A forza da música galega navega polo temporal da crise. Dixo Antón Vilar Ponte: «Interésanos máis un coro galego en Madrid que un deputado en Cortes por Galicia». «Tal foi a dedución feita por tan egrexio persoeiro a respecto do coro pontevedrés Aires d'a Terra, de grande sona a comezos do século XX. Tendo en conta que o propio Ponte era representante político galego en Madrid, maxinemos qué pensaría calquera daqueles devanceiros galeguistas ao respecto da brillante realidade que a nosa m ..>>
A forza da música galega navega polo temporal da crise. Dixo Antón Vilar Ponte: «Interésanos máis un coro galego en Madrid que un deputado en Cortes por Galicia». «Tal foi a dedución feita por tan egrexio persoeiro a respecto do coro pontevedrés Aires d'a Terra, de grande sona a comezos do século XX. Tendo en conta que o propio Ponte era representante político galego en Madrid, maxinemos qué pensaría calquera daqueles devanceiros galeguistas ao respecto da brillante realidade que a nosa música folk está vivindo case cen anos despois daquel período». Isto escribían no ano 2000 Xoán Manuel Estévez e Óscar Losada no libro Crónica do folk galego. 25 anos de historia (TrisTram).
Unha ducia de anos despois, a situación parece outra e ata cambiou o nome: «Universalmente é música celta e aquí parece que se vai impoñendo o de música de raíz, que é máis ampla, porque, por exemplo, para os norteamericanos si falas de folk entenden que son cantautores», explica Roi Maceda, que forma parte do grupo Quempallou e traballa para a discográfica Zouma. Quempallou é unha das formacións que editou disco este ano: Vellas Novas é o seu título. Ademais actuaron en festivais como o de Pardiñas, Lorient, Brincadeira (Cambre) ou Ponte da Barca (Portugal).
Neste outono tamén Uxía Senlle publicaba disco, Andando a terra. Uxía canta a Manuel María, un traballo no que, como indica o título, canta os poemas do escritor da Terra Chá. É a maneira que ten Uxía de celebrar os seus máis de 25 anos no mundo da música, unha traxectoria que vai seguir esta liña xa que ten teño en proxecto «pór música a poemas de Saramago ou Pessoa».
Triple «Sons da lubre»
O grupo máis activo dos últimos anos está sendo Luar na Lubre, e por varios motivos: en xaneiro incorporou a súa nova voz feminina, Paula Rey; en xuño presentaba novo disco, Mar Maior (Warner España). Logo veu a xira de presentación que Bieito Romero resumía nestes datos, antes dos concertos desta semana en Palencia ou no Festival Irish Fleed de Cáceres: «Once semanas nas listas dos discos máis vendidos, 22 concertos, os catro primeiros enchendo durante catro días seguidos no Círculo de Belas Artes de Madrid. En total, máis de 40.000 asistentes». E para a próxima semana máis novidades: «Sairá outro disco, Sons da lubre nas noites de luar, un recompilatorio con tres cedés e un DVD do concerto que fixemos o 31 de xullo na praza da Quintana, en Santiago, diante de 6.000 persoas». Con todo isto, e datos como os 30 concertos do ano pasado con motivo dos 25 anos do grupo, Bieito Romero explica que Luar na Lubre tivo que reinventarse: «Agora somos empresa, estamos casi autofinanciándonos porque esta é unha música de militancia, ninguén contrata folk en Galicia; facer música é ir contracorrente».
Na mesma liña sitúanse dous históricos como Mini e Mero: «É duro dicilo, pero o momento actual é máis difícil para a música galega que cando comezamos nós hai case 40 anos». Isto dicían no encontro de música tradicional Terra de Trasancos que organizou o mes pasado o coro Toxos e Froles en Ferrol. Xosé Luis Rivas Cruz, Mini, insistía esta semana en que iso débese «a moitos factores, como é a depreciación da cultura galega, o autoodio, que non se impulse a cultura desde a Administración, e non falo de subvencións, senón de intencións».
Para Mini e Mero, que teñen recollidas «entre 14.000 e 15.000 cantigas de sempre» que queren que estean a disposición «de todo o mundo na Rede», a cultura «non se pode subvencionar, ten que camiñar por si soa», apunta o primeiro, despois de lembrar que Irmandiños é o último disco destes dous músicos, e o seu grupo A Quenlla, premiados co Pedrón de Ouro.
Roi Maceda asegura que na música galega «o problema é a visibilidade porque Galicia é moi creativa, estamos a un nivel altísimo, na primeira liña de vangarda; o problema é saber vender todo o que facemos».
Festivais si, pagando
Maceda indica que esta fin de semana ten lugar o Castañazo Rock en Chantada, onde están citados os organizadores de varios festivais galegos. A idea é facer unha fronte común que lles permita saír adiante «compartindo estratexias e medios». «Os festivais de música galega teñen moitos problemas e, polo que me din, algún, como o Irmandiños de Moeche, estivo a piques de suspenderse este ano», explica este músico.
«Moitos festivais subsistiron este ano porque fixeron a programación cos colegas», apunta Montse Rivera, de Leilía. E abre a controvertida cuestión do pagamento: «Non hai cultura de pagar por ver actuar a un grupo galego, porque durante anos a música galega foi gratis». Esta é outra liña de debate para un futuro que, segundo os gaiteiros Bellón e Maceiras, non terá nada que ver con aquel bum nos anos 90. Entenden que un dos cambios é que «estamos acostumados á subvención e agora mesmo o apoio a música é penoso, aínda que este é un problema dunha conciencia social na que se valora máis o que vén de fóra que o noso».
Salienta Bellón «todo o poder musical que ten Galicia» e apunta como están sendo as empresas privadas as que están apoiando as iniciativas musicais. Cita os casos de R ou Estrella de Galicia e asegura que «o único que vive da música é Carlos Núñez», actualmente en xira por Estados Unidos e que «actúa nos clubs de Nova York», anota Maceda, que fala tamén de Cristina Pato, que, «está a un nivel moi alto» e tamén se reinventou.
Bellón está «a favor de que se pague entrada para os festivais, como se fai en tódolos sitios do mundo» e apunta outra novidade: «Susana Seivane, que é moi amiga, fai un formato de trío e así pode viaxar fóra, porque con todo o grupo non se pode».
Montse Rivera distingue entre os organizadores dos festivais e apunta que «as empresas de contratación tamén están caendo ou reducindo persoal». E cita casos como os de Abada ou Nordesía. A portavoz de Leilía, que actuarán o día 15 no Pazo da Cultura de Narón (20.30 horas), salienta que «por un lado está a crise do mundo profesional e logo a cultura base: nunca tiven tanta xente como agora nas clases de baile». O mesmo pasa na escola BellónMaceiras de Fene, onde votou a andar esta semana unha banda «con 40 gaiteiros de todas as idades; é unha cousa que temos comentado moitas veces con Montse, de Leilía, que tamén dá clases: con esta xente o relevo está garantido».
Adoitan dedicarlles breves parágrafos e letras minúsculas en cartaces de teloneiros. Asinan contratos miserentos. Pero nin se resignan nin se flaxelan, “porque o país non se fai chorando”. Seguen a bourear baixo tellados de uralita, enlamando os zapatos nos torreiros das festas e creando parroquia até no último palco, nunha incansable romaría de aldeas, porta a porta, veciño a veciño. É o marketingmáis eficaz. Botarlle horas ao volante e chegar alí onde remata o asfaltado dos camiños. Sen buscar ..>>
Adoitan dedicarlles breves parágrafos e letras minúsculas en cartaces de teloneiros. Asinan contratos miserentos. Pero nin se resignan nin se flaxelan, “porque o país non se fai chorando”. Seguen a bourear baixo tellados de uralita, enlamando os zapatos nos torreiros das festas e creando parroquia até no último palco, nunha incansable romaría de aldeas, porta a porta, veciño a veciño. É o marketingmáis eficaz. Botarlle horas ao volante e chegar alí onde remata o asfaltado dos camiños. Sen buscar o aplauso, con humildade. O mérito, din, é ser xente desta eira e deste tempo. A xeración máis combatente da creación sonora da terra volve aos escenarios disposta a rozar a maleza da indiferenza e facer agromar a rebelión das mentes. Chega a primavera da música galega.
Desde que Mördor se convertera en Zënzar e as Encrobas no epicentro do rock galego, en Cerceda sempre florece primeiro. En maio, a incombustible banda de Xosé Bocixa —voz— volve aos escenarios, coa mesma insubmisión de cando bruaban contra o servizo militar obrigatorio en casetes de 500 pesetas a unidade. “Case 25 anos despois, o espírito do grupo mantense inmóbil. É o mundo en xeral o que non deixa de empeorar. Por iso volvemos ás nosas orixes, con sons eclécticos e cancións tralleiras, que falan do conflito social entre ricos e pobres, entre explotadores e explotados, cancións que falan dunha vida subordinada á rutina do traballo”.
Avisan, que coma anuncian na carátula, Vaise armar. Polo pronto, o próximo 14 de abril, axudarán a montar balbordo aos seus discípulos máis avanzados, os Machina. O cuarteto prepara a presentación oficial de Ensaio sobre o silencio, plasmación da “madurez persoal e musical” da banda referencial do metal galego. Arredor de 13 cortes “directos e rápidos”, os cercedenses reflexionan sobre historias enganadas, patrias impostas e camiños marcados. “Estamos cansos de que apandemos sempre os mesmos. Queremos dilapidar os silencios da medocracia, dunha crise que nos condena á miseria”.
A palabra segue a ser unha arma cargada de futuro. Por iso, hainos que se meten a editores. Os Quempallou xa teñen o prelo a punto para distribuír o seu cuarto álbum, Vellas Novas, no que volven bater con retranca nas pandeiretas, enchendo o fol de festa, empeñados en recuperar voces que falan e contan cousas que lles petan de preto. “Desgrazadamente, despois de décadas de normalización lingüística estamos nunha situación pre-democrática, sen prensa en galego”. De aí que o leitmotiv do disco, incluído o deseño gráfico, sexa o xornalismo. Tirando de repertorio popular pero con maior protagonismo das composicións propias. Cantándolle aos galegos que emigraron á Habana para gañarse un peso ou aos que parolan fronte a unha cunca de viño. “Non pretendemos reescribir a música tradicional, senón falar da realidade que nos rodea Tamén na foliada”, canta Guillerme, “hai que coidar esta terra”.
Desde o cortello dos xa veteranos Ruxe-Ruxe, Vituco Neira subscribe o fondo, pero matiza a forma. “Para criticar as cruezas da realidade non sempre hai que poñerse no papel de francotirador. Nós non queremos facer simples textos de protesta. Creamos aquilo que nos sae do corazón, aquilo que realmente sentimos”. E o que lles pide o corpo é ouvear Máis cancións sobre toxos, cardos e silveiras, e falar do que lles doe pero tamén do que lles enche a alma de folgos. De “amores macarras” e negocios co demo. Dese rock país que o 31 de marzo subirán ao escenario da Sala Capitol.
Menos directos, menos vendas
Aos concellos péchanlles a billa e aos grupos os circuítos nos que tocar. Menos festivais, menos directos, menos vendas. Malia existir máis formacións e estilos ca nunca, a pesar da normalización do galego e, incluso, aínda estando máis ou menos resoltas certas eivas históricas, como a falla dunha industria discográfica, grazas á Rede e á aparición de selos de autoedición, a crise afasta a utopía de vivir do que dá a música. Intensifica a eterna contradición entre unha oferta talentosa e unha economía de subsistencia. Pero o escenario tampouco é tan novidoso. “As dificultades son sempre as mesmas”, recoñece Bocixa: “Autoodio, descoñecemento, falta de apoio gobernamental...”. Para Guillerme Costa, voz dos Quempallou, “o desexable sería que a cultura puidera sobrevivir sen subvencións igual que a lingua sen plans de normalización”, unha situación para a que considera imprescindible o cambio de actitude de medios de comunicación e partidos españolistas como o PP respecto das diferentes culturas do Estado. Bocixa engade a problema xurdida da “pretendida confusión” creada arredor da “suposta” dependencia institucional da música. “Onde van parar os investimentos en cultura das diferentes entidades autonómicas? É que os macro-concertos do Monte do Gozo non son cultura subvencionada? O que acontece é que a Xunta gasta o orzamento en artistas que veñen de fóra”. Aos Ruxe xa lles cansa dar sempre os mesmos titulares, pero Vituco recoñece que, tristemente, son certas cantilenas as que non cambian. “Chamáronnos para tocar en Euskadi, en Italia, mesmo nas Azores, pero nunca do concello no que estamos empadroados, no que pagamos os nosos impostos. É máis interesante traer a grupos de pop madrileños, que soan nos 40 Principales, porque son "guays" e din "I love you". E o rebaño vaise facendo máis grande”. Sen sostén institucional, agoira Bocixa, ao final só quedarán os festivais de resistencia, de contracultura, “aos que acabas por non cobrar”. “Pero os músicos non deberiamos confundir unha asociación cultural cun festival. Moitos grupos aceptan estar nun cartel de soa a cambio de ir de balde. Se a xente se vende por 300 euros é difícil mellorar a situación”.
Alfonso PatoEn 1996 os que quedaban dos Sex Pistols, o grupo punk máis célebre da historia, volveron reunirse vinte anos despois da súa disolución. Fieis á filosofía transgresora do grupo, nomearon a súa xira sen cinismos nin dobre volta: “Xira do lucro indecente”. Unha declaración de intencións que confirma o que sempre se sospeita sobre un grupo cando se volve xuntar despois de anos inactivo, aínda que a veces as intencións se agochen baixo a demanda da nostalxia. Este verán parece despuntar u ..>>
Alfonso Pato
En 1996 os que quedaban dos Sex Pistols, o grupo punk máis célebre da historia, volveron reunirse vinte anos despois da súa disolución. Fieis á filosofía transgresora do grupo, nomearon a súa xira sen cinismos nin dobre volta: “Xira do lucro indecente”. Unha declaración de intencións que confirma o que sempre se sospeita sobre un grupo cando se volve xuntar despois de anos inactivo, aínda que a veces as intencións se agochen baixo a demanda da nostalxia. Este verán parece despuntar un andazo revival en Galicia, pero, segundo apuntan os grupos, en moitos casos as motivacións van máis alá de xuntarse para encher o peto, e hai boas escusas como efemérides ou iniciativas de fans teimudos. Aerolíneas Federales, Heredeiros da Crus, Os Resentidos, Los Cafres ou o novo proxecto de Alberto Comesaña e Teo Cardalda son nomes que aparecerán nos vindeiros meses nos carteis de moitos festivais, onde segue a ter éxito a nostalxia oitenteira.
“Volvemos para tocar en Perú por un fan que estivo teimando durante tres anos. Só eu me adico profesionalmente á música e os outros traballan e teñen familia, co que era difícil pero foi por insistencia”, lembra o cantante e líder de Aerolíneas Miguel Costas, ao tempo que engade un triste desenlace ó seu regreso: “Desgraciadamente o rapaz morreu ao pouco de tocar nós en Lima, co cal polo menos cumprímoslle o desexo”. O que fora membro de Siniestro Total subliña este feito para matizar que o regreso do seu grupo non se basa en cuestións de facer caixa. “No noso caso non é un regreso porque quedaramos sen traballo e estamos a ver se sacamos pasta”, declara Costas, que avanza que a banda “só se reunirá de xeito esporádico pero por agora sen ánimo de facer unha xira”.
Entre a efeméride e o factor fan baséase a volta d’Os Resentidos, que deran por concluída a súa traxectoria no ano 1994. Despois, o seu líder, Antón Reixa, tirou tres anos máis co seu proxecto Nación Reixa. Baixo o nome de Fundación Resentidos, o núcleo central do grupo volverá reunirse o 12 de maio en Ourense, nun concerto no que prometen sorpresas. Agás en contadas colaboracións, Reixa di que non lembra “estar nun palco desde o 97 ou 98”. A volta do grupo débese ó pulo dun grupo de fans para celebrar cun disco tributo unha data sinalada: os 30 anos do nacemento da banda. “Agradezo esta homenaxe, porque senón existise a escusa deste disco nin tomariamos o esforzo de intentalo”, explica o líder d’Os Resentidos, que ve neste concerto un bo motivo para reivindicar “a forza e a contemporaneidade do rock en galego, que nos oitenta era case unha anécdota pero logrou expandirse”. Reixa combinará desde estes días o seu traballo de campaña para presentarse á presidencia da SGAE cos ensaios coa banda na fin de semana. As eleccións son o 26 de Abril e Os Resentidos tocan o 12 de maio, co cal podería darse a circunstancia de que marchase dos escenarios como músico e volvese como presidente desta poderosa entidade de xestión. “Aínda non me deu tempo a pensar ata tan lonxe”, afirma. Segundo avanza Reixa, non descartan facer “dous ou tres concertos máis”.
Se no caso d’Os Resentidos a efeméride dos 30 anos prendeu a mecha da volta, o mesmo pasou cos Heredeiros da Crus, que este ano conmemoran os 20 anos do seu nacimento. A banda de Ribeira levaba oito anos sen tocar e acaba de volver ao grande cun concerto memorable en Ordes, onde meteron 3.000 fans incondicionais. “Isto é rock e non imos dicir que non nos interesan os cartos, pero o encontro foi tamén unha gran experiencia. Levabamos case tres anos conversando e a excusa dos 20 anos era o último intento e saíu”, explica Antonio Novo, Tuchiño, guitarrista de Heredeiros. Vencidas as reticencias iniciais que tiña o cantante, Javi Maneiro, a banda decidiu montar un concerto para medir forzas. “Tratábase de probar e de non ir por aí dando vergoña. Saíunos moi ben e agora virán máis cousas”, avanza Tuchiño.
A presentación do libro Vigo a 80 revolucións por minuto de Emilio Alonso, foi a escusa que moveu o regreso de Los Cafres, un grupo vigués dos oitenta que só gravou un disco pero que deixou pegada con temas como Alimaña, unha das mellores cancións que xenerou a movida. “Volvémonos atopar, estivemos a gusto e decidimos tirar un pouco máis”, explica Antonio Cafre, cantante do grupo, que ten apalabradas varias actuacións para este verán, pero matiza que “todo se irá estudando sen presas.
Outra filosofía diferente é a que move a Alberto Comesaña e Teo Cardalda. Xuntos acaban de impulsar un proxecto chamado Cómplices e Siniestras Amistades, no que partindo dunha banda base, cantan algúns dos temas máis célebres de grupos como Cómplices, Semen Up, Amistades Peligrosas ou Siniestro Total, coa colaboración de Miguel Costas. “Isto non é un regreso, porque nunca deixamos de tocar. É un xeito de que o teu repertorio o gocen os que o coñecen e dalo a coñecer entre os máis novos”, afirma Comesaña, que adianta que están negociando media dúcia de datas en Galicia.
A excepción deste proxecto, a maioría parecen ter claro que non continuarán en activo máis alá do verán. Aerolíneas e Os Resentidos aclaran que son reencontros puntuais, Heredeiros farán polo de agora tres festivais que xa teñen pechados e Los Cafres esperan confirmación dunhas cantas datas. Dado o reducido do circuíto galego e os tempos que corren, parece que neste andazo revival a nostalxia está chamada a ter máis peso que o lucro.
Discos e documentais
Malia que maioría destes grupos non se lle albiscan ganas de tirar millas, parece que a súa volta non se limitará só ás actuacións. Entre os plans da maioría están editar inéditos, gravar material DVD en directo e, nalgún caso, rodar un documental, como é o caso dos Heredeiros da Crus. O seu regreso ós escenarios foi seguido polo cineasta Jorge Coira, que prepara un documental sobre a banda. Os Heredeiros tamén rexistraron o seu regreso no concerto de Ordes, co que farán unha edición en DVD. “A idea é sacar un disco con temas novos, pero con calma”, avanza Tuchiño. Amparados polo éxito de Perú, Aerolíneas acaban de publicar vinte temas inéditos que abarcan unha década desde 1983 a 1993, e no caso de Los Cafres “a idea é gravar algúns temas novos e dar a coñecer algo inédito”, avanza o cantante Antonio Cafre. O proxecto impulsado por Alberto Comesaña e Teo Cardalda, tamén espera facer un concerto especial que será gravado “para ofrecerllo a algunhas televisións coas que hai negociacións”, adianta Comesaña. Polo que respecta a Os Resentidos, case á par do concerto de Ourense está previsto que se publique o disco homenaxe titulado A tribo toda baila, no que numerosas bandas revisitarán algúns dos seus temas máis célebres. Ademais do material xenerado polos propios grupos que voltan á ruta, Antón Reixa tamén prepara para xullo o musical Galicia Caníbal, que parte de moitas das cancións da movida, algunhas destes grupos que agora se volven reunir.
A RECUPERACIóN DO CANTO DE TABERNA CONTA CON CADA VEZ MáIS ADEPTOS NO PAíS¿Quen dixo que as tabernas de toda a vida están condenadas á desaparición? Nos últimos anos multiplícanse as iniciativas para lles dar nova a vida da man da música. Os cantos tabernarios resoan por todos os recantos do país cada vez con máis forza. Pontevedra é a última en se sumar á iniciativa, da man de Maravallada, cun ciclo dedicado a esta forma da nosa tradición. Os que se queiran iniciar, téñeno ven sinxelo, xa está ..>>
A RECUPERACIóN DO CANTO DE TABERNA CONTA CON CADA VEZ MáIS ADEPTOS NO PAíS
¿Quen dixo que as tabernas de toda a vida están condenadas á desaparición? Nos últimos anos multiplícanse as iniciativas para lles dar nova a vida da man da música. Os cantos tabernarios resoan por todos os recantos do país cada vez con máis forza. Pontevedra é a última en se sumar á iniciativa, da man de Maravallada, cun ciclo dedicado a esta forma da nosa tradición. Os que se queiran iniciar, téñeno ven sinxelo, xa está dispoñible na rede un Repertorio Tabernario cos ghits que mais soan onda os pipotes.
No primeiro venres de marzo, a cidade de Pontevedra vía renacer unha actividade que, cando menos na súa vertente máis tradicional, levaba anos sen se practicar. O grupo Maravallada botaba a andar o ciclo Cantos de Taberna, unha iniciativa coa que o Concello quere traer de volta esta forma musical aos bares locais. A iniciativa enmárcase nun renacer xeral desta actividade, que da man de asociacións e concellos está a se recuperar, malia á mudanza de hábitos de ocio e á paulatina desaparición dos lugares onde se adoitaba practicar.
O canto Definir o que se entende por canto da taberna é complicado. Para alén do lugar no que se interpretan os temas, a primeira vista semella que non hai moitas diferenzas con outras formas da nosa tradición, xa que os temas e a instrumentación coinciden a miúdo. “Poderíase dicir que é un canto furtivo, porque de entrada realízase a unhas horas, na noitiña, nas que moita xente tería que estar xa na casa”, explica Torres. Como principais diferenzas, os especialistas sinalan que se dá un predominio vocal sobre os instrumentos, e que é característico o cantar en grupo, e con voces masculinas. “Polo xeral era un canto de homes, xa que antes non había mulleres na taberna”, lembra. En canto á música “é un canto con pouca instrumentación, hai que pensar que polo xeral era improvisado, e entón podíase contar cunha guitarra que houbese na taberna, ou un acordeón, pero pouca cousa máis”, sinalan desde Maravallada.
A música Dentro da recuperación destes cantos, hai tamén tendencias. Deste xeito, Torres apunta que “desde a nosa perspectiva, non se pode meter un grupo de música nun local e chamarlle a iso música de taberna. Nós levamos un acordeón, percusión e como oito algunha gaita para cancións moi específicas, e aos grupos que veñen ao ciclo pedímoslles o mesmo. Ademais, non se poden meter grupos moi numerosos nunha taberna, porque polo xeral son pequenas e entón non se cabe”. Suso Sánchez é un dos organizadores, desde a asociación O Castelo, do concurso de Cantos de Taberna desta localidade, que reúne desde hai catro anos 16 grupos de todo o país. Desde a súa experiencia sinala que “nós facemos o concurso aberto, a calquera que queira participar. Aínda que orixinalmente os cantos eran fundamentalmente vocais, nós temos no certame desde rondallas, a grupos de música tradicional, pandeireteiras ou mesmo xente con saxos ou guitarras, procuramos variedade”.
Tradición e innovación A variedade e a improvisación son marca deste xénero musical. “Había sempre innovacións”, apunta Sánchez. Malia á importante pegada do repertorio tradicional, no era estraño a introdución de tangos, boleros ou todo tipo de temas coñecidos en festas, a radio ou a televisión. “Nós cinguímonos á tradición, pero isto non está acotado, pódese cantar o que se queira. De feito hai xente que se arrinca a cantar outro tipo de temas, e nós imos detrás, o que interesa é a participación”, sinala Torres desde Maravallada. Dun xeito ou doutro, os músicos que traballan este xénero recoñecen un predominio de temas galegos, e mesmo apuntan os éxitos que máis se corean nas sesións. Deste xeito, para Torres, “as cancións de toda a vida están sempre presentes. A Rianxeira ou Catro vellos mariñeiros son o equivalente aos temas enchepistas das discotecas, cando se tocan, todo o bar comeza a cantar”. Pola súa banda, Sánchez sinala que “Quen teña viño é das que sempre están”.
Os lugares e o ocio Desde Maravallada recoñecen que en Pontevedra este costume estaba practicamente extinto aínda que non falta en calquera noite quen se arrinque a cantar nun bar ou na rúa con repertorios xa do máis variado. “Custounos atopar tabernas típicas, xa quedan poucas e tivemos que botar man de locais que xa non son tan específicas e que máis ben son cafés, pero con propietarios que queren colaborar”, lembran. Fronte a isto, destaca a vitalidade que lle apoñen a esta tradición en Melide. Segundo sinala Sánchez “alí sempre se cantou polas tabernas e é unha tradición viva”, explica. Malia a que, como, de xeito semellante, o costume mantense en boa parte do país, as mudanzas nos hábitos de ocio supoñen unha especial ameaza a este tipo de cantos. A substitución de tabernas por cafeterías, pubs ou discotecas son só unha parte do problema. “ao meu ver o canto de taberna perdeuse pola televisión. Cando apareceu, a xente que cantaba comezou a estorbar”, explica Torres. Encol da recuperación desta forma de entretemento, este músico apunta que “semella chocante que agora volte o interese. O mesmo e porque estamos en crise que a xente quere cantar. Tamén pode ser unha moda. Pero resulta curioso, porque cando o facemos nas tabernas conseguimos un éxito aínda que poñan fútbol pola televisión, co tirón que ten iso”.
Os protagonistas do retorno Sánchez apunta que “é un fenómeno bastante recente. Nós como grupo non somos os únicos, verificamos que toda a xente que participa son máis ou menos novos”. Foz, Pobra de Brollón, Mondoñedo, Moaña, Ferrol, co seu recoñecido Ciclo de Músicas Portuarias, Compostela, Lalín, A Coruña ou mesmo Barcelona (co grupo Os Recanteiros) son só algúns dos lugares onde, con maior ou menor frecuencia, resoan estes cantos nocturnos. En Melide, cada ano esgótanse as prazas para participar no certame, e desde a organización recoñecen que “xa contabamos con ter unha boa acollida. Pensamos que é algo que funciona por si só. A toda a xente que toca ou canta gústalle cantar polos bares, é algo que resulta divertido. É moi distinto que estar nun escenario, moito máis libre”.
Influencias Dentro do proceso de recuperación desta tradición, Torres apunta a influencia decisiva dalgúns grupos musicais. “A Roda tivo unha grande importancia, sobre todo porque fixo arranxos para temas clásicos permitindo que se puidesen cantar por todo o mundo, con ritmos moi pegadizos. Eu penso que conseguiron popularizar isto, e que sen eles non existiría hoxe o canto tabernario. Tamén podemos falar de Fuxan os Ventos ou de A Quenlla”. Máis recentemente, o proxecto Nordestin@s de Guadi Galego, Ugia Pedreira e Aber Rábade reivindicaban unha aproximación ás cancións dos bares portuarios.
Repertorio Para alén da súa actividade en Maravallada, Torres é tamén autor dun libro que lle vai facilitar en boa medida aos interesados achegarse a este mundo. Repertorio tabernario publicado pola Área de Normalización da Universidade de Vigo, achega as letras de máis dun cento de temas populares. “Constatei que a xente se lanzaba a cantar sen saber toda a letra, e desde hai anos estaba coa idea de facer un libriño que as trouxese e que se puidese levar facilmente no peto, para botar man del”. Logo dun amplo traballo de selección buscando os temas máis populares, a publicación está a ter un grande eco, e están para se esgotar os 700 exemplares da tiraxe, aínda que a obra está tamén dispoñible na rede.
Para alén da proposta pontevedresa, que se desenvolve o último venres de cada mes, a vindeira cita será en Melide o 28 de abril, entre as 12 da mañá e as tres da tarde, no casco vello da vila. Os interesados en se achegar, só precisan ter gana e perder un pouco a vergoña.
O focense Mano Panforreteiro cambiou de residencia en xaneiro do 2010. Asentouse en Oxford, onde se adica a dar cursos de música, a actuar, a compoñer... En días pasados foi noticia por ser un dos creadores (xunto con Sabine Müller) dun espectáculo músico-teatral con poemas de Bertolt Brecht e música de Hanns Eisler, que se estreou o 1 deste mes. Leva por título I hear that in New York e combina a música con proxeccións, danza e tres idiomas: o alemán, o inglés e o galego.
O creador mariñano adica parte do seu tempo a impartir un curso de canto tradicional e pandeira, organizado por Queen´s College da University of Oxford, dentro da programación do Centre for Galician Studies, ademais de compoñer a música para o último espectáculo da compañía teatral Elefante Elegante; de desenrolar o seu proxecto artístico Miraquenvén e de aportar parte da súa enerxía ao dúo Manamaná (coa saxofonista belga Anne Gennen). Non se esquence de Kibitka «o meu proxecto máis grande e traballoso, con moitas gañas de ter concertos e moitas dificultades para conseguilos».
Ademais de participar como invitado hai uns días na School of Oriental and African Studies coa ponencia The Galician Bagpipes: a seductive nation, o focense Mano Panforreteiro deu o ano pasado un obradoiro sobre música na universidade de Birmingham; a segunda parte ten previsto impartila a partir de abril.
Memoria de xénero - Leilía presentará o 3 de febreiro no Rosalía o seu novo disco Fonte / Mais información
(texto engadido o día 3/ / 2/ / 12 )
O grupo folk Leilía presentará o 3 de febreiro no Rosalía o seu novo disco, 'Consentimento', homenaxe ás mulleres que mantiveron viva a tradición oral galega
O grupo Leilía presentará o seu novo traballo, titulado Consentimento, o 3 de febreiro no teatro Rosalía, cun espectáculo con deseño escénico do dramaturgo Quico Cadaval e un contido co que a banda quere homenaxear a toda unha xeración de galegas.
"O disco é un tributo a todas as mulleres que souberon crear, conservar e transmitir a nosa tradición oral -explica unha das compoñentes de Leilía, Ana Rodríguez-. Como é complicado falar de todas, centramos o foco en Eva Castiñeira, que gravou a principios dos oitenta o disco Recolleita e foi a primeira en rexistrar música tradicional con pandeireta. Tivo moi pouca repercusión".
Para homenaxear a figura desta pandereteira e a todas as que axudaron a conservar a identidade cultural galega, Leilía gravou un disco no que presenta unha novidade sobre o seu modo de traballo habitual, incorporando modernidade lírica sobre bases musicais tradicionais.
"A maioría dos temas dos nosos discos son pezas recollidas, que é unha tarea ardua, pouco agradecida e cada vez máis dificil -asegura a vocalista e pandereteira-, porque cada ano que pasa hai menos memorias e menos voces que nos poidan cantar esas cancións, por eso dicimos que cada unha que atopamos é un tesouro. Pero nesta ocasión, atopamos melodías tradicionais e lle pedimos a unha serie de poetisas actuais que lles puxeran letras".
As encargadas de engadirlle as verbas aos ritmos recollidos polas compoñentes do grupo foron artistas como Yolanda Castaño, Mariña Pérez Rei, Ana Romaní, Marilar Aleixandre e Eva Moreda. "Son melodías antigas, pero que falan en presente. Foi un traballo arduo", conclúe Rodríguez.
Entrevista a Oscar Fernández:(Os Cempés) en Galiciaé: Novo disco para o Nadal Fonte / Mais información
(texto engadido o día 14/ / 9/ / 11 )
Oscar Fernández: ''Tíñamos que reconducir o proxecto. A formación non estaba sendo prolífica''13/09/2011 - David Canto / GaliciaéOs Cempés volven con nova formación e proxecto despois de catro anos nos que os seus compoñentes probaron experiencias, algunhas tan distintas coma Bonovo, na que Óscar Fernández levou levoa a sanfona a territorios sen explorar en Galicia. Coas incorporacións de Pablo Dalama, Ramón Dopico e Fernando Barroso, apostan por unha nova cuberta instrumental, máis acústic ..>>
Oscar Fernández: ''Tíñamos que reconducir o proxecto. A formación non estaba sendo prolífica''
13/09/2011 - David Canto / Galiciaé
Os Cempés volven con nova formación e proxecto despois de catro anos nos que os seus compoñentes probaron experiencias, algunhas tan distintas coma Bonovo, na que Óscar Fernández levou levoa a sanfona a territorios sen explorar en Galicia. Coas incorporacións de Pablo Dalama, Ramón Dopico e Fernando Barroso, apostan por unha nova cuberta instrumental, máis acústica, mantendo con Serxio Ces e Antón Varela e o propio Óscaras claves na composición, a voz e o liderado.
PREGUNTA: Nunha entrevista, a principios de 2007, deixaron a porta aberta a volver: "Ao mellor dentro de cinco anos damos unha sorpresa". Xa tiñan pensado este prazo? RESPOSTA: Non recordo de decir cifras, pero en calquera caso non estaba planeado. Non sabíamos se íamos volver ou non, nin cando.
P: Que foi o que precipitou o retorno? R: Non foi pensado. Foi como somos nós, bastante impetuosos. Pero temos que agradecerlle as forzas para volver á Asociación Cultural e Xuvenil Anchoa, que organiza o Festival Fin do Camiño, que insistiron de tal xeito en que sería grandioso que fosemos...
P: Xa houbera un amago de volver en 2010... R: Si, fixeramos dúas actuacións improvisadas. Foi cousa de Ugia Pedreira, directora de aCentral Folque, a ver se algún grupo se animaba, a facer un concerto nun cargueiro de hai 200 anos que está preparado para facer festas ou excursións. O casco é un lugar idóneo para a música ao vivo. Eu respondín á petición e dixen "Chamo aí aos Cempés, que sempre nos fixo graza tocar nos barcos". Un terceiro concerto foi consecuencia dese, no Lugnasad de Bretoña, coa mesma formación, tocando simplemente versións das cancións de sempre. O cambio é que este ano a formación é estable e reducida, e ensaiamos bastantes máis días que para aquilo.
P: Que lles deu a xente de Fisterra para botar todo a andar de novo? R: Foi unha cousa tan sincera! Eu non recordo coñecer persoalmente a ninguén da asociación, por iso nos chamou tanto. Ademais, coincidiu que non estábamos tan atarefados. Está a ser un ano malo de concertos para case todo o mundo. Por iso xuntamos a xente para tocar e dixémonos: de facelo, facémolo para seguir... e en que lío nos metemos outra vez.
P: Fíxolles ben esa parada? R: Si. Tíñamos que reconducir o proxecto dalgún xeito, e a formación que tíñamos non estaba sendo prolífica, non estaba avanzando. Se a maneira de refundar o grupo foi paralo, foi correcto creo.
UN PANORAMA DISTINTO P: Volven grazas ou por culpa da crise? E: En parte grazas a ela. A crise afecta a todo absolutamente. Non sei que datas se lle pon a estas crises, pero non é deste ano só. Desde o 95... En principio parecía que a cousa cambiaba para ben. Houbo unha renovación nos grupos e trocaron algunhas esixencias loxísticas. Pero agora hai dificultades por falta de financiamento para todo... Se faltan os cartos, da música é para o primeiro que recortan. O ocio e a cultura son sempre os primeiros. Está a chegar ata ao ensino!
P: A metade do grupo é novo, xa que só quedan vostede, Serxio Ces e Antón Varela. Notaremos un cambio sonoro? R: Quixemos romper coa liña anterior. É complicado, porque dos Cempés anteriores, 3 deles era un trío de rock, con guitarra, baixo e batería. Agora vai ser unha formación moito máis acústica. Ao haber un instrumento máis harmónico, como é o bouzouki, tocarei eu menos o acordeón e tocarei máis a sanfona, que é ao que me dediquei máis estes anos. Xa non teño nin acordeón, que o teño que andar pedindo prestado.
P: Pode presentarnos, un a un, os novos compoñementes? R: Fernando Barroso vainos axudar na harmonía co bouzouki, que é un instrumento que aparece na portada do primeiro disco, pero que despois non estivo integrado no grupo, só sonou nunha peza, tocado por Carlos Beceiro; Pablo Dalama vai tocar os ventos, co saxo e o clarinete, liberando a Serxio para que se centre máis no canto; e teremos un percusionista a maiores, xa que o propio Serxio tocará pandeireta e bombo, que será Ramón Dopico, que é un músico moi versátil.
P: Están enrolados noutros proxectos, en concreto vostede na Atlántica Vapora Orquestra, estivo en Bonovo, Doa, ademais de dar clases. O resto do grupo, máis do mesmo. Deixarán de lado algunha ocupación para centrarse nos Cempés? Temos que compaxinar todos todo. O tempo no que Os Cempés estábamos exclusivamente para o grupo pasou. Non se pode. Agora cun grupo só, como xa se puido ver, non se vive. Exceptuando a Milladoiro, e nin iso, se se enfoca a música de xeito profesional ou semiprofesional, ten que estar nun grupo ou dous. Hai que estar a picar de moitos sitios.
P: Existen músicos que na súa traxectoria resístense a novos proxectos e varían moi pouco a súa proposta, mentres outros son máis 'promíscuos'. Vostedes están facendo ambas cousas. R: Se se quere traballar na música o que non se pode facer é estar argallando moito tempo sen ir a por todas. Hai que ser rápido, crear un proxecto, un repertorio e comprobar canto antes se funciona ou non. Tamén hai que ter en conta un dilema: centrarte no que presupós que lle gusta ao público ou vas centrarte no que che gusta a ti.
P: En que se centra vostede? R: Depende. Posiblemente a formación menos complicada para isto é Os Cempés, temos unha liña coa que levamos case 20 anos. Incluso outros grupos foron bebendo dela. Pero con Bonovo foi complicado para moita xente. Arriscamos moitísimo máis e a uns encantoulle e outras nada.
P: A proposta de Bonovo foi innovadora e gozou de certo recoñecemento. Ides tirar algo desa estilo? R: Non, non creo que teña moito que ver. Imos darlle outra volta ao repertorio de música tradicional e a composicións sobre música tradicional, que eu non deixei de facelas durante este parón. NOVO DISCO, PARA O NADAL P: Están planificando xa o retorno discográfico? E: Temos xa 10 cancións do novo disco preparadas. Será realidade o antes posible. O primeiro paso é coñecer as pezas os 6 compoñentes e que e sonen nos dous ou tres meses que veñen. Posiblemente busquemos a maneira de facer a parte musical, o crowdfounding, estamos vendo que hai bastante xente preguntando por novos discos e cousas, e imos devolverlle esa inquietude e pedirlles que sexan uns 'micromecenas' do discoa partir de pequenas doazóns.
P: Para cando podemos ter nas mans ese novo disco? R: Imos a toda velocidade. Espero que en nadal esteamos gravando algo.
P: Que versión dos Cempés poden agardar os seguidores nesta segunda etapa? R: Posiblemente sexa un Circo Montecuruto mellorado.
P: Coincidirá logo cunha efeméride... R: Si, 20 anos do primeiro concerto. Este ano deime conta disto por un vídeo que ten Xaneco Tobío, dun concerto feito no 92 en Lugo. Eu botei contas e dixen... son 20 anos! Hai que ter en conta eses 4 anos que estivemos parados, aínda que algúns grupos botan eses anos presentando un disco como novo, e tampouco debería ser así.P: Podería recomendar algún disco aos lectores?
R: Non porque estea eu nese proxecto, pero o da Atlántica Vapora Orquestra, que acaba de saír. Ten moita historia detrás. Son pezas baseadas en cancións da cultura mariñeira de Vilaxoán, en Vilagarcía de Arousa.
P: Sería capaz de sinalar un concerto coma o concerto da súa vida? R: O dos Cempés no Campamento Español de Bochia, en Pontedeume. Ceamos e actuamos para persoas con parálise cerebral. Son xente á que lle costa moitísimo bailar, cansan moito movéndose e ver como comezamos a tocar e respondían dándo todo de si... Tocamos 4 cancións e os monitores dixérnnos que non podíamos tocarlles máis, que despois ao día seguinte...
P: Pro SGAE ou Anti SGAE? R: Eu son socio da SGAE coma quen está bautizado. Cando comezamos pensábamos que era como a oficina do rexistro e sen máis alá fomos. Non estou moi de acordo co que fan, si creo na entidade de xestión como medio para protexer as obras, pero non como o fai a SGAE.
P: Algunha noticia, máis ou menos recente, do panorama musical que chamase a súa atención? R: O anuncio da Xunta de que 2011 ía ser o Ano da Música, así, con maiúsculas. Promocionar 4 ou 5 grupos non é moito ano de música. As subvencións aos grupos foron brutais durante moito tempo. Iso, e o feito de non cobrar entrada, favoreceu que se desvalorizase nos concertos e a música en directo.
Grande Exito da Orquestra Folk de Galicia "SonDeSeu" en Helsinky
(texto engadido o día 13/ / 9/ / 11 )
A Orquestra Folk de Galicia “SondeSeu” acadou con grande éxito o aplauso unánime do público congregado na sá SONORA do recentemente inaugurado Musiikkitalo de Helsinki, o novo Music Centre da cidade, no que o governo finés invertiu 180 millóns de Euros para a súa posta en marcha. O pasado dia 7 e co repertorio do seu último traballo discográfico “Barlovento” deu cumprida mostra das enormes posibilidades que ofrece este novo tipo de formación na escea folk europea. Sons evocados por instrumentos tradicionais, agrupados por seccións numerosas, consiguen conformar una orquestra cunha densidade tímbrica que a aproxima a una experiencia sinfónica, mais con toda a enerxía, proximidade e denominación de orixe que ubica o oído da audiencia nunha experiencia novidosa e engaiolante.
Do Piemonte italiano chegou a música da Orquestra Tradalp, conxugando con mestría a tradición e a mestura con elementos de xéneros diversos como o jazz. De Finlandia, a orquestra da Academia Sibelius, que facía a súa primeira presentación tras un ano de preparación, amosando una vez máis o porqué do respecto que existe en toda Europa cando alguén se refire a esta institución.
A guinda, unha suite de temas italianos, galegos e fineses interpretada polo centenar de músicos que forman as tres orquestras. Non é fácil describir con palabras a sorte de sonora festa pirotécnica que produciron estes 9 minutos de música. Un experimento levado a cabo por primeira vez que puxo en pé a todo o público asistente. Entre os asistentes, o persoeiros da vida cultural e politica finesa, o embaixador de Italia, Giorgio Visetti, o reitor da Sibelius Academy, Gustav Djupsjöbacka ou a célebre artista finesa María Kalaniemi.
O concerto levouse a cabo dentro do programa de actos de presentación en Helsinki da Rede Europea de Orquestras de Música Folk ENFO, liderada polo Concello de Vigo a través da E-Trad (Escola Municipal de Música Folk e Tradicional) en colaboración coa Axencia Europea EACEA. A OFG SondeSeu contou coa colaboración da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.
O proxecto ENFO terá a súa culminación na I ENFO Conference en Vigo, no mes de marzo de 2012. Ás orquestras que interviñeron en Helsinki engadiráse unha agrupación do Royal Conservatoire of Scotland, asociado nos últimos meses ao partenariado do programa.
A revista INTERFOLK adica ao grupo DOA a portada do "ESPECIAL VERÁN" cunha longa entrevista, fotografías e un percorrido pola súa traxectoria musical e discográfica
Antonio Prado . A música tradicional galega vive hoxe un momento moi interesante. Os grupos veteranos, en moitas ocasións con máis de 20 anos de existencia, están frescos. Os máis novos saben gardar a esencia sen renunciar a ningún experimento que os achegue aos gustos do século XXI.Non é doado analizar a situación da música folk galega na actualidade pero, para comezar esta serie de colaboracións con A Nosa Terra, penso que o mellor é que poidades coñecer cal é o meu punto de vista no asun ..>>
Antonio Prado . A música tradicional galega vive hoxe un momento moi interesante. Os grupos veteranos, en moitas ocasións con máis de 20 anos de existencia, están frescos. Os máis novos saben gardar a esencia sen renunciar a ningún experimento que os achegue aos gustos do século XXI.
Non é doado analizar a situación da música folk galega na actualidade pero, para comezar esta serie de colaboracións con A Nosa Terra, penso que o mellor é que poidades coñecer cal é o meu punto de vista no asunto.
Temos a sorte de estar a vivir un renacer da música galega, e xa non pola forma senón polo fondo. Se ben é certo que cada día pode ser máis sinxelo publicar un disco, estamos logrando para a música tradicional un respecto absolutamente necesario para apoiar unha das formas de cultura máis desprestixiadas no noso país. Isto tamén daría para falar noutro intre porque o tema pode ser longo.
Pouco e pouco, tanto co empeño persoal como a partir de axudas de distintas institucións, o número de espazos onde poder amosar o que fas é maior. Isto podémolo comprobar sobre todo no verán se collemos unha axenda de concertos e analizamos que a gran maioría de localidades teñen un festival folk, non coa mesma dimensión que ten o festival do Mundo Celta de Ortigueira –que tanto está a perder en calidade de asistentes– pero si cunha plataforma de apoio á nosa música de raiz.
É certo que as institucións poden chegar a patrocinar festivais pero tamén fan por desprestixiar a nosa música como a que máis, xa que debemos recordar que formacións como a Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense non teñen nada que ver co noso e se están aí é polas públicas.
A saúde dos grupos
A calidade dos grupos cada vez é maior, e mentres Berrogüetto segue facendo un folk sensíbel que o converte no mellor grupo de música folk galega e que por certo ven de gravar o seu primeiro DVD o pasado sábado no Auditorio de Galicia de Compostela, Luar na Lubre está a explotar a súa fórmula de seguir cos clásicos, cun público que non lle falla e sacando novos discos case que cada ano. Agora tamén toca falar de Fía na Roca, outro dos grupos con máis traxectoria de Galicia, que dará por rematado o seu ciclo no mes de Xaneiro, no que se despedirán no ‘Celtic Connections’ de Glasgow após máis de vinte anos dándolle outro enfoque ao folk galego.
Por suposto, non podemos lembrar os grupos veteranos que fixeron posíbel todo isto sen falar de Milladoiro, que tamén seguen a actuar cunha forza que fai dubidar que leven máis de 30 anos nos escenarios. O pasado ano voltaron Fuxan os Ventos cunha nova proposta arrasou alá por onde foi.
Falando do tradicional, non podemos esquecer o renacer de Noitarega coa publicación do seu traballo “XXI” e tamén de grandes formacións como Os Terribles de Donas que non fan máis que acadar prestixio para o noso.
Unha nova corrente de grupos está a consolidarse, e está pisando con forza, tamén no estranxeiro. Grupos creados por xente nova, como é o caso de Bellón & Maceiras Quinteto, transmítenlle un novo aire a esta música, incorporando novas formacións e instrumentos que fusionan jazz, swing, tango, blues... e todo cun toque galego. Tamén están a dignificar a tradición grupos cun estilo de murga tradicional cun chisco contemporáneo, caso de Linho do Cuco, ou descubrindo até onde pode chegar o folk, con propostas como Marful.
A saúde desta nosa música é moi boa, así que a ver se a coidamos porque, como ben dixo Carlos Núñez no seu concerto en Santiago en setembro deste ano, os políticos van pasando, as xentes van pasando, pero a música sempre quedará.