"BAILE"
2020
Venres 6 e sábado 7 de marzo. Última oportunidade! Este venres facemos o cuarto e último obradoiro de canto e pandeireta no Local de Música Pontevedra e o sábado o de baile tradicional na casa azul dentro do programa Noites Abertas! Non perdades a oportunidade! Esperámosvos
Sábado 7 de marzo ás 19h Centro Cívico Montealto O vindeiro sábado 7 de marzo teremos concerto das Escolas da Terra. No Centro cívico de Monte Alto ás 19:00 horas. Despois do concerto faremos unha Foliada no noso local. Teremos moita música, baile e algo para picar
XVI Certame de Baile Tradicional Tequexetéldere (A Estrada) Domingo 26 de abril nos pavillóns da Fundación do Moble da Estrada
Obradoiro de baile tradicional galego en Quiroga Sábado 7 de marzo de 16:30 a 20:30h Obradoiro de baile, nivel iniciación, impartido por Javier Feijoo
O vindeiro martes día 18 de febreiro darémoslle a benvida ao entroido coñecendo un pouco mais do Entroido Ribeirao da man dos nosos compañeiros da Asociación Amigos do Entroido Ribeirao que nos ofrecerán unha charla sobre o seu Entroido para que todos os asistentes coñezamos un pouco máis desta parte do noso patrimonio inmaterial. Será no salón de actos da Tradescola (Centro Lug 2 - Rúa Pintor Corredoira 4 - Lugo) a partir das 16.30 horas.(entrada de balde ata completar aforo) Ao remate da (...)
Entroido Tradicional de Darbo (Cangas do Morrazo) Domingo 23 de febreiro. Ás 17:00h dende o lugar de O Piñeiro, saída da comparsa cos gaiteiros acompañando ás Damas e Galáns ata o baile na antiga escola, no lugar de Seixo. Pola noite Baile diante da Rectoral de Darbo. Haberá carpa
V Foliada de Primavera en Rábade Sábado 4 de abril. Con cursos de baile (con Xisco Feijoó) e canto e pandeireta (con María Vidal). A partir das 8,30 foliada cos grupos participantes e para finalizar un concerto de Pepe Vaamonde trío. Para participar anotádevos no correo asociacionculturaltreboada@gmail.com ou no teléfono 615150521. Organiza a Asociación Cultural e Xuvenil Treboada.
O 2020 comezou forte para Rebulir. O vindeiro día 7 de Marzo estaremos con unha actuación de rúa na Festa do Xabarin e da Caza en Punxin (Ourense). Ata alí iremos todas as seccións oficiais para facer dous pases: - As 12:30 h. - Con Baile, Pandereteiras, Cantareiros e Sección Instrumental - As 17:30 h. - Só Sección Instrumental
XXXVIII Curso de Cultura Tradicional da Asoc. Cántigas e Frores (Lugo) 9, 10 e 11 de abril en Lugo. - Xisco Feijoò e Artur Puga: Baile tradicional. - Miguel Anxo Lòpez ‘Chino’: Percusión tradicional. - Pablo Dalama: Gaita galega. - Ana Edreira: Canto tradicional. O prezo da matrícula é de 45€ para soci@s de ‘Cántigas e Frores’ e da Asociación de Gaiteiros Galegos; e de 55€ para o resto (os gastos de estadía en Lugo serán a cargo dos asistentes ao curso). Esta cantidade ingresarase na conta de ABANCA ES43-2080-0152-69-3040026419. As inscricións pódens(...)
XV FESTA DO LACÓN E FOLIADA DA MARIÑA Sábado 14 de marzo 16.00 Obradoiros Infantís (a partir de 5 anos) - Complementos artesanais (Imavi) - Instrumentos musicais (Xaneco) 20.30 Festa do Lacón Sopa, lacón, pataca, chourizo, pan e bebida (9€*) *8€ venda anticipada en Estética Marta, Pizzería Cervecería Onde Sempre, Peluquería Carlos e Restaurante Pulpería O Refugio 22.30 Foliada -Pandereteiros de Cantigas e Agarimos (Santiago) -Argallo de Xacarandaina (A Coruña) -Gaiteiros e Pandereteiras de Santaia (Oleiros) -Pander(...)
Os próximos 28 e 29 de marzo celebraremos da man do @centro_musica_fingoi a Primera Edición do "CURSO DE COMPOSICIÓN E CREACIÓN DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL". Disfrutaremos dunha fin de semana chea de música galega e natureza, rodeados de grandes profesionais, con foliadas, ricos menús e concerto de Candorka Trío! Prazas limitadas! ° +INFO, INSCRICIÓNS E TARIFAS: www.musica.fingoi.com www.granxadebarreiros.com TLF: 982 284 094
NOVO ESPECTÁCULO DO GMBT XACARANDAINA - A Coruña Mércores 12 de febreiro ás 21h no local do Centro Coreográfico Galego “Endaterra” é o título do novo espectáculo, que imos comezar a montar, no Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina. Con el queremos poñer en valor a variante do Camiño Inglés, entrando polo porto de A Coruña até Santiago de Compostela, seguindo camiño até a súa prolongación natural: Fisterra-Muxía. Esta obra estará dirixida por Quique Peón axudado polos seus colaboradores habituais na dramaturxia da obra, compo(...)
XVI Edición do Venrespirar (Ourense) 4º VENRES DE MES de febreiro a xuño de 2020 Venres 28 de Febreiro no Liceo de Ourense: - ás 20:00 h.: OBRADOIRO "BAILES DE AQUÍ E DE ACOLÁ" facilitado por Gabi Reboredo. - a partir das 22:00 h.: Baile-Concerto + Foliada.
Domingo 9 de febreiro, Foliada-vermú Arredor da Tradición no Aturuxo Bar (Bueu). Pechamos xeira e queremos celebrar con vós que imos a por outra. Haberá músicas e bailes, ledicias e sorpresas. Viva.
Programa completo 1 de febreiro. Petardazo Animación nas rúas a cargo de Xituma Batuke e Festicultores ata as 3:00 horas. 2 de febreiro. Domingo Fareleiro A partir das 17:00 horas, comezo das « fareladas» na Praza maior de Xinzo e no Casco Lanuxe. 8 de febreiro. Colgamento do Meco Saída do Meco á noitiña desde a praza de Oriente ata a Praza Maior polo Casco Lanuxe da vila acompañado pola súa comitiva. 23:00 horas, concerto de Xosé Lois Romero & Alib(...)