"Aturuxo"
2020
Domingo 9 de febreiro, Foliada-vermú Arredor da Tradición no Aturuxo Bar (Bueu). Pechamos xeira e queremos celebrar con vós que imos a por outra. Haberá músicas e bailes, ledicias e sorpresas. Viva.
Sábado 1 de febreiro ás 12h no Aturuxo Bar (Bueu) Trikitilari biscaíño de longa traxectoria no mundo da música que mediante os seus ritmos e composicións, renova o son da trikitixa e desenvolve un estilo propio, pero sempre sen esquecer de onde vén. Para iso, compón temas cheos de detalles, onde a trikitixa mestúrase con outros instrumentos musicais.
2019
Domingo 1 de setembro ás 13h [Tamén teremos a Cloverwind á tardiña dentro do noso evento ‘O Xardín Encantado’, con tres concertos que comezarán ás 19:00. Máis información en https://aturuxo.net/axenda/1053] O grupo Cloverwind creouse a finais de 2012 co obxectivo de achegar as raíces celtas mesturando o folk tradicional irlandés e vasco. Irantzu Garamendi e Gotzon Batikon foron os compoñentes que empezaron a levar a cabo este proxecto. O proxecto parte de querer dar a coñecer a música (...)
Venres 5 de xullo ás 23:30h no Bbikalla Ergutío nace na escola de música tradicional de Baños de Molgas, cando cinco rapazas deciden unirse para disfrutar cantando. Con un repertorio maioritariamente tradicional, gustan de experimentar tamén con outras músicas. Nestes escasos dous anos de andadura teñen colaborado con artistas como Kátya Teixeira e Marisa Valle Roso. O seu nome, Ergutío, ese berro agudo e penetrante de exaltación nas reunións festivas, é como se chama ao aturuxo (...)
VIII Festival Aturuxo en Os Bravos (Ourol. Lugo) Venres 19 e sábado 20 de xullo Venres 19, 21.00h. PREATURUXO -----------------------------‐---‐--------------------- - Paella, xamón cocido, bocadillos. - Música a cargo de FARRAPOS DE GHAITA. - Foliada libre. Trae o teu instrumento e únete! Sábado 20, ATURUXO ------------------------------------ - 13.30H. SESIÓN VERMÚ con ILLA PANCHA (programa MUSIQUEANDO DA DEPUTACIÓN DE LUGO). - 14.30H. XANTAR (prezos populares). - 16.00H. XOGOS tradicionais, interxeracionais e(...)
Domingo 30 de xuño ás 21h [🌿 Ao aire libre] Despois de moitos anos cantando as súas propias composicións tanto en Galicia coma en Irlanda, foi a principios do 2018 cando comeza a formar un proxecto musical con Migui Carballido. Na primaveira do 2019 incorpórase á formación Cibrán Seixo Pazos, co seu violín comeza a formar parte do novo estilo, o Folk Tribal. As súas composicións son en galego e inglés inspirándose no legado cultural da nosa terra galega. No seu afán máis am(...)
Festas de San Xoán Santiago de Compostela 2019 Do 21 ao 23 de xuño PROGRAMA Todas as actividades son na PRAZA DE MAZARELOS a menos que se indique outra localización. VENRES 21 DE XUÑO18 h a 00 h. Festival de San Xoán na praza de Mazarelos: Mercadiño artesán con demostración ao vivo, 'Espazo Palleiro' para peques e zona gastronómica 'Área Asardiñada'. Entrada de balde. 18 h a 20 h. Obradoiro de pintado de pratiños decorativos de polbo. Actividade de balde para todos os públicos. 19:30 h a 21:30 h. Obradoiro de baile tradicional(...)
Sábado, 16 de marzo, a partires das 21h Serán organizado pola Charanga tradicional Airiños da Fracha. Colabora o Concello de Ponte Caldelas Na antiga discoteca REIVI en PONTE CALDELAS Comenzara sobre as 21:00 horas. A orde de actuacións sera por orden de chegada, conforme vaian chegando os grupos, coma outros anos faranse duas listas, pares e impares, unha para pandereteir@s e outro para grup@s, a nosa intención facer mais ameno o Serán. Teremos concurso de Aturuxos, con gran p(...)
Domingo, 24 de febreiro, ás 20:30h no bar Aturuxo Son da memoria é un disco que xira arredor do que aconteceu a partir do golpe de estado de 1936, especialmente nas comarcas de Pontevedra, O Morrazo e Vigo. A Guerra civil vén sendo un tema tratado artísticamente desde o seu mesmo acontecer. As vítimas, os verdugos, os lugares, todo está neste disco. Un cable eléctrico conecta pasado e presente: o golpe, a dictadura, a Transición, os fondeados nas rías polos falanxistas, os afogados na (...)
Domingo, 3 de febreiro de 2019 Aturuxo Bar (Bueu) CUARTA XUSTA Esta agrupación xorde a comezos do ano 2016 como resultado da paixón pola música dos seus integrantes. Así pois, Cuarta Xusta comeza a súa andaina versionando temas de grupos coñecidos e sobe por primeira vez ós escenarios no Festival Presume de Galego do mesmo ano, aínda que neste momento os instrumentos que se atopaban na banda difiren dos da actualidade, xa que as guitarras eran acústicas e non había nin baixo nin bater(...)
ATURUXO é unha programación sobre monográficos de música tradicional galega que se levará a cabo no Local Social do Centro Médico de Muimenta organizada pola Asociación Cultural Aquilino Iglesias Alvariño. A idea é que podamos aprender e mellorar técnicas para seguir enchendo cada evento da Terra Chá cunha foliada, aínda que sexa improvisada! Para iso contamos cun gran elenco de profesionais do mellorciño de cada casa. Noemía Basanta Roberto Rodríguez Rebeca Tallón Iago Domínguez Rut(...)
2018
I Serán do Santo Andrés de Comesaña (Vigo) Sábado 1 de decembro a partires das 21h no Torreiro da Igrexa
Ergutío na Arca da Noe (Vilar de Santos) Venres, 16 de novembro, ás 22h Ergutío nasce na escola de música tradicional de Banhos de Molgas, quando cinco rapazas decidem unir-se para disfrutar cantando. Com um repertório maioritariamente tradicional, gostam de experimentar também com outras músicas. Em pouco mais de um ano de andadura, colaboraram com artistas como Katya Teixeira e Marisa Valle Roso. O seu nome, Ergutío vem desse berro agudo e penetrante de exaltaí§í£o nas reuniíµes festivas, é como se chama ao aturuxo na sua (...)
Sábado 27 de outubro na Cidade da Cultura Chegou o outono e con el unha das festas con máis arraigo na cultura popular galega: o Magosto! Xa é unha tradición que viñades festexalo con nós á Cidade da Cultura con castañas —asadas ou de ingrediente principal en petiscos— e con boa música; a que poñen Xosé Lois Romero & Aliboria. Mais este ano, ademais, convidámosvos —a todas as persoas que o desexedes— a participar nun pequeno obradoiro de percusión tradicional con tarrañolas, impartido polo pr(...)
PROGRAMACIÓN COMPLETA DA ROMARÍA 2018! Esta semana, o baile e música tradicionais enchen A Coruña cunha Romaría de Santa Margarida que pecha as festas #maríapita18. * Actividades previas que van dende unha exposición de traxes da Asociación Etnográfica Sete Espadelas en comercios, a presentación de "Mulleres de Gargamala" con Arredor da Tradición en Bar-Ambigú (Tempo Novo-Relámpago), singladura tabernaria e unha interesante xornada con Brincadeira sobre o traxe. * Obradoiros e actuac(...)
Hoxe presentouse toda a programación das Festas de #maríapita18, e terán unha grande vinculación coa nosa música e baile. Para comezar, o mércores 1 de agosto, A. C. Xacarandaina, A. C. Donaire, A.C. Son d'aquí, Asociación de Coros e Danzas Eidos e Af Aturuxo realizarán un pasarrúas polo centro da cidade a partir das 19:30h. Rematarán todas as asociacións na praza de María Pita, onde ás 21:30h. Mercedes Peón será a pregoeira das nosas festas! Ademais, o xoves 2 será ela a que se suba (...)