (Argentina)

FESTICULTORES

CHOTOKOEU!

OVERHEAR

(Ultima actualizaci??18-08-2011)

BERRA na FESTA!. (Angustias edition) - Nigrán

- concertos- Berra- Dakidarria- Sacha Na Horta- Skakeo-

SEGISMUNDO TOXICOMANO - (Nafarroa)

DAKIDARRIA - (Val Miñor)

SACHA NA HORTA - (Compostela)

SKAKEO - (Bueu)

Ver mapa más grande

Sábado 25 de Xuño, ás 11h da mañá, nova asamblea na Sala Nasa

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??23-06-2011)

- Sala Nasa-

Resumo da Primeira Asamblea (Sábado 11 de Xuño) (Ver Video)

O sábado celebrouse na Nasa a primeira asamblea aberta para discutir

os problemas da sala e as perspectivas de futuro. O sábado 18 ás 11,30h. continuaremos. A esta primeira xutanza asistiron máis de 100 persoas e durante tres horas falouse sen pausa do que significa este espazo para Compostela, dos problemas que atravesa, do seu peche inminente, das acusacións verquidas polo novo alcalde e da necesidade dunha resposta cidadán, do fu(...)

(Ultima actualizaci??25-02-2011)

Concertos solidarios coa Plataforma Pola Defensa da Serra do Galiñeiro

- concertos-

O próximo 25 de Febreiro o COLECTIVO BERRA, como membro da PLATAFORMA POLA PROTECCIÓN DA SERRA DO GALIÑEIRO, organiza unha festa reivindicativa para recaudar cartos  para esta loita. Será na TABERNA MARRUCHO, na Percibilleira, Baiona. 

Os cartos recadados da entrada, que terá un prezo de 5 euros, irán destinados á defensa do Galiñeiro.

Agardamos a presenza de tod@s e agradecemos a máxima difusión deste evento!!

GOBERNE QUEN GOBERNE O GALI NON SE VENDE!!

Horario e ac(...)

2010

(Ultima actualizaci??21-03-2010)

Entrevista a Berrogüetto en Galiciaé

- concertos- Berrogüetto-

''Berrogüetto ten unha visión da música do país e do propio país, e iso é o que queremos reflexar''

''Berrogüetto, corpo aberto en sete latexares, trasládanos esa infinita sinfonía, unha voz que xorde de tan dentro que mesmo doe porque é a nosa propia voz feita música. Eles fannos soñar que outra música, outra orde cósmica é posible''. Rosa Aneiros.

Hai xa quince anos que Berrogüeto viu a luz xuntando baixo o mesmo paraugas seis músicos cunha única finalidade; levar a música tradicional do p(...)

(Ultima actualizaci??19-02-2010)

IVª Xornadas de Agroecoloxí­a

- Festa- Ergom- Uxía- Guadi Galego- Coanhadeira-

As IV Xornadas de Agroecoloxía de Ourense son unha mostra da consolidación dos proxectos sociais, culturais e ecoloxistas que se levan a cabo na cidade de Ourense.

 

Amigos da Terra, A Esmorga, Amarante, Semente e Verdegaia presentan, durante 10 días de festa e reflexión colectiva, o traballo realizado conxuntamente ao longo de todo o 2009 e comezos de 2010 para que sexan cada vez máis visibles, para que cada vez teñan máis voz, proxectos alternativos centrados no compromiso coa xustiza s(...)

2009

(Ultima actualizaci??20-02-2009)

Entroido Ribeirao

-

Moi castigado nos derradeiros anos do século pasado foi retomado na freguesía de Santa María de Nogueira no período comprendido entre os anos 1994 e 1996, onde levaba doce anos sen celebrarase. Tamén a veciña parroquia de Vilaúxe volveu a festexar o Entroido entre os anos de 1991 e 1993 retomándoo definitivamente a partires de 1997. Outras freguesías do entorno ribeirao de Chantada deixaron de organizar esta actividade; exemplo disto témolo e San Pedro de Líncora e en Santiago da Riba e a estas (...)

2008

(Ultima actualizaci??27-10-2008)

Verín - ABERTA A INSCRICIÓN PARA O OBRADOIRO DO CIGARRÓN

- concertos-

O Concello de Verín organiza, un ano máis, un obradoiro para

aprender a facer o disfrace de cigarrón, ben sexa completo ou partes

desta máscara. Os/as interesados/as poden inscribirse até o día 14 de

novembro na Casa do Concello, na oficina de información (planta

baixa).

As actividades formativas comezarán coa segunda quincena de

novembro, e na semana que remata co Domingo de Corredoiro

exporanse na Casa do Escudo os disfraces que se confeccionaron.

O cigarrón é unha das most(...)

1 comentario

Salvemos Fonte Gaiteira - concentración o domingo 28 de Setembro ás 12h

- concertos-

  Nos tempos máis escuros da nosa cultura e da nosa música tradicional, no noso país non abundaban os grupos de gaitas, non sendo doado atopar máis alá dun puñado desas formacións, fundamentais na conservación e transmisión do patrimonio musical do noso pobo.

(...)

LAMATUMBÁ NA CAPITOL.22MAIO.SANTIAGO

- concertos-

Estarán o 22 de Maio ás 21:30h.

Prezos. 8€ anticipada e 10€ en taquilla

Lamatumbá, un dos principais expoñentes da música galega que leva polo mundo adiante a verbena do século XXI coa enseña de Festa por única bandeira, volve aos escenarios con esta súa nova proposta discográfica Paraugas Universal (PAI-Música 2008), un refuxio baixo do que bailar as nosa ledicias, disfrutar os nosos amores, cantar, sorrir. E, se fai falla tamén, seguir a berrar contra todo o que nos doa. Logo de máis de do(...)