Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]


NON É (só) MÚSICA
(cultura, tradición, denuncia..)




   >> Iniciar Sesión  


  [1] [2] [3] [4] [5] [6] [7]

Festival contra o Alzheimer o 13 de Setembro en Salceda de Caselas

(texto engadido o día 12/ / 9/ / 08 )


Nota de prensa do Concello de Salceda de Caselas

FESTIVAL BENÉFICO CONTRA O ALZHEIMER EN SALCEDA

O Coro Polifónico de Entenza presentou en rolda de prensa no Concello de Salceda de Caselas o Festival Benéfico “Todos contra o alzheimer”. Nesta rolda de prensa estiveron presentes o Alcalde de Salceda de Caselas, Marcos Besada, o Presidente do Coro Polifónico de Entenza, Juan Manuel Martinez, o Presidente da Federación Galega de Familiares de Enfermos de Alzheimer e presidente de AFAGA, Juan Carlos Rodríguez, a Concelleira de Benestar Social, Mónica Vizcaya, a Concelleira de Cultura, Teresa Pérez e o Director do Coro Polifonico de Entenza, Javier Alonso. Con este Festival o Coro pretende recadar fondos para a Asociación AFAGA, que presta servizos de atención e información a familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias. Segundo o presidente desta asociación os fondos recaudados serán para programas que están desenvolvendo de axuda tanto ós enfermos como os familiares. O alcalde de Salceda agradeceu ó Coro Polifónico a súa implicación neste tipo de actos que considera moi importantes e quixo resaltar a actividade cultural continua deste grupo. Ademáis quixo facer un chamamento á cidadania para que participe neste acto e “así entre todos podamos contribuir á mellora de calidade de vida dos enfermos e os seus familiares”. Pola súa parte o Presidente do Coro agradeceu ós organismos, casas colaboradoras e grupos paticipantes que “lles boten unha man con esta causa solidaria”. Pola súa parte a Concelleira de Benestar Social, Mónica Vizcaya felicitou ós organizadores deste evento e afirmou que dende a súa concellaría estase traballando en programas tanto para evitar a dependencia como para mellorar e previr este tipo de enfermidades.
Os actos para o sábado 13 de setembro, comezarán ás 19:00 horas con xogos para nenos na praza do Concello para que a continuación, ás 21:00 horas de comezo ó Festival no auditorio municipal cos grupos Croro Polifónico de Entenza, Donicelas, Banda de Música Xuvenil de Salceda e o Grupo folclorico Inquedanzas de Tui. O prezo da entrada será de 2,50 € para adultos e de 1,50 € para os nenos de entre 7 e 14 anos


Gabinete de prensa do Concello de Salceda de Caselas
Salceda de Caselas, 12 de setembro de 2008

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


II Mostra de Xogos e Deportes Tradicionais

(texto engadido o día 29/ / 8/ / 08 )

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


II FESTIVAL SOLIDARIEDADE GALEGA CO POBO SAHARAUI

(texto engadido o día 1/ / 8/ / 08 )
o II FESTIVAL DA SOLIDARIEDADE GALEGA CO POBO SAHARAUI.

Terá lugar o vindeiro 01 de Agosto ás 20:30 no "EXTERIOR DO AUDITORIO DE VILAGARCIA DE AROUSA"

Todo o que se recaude irá destinado para pagar ó traslado dos nenos desde Tinduf a Galicia para que pasen unhas "VACACIONS EN PAZ"


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


IX Mostra de Teatro Universitario de Galiza
Fonte / Mais información
(texto engadido o día 24/ / 5/ / 08 )
Santiago de Compostela
26.05.2008 - 05.06.2008
Os teatros composteláns acollerán durante máis dunha semana, as 12 funcións teatrais que contabiliza a IX Mostra de Teatro Universitario de Galiza. Nesta nova edición, participan a Universidade de Santiago, de Vigo e da Coruña.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


O V Festival de Cans
Fonte / Mais información
(texto engadido o día 22/ / 5/ / 08 )
Cans e Cannes volven compartir o protagonismo cinematográfico do mes de maio. A Costa Azul e o Val do río Louro volven competir por acaparar a atención dos focos. Pero a oferta que o Festival de Cans prepara para a súa quinta edición os días 21, 22, 23 e 24 de maio nesta parroquia do Porriño será difícil de igualar. O festival audiovisual galego máis popular e interxeracional volve á carga con máis salas, máis curtas, máis longametraxes, máis música, e sempre co maior protagonismo para o cine galego.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA ANTIGA
Fonte / Mais información
(texto engadido o día 19/ / 5/ / 08 )



A Escola de Baile e Música Tradicional Rebulir convoca o I Concurso de Fotografía Antiga en colaboración co Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo e co patrocinio do Concello de Ramirás.

O concurso formúlase entre os seus obxectivos os seguintes:
- Recuperar a memoria fotográfica do Concello de Ramirás e a súa comarca.
- Fomentar a investigación, recolleita e indagación de tipo etnográfico entre os participantes.
- Servir de base para estudar as costumes, traxes, instrumentos, oficios... etc que eran tradicionais na zona.

Poderán participar tanto colectivos como persoas a xeito particular, sen marcarse un límite no número de fotografías a entregar, de feito premiarase a mellor colección de fotografías antigas presentada, existindo tamén dous premios especiais a mellor fotografía e a fotografía máis antiga. Os premios serán entregados nun acto que terá lugar no mes de Setembro, e con posterioridade organizarase unha exposición coas fotografías presentadas.

As fotografías teñen que reunir varios requisitos. En primeiro lugar teñen que ser realizadas con anterioridade a 1980 e cada unha delas terá que ir acompañada dunha ficha onde se recollan datos da mesma ( data, dono, persoas que saen, lugar ... ) para poder ter máis información sobre a mesma.

As bases do mesmo así como o cartaz, e as fichas que cada fotografía debe adxuntar atópanse na páxina web/blog de rebulir na seguinte dirección : www.rebulir.blogspot.com.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


A Academia asturiana nega que a fala do Eo-Navia sexa galego
Fonte / Mais información
Un informe sostén que a pertenza á súa familia baséase en criterios políticos e non filolóxicos.

(Xesús Fraga | redacción)«É arbitario cientificamente e é un exercicio de voluntarismo político incluír esta variedade lingüística dentro do ámbito da lingua galega». Con estas palabras a Academia de la Llingua Asturiana nega nun informe do 2006 a pertenza á familia do galego da variante falada no territorio asturiano entre o Eo e o Navia. Dende hai uns dez anos, a institución asturiana vén denunciando o que considera «inxerencias» de Galicia que cuestionan a «asturianidade» do occidente do seu territorio: a Academia interpreta deste xeito a aprobación polo Parlamento Galego do Plan xeral de normalización da lingua galega no 2004, onde se propoñen unha serie de actuacións de promoción na lingua nos concellos estremeiros, e ata a candidatura da cultural oral galego-portuguesa a patrimonio inmaterial da Unesco. Para a Academia de la Llingua, estas iniciativas susténtanse sobre o «prexuízo gratuíto, pretencioso e falto de rigor de que a variedade falada no Navia-Eo é galego».

Noticia enviada por Xan

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Novo obxectivo da Ciberirmandade da Fala: Aqualia
Fonte / Mais información
A CiberIrmandade da Fala (www.ciberirmandade.org) comeza unha nova acción na rede neste mes de febreiro. Desta vegada, os ciberirmandiños e ciberirmandiñas escollemos Aqualia (www.aqualia.es). Esta empresa, creada no 2002, é a marca global para a actividade da auga da empresa FCC. Le máis e envíalles un correo.

Aqualia ten unha actitude extraña co galego. Por unha banda é das poucas empresas que emite as facturas e a publicidade adxunta ás mesmas en galego, sendo esta tamén a lingua por defecto na súa páxina de Vigo. O seu servizo de atención ao cliente tamén está dispoñíbel na nosa lingua. Todo isto merece o noso recoñecemento e os nosos parabéns.

Pero ao mesmo tempo, Aqualia ignora a nosa linga na súa web central (www.aqualia.es), onde ofrece a posibilidade de escoller entre castelán, catalán e ingles, usando en varias partes dela topónimos deturpados a carón dos correctos ("A Coruña/La Coruña" e "Ourense/Orense"). A publicidade do seu centro de atención ao cliente tan só está en castelán.

Aqualia presume na súa web de compartir as preocupacións dos seus clientes e de que "defiende la filosofía de convertir los valores y preocupaciones de sus clientes en los suyos propios", polo que consideramos moi importante facerlle chegar a nosa valoración da súa actitude. Agora depende de ti visitar a páxina web e enviar un prego . Colabora

Noticia enviada por ferreira

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


  [1] [2] [3] [4] [5] [6] [7]


 

 


 





 

:: 11 de Agosto: Festa Revolta no Courel ::

:: Intifada Cultural - Denuncia da Detención Ilegal do palestino Nabil Al-Raee ::

:: MARCHA MONTE PINDO - Pola declaración de Parque Natural ::

:: 2 de Abril, Concentración polas Fragas do Eume ::

:: Vitaminas para o galego ::

:: Festa de Galiza Non Se Vende na Taberna do Salgheirón ::

:: V Marcha a pé en Ferrol - Mugardos. “Planta de gas fora da ría” ::

:: Festival da Memoria Histórica en Aranga (A Coruña) ::

:: Mobilización expansiva en defensa da nosa lingua ::

:: Domingo 8 de Maio: Manifestación en Concerto de GALIZA NON SE VENDE ::

:: O GALEGO É A CHAVE COA QUE ABRIMOS O MUNDO - ACTO NACIONAL POLA LINGUA - Queremos Galego ::

:: Hoxe celébrase o espectáculo "Tatatachán!" en beneficio da protectora de animais O Jaticán ::

:: 10 de Novembro en Vigo: Día adicado aos ODM no FESTIVAL CURTOPÍA ::

:: Xeiras sobre a Lingua Galega ::

:: Tributo a José Afonso en Cangas ::

:: Festival Libérate contra a Violencia de Xénero na Coruña ::

:: Universidade de Vigo - Os Comités inician unha nova campaña en defensa do galego ::

:: 18 de Outubro, Manifestación en Santiago de Compostela: QUEREMOS GALEGO ::

:: Seminario de Autodefensa Linguistica ::

:: Concerto solidario no Monte Carrasco ::

:: 1º Concurso de CUTREMETRAXES de Freixo ::

:: XXIII FESTIVAL DA POESIA DO CONDADO ::

:: III Marcha a pé a Mugardos ::

:: Coanhadeira presenta o seu novo CD: `Haique´ ::

:: ROMARÍA REIVINDICATIVA EN REDONDELA (Autovía de Redondela, NON GRAZAS) ::

:: XV Edición de Ponte...nas ondas! - Os tesouros vivos ::

:: II Concurso de Fotografía Antiga - Rebulir ::

:: Galiza Non Se Vende » Defensa do Parque Rosalía ::

:: 2ª Cadea Humana - Por un albergue público XA! ::

:: O 17 de Maio. Todos en Compostela. ::

:: III Edición da Feira da solidaridade e diversidade - PANXEA | do 6 ao 17 de Abril en Carballo ::

:: Acto ridiculista no día mundial do teatro ::

:: PROGRAMA VIII XORNADAS BLANCO FREIJEIRO ::

:: A web Patrimonio.org reúne na Rede a información sobre o patrimonio cultural galego ::

:: Escoitar.org invitado ao foro mundial de ecoloxía acústica. Mexico 2009 ::

:: Manifestación nacional de Galiza Non se Vende en Compostela ::

:: Caravana Concerto de Galiza Non se Vende en Corrubedo - 4 de Febreiro ::

:: Vigo, 18 de Febreiro: CADEA HUMANA A FAVOR DAS PERSONAS SEN FOGAR ::

:: Ourense, Corrubedo e Compostela 5º, 6º e último concertos da caravana GNSV ::

:: Ghastas Camino? Google Translate incorpora o galego en fase de probas ::

:: FERROL 4º CONCERTO DA CARAVANA DE GALIZA NON SE VENDE ::

:: Plano estratéxico para os xogos tradicionais ::

:: Lugrís. Viaxe ao mundo de Ulyses Fyngal ::

:: 3º CONCERTO DA CARAVANA DE GALIZA NON SE VENDE ::

:: A Caravana Galiza Non Se Vende no LSO Casa das Atochas ::

:: Congreso da Guerrilla Antifranquista Galega. 15, 16 e 17 de xaneiro na Coruña ::

:: Uns Premios Xarmenta moi musicais ::

:: Badaladas en escoitar.org ::

:: PRIMEIRO CONCERTO DA CARAVANA DE GALIZA NON SE VENDE ::

:: EXPOSICIÓN OS TEMPOS DE ANTES.FOTOGRAFÍAS ANTIGAS DE RAMIRÁS ::

:: Implicate 08, Noite de música e palabra solidaria. 14 de Nadal en Compostela ::

:: XX Aniversario Amnistía Internacional en A Coruña, o 10 de nadal ::

:: 10 Decembro: Solidaridade con Cuba ::

:: III MOSTRA DE CINEMA ETNOGRÁFICO, do 31 de Outubro ao 6 de novembro no Museo do Pobo Galego ::

:: II ENCONTRO SOBRE O LOBO GALEGO. 8-9 de novembro no CEIDA ::

:: Xogos Populares - novas ::

:: Orella pendella | Nova web que pretende recuperar ditos, recitados e cancións infantís ::

:: Chámate con xeito ::

:: A Ría non se vende - Concerto 18 de Outubro ::

:: Salvemos Fonte Gaiteira - concentración o domingo 28 de Setembro ás 12h ::

:: Festival contra o Alzheimer o 13 de Setembro en Salceda de Caselas ::

:: II Mostra de Xogos e Deportes Tradicionais ::

:: II FESTIVAL SOLIDARIEDADE GALEGA CO POBO SAHARAUI ::

:: IX Mostra de Teatro Universitario de Galiza ::

:: O V Festival de Cans ::

:: I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA ANTIGA ::

:: A Academia asturiana nega que a fala do Eo-Navia sexa galego ::

:: Novo obxectivo da Ciberirmandade da Fala: Aqualia ::