Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]


Entrevistas, reportaxes..
na prensa e outras webs




   >> Iniciar Sesión  


  [1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8]

Alalá co gaiteiro José María Lagares
Fonte / Mais información
(texto engadido o día 5/ / 5/ / 09 )


Hoxe, martes, día 05/05/2009

O gaiteiro que presenta o "Alalá" desta noite, José María Lagares, naceu en Santaia de Moar, en Frades, pero nos anos 50 tivo que emigrar para Brasil e chegou a São Paulo onde traballou como cobrador do tranvía e camareiro; a base de esforzo e axuda da familia, abriu un restaurante que pronto gañaría sona en São Paulo, porque Zé Lagares acompañaba os pratos e as comidas con muiñeiras e xotas que aprendeu en Ordes. Así foi gañando a vida e criando os dous fillos que tivo, xunto a unha terceira filla adoptiva de orixe brasileira.

O irmán de "Zé Lagares" chamábase Ricardo. Se "Zé" era o gaiteiro da familia, Ricardo foi o birindeiro. Ao ver os vídeos que mostran das xuntanzas que facían na casa cando "Zé" ía pasar as vacacións a Galicia dan ganas de sentar con eles. Ricardo foi quen compuxo a canción de "Manuel do Campo", un orgullo para toda a familia Lagares porque dende que a inventou Ricardo cántase por todo Galicia e, ao parecer, tamén por Brasil
- Alalá- Brasil -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


As cantareiras Tanxedoras chegan ó esceario da súa orixe
Fonte / Mais información
(texto engadido o día 2/ / 5/ / 09 )


(vía blogoteca.com/malmequer)

Ana Baena

Leni, Yoli, María e Tere ou o que o mesmo, As Tanxedoreas, subiron unha vez máis ao esceario, mais esta vez na súa cidade e cun traballo discográfico baixo o brazo: ‘Enerxía para botar por fóra’, un cd coa escolma das mellores pezas das recollidas feitas ao longo dos seus seis anos de existencia.

A son do pandeiro, panderetas, castañolas ou percusións, o potencial das cinco integrantes de As Tanxedoras deixouse notar onte sobre as táboas do Centro Cultural Caixanova. ‘Estamos moi ilusionadas por poder tocar na nosa cidade e nun lugar tan emblemático como é Caixanova, xa que, pese a ser viguesas, aquí é onde menos oportunidades de tocar tivemos’, afirmou para este medio, María Silva, unha das Tanxedoras, horas antes do comezo do recital. O repertorio foi a base de pezas que as cinco intérpretes recolleron polas aldeas de toda Galicia ao longo de seis anos: ‘A riqueza do noso patrimonio musical é importantísima; cada zona ten un xeito propio de nasalizar a voz, variando incluso fonéticamente, e acompáñase por diferentes instrumentos, por exemplo, mentres en Ribeira domina a gaita e o tambor, na Costa da Morte, a pandeireta’, afirmou Silva. Ao longo deste tempo teñen recollido todo tipo de expresións artísticas, aínda que para As Tanxedoras as que máis chaman atención do público son as que musicalizan aparellos cotiás: ‘É moi curiosa a tradición que aínda conservan na zona de Ourense, onde se acompañan coa son das tixolas ou os temas musicalizados pola son das sachadas; a xente chócalle, pero estes costumes existían, xa que nas xornadas de campo, facían competicións para ver quen remata antes e despois botábanse a cantar acompañándose do que tiñan a man’, sinalou a cantareira. Vigo, ao seren unha área industrializada, conserva pouco deste patrimonio: ‘Da cidade temos algunha cantiga de taberna, festeira acompaña por gaita ou acordeón; é máis rico o acerbo de Mondariz ou A Paradanta, que conservan a tradición dos seráns’, concluíu María Silva, que xunto as súas compañeiras, comezaron no folk de nenas.
- Tanxedoras -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


A Central Folque renova a música popular galega
Fonte / Mais información
(texto engadido o día 2/ / 5/ / 09 )
Para aclarar que os ritmos tradicionais non son só un feixe de gaitas, esta organización impulsa o estudo e promoción dos novos sons que se producen nestes intres no país.Víctor Paz Morandeira “Para distinguir o de aquí, hai que ter unha visión multicultural”. É a tese de Sergio Fernández, músico catalán que toca a gaita e que agora vén de se lanzar á aventura co acordeón diatónico. Reside en Galicia, e a única forma que ten de se familiarizar con este instrumento é a través dun mestre como Pedr ..>>

Noticia enviada por Xan Rolei

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Os que abriron o camiño (Milladoiro, pioneiro na renovación da música tradicional, fai 30 anos)
Fonte / Mais información
(texto engadido o día 1/ / 5/ / 09 )
XOSÉ MANUEL PEREIRO Foi en 1977, nun cine de Padrón. Actuaba un cantautor que, nun momento dado, anunciou ó público: "Chegou a hora do descanso. Mentres, déixovos cuns gaiteiros". Dous dos asistentes foran alí precisamente para ver ós ninguneados gaiteiros, un trío chamado Faíscas do Xiabre. Os admiradores, Antón Seoane e Rodrigo Romaní, tamén músicos, aproveitaron para falar con eles e facerlles unha proposta. "Como se nos foramos declarar", recordaban anos despois. Os gaiteiros, Xosé Ferreir ..>>

- Milladoiro- Xose Manuel Pereiro -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Mini e Mero (un texto de Xabier Cordal para Vieiros.com)
Fonte / Mais información
(texto engadido o día 27/ / 4/ / 09 )

A historia comezara ben anos antes, mais para o que a nós respecta debían de correr as festas de agosto nunha pequena parroquia de Cariño. Na máquina de discos do bar, entre os éxitos de Raffaella Carrà e Bonie M., lucía coma un estandarte o único disco no noso idioma. Eu coaba un peso de mocete e dáballe cheo de razón ás dúas teclas.


Poucos agostos despois xente chegada de toda a comarca enchía o campo das festas da Pedra para escoitar ao vivo aquel grupo. Ao ronsel de Rosalía de Castro (non sabemos se a deu lido Pete Seeger) mergulláranse na música popular sinalando os conflitos do seu tempo. Cantaban contra o réxime autonómico comerciado pola nomenclatura franquista, contra a emigración e as celulosas, contra a tiranía da industria leiteira. Letras de Darío Xohán Cabana, de Manuel María ou de Marica Campo enriqueceron a banda sonora dunha idade, atroaron en Madrid cando aínda era capaz de escoitar as culturas nacionais: “se non tedes sachos/ traguémolos nós”, advertían ironicamente.

Fuxan os Ventos non eran só a dedicación etnográfica de Xosé Luís Rivas Cruz e de Baldomero Igrexas Dobarrio a enlamaren os pés en cada corredoira. Pero sen Mini e a súa barba grave de portentosa dicción, sen a guitarra combatente e a voz arrubiada de Mero, o proxecto resultaba incomprensible.

Os medios patronais ditaron esquecemento para eles nas crónicas do revival. A formación que conseguiu devolver ao pobo unha parte da súa música desfixérase por varias razóns e non vén ao caso aventurármolas aquí. Despois chegou A Quenlla, teimando. Os carballos cativos, se cadra rebolos da chaira de Duarría escoitaban a fin de semana desde o frío do local de ensaio as verdades incómodas, as verdades verdaderas que tamén cantara o camarada chileno.

A profesión de mestres e a condición insubornable de Xosé Luís Rivas e Baldomero Igrexas aforráballes transixir cun mercado musical que ditaba, seguramente, demasiada renuncia. Eles seguiron ao choio. Os vellos axitadores acabaron coñecendo coma case ninguén non só os ritmos condenados a esfragarse coa sociedade rural, senón tamén os contos, as adiviñas, os romances esgrevios ao son da zanfona que Faustino Santalices rescatara das montañas do sur. O dúo investigou, publicou, desenvolveu o don da ubicuidade. Lonxe ás veces dos focos da moda, xenerosos en cada unha das enormes e domésticas feridas que este país –ninguén o dubide- seguirá supurando á marxe do cálculo electoral, son imprescindibles Mini e Mero. Compartimos emoción a través deles no escenario da multitude ou na tarima do cuarto máis humilde, como só Zeca Afonso e os grandes souberon facer. Nunca poderemos pagar a quen nunca nada pediu, por iso o Pedrón de Ouro será a mellor escusa para que reciban en xustiza -con Mariana Ploae-Hanganu, portavoz da nosa literatura na outra estrema da Romania- a admiración e mais o abrazo comunal.

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


A vía das pandeiretas
Fonte / Mais información
(texto engadido o día 23/ / 4/ / 09 )


José Manuel Salvado Sanín, un artesán con máis de 20 anos de experiencia, amosará o seu traballo esta semana na Feira Internacional de Florencia e logra manter as súas vendas con crise ou sen ela

José Manuel Salvado Sanín dirixe un obradoiro de instrumentos de percusión tradicionais, preto de Santiago. Esta semana está a preparar a súa participación na Feira-Mercado Internacional de Artesanía de Florencia -do 25 de abril ao 3 de maio-, e é un dos poucos autónomo con cinco empregados que non está a notar a crise.
Vende os seus produtos a bandas de folk en toda España, e tamén ten clientes nos Estados Unidos, Irlanda, Alemania, Suiza, Suecia... "percusionistas de world music, profesionais que buscan un son étnico", segundo explica o propio artesán.
Este é un novo mercado no que entraron hai poucos anos pero que vai a máis. "Comezan a coñecernos nos círculos axeitados e semella que gustamos, en calidade e sobre todo en prezos, que somos moi competitivos. Veñen pedir unha pandeireta e cando ven o que custa, lévan tres", comenta Sanín, medio en broma, medio en serio.
A OPCIÓN DOS BOS PREZOS
O modelo máis sinxelo que traballan, unha pandeireta galega de nove pares de ferriñas, custa uns 33 euros, un prezo que xa é baixo para Galicia e que non é sinónimo de mala calidade. No obradoiro, Sanín fabrican sempre de xeito artesanal, e só pandeiretas, tambores, bombos e outros xurdidos do folclore da cornisa cantábrica. Empregan madeira de piñeiro ou de nogueira, e pel de cabra, cousa "que se nota sobre todo no acabado e no son", afirma.
A súa opción e perder algúns cartos en cada instrumento para logo vender máis. Foi así dende que comezou, hai xa máis de 20 anos, pero agora a crise estalle dando a razón: "En tempos de apuros económicos, os pais prefiren mercar unha pandeireta para que os fillos estuden música en vez de gastarse centos de euros nunha guitarra ou millerios nun piano, as tendas comentan que están a notalo".
Sanín entrou no mundo da música folk como intérprete, aínda que sempre "foi hábil coas mans" e facía pequenas reparacións. Conta que nos 80 tivo que pagar 5.000 pesetas -"que daquela era moito"- e agardar seis meses pola súa primeira pandeireta, así que viu que había mercado para quen puidese ofrecer un trato mellor. E ata hoxe.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Víctor Bello: `A cultura será un balón de osíxeno nesta época de crise económica´
Fonte / Mais información
(texto engadido o día 20/ / 4/ / 09 )
O actual sector cultural en Galicia dificilmente podería entenderse sen a figura de Víctor Bello. Fundador da coñecida Casa das Crechas, foi un dos impulsores de Nordesía. Logo, embarcaríase no proxecto E-Burbulla.Agora, participa na organización do Macc, un mercado de ideas que se celebrará a vindeira semana en Canarias. Trátase dun encontro profesional diferente, que presta atención á innovación, ao talento emerxente, á creatividade e á investigación artística e, por suposto, cunha forte vocac ..>>

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


A gaita e o whistle soan a éxito no Bierzo
Fonte / Mais información
(texto engadido o día 15/ / 4/ / 09 )


Vía blogoteca.com/malmequer

Máis de 140 persoas de toda a península, incluído Portugal, participaron nas primeiras Xornadas de Música Tradicional organizadas pola Asociación Cultural Abelladeira

Concluíron cun éxito absoluto. ¿O que?. As primeiras xornadas de música tradicional organizadas pola incipiente Asociación Cultural Abelladeira. Éxito máis que palpable tendo en conta que ata Ponferrada achegáronse máis de 140 persoas procedentes de toda a península -Castellón, Zaragoza, Galiza ou o país veciño, Portugal-. Unha forma diferente de vivir a Semana Santa sen ter que estar pendente do tempo.

O sentir galego pola música tradicional chegou ata Bierzo amparado no gusto que por este estilo teñen os bercianos, senón de que ía ser o programa Luar -emitido por Televisión de Galicia- un espazo de renome nas casas desta comarca. Música de gaita e pandeireta que saca a relucir a alma máis nostálxica de quen se moven entre estridentes sons de guitarras eléctricas e notas de corte electrónico. Un lugar para a música que tamén é arte.

Na súa primeira edición, estas xornadas puxeron a disposición de calquera interesado e por 40 euros cinco cursos intensivos de doce horas repartidas en tres días. Gaita galega, Whistle -pequena flauta de orixe irlandés-; canto e pandeireta, sacho -aparello de labranza que se utiliza para remover a terra- e vieira; baile tradicional galego e técnicas de afinación de gaitas. Un «master» completo en música tradicional da rexión veciña que se ampliará en sucesivas ocasións pola influenza que tamén exerce Asturias.

«A nosa pretensión é que o vindeiro ano amplíese a oferta, xa que o Bierzo é unha especie de encrucillada cultural no que moita xente toca instrumentos de orixe astur, como a gaita asturiana. Entre os nosos obxectivos tamén está o tamboril ou a dulzaina castelá, ata a pandeireta leonesa», asegurou o presidente da Abelladeira, Sergio López.

Concertos de dez

Ademais dos obradoiros, as actuacións de Antubel, Abraham Fernández, a banda de Abelladeira, Carlos Fernández e o grupo luso Gabandun Gabundaira organizadas en diferentes locais ponferradinos foron toda unha revolución e ata 300 persoas chegaron a contabilizarse en cada un dos concertos.

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Sanín: pulindo a música tradicional
Fonte / Mais información
(texto engadido o día 31/ / 3/ / 09 )


Nun taller situado en San Paio de Sabugueira, en Santiago de Compostela, traballan cos sons tradicionais en forma de instrumentos de percusión como pandeiretas, bombos, tambores ou pandeiros. O negocio, rexentado polo artesán José Manuel Salvado Sanín, vai vento en popa e logra abstraerse da actual situación de crise económica, ante a que mesmo saen reforzados.Nos seus comezos, Sanín compaxinaba os estudos, alá polo ano 1990, cos seus primeiros contactos ca fabricación de instrumentos musicais. ..>>

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Manuel Xende: `Un día que ías tocar, gañabas para un ferrado de millo´
Fonte / Mais información
(texto engadido o día 20/ / 3/ / 09 )
Bocixa/ Raquel Rey . Falamos con Manuel Xende, gaiteiro de Queixas (Cerceda). Forma parte do cuarteto que leva o mesmo nome que a parroquia, e lembra como se ía de 'tascas', como botaban unha semana actuando por fóra, e como a xente dicía que eran os que mellor tocaban.


Cóntanos como na súa casa sempre estivo moi presente a gaita. No rural galego dos 50 a aparición da radio e a incorporación, ás formacións tradicionais, de novos insturmentos (saxos, clarinetes ou requintos) levaron a unha nova interpretación da tradición. Grazas a Manuel Xende mantéñense pezas coma a "Muiñeira de Solán", que el aprendeu de cativo mirando os vellos gaiteiros de Solán. Na formación actual, os Queixas son gaita, clarinete, bombo e tambor, e intégranao propio Manuel Xende, Xosé Villaverde Liñares, Antonio Gómez Bouzas, e Ricardo Muíño Xestal.

Cóntanos como se tocaba antes nas festas, canto sacaban (chegaban mesmo a vinte pesos cada músico), e ensinounos o seu método para programar o repertorio: ten unha caixiña con máis de 140 pezas, cos títulos anotados en papeliños, que vai escollendo e pasando dun peto para outro segundo vai tocando."Non hai unha destas que non saiba de memoria", di.



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


  [1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8]


 

 


 





:: R estrea un documental sobre a música galega nos anos setenta ::

:: Novos camiños para o vello folk galego - La Voz de Galicia ::

 

:: A revolución tamén se fai bailando | Sara Alonso - EL PAíS ::

:: Xiras con lucro e nostalxia | Galicia | EL PAíS ::

:: O canto agochado entre pipotes ::

:: O focense que ensina canto tradicional en Oxford ::

:: Memoria de xénero - Leilí­a presentará o 3 de febreiro no Rosalí­a o seu novo disco ::

:: Entrevista a Oscar Fernández:(Os Cempés) en Galiciaé: Novo disco para o Nadal ::

:: Grande Exito da Orquestra Folk de Galicia "SonDeSeu" en Helsinky ::

:: DOA portada máis entrevista na revista Interfolk ::

:: O folk de hoxe, clásicos e modernos en plena forma ::

:: 'O noso é a música de resistencia' - O grupo Milladoiro celebra tres décadas sobre o escenario ::

:: Novo número, correspondente a Outubro, de Sons da Galiza (revista online de música folk) ::

:: Contaxiosa vivacidad · SonDeSeu no Teatro Circo Price de Madrid (Critica de Fernando Neira) ::

:: Entrevista a Berrogüetto en Galiciaé ::

:: 'Ao Vivo' de Luar Na Lubre, Mellor Album de Música Tradicional nos Premios de la Música ::

:: Serán en Toutón ::

:: A Revista (TVG) nas xornadas de música tradicional en Mondoñedo ::

:: Milladoiro, 30 anos de xira ::

:: Iván Area: “A sociedade que non conserve o seu patrimonio inmaterial caerá no olvido” ::

:: DOA "O son da estrela escura" (1979) 30 aniversario ::

:: MUSICA CELTA ARGENTINA de Carlos Prebble ::

:: Las muiñeiras nacidas en Cuba ::

:: Alalá continuará na tempada 2009-2010. ::

:: A `Tradicción´ sen trampas de Nova Galega de Danza ::

:: Reportaxes en AnosaterraTV: Luar Na Lubre, Guadi Galego e Fía Na Roca ::

:: Carlos Núñez: Brasil somos nós ::

:: Carlos Núñez - Alborada do Brasil (Novo disco en Xuño) ::

:: Tanxedoras publica o seu primeiro traballo musical ::

:: Susana Seivane volve cos seus soños, pezas de toda a vida ::

:: Alalá co gaiteiro José María Lagares ::

:: As cantareiras Tanxedoras chegan ó esceario da súa orixe ::

:: A Central Folque renova a música popular galega ::

:: Os que abriron o camiño (Milladoiro, pioneiro na renovación da música tradicional, fai 30 anos) ::

:: Mini e Mero (un texto de Xabier Cordal para Vieiros.com) ::

:: A vía das pandeiretas ::

:: Víctor Bello: `A cultura será un balón de osíxeno nesta época de crise económica´ ::

:: A gaita e o whistle soan a éxito no Bierzo ::

:: Sanín: pulindo a música tradicional ::

:: Manuel Xende: `Un día que ías tocar, gañabas para un ferrado de millo´ ::

:: Alalá viaxa a Brasil… ::

:: PROJECTO [TREPIA] : `Todo o que facemos ten base na música tradicional´ ::

:: O `V Encontro coa Zanfona Contemporánea en Narón´ na TVG ::

:: Galas de Alén, un esforzo pola recuperación do traxe tradicional galego ::

:: U-lo Trío. Música non hai máis que unha ::

:: Entrevista a Abe Rábade: ``Son un pouco jedi´´ ::

:: Obradoiro de regueifa nos institutos galegos ::

:: A memoria das voces ::

:: Som do Galpom: `Cada vez buscaranse máis propostas musicais´ ::

:: Benedicto: `Existe unha lenda negra sobre Voces Ceibes´ ::

:: Mouriño ou como quitar vida dun pau de madeira ::

:: crítica periódico `La Opinión´ concerto 3azoteas IBEROJAZZ 09 por Quinito Mourelle ::

:: Festicultores Troupe: "Somos da festa popular a saco, é o mellor que hai" | Galicia Hoxe ::

:: Por un método de gaita en francés ::

:: Nani García: `O defecto do jazz en Galicia é que mira demasiado alén do Atlántico´ ::

:: A tradición dos cantos de Nadal ::

:: As almas da noite de Kastomä ::

:: Xose Manuel Budiño: «Toco para transmitir emocións» ::

:: As tertulias do Diario: música ::

:: Longa vida ás tradicións en Santalla ::

:: A música da lusofonía, unha marca de éxito no mundo ::

:: Voces Ceibes ::

:: Concierto de “bOnOvO” na Fnac, un proxecto nacido das inquedanzas de 3 músicos ::

:: A última banda bravú ::

:: Entrevista a Vaamonde, Lamas & Romero ::

:: Ocaso e abrente da gaita galega ::

:: Entrevista a Antón Castro, compoñente de Fuxan Os Ventos ::

:: En Projecto Miño `conviven de modo natural el swing y la pandeirada ::

:: La cultura bravú se estudia en Michigan ::

:: Rebelión de ritmo y verso. Rap y regueifa se alían para fomentar el gallego entre los jóvenes ::

:: Abrindo mercados canción a canción ::

:: Musica galega e poesia - Reportaxe no programa Libro Aberto ::

:: ‘Neste país interesa máis aparentar, enviando embaixadas culturais’ ::

:: O legado da canción protesta ::

:: O futuro da música de raíz: Xosé Luís Foxo, Mercedes Peón e Rodrigo Romaní ::

:: A Revista - Coñecemos a Che, o penúltimo artesán do birimbao ::