"Abada"

2020

(Ultima actualizaci??30-01-2020)

Guadi Galego - Xira INMERSION

-

Xoves 13 de febreiro: Barcelona (Sala Luz de Gas)

Xoves 20 de febreiro: Madrid (Cines Callao)

Xoves 5 de marzo: Donosti (Sala Dabadaba)

Sábado 7 de marzo: As Pontes (Auditorio Municipal Alovi)

(Ultima actualizaci??25-01-2020)

Maria Xosé Silvar (SÉS) - Xiras LATINOAMÉRICA e Presentación LIBERAR AS ARTERIAS

- concertos- María Xosé Silvar (Sés)-

LATINOAMÉRICA

2Feb Festival Mujeres a la Patagonia - Bariloche (ARG)

Entradas: https://cutt.ly/9rb4MqB

6Feb Magnolio Sala - Montevideo (URU)

Entradas: https://magnoliosala.uy/

9Feb Torquato Tasso - Buenos Aires (ARG)

Entradas: https://www.torquatotasso.com.ar/ses/

13Feb Centro Cultural Juan De Salazar - Asunción (PRY)

15Feb Jardines del CCESV - San Salvador (SLV)

16Feb Festival Int. de Arte y Cultura de Suchitoto (SLV)

Xira presentación "LIBERAR AS ARTERIAS"

28Feb(...)

2017

(Ultima actualizaci??12-05-2017)

Festa TrezeCatorze 2017 en Salceda de Caselas

- concertos-

Venres 12 de maio

Xira Taberneira e actuacións do Coro Fuscalheiro e Collón de Lola

Sábado 13 de maio

The Malventons, A.P.I.S.A., O Puto Coro do Exército Froilanista, Abadá-Capoeira, Asacocirco, Os Veraneantes, Los Pontiaks, A Compañía do Ruido, Ulträqäns..

2016

(Ultima actualizaci??01-04-2016)

Abril 2016 nas Crechas (Compostela)

- concertos- aPenultima- Crechas-

Sábado 2 21h 5€

KLEBER ALBUQUERQUE

Kleber Albuquerque ten máis de 300 cancións - varias delas gravadas por importantes intérpretes da música brasileira. Traballa en colaboración con compositores de primeira liña da moderna trova de seu país, como Zeca Baleiro, Dante Ozzetti e Fred Martins, recibindo importantes premios no Brasil, en especial por súas cancións compostas para teatro. Na súa primeira xira pola Europa, o cantante e compositor brasileiro mostra cancións de seu novo show "Psicoaudi(...)

2012

(Ultima actualizaci??04-11-2012)

Novos camiños para o vello folk galego - La Voz de Galicia

- concertos-

A forza da música galega navega polo temporal da crise. Dixo Antón Vilar Ponte: «Interésanos máis un coro galego en Madrid que un deputado en Cortes por Galicia». «Tal foi a dedución feita por tan egrexio persoeiro a respecto do coro pontevedrés Aires d'a Terra, de grande sona a comezos do século XX. Tendo en conta que o propio Ponte era representante político galego en Madrid, maxinemos qué pensaría calquera daqueles devanceiros galeguistas ao respecto da brillante realidade que a nosa m(...)

2013

(Ultima actualizaci??12-02-2013)

Uxía presenta MEU CANTO no ciclo CANTIGAS DE MULLERES con Sés como convidada

- concertos- Uxía Senlle- Cantigas de Mulleres- María Xosé Silvar (Sés)-

Acabada de chegar da súa xira brasileira e do Celtic Connections (Glasgow-Escocia), Uxía subirase ao escenario do Teatro Principal o vindeiro venres 15 de febreiro ás 21 horas para presentar o repertorio do seu multipremiado traballo Meu Canto. O concerto, que forma parte da programación do Concello de Santiago de Compostela SONS2013, inaugura o Ciclo CANTIGAS DE MULLERES inspirado no CD homónimo editado por FOL MÚSICA, unha compilación baixo a dirección artística de Uxía que pretende ser unha e(...)

2011

(Ultima actualizaci??01-04-2011)

Actividades musicais no Achegarte 2011

- concertos- Xacarandaina- Asociación Cultural Maghúa-

Sábado 2:

* 12:00 h. Rap Regueifa: Noe Orosa, Ninguén Melide e Senlleiro.

* 13:00 h. Marta Quintana, arpista.

* 14:00 h. Coral Follas Novas.

* 16:30 h. Manu Clavijo

* 17:00 h. Xacarandaina.

* 17:30 h. Xoán Curiel

* 18:00 h. Habelas.

* 18:30 h. Luar na Lubre.

* 19:00 h. Fuco Xabier.

* 19:30 h. Pradairo: "Pateado".

* 20:30 h. Noitarega: "Vinteún".

* 21:00 h. Silvia Penide.

* 21:30 h. Tiruleque.

Domingo 3:

* 11:30 h. Pablo Díaz e o grupo "Tic-Tac".

* 11:30 h. PelDeNoz.

* 12:00(...)

2010

ST Música Presente, un ciclo de concertos destinados aos expertos da industria

- concertos-

A Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic) presentou onte o programa ST Música Presente, no que cede o seu escenario no Salón Teatro de Santiago para que os grupos galegos poidan promocionar os seus traballos discográficos mediante actuacións en directo. A primeira será o o vindeiro 18 de marzo, cun concerto do grupo Linho do Cuco, e seguirán, ata finais de abril, Anxo Lorenzo, Emilio Rúa, ílvaro Vieito Cuarteto, Ophiusa e Bellón Maceiras Quinteto.

Este ciclo pretende contribuí­r á difu(...)

2009

(Ultima actualizaci??11-06-2009)

A música galega volta a Bretaña

- concertos- Lorient- Abada- Berrogüetto- Bellón- Maceiras- Bonovo- Fía Na Roca-

Este verán, unha nova expedición musical parte para Bretaña.

Do 31 de xullo ao 9 de agosto celébrase na vila de Lorient a 39ª edición do Festival Intercéltico, a cita internacional máis importante para o mundo folk, que este ano conta con Galicia como país homenaxeado, sendo convidado de honra.

A programación de grupos galegos no Festival Intercéltico de Lorient afiánzase nesta edición con Berrogüetto, Fía na roca, BellónMaceiras e bOnOvO, catro grupos con diferentes experiencias no Fes(...)

2008

(Ultima actualizaci??16-12-2008)

Concierto de “bOnOvO” na Fnac, un proxecto nacido das inquedanzas de 3 músicos

- concertos- Grupo Doa-

Un novo son é a base desta formación que funde tres instrumentos e

personalidades propias nunha simbiose musical imprevisíble.

Tres músicos galegos: Oscar Fernández, Roberto Grandal e Pulpiño

Viascón, com traxectorias musicais moi dispares (“Os Cempés”,

“Diplomáticos de Monte Alto”, “Budiño”, “Susana Seivane”) confluiron

nun innovador proxecto de zanfonas, acordeóns e percusións

electrónicas que véu a luz no 2007 e que se plasmou nun disco que

foi presentado na Fnac.

A fusión (...)

Abrindo mercados canción a canción

- concertos-

A participación de Galiza no Womex saldouse con éxito, e pode ser considerada un 'paso adiante' para a apertura de novos espazos de comercialización.

Este tipo de feiras non están pensadas, en principio, para xerar un negocio a curto prazo. E máis aínda nos últimos tempos, en que se vén percibindo que a mercados como o Womex acoden moitos máis vendedores ca compradores, o que dá lugar a un certo desánimo. Así é todo, continúan sendo importantes para xerar movementos e construír estratexias a (...)

1999

Artistas e productores defenden a competencia de Xosé Manuel Blanco

-

Artistas e produtores culturais, tanto galegos como do resto do Estado, emitiron onte un comunicado no que recoñecen en Xosé Manuel Blanco, “un profesional cunha longa traxectoria no mundo do espectáculo”, tras as críticas vertidas polo PPdeG contra el.

Os asinantes responden así ás acusacións do Partido Popular dun suposto “trato de favor” ao irmán do conselleiro de Industria, Fernando Blanco, por parte da Consellería de Cultura ao contratar os servizos da súa empresa por valor de 180.0(...)

Saiu Marful

- concertos- Marful-

Marful proponnos unha cocteleira inspirada nos ritmos que soaban nas vilas galegas, entre os anos 30 e 50, nos salóns de baile e nos cafés cantantes. Unha época musical marcada polos ritmos de tradición americana que coabitaban coa música popular e a canción melódica. Música elegante para unhas letras persoais e irónicas, letras en femenino feitas pola propia Ugia Pedreira e por escritores como Anxo Quintela, Ricardo Carvalho Calero, Olga Nogueira, Manolo Pipas ou o francés Jacques Prévert.

(...)