"Abe"

XXXVIII Aniversario da A.C. Sta. María de Torás na Laracha

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??12-08-2019)

- concertos-

O vindeiro 23 de AGOSTO celebramos o XXXVIII Aniversario da A.C. Sta. Marí­a de Torás na Laracha, no que haberá unha GRAN CHURRASCADA e FOLIADA ABERTA a tódolos grupos que queirades participar.

Agardámosvos a tod@s un ano máis para celebrar o noso aniversario!

(Ultima actualizaci??24-07-2019)

Festas do Apostolo (Compostela)

- concertos-

19 de xullo 

*XLI Torneo de chave Festas do Apóstolo. Parque da Alameda.A carón da Escola Infantil de Santa Susana

19.30 h Torneo feminino

20.30 h Torneo masculino 

*22.30h Pregón desde os balcóns do Pazo de Raxoi a cargo de Luis Zahera. Praza do Obradoiro

*23.00h Concerto: Zalón. Praza do Obradoiro

*23.00h Concerto: Budiño. Praza da Quintana

*23.30h Concerto: Kind of Soul. Praza do Toural

 

20 de xullo

*'Día do Traxe Galego'

11.30 h Concentración de participantes na  Alameda e de(...)

(Ultima actualizaci??18-07-2019)

XXXV Festival Intercéltico do Morrazo

- concertos- festivais- habelas hainas- tanxugueiras- anxo lorenzo-

25, 26 e 27 de xullo no Paseo Marítimo de Moaña

Xoves 25 de xullo

19:30h

Desfile e actuación de Grupos Folclóricos de Moaña: Gaiteiros de Moaña, Solaina, Breogán, Moañesa de Música e Danza, Charaviscas, Meiramar Axouxeres

22:30h

Habelas Hainas

Talisk (Escocia)

Venres 26 de xullo

22h

Kinnaris Quintet (Escocia)

Tanxugueiras

Sábado 27 de xullo

22h

Anxo Lorenzo e convidados (Blackie O’Connel & Cyril O’Donoghue)

Sharon Shannon

(Ultima actualizaci??18-07-2019)

Vindieros concertos de Barahúnda

- concertos-

Próximas presentacións de Onde Vai o Mar:

- 25 de xullo Palacio Flórez Estrada. Pola de Somiedo, Asturias.

- 27 de xullo El Manglar. Oviedo, Asturias.

- 10 de agosto Café Cultural A Sacabeira. Cervo, Lugo.

- 17 de agosto. Arca da Noe. Vilar de Santos, Ourense.

(Ultima actualizaci??15-07-2019)

Presentación do libro Ericia, de Xosé Luí­s Ramos Suárez

- concertos- Cántigas da Terra-

O vindeiro mércores 17 de xullo ás 19:30 presentación de ERICIA, PRIMEIRO LIBRO, O TRÁNSITO, polo seu autor Xosé Luís Ramos Suárez., será en Cántigas da Terra na Rúa de Ramón del Cueto 31, Monte Alto, A Coruña.

"ERICIA é un conto de fantasía, configurado en forma de triloxía na que se ofrece unha versión moi particular e “lóxica” de moitos mitos, lendas e historias, dende Adán e Eva (Ames e Abes), Caín e Abel, e outras historias da Biblia, do Ramayana e do Mahábharata, do Leabhar Ghabhála Éren(...)

(Ultima actualizaci??11-07-2019)

Convivio da Cultura Galega en Outeiro de Rei.

- concertos-

O sábado 13 de xullo, CONVIVIO DA CULTURA GALEGA

Unha xornada lúdica e festiva, de encontro e recuperación do espírito comunitario das tradicionais romarías, de foliada e xantar demorado…, ao redor da figura de Manuel María, para celebrarmos a cultura do noso país, Galiza.

O encontro, aberto a todas as persoas e todo o asociacionismo cultural de base, desenvolverase, por sexto ano, entre a Casa-Museo Manuel María, no centro da vila de Outeiro, onde se acollerá os participantes a partir das(...)

(Ultima actualizaci??11-07-2019)

XVIII Festival retrouso e VI RETRO-Foliada en cela (Bueu. Pontevedra)

- concertos- Traspés- Prima de Buxo e Son d'aquí.- Retrouso de Cela- Cantigas e Agarimos-

Sábado 13 de xullo ás 21h

Cela (Bueu)

O sábado 13 de xullo de 2019, no eirado de Cela (Bueu) chega á maioría de idade o Festival Retrouso e á sexta edición a súa Retro-Foliada.

Para quentar, actuará o grupo Retrouso e o grpo Castromao de Mondariz. A partir das 22h, abrirán a RetroFoliada Alxibeiras, Cantigas e Agarimos, Trébede, os gaiteiros de Naicosqueira, Traspés, Prima de Buxo e Son d'aquí. e A partir de aí foliada aberta ata que o corpo aghante!

(Ultima actualizaci??11-07-2019)

XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia (A Guarda)

- concertos-

SONS MAREIROS (Programación musical)

Xoves 11 de xullo

11:30h 3a Idade

20h Gaiteiros do Fuscalho

23h Tino Baz

Presentación de “Si cantas es ti que cantas...”

Venres 12 de xullo

11;30h A Boalleira

19h:

FESTIVAL MÚSICO-POÉTICO GALEGO PORTUGUÉS

Baile tradicional e poesía de ambas beiras do Miño-Minho no Auditorio de San Bieito (a carón do porto). Coa colaboración de Vento Mareiro, Rancho de Póvoa de Varzim, Xamaraina, Dores Tembrás, Antía Otero e Anxo Angueira.

(...)

(Ultima actualizaci??05-07-2019)

XL Festival de Pardiñas (Guitiriz) - Avance Programación

- concertos- Festivais-

2, 3 e 4 de agosto

Avance da programación:

Os Rueiriños, TT Syndicate, Os Carunchos, Harmonica Creams, Zënzar, Habelas Hainas, Os Melidaos...

Ademáis, Concerto conmemorativo dos 40 anos, CANTANDO AS CORENTA, con Susana Seivane, Antón Reixa, Uxía, Pepe Vaamonde, Kevin Weatherhill, Xosé Manuel Pereiro...

(Ultima actualizaci??04-07-2019)

XV Xornadas de cultura mariñeira Muros Mira ao Mar

- concertos- Muros Mira ao Mar- Treixadura- Brincadeira-

Venres 5, sábado 6 e domingo 6 de xullo

VENRES, 5 xullo

11.00 h Visita guiada “A vida no areal”

11.00 h Apertura do mercado, obradoiros e exposicións

11.15 h Pasacalles Longarela

11.30 h Obradoiro infantil: “Oficios”

11.45 h Visita guiada conxunto histórico

12.30 h Visita guiada colección permanente “Conserveira de Sel”

12.45 h Animación musical: “O cego na feira”

13.00 h Mostra de traballos artesanais: “Traballos en Coiro”

18.00 h Apertura do mercado, obradoiros e exposicións

18(...)

(Ultima actualizaci??04-07-2019)

X Festival Folk Illa de San Simón (Redondela)

- concertos- festivais- Arume- Habelas Hainas- Pelepau-

20 de xullo a partires das 21h na Praia de Cesantes

Pandereteiras Arume

Habelas Hainas

Pelepau

(Ultima actualizaci??04-07-2019)

X Mostra Trazantes de Tenorio (Cerdedo)

- concertos- Trazantes de Tenorio- Cantigas de Elena- Xacarandaina-

Sábado 20 de xullo ás 19:30h no Adro de Tenorio

SFUS Ceifeiras e Campinos, A.C. Seixos Albos, Xacarandaina, As Cantigas de Elena, Son das Tabernas,...

(Ultima actualizaci??03-07-2019)

XIII Romaría da Conrobla (Boimorto. A Coruña)

- Festa- Romarías- Ardentía- Pelepau- Conrobla-

Sábado 6 de xullo.

A partires das 18h actuacións de Ardentía e Pelepau.

E a partires das 22:30h Foliada con A.C Maruxía, Cantareiras de Anxeriz, Grupo de Gaitas Xaramago, Cantareiras Santaia, Grupo Os Trisqueleiros, Grupo Son do Castro, Grupo As Maianas, Grupo A Ponte Vella e Foliada Aberta

(Ultima actualizaci??03-07-2019)

XXVI Festival Río Castro (Narahío. San Sadurniño)

- concertos- festivais- Festival Río Castro- Lenda Ártabra- Os Melidaos- Tiruleque- -

Sábado 6 de xullo

Achegádevos a Narahío a pasar unha boa xornada de colegueo. Sendo respectuosos con toda a xente e coa veciñanza,sendo respectuosos tamén co entorno e medio. Se non vides con esa idea ,xa sabedes,quizas tedes que buscar outro sitio no que vos atopedes máis comodos noutro lugar.

Vémonos en Narahío o sábado 6 de xullo para pasar unha boa xornada!

Desde primeiras horas da mañá convidámoste a que veñas de merenda á beira do río Castro. Porén, para irmos quentando motore(...)

Queiroa na Rúa (Sada)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??03-07-2019)

- concertos-

Sábado 6 de xullo

Pois xa estamos cociñando o noso día de Queiroa na Rúa! Como cada ano, toda a asociación botámonos as rúas de Sada para amosar todo o que sabemos da nosa cultura tradicional!

Comezaremos ás 12:00h da mañá cun desfile por diferentes zonas de Sada, onde pararemos para botar unhas pezas, desde as máis pequenas ata as máis grandes da Asociación!

Ás 20:00h, detrás da terraza, dará comezo o noso Festival Tradicional, para o cal contaremos coa presenza da Asociacion Cultural (...)

(Ultima actualizaci??03-07-2019)

XL Festival de Pardiñas (Guitiriz. Lugo)

-

2, 3 e 4 de agosto

Os Melidaos, Habelas Hainas, Zënzar, Harmonica Creams, Os Carunchos,...

(Ultima actualizaci??26-06-2019)

41 Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira

- concertos- Anxo Lorenzo- Tanxugueiras- Leilía- Andrés Penabad- festivais- Dequenvessendo- O Fiadeiro-

Do 11 ao 14 de xullo

Xoves 11

Túa (Murcia)

Dequenvessendo (Galiza)

Yuki Kojima Band (Xapón)

Stolennotes (Andalucía)

Gwendal (Bretaña)

Venres 12

Peoples Ford Boghall & Bathgate Caledonia Pipe Band (Escocia)

Project Smok (Escocia)

The Moving Hearts (Irlanda)

Anxo Lorenzo Band (Galiza)

Escola de Gaitas de Ortigueira

Sábado 13

Bagad Kerlenn (Bretaña)

por Dominic Graham School of Irish Dance (Irlanda)

Shoglenifty (Escocia)

Flook (Inglaterra)

Beltaine (Polonia)

Domingo 14

O Fiadeiro

Tanxugueiras

Leilía

Andrés Penabad Band.

(Ultima actualizaci??25-06-2019)

A Tribo das Flores (folk, pop, de taberna) en Ferrol

- concertos-

Venres 19 de xullo ás 23:45h na Sala La Room

"Como saí­dos dun aquelarre musical no medio do Monte, A Tribo das Flores é unha romerí­a de verán que condensa o folk e o pop, a canción tabernaria e a melodí­a máis delicada nunha proposta cantada en galego, castelán, italiano, inglés e portugués. O bardo Roger Arias é o mestre de ceremonias dun combo de frescura diletante completado co percusionista Sergio Cosmonautas, a cantante e guitarrista Amparo Arias, o acordeonista Nicolás Vidal e a co(...)

(Ultima actualizaci??25-06-2019)

Serán de Despedida no Malatesta (Compostela)

- Festa- Pan Sen Fron- Colexiata do Sar- Malatesta- Tarambainas-

Xoves 27 de xuño ás 23h na Sala Malatesta

Pan Sen Fron, ACF Tarambainas, Colexiata do Sar, e Foliada Aberta

(Ultima actualizaci??21-06-2019)

V Xuntanza Folc Follas de Olivar (A Insua-Pontecaldelas)

- concertos-

O vindeiro domingo 23 de xuño a partir das 12.00 horas, terá lugar a V Xuntanza Folk "Follas de Olivar" en A Ínsua (Carreira Ancha) Pontecaldelas, organizada polos Xeitosos da Ínsua.

Actuacións antes do xantar con Nós tamén imos e os Fervellos do Pío, logo xantar campestre e seguidamente obradoiro de baile tradicional con Damián Cordo e xa pola tardiña actuacións de Paiaso Peter Punk, A. C. Veira do Río, Os Xeitosos da Ínsua, Tradisón, Carapaus e Habelas Hainas!!!

Haberá tamén diversos po(...)

Cantos de Taberna - Fin de curso Escola da Vaca (Ferrol)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??19-06-2019)

- Festa-

O VENRES 21 DE XUÑO @s nos@s alumn@s da actividade de CANTOS DE TABERNA tamén farán o seu concerto de fin de curso. Visitarán tres locais de hostelería da nosa cidade, para animarvos a tod@s. O recorrido que farán será o seguinte:

-19:00h Derby Café Ferrol (R/Real 53)

-20:00h Cafetería Caribe (Plza España 27)

-21:00h El Guarisnais (R/Taxonera 1)

Animámosovos a tod@s a que @s acompañedes neste roteiro e disfrutedes dos temas que tod@s coñecedes e vos animedes a votar unhas cantadas connosco(...)

(Ultima actualizaci??19-06-2019)

Festas de San Xoán Santiago de Compostela 2019

- concertos-

Do 21 ao 23 de xuño

PROGRAMA Todas as actividades son na PRAZA DE MAZARELOS a menos que se indique outra localización. VENRES 21 DE XUÑO18 h a 00 h. Festival de San Xoán na praza de Mazarelos: Mercadiño artesán con demostración ao vivo, 'Espazo Palleiro' para peques e zona gastronómica 'Área Asardiñada'. Entrada de balde.

18 h a 20 h. Obradoiro de pintado de pratiños decorativos de polbo. Actividade de balde para todos os públicos.

19:30 h a 21:30 h. Obradoiro de baile tradicional(...)

(Ultima actualizaci??15-06-2019)

XIV Festa dos FOROS (Seixalbo. Ourense)

- concertos-

Venres 28 de xuño

22:00 h - Representación teatral "Hoxe aquí, mañán alá" de Marga Seara (Auditorio de Penouzos)

Sábado 29 de xuño*

12:30 h - Sesión vermú co #TríoMotobomba

18:30 h - Baile galego

19:30 h - Comeza a música con Airiños de Caldelas

20:30 h - Entrega do Premio Freire Carril 2019 a Luz Fandiño (local AAVV)

21:00 h - Roteiro polas bodegas** da vila e pasarrúas da man de Airiños de Caldelas

23:30 h - Concerto de Guezos

*Ó longo de todo o día haberá postos de artesanía, (...)

(Ultima actualizaci??15-06-2019)

GILBERTO GIL en Vigo

- concertos-

Martes 16 xullo ás 21:30h no Auditorio Mar De Vigo

Símbolo e lenda da música popular brasileira, ex ministro de Cultura… a influencia de Gilberto Gil nas artes brasileiras é infinita.Este ano inicia de forma excepcional unha xira por Europa co disco ‘Ok ok ok’ (2018) co que regresa logo dunha convalecencia que ameazou a súa vida. Con este novo traballo volve ao top mundial da música, con temas que falan da familia, das amizades, da vellez ou da enfermidade, pero tamén contra as patrullas ide(...)

(Ultima actualizaci??14-06-2019)

XXXII Noite Máxica en Balboa (O Bierzo)

- concertos- dequenvessendo-

Sábado 22 de xuño

13h

Historias entorno á Zanfona (Bieito Romero)

17h

Taller de Baile Tradicional con Xabier Iglesias

19h

Actuacións de Abelladeira (Ponferrada), Xardois (Cervantes) e Son Do Xeito (Lugo).

23:30h

DEQUENVESSENDO

SEGUNDO CARBALLO Á ESQUERDA

CECINA DE LEÓN

...E FOLIADA ABERTA.

(Ultima actualizaci??14-06-2019)

XII FOLK IN RIO en Touro (Compostela)

- concertos-

Domingo 16 de xuño ás 12h na área recreativa de Santaia, en Touro,

O programa musical ábrese ás once e media polos locais do Forte con cantos de taberna. Estarán os grupos Son do Souto e Muxicas da Silvei de San Fins de Sales; A Brincadeira de Carbia; A Pinguela de Barna; A Ferrina Furtiva de Redondela; Revi, Volta de O Pino; Fiadei de Antas de Ulla; O Ghusto do Boi de Lestedo; Sarillo de Aiazo de Frades; Vai Nela de Salgueiros; Arricandeira de Arzúa; Stihl Brothers de Compostela; e UGT, (...)

(Ultima actualizaci??14-06-2019)

Raiceira no Clavicembalo (Lugo)

- concertos- aPenultima- Clavicembalo-

Sábado 14 de xuño ás 23.30

Raiceira é un dúo formado por Sabela Vázquez (cello) e Carme López (voz, percusións e gaita) que reinterpreta melodías extraídas da tradición oral galega explorando novos ritmos e harmonías.

Foliagra das Tabernas (A Coruña)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??14-06-2019)

-

Sábado 15 de xuño ás 12:15h Asociación veciñal Agra do Orzán

O FoliAgra 2019 comeza con Cantos de Taberna polos locais da Agra:

Adega Cacabelos, Cafeterí­a de Juanes, Adega A Grade, Cafeterí­a Dylons, Cafeterí­a Coruña, Cervearí­a Milenium, Cafeterí­a Dinguedin, Cafeterí­a Peregila, Cafeterí­a Internacional, Adega O Cortizo, Adega Vecino, Adega órdenes e Cafeterí­a A Terraza.

Os grupos que participan no FoliAgra das Tabernas 2019 :

Tombalobos, Parabéns, Cantapereir@s.comtigo, Raiñas ao(...)

XIV Encontro de Danzas do Mundo no Carballiño

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??13-06-2019)

- concertos-

Venres 21 ao domingo 23 de xuño na Residencia de Tempo Libre de Carballiño

Monteira, Grupo de Danzas do Mundo, organiza a que vai ser a décimocuarta edición do Encontro de danzas do mundo na Residencia de Tempo Libre do Carballiño(Ourense), concibido para compartir momentos de música, baile, ou simplemente para estar xuntos, aberto a todas as persoas que se queiran apuntar, independentemente da súa habilidade para a danza.

Coma sempre, faremos obradoiros de danzas e tamén teremos música (...)

(Ultima actualizaci??07-06-2019)

Cantos De Taberna en Ferrol

- Festa-

Sábado 8 de xuño ás 19:00h no Café Bar Sevilla, con Airiños do Eume

(Ultima actualizaci??07-06-2019)

IX Cantos de Taberna en Compostela

- Festa-

Sábado 8 de xuño a partires das 20:30h

I FESTIVAL PEIS D’HOS (Cangas)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??07-06-2019)

- concertos-

O vindeiro sábado 8 de xuño celebramos o I Festival Peis d’hos, no que poderedes ver actuar, por primeira vez enriba dun escenario, aos distintos grupos de adult@s da nosa Escola: gaiteir@s, pandereteir@s e bailador@s... tod@s ao torreiro!!!

Xa sabedes, o 8 de xuño ás 22h no Parque da Palma (ou Xardíns de Andrea), no Concello de Cangas do Morrazo. Que nervios!! Non faltedes!!!

(Ultima actualizaci??07-06-2019)

Romarí­a Xeitosa en Begonte (Lugo)

- Festa-

Domingo 9 xuño ás 12:00h no clube fluvial

Oxeito celebra a súa Romarí­a Xeitosa dentro da Foliada do Ensino Público. Haberá xogos, obradoiros e moita música e baile.

Dequenvessendo en Casa Xuntanza (A Pastoriza. Arteixo)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??07-06-2019)

- concertos- dequenvessendo-

Sábado 8 xuño ás 22:00h na Casa Xuntanza

Continuamos presentando a nova maqueta!!

Desta volta coincide no llº Aniversario de Casa Xuntanza. Haberá moitas sorpresas. NON O PERDADES!!

(Ultima actualizaci??07-06-2019)

Cantos de Taberna de Marin

- Festa-

Venres 7 xuño ás 21:30h

Participan: Son das Ondas, Son da Illa, Saljariteir@s e Zurrumalla

(Ultima actualizaci??31-05-2019)

VI Tangaraño Cultural en Sobradelo (Xunqueira de Ambí­a)

- Festa- Roberto Sobrado-

Sábado 1 de xuño

Encontro culturar e festivo

12:00 Cóidate para coidar charla primeiros auxilios por Susana Pulgarín.

Foliada: Iniciativa polo Rural

13:00Concerto Xan de Verin Nickelharpa

13:30 As Utopias de Carlos de Xunqueira de Ambía.

14:00 Xantar Popular e Vegano ( por favor agradecemos reserva)

15:00Concerto Nacho Martimez cantautor

16:00 Poesía: Eduardo Estevez,Belén Senín e Carlos Rafael.

Obradoiro barro por Olería de Batán

16:20 Concerto Andrés Férnandez( Suso Vaamonde)

1(...)

(Ultima actualizaci??31-05-2019)

Habelas Hainas na Pobra do Caramiñal

- concertos-

Sábado 1 de xuño ás 22.30h

XX Encontros de Música Tradicional de Carboeiro

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??30-05-2019)

- Festa-

Sábado 1 de xuño no Mosteiro de Carboeiro

OS ENCONTROS DE MÚSICA TRADICIONAL CELEBRAN A VIXÉSIMA EDICIÓN EN CARBOEIRO

Di o tango que vinte anos non son nada. Para a Santa Ferreña, tan ben acompañada no cartel, sono todo. A Asociación Intercultural Santa Ferreña celebra dúas décadas da cita ineludible coa música e cultura tradicional, coma sempre, o primeiro sábado de xuño, este ano o día 1, no Mosteiro de Carboeiro.

O sábado 1 de xuño, o Mosteiro de Carboeiro acolle os Encontros de Mús(...)

(Ultima actualizaci??24-05-2019)

Estouciñando. Ciclo de Músicas e Obradoiros en Visantoña (Santiso. Terra de Melide)

- Festa-

Sábado 25 de maio en Visantoña

17:00h Obradoiro de Bombo e Pratiños con Chema Cebeiro

21:30h Concerto de ALVARIZA

Despois, Foliada aberta.

VII Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés (Vigo)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??24-05-2019)

- concertos-

Este domingo, día 26 de maio, vai ter lugar unha nova edición do noso Concurso de Canto e Percusión Tradicional, coma sempre, será no Auditorio do Teatro Afundación (Vigo), que ten a entrada pola rúa Marqués de Valladares.

Ao igual que en anos anteriores, no VII Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés, teremos dúas sesións, a da mañá que dará comezo ás 11 h. coas Categorías A e B, que corresponden aos grupos formados por rapaces e rapazas ata 16 anos, e a da tarde coa Categoría C q(...)

2naFronteira en Pitíões das Júnias (Portugal)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??10-05-2019)

- concertos- 2naFronteira-

2naFronteira en Pitíões das Júnias o sábado 11 de maio. Cantando, tocando e disfrutando da compaña de amigas e amigos que alí­ nos reciben sempre co corazón aberto

(Ultima actualizaci??10-05-2019)

Cantos de Taberna en Marín

- concertos-

Venres 10 de maio, cos Muiñeiros do Sarela e Os Saljariteiros

(Ultima actualizaci??10-05-2019)

Foliada de Primavera en Begonte

- Festa-

Sábado 11 de maio ás 20:30h

Como todos os anos desde Castiñeiro Milenario queremos darlle a benvida á Primavera, do xeito que merece e como nos presta: organizando unha nova edición da Foliada de Primavera.

Comezaremos pola tarde, a partir das seis facendo un pequeno paseo para apañar flores e fentos e xestas e facer un maio ben bonito e grande. Dirixidos polas sabias indicacións da mestra da Primavera, Branca Villares faremos un maio, probaremos a facer algún “maio vivo” e cantaremos unh(...)

(Ultima actualizaci??10-05-2019)

XXXVII Festa dos Maios en Vigo

- concertos-

Domingo 12 de maio

Os actos festivos comezarán na citada Praza do Berbés ás dez e media da mañá con diversos talleres infantís; ás doce haberá unha sesión de contacontos, tamén dirixida aos máis pequenos, que irá seguida, a partir da una da tarde, da actuación dos grupos “Os Ferraias da Etea” e “ Pandereteiras de Frián”. Tras a comida popular, que comezará sobre as 14.30 horas, a intervención da banda de gaitas do Casco Vello, ás cinco da tarde, servirá de introdución ao acontecemento princip(...)

(Ultima actualizaci??10-05-2019)

Festa Sementeira e Música en Corzáns (Salvaterra de Miño)

- concertos-

A Asociación Quinta do Piñeiro é organizadora da ‘ Festa Sementeira e Música’ que alcanza este ano a 13ª edición e que nesta ocasión ha de celebrarse os días 11 e 12 de maio na área recreativa do Muiño dá Ponche, na parroquia de Corzáns, no municipio pontevedrés de Salvaterra de Miño.

Dous días nos que a artesanía, a diversión e a tradición estarán presentes.

A festa comezará o sábado pola mañá, cunha concentración de tractores clásicos que a continuación realizarán un roteiro polos p(...)

(Ultima actualizaci??10-05-2019)

Noite de Fiadeiro en Vilavidal-Ramirás (Ourense)

- Festa-

Sábado 11 de maio dende as 17:30h

Organiza: Asociación Cultural REBULIR

PROGRAMA:

17:30 h. Apertura FEIRA de produtos artesáns e gastronómicos

Mostra de Oficios Artesáns

- Animación de rúa

- Xogos tradicionais con CCP Xaquín Lorenzo

17:30 h. OBRADOIROS para nen@s

Enredos e Brinquedos – con CCP Xaquín Lorenzo

As tamancas a escala – Tango Zapateiro

Peiteados e Pulseiras – Artesanía Mary

Xogos Cooperativos - Xurxemurxe

18:30 h. CONCERTO da Banda Municipal de Música de Rami(...)

(Ultima actualizaci??03-05-2019)

VIII Festa da Sementeira do Millo en Matamá (Vigo)

- concertos-

Domingo 05 de maio.

A FESTA comezará pola mañán, ás 10:30h coa SAÍDA DO CARRO DE BOIS dende o torreiro da festa acompañado pola música das gaitas e percusión da Banda de Gaitas do Casco Vello.

Unha vez chegado ao lugar da festa os bois comezarán cos traballos da labranza da leira acompañado polos cantos das Cantareiras da Sociedade Atlántida de Matamá (12h).

A partir das 14h e para recuperar folgos, serviráse un XANTAR POPULAR.

E xa pola tarde haberá diversas actuacións musicais (Ape(...)

I Xornadas de Acordeón en Lugo

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??03-05-2019)

- concertos-

O vindeiro venres 3 de maio de 2019 terán lugar en Lugo as I Xornadas de Acordeón organizadas pola AGG. Estas xornadas, contarán cun obradoiro impartido por Stéphanie Simon, especialista en mecánica, reparación e afinación de acordeóns, considerada unha das figuras máis respetadas dentro do mundo do acordeón.

No curso, Stéphanie amosará os aspectos básicos sobre o funcionamiento do acordeón, a mecánica deste, como abordar pequenos problemas técnicos, o traballo coa cera e a afinación das pall(...)

(Ultima actualizaci??17-04-2019)

Selección de gaita solista para o XXXIV Trofeo MacCrimmon

- concertos-

O domingo, 28 de abril, na Cidade da Cultura (Compostela) coñeceranse os 4 finalistas que representarán a Galicia en Lorient

.

Participantes, por orde alfabética:

1-. Ismael García del Río.

2-. Adrián García Seoane.

3-. Sergio Gómez Martínez.

4-. María López Carballo.

5-. Laura López Suaréz.

6-. Diego Prieto González.

7-. Xesús Rodríguez Callejón.

8-. Manuel Ramón Seoane Sánchez.

9-. Jorge Miguel Vázquez Castro.

10-.Javier Vázquez López.

11-.Nadia Vázquez Martínez.

12-.Raquel (...)

(Ultima actualizaci??16-04-2019)

Programación de abril en Crechas (Compostela)

- concertos- dequenvessendo-

PROGRAMACIÓN DE ABRIL DE 2019

Reservas aquí: reservascrechas@gmail.com

MÉRCORES 3, 10, 24 22:30 1,50 €

FOLIADA COA BANDA DAS CRECHAS

XOVES 4 21:00 5€

TATO LÓPEZ & CIA

Tato López presenta o que será o seu próximo traballo e que neste concerto na Casa das Crechas, fará unha presentación dalgúns dos temas que o conforman. “Rebelión” é o nome co que vai dar esta volta ao mundo coas súas cancións, que van desde o gipsy ata o tango, dende a zamba argentina ata o folk. Cun claro son de música(...)

(Ultima actualizaci??12-04-2019)

Cantos de Taberna en Marín

- Festa-

Venres 12 de abril. II Ed. Cantos de Taberna en Marín con Os Saljariteiros e Regatos de Callobre

(Ultima actualizaci??12-04-2019)

VI Foliada Nordestí­a en San Ciprián (Cervo)

- concertos-

Sábado 13 de abril en San Ciprián

11:00h Apertura Feira de Artesaní­a na Praza dos Campos

12:00h Cantos de taberna polos locales de hostelerí­a colaboradores

15:15h Xantar Popular na Praza dos Campos.

18:10h Xogos e obradoiros infantí­s na Praza dos Campos

19:00h Obradoiro de baile (próximamente máis info)

21:30h Actuación do grupo local A Rebolaxe (Na Prazoleta)

22:30h CONCERTOS (Na Prazoleta)

-Son do Xabre

-Os Carecos

-A Compañí­a do Ruí­do

Foliada libre cando se (...)

Foliada Aberta do Pichel (Compostela)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??10-04-2019)

- Festa- aPenultima- gentalha-

Venres 12 de abril na Gentalha Do Pichel

Chega a última foliada aberta do curso no Pichel. Já logo venhem foliadas abondas polo pais adiante assi que... Vindes despedi-las connosco até o próximo curso?

Repifesta da Asociación Cultural Triskell (Arteixo)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??05-04-2019)

- Festa- triskell-

Venres 5 de abril na Casa Xuntanza (A Pastoriza)

Nova fin de semana con nova Repifesta (foliada aberta dos venres).

Será, coma sempre, mañá venres, en Casa Xuntanza, a partir das 22:00.

Se gustas de tocar, cantar, bailar ou simplemente escoitar, únete a facer Xuntanzas con nós.

LUUUUMMMMEEEEE....!!!!

VI Cantos de Taberna en Sarria

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??29-03-2019)

- Festa-

Festón o sábado 30 polas tabernas de Sarria, con gran fin de festa na Unión onde tocarán todo-los grupos presentados por Leo Arremecághona. Reserva a tua cea!

(Ultima actualizaci??29-03-2019)

Tanxugueiras en Lalín

- concertos-

Venres 29 de marzo ás 21h no Salón Teatro (Concello de Lalín)

TANXUGUEIRAS - A revolución das pandeiretas -

Partindo dun coñecemento rigoroso da tradición e das músicas de transmisión oral, entre Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro dáse un encontro único onde a maxia, a naturalidade, a espontaneidade e a comuñón musical xorden desde o primeiro minuto e fan que revolucionen o panorama musical galego.

O mundo da pandeireta e o baile está a vivir en Galicia a un momento irrepeti(...)

Cova Sesión Folk (A Coruña)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??27-03-2019)

- concertos- aPenultima- Céltica-

Xoves 4 de abril

Comeza un novo proxecto na Cova Céltica, as "Cova Sesión Folk". Cova Sesión Folk consiste nun encontro de instrumentistas vencellad@s á música folk e tradicional na procura de crear espazos para a execución en clave folk tanto da música tradicional galega coma de outros panoramas da nosa contorna cultural. Estas xuntanzas serán todos os primeiros xoves de cada mes, a partir das 22h, e están abertas a calquer músic@ que queira participar.

Anímate e ben gozar da música ao viv(...)

(Ultima actualizaci??22-03-2019)

Mercado de Primavera do Valadouro

- concertos-

Venres 22 de marzo, dende as 21h

Pregón do actor e dramaturgo valadourense Manuel Lourenzo.

Concerto de Miro Casabella coa banda de gaitas Dambara.

Xornada o baile en zocas da asociación cultural Amado Lar

Inauguración da exposición ‘Pintores do noso val‘

Concerto a partires das 23h de Cuarta Xusta e Zënzar.

Sábado 23 de marzo dende as 10h

Segunda edición da xuntanza de automóbiles Clásicos do Val do Ouro.

Ás 11.30 desfile de zocos e vestimenta. Escolma de Meus e Dambara amen(...)

(Ultima actualizaci??22-03-2019)

II Foliada de Primavera en Rábade

- Festa-

O sábado 23 de marzo a partires das 17h no Centro Sociocultural de Rábade a Asociación Cultural Treboada organiza a Foliada de Primavera, que este ano contara cun curso de canto e pandeireta impartido por Javier Feijoo Chisco e a posterior actuación dos grupos participantes seguida de pinchos e foliada aberta.

(Ultima actualizaci??22-03-2019)

IV Cantos de Taberna en Ribadeo.

- Festa-

Sábado 23 de marzo a partires das 20h

(Ultima actualizaci??21-03-2019)

Budiño presenta Fulgor en Boiro

- concertos-

BUDIÑO presenta "Fulgor"

SALA A Pousada da Galiza Imaxinaria (BOIRO)

23 MARZO / 21h.

ENTRADAS EN TICKETEA

- Budiño: Voz, frauta, piano, guitarra

- Brais Morán: Guitarra, coros

- Fran Sanz: Baixo

- Ton Risco: Batería

- Alex Salgueiro: Wurlitzer, sinte

.

Despois de 6 anos de silencio, Budiño publica FULGOR, un novo álbum con 10 cancións orixinais, compostas, producidas e cantadas por el mesmo.

.

Un universo ultra moderno cun pé na raíz e outro no abismo.

O abismo da creatividade,(...)

(Ultima actualizaci??21-03-2019)

II Polavila en Santalla

- concertos-

Sábado 30 de marzo

-13:30 h: Vermú a cargo do grupo De Ninghures na carpa montada pola comisión de festas de Santalla na praza.

-16:00-18:00 h: Taller de baile tradicional asturiano e galego (se hai grupo mínimo) con Paulino Santirso e Vanessa Castro. Apúntate no tlf. 638551325

-18:00-23:00 h: Cantos de taberna polos bares de Santalla cos grupos “Os Amigos do Caldeiro”, “En faldas y a lo loco”, “Nela&Cía”, “Os do Trece”, “Trangalleiras”, “Os Húmedos del Eo”. .

Bares participan(...)

(Ultima actualizaci??15-03-2019)

Foliada na Taberna o 27 (Velouzás. Paderne)

- Festa-

Venres, 15 de marzo, a partir das 21:30

(Ultima actualizaci??15-03-2019)

Foliada de Balboa

- concertos- dequenvessendo-

Sábado 16 de marzo

Dequenvessendo

Os Palletas

Foliada Aberta de Compostela

VII Serán Airiños da Fracha en Ponte Caldelas

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??15-03-2019)

- Festa-

Sábado, 16 de marzo, a partires das 21h

Serán organizado pola Charanga tradicional Airiños da Fracha.

Colabora o Concello de Ponte Caldelas

Na antiga discoteca REIVI en PONTE CALDELAS

Comenzara sobre as 21:00 horas.

A orde de actuacións sera por orden de chegada, conforme vaian chegando os grupos, coma outros anos faranse duas listas, pares e impares, unha para pandereteir@s e outro para grup@s, a nosa intención facer mais ameno o Serán.

Teremos concurso de Aturuxos, con gran p(...)

(Ultima actualizaci??15-03-2019)

SÉS presenta RABIA AO SILENCIO en A Coruña

- concertos- María Xosé Silvar (Sés)-

Venres, 15 de marzo, ás 20:30h no Teatro Rosalí­a Castro

María Xosé Silvar "SES" - Guitarra, percusións e voz

Sabela Galbán - Frauta, acordeón e voz

Tito Calviño - Guitarras

A “rabia ao silencio” que cantaba Yupanki da nome a este espectáculo composto por unha escolma de cancións populares, folclóricas ou de autor, mais todas elas ligadas a un pobo do que manaron e ao que nutriron.

Maria Xosé Silvar, Sés, proponnos desta volta un espectáculo acústico, máis íntimo e directo do que(...)

(Ultima actualizaci??15-03-2019)

Budiño presenta Fulgor en Compostela

- concertos-

Venres, 15 de marzo, ás 21h na Sala Capitol.

- Budiño: Voz, frauta, piano, guitarra

- Brais Morán: Guitarra, coros

- Fran Sanz: Baixo

- Ton Risco: Batería

- Alex Salgueiro: Wurlitzer, sinte

Despois de 6 anos de silencio, Budiño publica FULGOR, un novo álbum con 10 cancións orixinais, compostas, producidas e cantadas por el mesmo.

Un universo ultra moderno cun pé na raíz e outro no abismo.

O abismo da creatividade, cheo de arraigo e de fame de risco.

Pisar terra e querer(...)

Foliada de Entroido en Boiro

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??09-03-2019)

- Festa-

Traémosvos unha sorpresiña para comezar o día! O próximo domingo 10 de marzo FOLIADA DO ENTROIDO 🎭🎶

A partir das 12:00h no porto de Escarabote ➡️ foliada con grupos da zona, xantar a prezos populares e sobremesa con filloas, orellas e música. Ao remate do Felipiño seguiremos a festa 🎉 e non vos preocupedes polo tempo... en caso de chuvia haberá carpa

(Ultima actualizaci??09-03-2019)

Foliada de Inverno en O Castro (Begonte)

- Festa-

Sábado 9 de marzo

Comezamos o ano cunha nova edición das Foliadas de Inverno de Castiñeiro Milenario, como sempre na Casa do Pobo da Asociación Veciñal do Castro (Begonte).

Nesta ocasión, os eventos previos á foliada, veñen con novidades, pois faremos a presentación do I Ciclo de Cine Galego de Castiñeiro Milenario. Un proxecto que levamos intentando sacar adiante desde hai tempo e que este ano, por fin, vai ver a luz. A primeira cita co Ciclo de Cine (do que teredes novidades en breve) v(...)

Serán de Meirol (Mondariz)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??02-03-2019)

- Festa-

Este é o noso cartel do SERÁN DE MEIROL DE 2019, O SÁBADO 9 DE MARZO A partir das 22:00 horas da noite, na CASA CULTURAL DE MEIROL, HABERÁ:

-GRUPOS DA COMARCA E ARREDORES.

-HABERÁ PARA PETISCAR

- O REMATE TOMAREMOS UN CHOCOLATIÑO QUENTIÑO

E O QUE NON FALTARÁ SERÁ A FESTA RACHADA!!! NON FALTEDES!!

(Ultima actualizaci??22-02-2019)

O Fiadeiro en Tomiño

- concertos- O Fiadeiro-

Sábado 23 de febreiro ás 22h no Auditorio de Goián

O Fiadeiro ten o pracer de poder mostrar o seu repertorio de bailes e músicas tradicionais galegas así como o noso particular aporte á recuperación das antigas orquestras, no Auditorio de Goian, en Tomiño, por un respectable e simbólico prezo de 3 euros (billetes á venda unha hora antes na taquilla).

A actuación será ás 22 horas. Non se esquezan… haberá sorpresas e música e baile para todos os públicos!

Foliada aberta en A Coruña

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??22-02-2019)

- Festa- Cántigas da Terra-

Sábado, 23 de febreiro, No local de Cántigas da Terra (Rúa Ramón del Cueto 31)

Música e baile polas Escolas da Terra, Cántigas da Terra e quen queira acompañarnos.

Cantos de Taberna en Pontevedra

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??22-02-2019)

- Festa-

Venres 22 de febreiro a partires das 21h

O último venres de mes xa está aquí­ e con el chegan os Cantos de Taberna a Pontevedra. Unha actividade que organiza a Asociación Cultural Maravallada en colaboración co Concello de Pontevedra.

Este venres contaremos co grupo Q. CANTIGAS

As 21 horas estaremos no MILANO DOS MARES na rúa Luis Marí­a Fernadez e as 22,30 horas na CASITA na rúa Don Gonzalo.

Serán na Malatesta (Compostela)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??21-02-2019)

- Festa- Davide Salvado- Prima de Buxo- Brincadeira-

FOLIADERXS! Neste mes dxs namoradxs, voltamos á Malatesta para brindarvos a oportunidade que quizais non teñades este 14 de febreiro. Por iso, bailadorxs e tocadorxs, convidámosvos a traer os vosos PANOS DE NAMORAR como parte do voso conxunto da noite!

Este 21 DE FEBREIRO, namoradxs e por namorar bailaremos ao son de Davide Salvado (23h), Brincadeira (23.45h) e Prima de Buxo (00.30h)! E seguiremos a noite en FOLIADA ABERTA!

VINDE NAMORAR O XOVES PRÓXIMO Á MALATESTA! ACUDIDE, VECIÑXS! NON O(...)

Cantos de taberna en Roupar (Xermade)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??15-02-2019)

- Festa-

O Sábado 16 a partir das 9 da noite No Cómbarro estaremos en Casa Moncho de Roupar botando unhas cantadas do paí­s. Vinde cantar con nós!!

(Ultima actualizaci??15-02-2019)

Cantos de Taberna en A Coruña

- Festa-

Sábado 16 de febreiro ás 20h no Centro Social Sagrafa Familia

Participan: Os Sobraos, Os Tabernos, A Rexouba

Foliada de Pandeireta en Tordoia

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??15-02-2019)

- Festa-

Sábado 16 de febreiro a partir das 21h en Pontepedra - Cabaleiros (Tordoia)

Foliada aberta, coa participación de:

- A.C. Nunca é Tarde

- Sementes do Arte de Ordes

- Folque Ruada da Silva

- Trouleiros de Lesta

- San Martiño de Cerceda

- Pandereteiras das Encrobas

- Pandereteiras de Rodís

- Os Xeitosos de Trazo

- A.C. O Castro de Figueiras

- Camiño Real de Poulo

- Xentiña de Trazo

Organiza: A.C. Nunca é Tarde

(Ultima actualizaci??14-02-2019)

Monográfico en Pontevedra: Maneo de Bergantiños

- concertos- Trepia-

Domingo, 17 de febreiro

Organiza: Asociación Cultural Trépia

Cando falamos de baile tradicional, falamos de autenticidade e respeto, sen añadiduras nin florituras coreográficas para enriquecer. Polo contrario, trataremos de ser o máis fieis posible á realidade, chegando se cabe a adoptar estilos das vellas e vellos baliadores.

INSCRICIÓN -> https://goo.gl/xxqBeP

Metodo

Estudo dos distintos xeitos de bailar o maneo.

Estudo do movemento do corpo para cada distinto aire de pandeiret(...)

(Ultima actualizaci??13-02-2019)

Caamaño-Ameixeiras nA Cova Céltica (A Coruña)

- concertos- aPenultima- Céltica-

Venres, 15 de febreiro ás 22:30h na Cova Céltica

Folk - Músicas do mundo - Balfolk

Caamaño-Ameixeiras son unha parella de aves que emiten sons de forma asombrosa que xeralmente aprenden das súas viaxes de marisma en marisma e que logo transmiten ao resto de aves da mesma especie. Son un sopro de aire fresco dentro do panorama musical de Galicia

(Festiletras)

Este duo formado por Antía Ameixeiras (violino) e Sabela Caamaño (Acordeón cromático) centrase nos ritmos folk europeos, ce(...)