"Bailegramas"
2019
3ª Romaxe Urbana Folk no Alobre (O Castriño. Vilagarcía) Domingo 1 de setembro no Parque do Castriño en Vilagarcía de Arousa Con actividades dende a primeira hora da mañá: roteiros, sesión vermú con Cé Orquestra Pantasma, xantar, obradoiro de baile galego e presentaciòn do libro bailegramas con Sergio Cobos. E a partir das 18:30h concertos de Os terribles de Arousa, Donicelas Folk Tradicional, Xistra de Coruxo e Fiandola. Organiza: A.C. Pesdebarro
Sábado, 2 de febreiro no Auditorio Cangas Presentación do libro Bailegramas de Sergio Cobos, sobre a representación gráfica dos movementos do baile tradicional galego.
Monográficos da Central Folque - Inverno 2019 (Compostela) Estes son os Monográficos de inverno de 2019 que aCentral Folque organiza en Santiago de Compostela. Cursos que a Escola de Música d’aCentral Folque ofrece para algúns sábados dos meses de febreiro e marzo de 2019, unha variedade diferente para a práctica instrumental, de voz e do baile en Compostela. Cursos específicos en diversas especialidades instrumentais para afondar en aspectos relativos á interpretación, técnica, repertorio, movemento e discurso cos mestres que os imparten. Terán lugar (...)