Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]


Entrevistas, reportaxes..
na prensa e outras webs




   >> Iniciar Sesión  


  [1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8]

Alalá viaxa a Brasil…
Fonte / Mais información
(texto engadido o día 19/ / 3/ / 09 )


O martes día 24 de Marzo emítese o primeiro capítulo da serie de programas que o Alalá grabou en Brasil. Salvador de Bahía será a primeira parada na viaxe…

¿queredes un adianto? pois relaxádevos, tranquilos…

como din por alí “vossé sonría que está na Bahía”.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


PROJECTO [TREPIA] : `Todo o que facemos ten base na música tradicional´
Fonte / Mais información
(texto engadido o día 17/ / 3/ / 09 )
(AnosaTerraTV)
Conseguen mesturar o son do sacho coa electrónica, a videocreación e a performance cos puntos da xota ou da muiñeira, a coroza cos vaqueiros. Non queren recuperar a tradición, senón deconstruíla. Projecto [trepia] son unha das propostas musicais máis interesantes dos últimos tempos. ANT TV estivo con eles.



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


O `V Encontro coa Zanfona Contemporánea en Narón´ na TVG

(texto engadido o día 17/ / 3/ / 09 )

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Galas de Alén, un esforzo pola recuperación do traxe tradicional galego
Fonte / Mais información
(texto engadido o día 26/ / 2/ / 09 )
agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


U-lo Trío. Música non hai máis que unha
Fonte / Mais información
(texto engadido o día 24/ / 2/ / 09 )


Estou seguro de que hai un punto no que o jazz e o pop son a mesma música. Os especialistas din que non, pero non podemos deixar a música nas mans dos especialistas. Claro que se en lugar de chamarlle música pop dixeramos que era música popular entón as reticencias serían menores.

Poñernos estupendos coas denominacións das cousas quere dicir poñerse estupendo coas cousas. Así que o jazz pode ser música popular pero non pode ser música pop cando, en realidade, a música popular e a música pop son a mesma cousa en estadios diferentes. Pero estes matices non valen cando falamos de xenealoxía especializada na música, unha especialidade na que todo o mundo se pon bastante estupendo para defender a súa columna de opinión.

Para U-lo Trío estas consideracións son inútiles. Porque eles son músicos. Eles xúntanse e pensan a música como música e buscan o punto de cocción no que as melodías de John Lennon e as súas fogueiras de inverno coincidan coas de Charles Mingus. Tal como se escoita na práctica hai un lugar no que coinciden. Ese lugar é, a un tempo, sinxelo e exótico porque no fondo, como sucede co lume, música non hai máis que unha.

Para simplificar máis a comprobación musical, o trío aínda ten o descaro de aflamencalo todo, de darlle o arabesco suave da guitarra ás melodías, facendo un xogo que demostra a evidencia de que canto máis forzas os xéneros fóra da súa ortodoxia máis se nota cando a música é boa. Marabillas da heterodoxia. Co flamenco sucede en maior medida porque antes o flamenco era a música de España e agora forma parte das músicas do mundo. Imos mellorando.

Unha das vantaxes de U-lo Trío é algo que tantos músicos de todos os tempos quixeron ignorar. A música soa mellor canto máis sinxela. Complicar as cousas está ben para os especialistas, pero os especialistas adoitan ser os peores espectadores. As cancións que son boas son máis boas cun trío que cunha orquestra. Incluso hai veces que son mellores cando as asubías e todo o que estaba na melodía segue aí, funcionando no ouvido.

Despois de pasar polos locais nos que só se admite o pequeno formato este trío das mil batallas decidiu facer un combinado dos que entran suaves e dan calor. En certo xeito ten ese aire cool que tan aprezado foi nunha época sen necesidade de facer ningunha das concesións a determinados exotismos para conseguilo. É unha música que vale para todos os tempos e non se gasta dunha vez para outra. Queda rebotando tranquilamente polos pavillóns auditivos.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Entrevista a Abe Rábade: ``Son un pouco jedi´´
Fonte / Mais información
(texto engadido o día 24/ / 2/ / 09 )
Abe Rábade, experto pianista de jazz, metido en proxectos tan interesantes coma o seu trío ou Nordestin@s, ensina aos cativos a escoitar no Auditorio de Galicia Abe Rábade (Compostela, 1977), cuspe un dialéctico bebop frenético antes de que se lle poida facer ningunha pregunta. Tan incisivo na fala como na creación musical, comenta que a edición en DVD do seu último álbum, Open Doors, lle está a supoñer novos e interesantes retos e, como quen non quere a cousa, a conversa acaba pasando ao futuro ..>>

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Obradoiro de regueifa nos institutos galegos
Fonte / Mais información
(texto engadido o día 23/ / 2/ / 09 )
agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


A memoria das voces
Fonte / Mais información
(texto engadido o día 15/ / 2/ / 09 )
Mario Regueira analiza os libros presentados nas últimas semanas sobre Benedicto e Miro Casabella.É sabido que os movementos da canción protesta dos 60 e 70 sufriron os seus propios procesos de marxinación e esquecemento, especialmente aqueles que tentaron ser feitos en linguas minorizadas. Porén, vascos e cataláns conservaron até hai pouco a vixencia musical e testemuñal dalgunhas das figuras que formaran en tempos Els Setze Jutges e Ez dok amair ..>>

- Voces Ceibes- Grupo Doa -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Som do Galpom: `Cada vez buscaranse máis propostas musicais´
Fonte / Mais información
(texto engadido o día 2/ / 2/ / 09 )


Som do Galpóm representa na música a mestizaxe que marca o século XXI e que non ten volta atrás. “As fórmulas musicais están mortas”, pensa a formación. Despois de sorprender e gañar varios premios pecháronse con Segundo Grandío na Casa de Tolos para gravar o que será o seu primeiro disco. Falta pouco máis dun mes para poder escoitaloSom do Galpón están metidos en Casa de Tolos, de Segundo Grandío, en pleno proceso de gravación do seu primeiro disco, que sairá no mes de marzo. Brais e Gael de Es ..>>

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Benedicto: `Existe unha lenda negra sobre Voces Ceibes´
Fonte / Mais información
(texto engadido o día 1/ / 2/ / 09 )


Foto: Paco Vilabarros(Mar Barros)'Botar unha ollada serena para atrás' é a intención coa que Benedicto García Villar (Compostela, 1947) escribiu o seu libro de memorias 'Sonata de amigos' (Xerais). Nas súas páxinas, este fundador de Voces Ceibes, rememora as súas orixes, a súa formación, a loita antifranquista e a música entendida como instrumento de intervención social. No libro ofrece unha crónica biográfica que é a vez musical e persoal. Nela narra todos os camiñ ..>>

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


  [1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8]


 

 


 





:: R estrea un documental sobre a música galega nos anos setenta ::

:: Novos camiños para o vello folk galego - La Voz de Galicia ::

 

:: A revolución tamén se fai bailando | Sara Alonso - EL PAíS ::

:: Xiras con lucro e nostalxia | Galicia | EL PAíS ::

:: O canto agochado entre pipotes ::

:: O focense que ensina canto tradicional en Oxford ::

:: Memoria de xénero - Leilí­a presentará o 3 de febreiro no Rosalí­a o seu novo disco ::

:: Entrevista a Oscar Fernández:(Os Cempés) en Galiciaé: Novo disco para o Nadal ::

:: Grande Exito da Orquestra Folk de Galicia "SonDeSeu" en Helsinky ::

:: DOA portada máis entrevista na revista Interfolk ::

:: O folk de hoxe, clásicos e modernos en plena forma ::

:: 'O noso é a música de resistencia' - O grupo Milladoiro celebra tres décadas sobre o escenario ::

:: Novo número, correspondente a Outubro, de Sons da Galiza (revista online de música folk) ::

:: Contaxiosa vivacidad · SonDeSeu no Teatro Circo Price de Madrid (Critica de Fernando Neira) ::

:: Entrevista a Berrogüetto en Galiciaé ::

:: 'Ao Vivo' de Luar Na Lubre, Mellor Album de Música Tradicional nos Premios de la Música ::

:: Serán en Toutón ::

:: A Revista (TVG) nas xornadas de música tradicional en Mondoñedo ::

:: Milladoiro, 30 anos de xira ::

:: Iván Area: “A sociedade que non conserve o seu patrimonio inmaterial caerá no olvido” ::

:: DOA "O son da estrela escura" (1979) 30 aniversario ::

:: MUSICA CELTA ARGENTINA de Carlos Prebble ::

:: Las muiñeiras nacidas en Cuba ::

:: Alalá continuará na tempada 2009-2010. ::

:: A `Tradicción´ sen trampas de Nova Galega de Danza ::

:: Reportaxes en AnosaterraTV: Luar Na Lubre, Guadi Galego e Fía Na Roca ::

:: Carlos Núñez: Brasil somos nós ::

:: Carlos Núñez - Alborada do Brasil (Novo disco en Xuño) ::

:: Tanxedoras publica o seu primeiro traballo musical ::

:: Susana Seivane volve cos seus soños, pezas de toda a vida ::

:: Alalá co gaiteiro José María Lagares ::

:: As cantareiras Tanxedoras chegan ó esceario da súa orixe ::

:: A Central Folque renova a música popular galega ::

:: Os que abriron o camiño (Milladoiro, pioneiro na renovación da música tradicional, fai 30 anos) ::

:: Mini e Mero (un texto de Xabier Cordal para Vieiros.com) ::

:: A vía das pandeiretas ::

:: Víctor Bello: `A cultura será un balón de osíxeno nesta época de crise económica´ ::

:: A gaita e o whistle soan a éxito no Bierzo ::

:: Sanín: pulindo a música tradicional ::

:: Manuel Xende: `Un día que ías tocar, gañabas para un ferrado de millo´ ::

:: Alalá viaxa a Brasil… ::

:: PROJECTO [TREPIA] : `Todo o que facemos ten base na música tradicional´ ::

:: O `V Encontro coa Zanfona Contemporánea en Narón´ na TVG ::

:: Galas de Alén, un esforzo pola recuperación do traxe tradicional galego ::

:: U-lo Trío. Música non hai máis que unha ::

:: Entrevista a Abe Rábade: ``Son un pouco jedi´´ ::

:: Obradoiro de regueifa nos institutos galegos ::

:: A memoria das voces ::

:: Som do Galpom: `Cada vez buscaranse máis propostas musicais´ ::

:: Benedicto: `Existe unha lenda negra sobre Voces Ceibes´ ::

:: Mouriño ou como quitar vida dun pau de madeira ::

:: crítica periódico `La Opinión´ concerto 3azoteas IBEROJAZZ 09 por Quinito Mourelle ::

:: Festicultores Troupe: "Somos da festa popular a saco, é o mellor que hai" | Galicia Hoxe ::

:: Por un método de gaita en francés ::

:: Nani García: `O defecto do jazz en Galicia é que mira demasiado alén do Atlántico´ ::

:: A tradición dos cantos de Nadal ::

:: As almas da noite de Kastomä ::

:: Xose Manuel Budiño: «Toco para transmitir emocións» ::

:: As tertulias do Diario: música ::

:: Longa vida ás tradicións en Santalla ::

:: A música da lusofonía, unha marca de éxito no mundo ::

:: Voces Ceibes ::

:: Concierto de “bOnOvO” na Fnac, un proxecto nacido das inquedanzas de 3 músicos ::

:: A última banda bravú ::

:: Entrevista a Vaamonde, Lamas & Romero ::

:: Ocaso e abrente da gaita galega ::

:: Entrevista a Antón Castro, compoñente de Fuxan Os Ventos ::

:: En Projecto Miño `conviven de modo natural el swing y la pandeirada ::

:: La cultura bravú se estudia en Michigan ::

:: Rebelión de ritmo y verso. Rap y regueifa se alían para fomentar el gallego entre los jóvenes ::

:: Abrindo mercados canción a canción ::

:: Musica galega e poesia - Reportaxe no programa Libro Aberto ::

:: ‘Neste país interesa máis aparentar, enviando embaixadas culturais’ ::

:: O legado da canción protesta ::

:: O futuro da música de raíz: Xosé Luís Foxo, Mercedes Peón e Rodrigo Romaní ::

:: A Revista - Coñecemos a Che, o penúltimo artesán do birimbao ::