"Assembly Point"

2015

(Ultima actualizaci??17-04-2015)

Concerto acústico Barroso & Penabad na Cova dos Trasnos (As Pontes)

- concertos-

O vindeiro Venres 17 de abril visita A Cova dos Trasnos un gran amigo; Fernando Barroso

Fernando Barroso (Ferrol), músico galego que forma parte de "Budiño", " Os Cempés" e "Riobó". Na súa traxectoria colaborou con numerosas formacións e artistas. Entre eles Anxo Lorenzo Band, Ardentía, Malvela, Uxía Senlle, Sebastião Antunes, Josep María Ribelles, RIU, Coanhadeira e colaboracións especiais con Korrontzi, DRD, Kepa Junkera ou Danú. No seu labor como compositor e produtor musical, cabe descatar(...)

2013

(Ultima actualizaci??24-02-2013)

Finalistas XII Premios Opinión: Candidatos veteranos e noveis

- concertos- A Cada Canto- Rodrigo Romaní- Pancho Álvarez- Os Cempés- PelDeNoz-

MELLOR ARTISTA

Pancho Álvarez

O porriñés foi membro nos anos oitenta do grupo Na lúa. A carreira como solista vai sumando etapas e con este cuarto disco logra o seu recoñecemento como compositor e instrumentista.

Alonso Caxade

O músico é acordeonista dos Caramuxo. O seu labor como arranxista no traballo ‘jazz&trad’, do dúo PeldeNoz, fixo que o xurado recoñecese os seus méritos para entrar nesta lista.

Óscar Fernández

Esta é a segunda candidatura acadada polo músico ferrolán nesta categ(...)

2012

2013

(Ultima actualizaci??26-02-2013)

Ábrete de orellas.com celebra o seu X aniversario con actuacións ao vivo

- concertos- Ábrete de Orellas- 2us- Projecto Mourente- Casa das Crechas-

O portal galego Ábrete de orellas.com cumpre 10 anos este mes de marzo e celebrarao cunha serie de actuacións en colaboración con colectivos e locais de Pontedeume, Ferrol e Compostela: catro concertos e unha representación teatral ben musical.

Ademais das actuacións ao vivo, non han faltar sorteo de Galeokes e gravacións de música feita en Galiza, pois o selo DoFol Música colabora co agasallo dun lote de cedés.

venres 15, Pontedeume:

- "O fútbol é así" da compañía Obras Públicas no local(...)

2012

(Ultima actualizaci??15-06-2012)

Concertos en Xuño de Assembly Point

- concertos- Assembly Point-

Assembly Point é un proxecto innovador de tres músicos excepcionais que atoparon un punto común á súa paixón, a música folk acústica, creando novos temas instrumentais a partires das ricas tradicións dos seus países de orixe: Galicia, Portugal e Irlanda.

Luis Peixoto é un multi-instrumentista especializado en instrumentos de corda portugueses. Da súa lista de proxectos e colaboracións destacan Anxo Lorenzo (Galicia), Kepa Junkera (Euskadi), Flook (Irlanda), Quadrilha, Galandum Galundaina, Da(...)

2011

(Ultima actualizaci??01-12-2011)

Culturgal (2,3 e 4 de nadal en Pontevedra)

- concertos- Culturgal-

[Selección de programación relacionada coa música galega]

Venres 2

12h30 Vai. A nova proposta de tres excompoñentes de Fía na Roca. No Patio

17h30 M. Carballo Trío: You knew it. Paseo polos territorios sureños do blues e do rock.

No Patio.

18h30 Pentalfa. Música espontánea. No Patio

19h30 Vitrolas, sons de Brasil. No Patio

20h30 Das Kapital. Poesía e vangarda, expresión máxima dos adentros. No Patio

21h00 MAPEA Culturgal

21h Cuarteto Caramuxo: Tiruriru. Na Praza da Verdura

21h30 Ma(...)