"Alvariza"
2019
Música da Terra en Guimarei (A Estrada) Sábado 14 de setembro a partires das 21h no Campo da Festa. A Roda, Alvariza, Tanto Nos Ten, Tamparrantán, Regatos
Estouciñando. Ciclo de Músicas e Obradoiros en Visantoña (Santiso. Terra de Melide) Sábado 25 de maio en Visantoña 17:00h Obradoiro de Bombo e Pratiños con Chema Cebeiro 21:30h Concerto de ALVARIZA Despois, Foliada aberta.
2018
2017
X Aniversario A Senra Café (Compostela) Sábado 6 de maio ás 18:00h A Senra Cafe. Santiago de Compostela. 2007-2017 X ANIVERSARIO A SENRA CAFÉ Este 6 de maio, coincidindo co noso aniversario queremos celebralo por todo o alto rodeados de todxs vos. Grazas, sen vós non sería posible estar onde estamos. Comezamos as 18.00H. cos máis cativos con Uxía e Magín Blanco. A continuación seguirán entretidos grazas a Mancuco. Para o remate do gran día, Tres Pesos, Alvariza e Tanxugueiras. Entrada de balde. "Dez anos non (...)
2016
XXXVII Festival de Pardiñas (Guitiriz) Venres 5 de Agosto, 20.00h IV Certame de Cantos de Taberna polos locais de Guitiriz. Sábado 6, 21.00h -Bloquinho de Xermolos -Banda Crebinsky -Anxo Lorenzo Band -Rarefolk -Liviao de Marrao Domingo 7 14.00h Fanfarria Taquikardia 16.30h Trasgo Circo 17.30h obradoiro de batukada con Bloquinho. 18.30h Concerto de Alvariza e pregón musical a cargo de Mini e Mero 21.30h -Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre -Fullset -Fanfarria Taquikardia E tamén.. (...)
2015
As Nosas Músicas 2015 – 20 aniversario (Couso - A Estrada) O vindeiro 14 de agosto celebramos a vixésima edición de As Nosas Músicas. Presentámosche xa o programa. Este ano cúmprense dúas décadas da celebración de As Nosas Músicas, e nesta ocasión, contamos coas actuacións de ALVARIZA, CARLOS BLANCO, RADIO COS, FANFARRIA TAQUIKARDIA e BANDA DAS CRECHAS como peche de cartel, pero tamén faremos actividades e obradoiros ó longo da tarde. As actividades de tarde darán comezo cara ás 5:00h cun obradoiro de xogos tradicionais a cargo de Xandobela, para (...)
I Encontro de música e bailes do País (Arcos da Condesa-Caldas de Reis) O 11 de xullo, Arcos da Condesa (Caldas de Reis) será o lugar de celebración do primeiro Encontro de Música e Bailes do País, que se iniciará ás 12.00 horas con música popular e foguetería para dar paso á apertura da exposición con materiais como zanfonas, gaitas, frautas, arpas celtas, baixos, guitarras, diferentes tipos de pandeiros e vestiario tradicional. Tamén se desenvolverá un concurso de empanadas que finalizará cunha comida popular baixo a carpa ás 14.30 na que se celebrará unha home(...)
2014
VI Festival da Maía (Ames - Bertamiráns) Sábado 15 de marzo, ás 19h, organizado polas Maianas de Ames. Actuarán: Alvariza, de Teo Germán V. Soneira, o gaiteiro dos Lamas (de Ames) Grupo Folk Os Coribantes, de Pontecaldelas Son do Souto, de Vedra Maianas, de Ames
Concerto de Alvariza no Salasón (Cangas do Morrazo) o domingo 2 de febreiro ás 20:30 horas. Entrada: 3 €
2013
Festa Anos 50 en Ramallosa (Teo) 29 de novembro, no Auditorio de Ramallosa con Orquestra Os Modernos e Alvariza
Serán de Novembro en Compostela Xoves 7 de novembro A Nave de Vidán (Av. Mestra Victoria Míguez, 44, Compostela) 21h30 . Obradoiro de baile con Carme (Bouba) 22h30 . Bouba pandereteiras 23h15 . Pradairo 24h00 . Alvariza 01h00 . Foliada até ás 03h00
Sábado 5 de outubro as 17:30. Actuarán: Pena Maior, o Gusto do Boi, A Ponte Vella, SOn do Souto, A Gaita de Sarandón,l Pandereteiras Silandeira, Raiolo, Sons D'antergo, Retrouso, As Sobreiras do Ulla, AC Rosalía de Castro, Cantigas e Agarimos, Coto da Nai, o Recobío, Os Ke Hai, A Requinta da Laxeira, AF ALborada, Alvariza
2012
O vindeiro venres 9 de novembro a partir das 20:00h as Asociacións culturais Chinguilipé e O Arrieiro celebramos a terceira edición do noso SERÁN-MAGOSTEIRO (a ruada de Moraña) na carballeira de Santa Lucia. Un ano máis mesturaremos dúas tradicións do pais como son a degustación de castañas acompañadas con outros produto típicos do pais como chourizos e viño coa realización dun serán-foliada para o que contaremos coa colaboración de varios grupos de música tradicional chegado de diversos pun(...)
Seráns do Sarela (Compostela) - 8 de Novembro Xoves 8 de novembro (21:30h) Discoteca O Sarela (Rúa da Codeseira de Vidán, Compostela) Quen vén tocar esa noite? 21h30 . Obradoiro de baile con Eva Barona (Ultreia) 22h30 . Alvariza 23h15 . Os Viqueiras de Ordes 24h00 . A. C. Rosalía de Castro (Cacheiras) 01h00 . Foliada até que o corpo aguante!
XIV Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas dentro das festas de San Froilán (Lugo) O vindeiro 7 de outubro - Domingo das Mozas, dentro da programación do San Froilán, Lugo volverá a acoller a que será a XIV edición da Mostra de Música Tradicional, organizada pola Asociación de Gaiteiros Galegos grazas ao interese e colaboración da Concellería de Cultura, Turimo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo. Lugo será de novo referencia en toda Galicia demostrando que a nosa música tradicional pode ser a protagonista da festa na rúa. A mostra contará cun total de 16 formació(...)
“REVIVINDO O ESPÍRITO DAS VELLAS VERBENAS” O segundo terzo do século XX foi un tempo de cambios para a música tradicional galega. Novas modas e novos ritmos chegaron ó noso folclore da man de viaxeiros, emigrantes e, como non, tamén da radio. Rumbas, polkas, vals ou pasodobres empezaron a ser frecuentes nas nosas festas, e eses novos ritmos levaron tamén a novos bailes. Aparecía así, non sen a forte oposición da Igrexa, o baile agarrado que competía coas nosas muiñeiras e xotas. Xunt(...)
2011
2010
XI Festival Folk.. de Raiz (Callobre - A Estrada) O undécimo festival Folk de Raíz arrincará mañá xoves na parroquia estradense de Callobre cos concertos dos grupos Galegoz e Regacho de Matamulleres. As actuacións sucederanse no campo de fútbol da localidade a partir das 22.00 horas. Os regueifeiros de Trioliro encargaranse da animación a pé de campo entre ambos os concertos. Haberá ademais queimada gratuíta para todos os asistentes. Desde hai tres anos, o festival ten dous días de duración. A noite do venres animarana Noitarega, Alvariza e (...)
Un ano máis , a Asociación Sociocultural Coto Manguelo de Orazo – A Estrada , organizamos este Festival de primavera . A música tradicional en todas as súas expresións e a protagonista . Este ano 15 grupos farannos desfrutar dende primeira hora da mañá ata o amencer . Contaremos , coma de cote , con artesáns ,exposición de debuxos , zona de acampada e aparcadoiros gratuíto e o campo estará cuberto cunha gran capa . Teremos tamén polbo ,churrasco e bocatas a prezos populares . E como es(...)
2009