Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]


NON É (só) MÚSICA
(cultura, tradición, denuncia..)




   >> Iniciar Sesión  


  [1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8]

Uns Premios Xarmenta moi musicais
Fonte / Mais información
(texto engadido o día 15/ / 1/ / 09 )


Asociación Berciana da Lingua Xarmenta outorga este xoves, no
Teatro Municipal Bergidum de Ponferrada, estes galardóns, na que xa
é a IV edición dos Premios Xármenta.



Este ano, as persoas e colectivos premiados son do ámbito musical:
na modalidade de premio a un persoeiro foi a gaiteira Susana Seivane
a gañadora; na categoría de institucións, a Escola de Gaitas de
Vilafranca do Bierzo e mais a agrupación berciana Aira da Pedra son
as homenaxeadas.

(...)

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Badaladas en escoitar.org
Fonte / Mais información
(texto engadido o día 14/ / 1/ / 09 )


Os diferentes toques das campás da Insua, en Ponte Caldelas, están
xa dispoñibles no web Escoitar.org. O espazo achega, xeolocalizados,
os sons que se gravaron durante a xornada Campás e campaneiros
que a Asociación Os Chichisos celebrou o pasado mes de xullo. Canda
a estas, o web permite escoitar as campás doutras parroquias, coma
Augasantas ou Benavente.


+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


PRIMEIRO CONCERTO DA CARAVANA DE GALIZA NON SE VENDE
Fonte / Mais información
(texto engadido o día 2/ / 1/ / 09 )


Galiza Non Se Vende sae á rua cunha caravana de concertos
reivindicativos en 7 cidades ou vilas galegas. O primeiro será o día 3
de xaneiro en Vigo, na Fabrica de Chocolate (Roxelio Abalde, 22) ás
21:00.

O gobero “bipartido” da Xunta, lonxe de marcar distancias coas
viciadas e denostadas políticas anteriores, segue apostando por un
vergonzoso continuísmo, caendo nas mans do capitalismo máis
depredador en vez de apostar decididamente por estudar e aplicar
modelos de sustentabilidade ecolóxica e xustiza social acordes coas
demandas de Galiza e d@s galeg@s. Mesmo a actual crise pon de
manifesto a febleza de este sistema económico que socializa as
perdas das grandes empresas e privatiza as ganancias.

A barbarie:
Destrucción da paisaxe, do patrimonio cultural e da biodiversidade,
urbanismo caótico, infraestruturas de transporte irracionais,
piscifactorías, campos de golf, portos deportivos, encoros, parques
eólicos indiscriminados, paseos marítimos e fluviais de formigón,
recheos e contaminación das rias, monocultivos de especies exóticas e
invasoras, empresas contaminantes, canteiras e minas devastadoras
nulo respecto polas figuras de protección ambiental e os espazos
naturais protexidos…


Fronte a isto desde a rede Galiza Non Se Vende esiximos un cambio
de rumo inmediato que poña a sustentabilidade ecolóxica e a xustiza
social no centro das políticas, que sitúe ás persoas e ao ambiente por
riba do lucro, que dialogue e avance na democracia participativa e
reflexiva… Que supere o actual sistema destrutivo e a súa
acumulación de crises, construíndo unha Terra viva e unha vida digna
para tod@s.
GOBERNE QUEN GOBERNE, GALIZA NON SE VENDE!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


EXPOSICIÓN OS TEMPOS DE ANTES.FOTOGRAFÍAS ANTIGAS DE RAMIRÁS
Fonte / Mais información
(texto engadido o día 29/ / 12/ / 08 )


O vindeiro sábado 3 de xaneiro terá lugar o acto de apertura da exposición Os
Tempos de antes. Fotografías Antigas de Ramirás, que organiza a Escola de Baile
e Música Tradicional Rebulir e que permanecerá aberta ao público ate o día 17 do
mesmo mes para que deste xeito todos os veciños do Concello e outros visitantes
poidan recordar a súa infancia ou xuventude mediante preto dun centenar de
fotografías antigas recollidas no propio Concello e na Comarca de Celanova.

A cita será as 18:00 h no Centro Cultural de O Picouto e á presentación asistirá
parte da Corporación Municipal do Concello, encabezada pola alcaldesa Pilar Oilia
López e tamén o director da EBMT Rebulir Alexandre Sotelino, entre outros
covidadas/os. Todos os asistentes poderán disfrutar dun aperitivo.

Para calquera dúbida poden contactar mediante o correo rebulir@hotmail.com ou
nos teléfonos 639 90 80 05 (Alexandre) ou 667 35 57 34 (Sandra).

Quedades todos convidados/as!


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Implicate 08, Noite de música e palabra solidaria. 14 de Nadal en Compostela

(texto engadido o día 9/ / 12/ / 08 )


Entradas en Caixa Galicia

https://taquilla.caixagalicia.es

Colabora coa Fila 0

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


XX Aniversario Amnistía Internacional en A Coruña, o 10 de nadal

(texto engadido o día 9/ / 12/ / 08 )


O día 10 de decembro coincidindo co 60 aniversario da
Declaración dos Dereitos Humanos e co 20 aniversario
do grupo local de Amnistía Internacional da Coruña,
convidámoste a celebralo con nós cun concerto que terá lugar
no Teatro Rosalía de Castro ás 20:30.
Para reservar as túas invitacións chama
o telefono 981 201147 onde podes deixar a túa mensaxe
no contestador deixando o teu nome, telefono e
número de entradas que precisas; ou ben enviándonos
un correo electrónico con eses datos;
ata o 7 de decembro.
Xuntámosche información do concerto
Agradecemos a túa compaña no noso aniversario.

XX aniversario
Amnistía Internacional A Coruña
LX aniversario da declaración dos dereitos humanos

concerto-recital

iria e miguelón

xosé carlos caneiro
e miguel ladrón de guevara

quique alvarado
e clifford eight

xavier pan
e fernando morán

(texto de lino braxe)

manuel rivas
e pulpiño viascón

xabier cedrón
e rosa cedrón

coordina e presenta: lino braxe

teatro rosalía de castro
10 de decembro:
día internacional dos dd. hh.
20:30 horas. entrada libre


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


10 Decembro: Solidaridade con Cuba
Fonte / Mais información
(texto engadido o día 6/ / 12/ / 08 )


Acto Solidario con Cuba

Mércores 10 de decembro ás 20:30
no Teatro Jofre de Ferrol

Trátase de finaciar catro proxectos de vivendas e infraestruturas básicas, destruidas polo paso consecutivo de tres furacáns, principalmente en Pinar del Río, por un importe de 153.000 euros, que serán xestionados e fiscalizados pola ONG ACSUR las Segovias.
O prezo da entrada son 6 euros.
 
Organizado pola  Plataforma de Axuda Urxente a Cuba, formada por:
ACSUR las Segovias. Ateneo Ferrolán. A. VV  de Caranza " Cuco Ruíz de Cortazar". A. VV de Esteiro"Fontelonga". CPS de San Valentín. Asociación E.P. Uruguai-Galicia. Asociación Fuco Buxán.
coa colaboración e patrocinio da Concellería de Cultura do Concello de Ferrol.
 
Programa do Acto, que será presentado pola periodista Beatriz Picos:
 
Ulträqäns. Balakandra. Norge Batista ( cantautor cubano). Laura Landeira (recita) Luar na Lubre. Coro Toxos e Froles.

Intervirán: Un representante da Plataforma de Axuda Urxente a Cuba e o Consul Cubano en Galicia.
 

A recadación ingresarase na conta de Caixa Galicia: 2091 0000 35 3040185583. onde tamén podense facer donativos.
 
As entradas xa están á venta no Teatro Jofre e por internet na Páxina: http://www.ferrol.es/jofre.
 
Máis información dos proxectos a financiar.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


III MOSTRA DE CINEMA ETNOGRÁFICO, do 31 de Outubro ao 6 de novembro no Museo do Pobo Galego
Fonte / Mais información
(texto engadido o día 30/ / 10/ / 08 )


Venres 31 de outubro
19:30 Da regueifa ao rap. De Helena Villar e Pilar Faxil.
20:30 Mostra da regueifa e rap con Luis Caruncho, Pinto de Herbón e Dios ke te crew.

Sábado 1 de novembro
18:00 Guinea en patués. De José María Mur.
19:00 Ciclo combinado. De Sabela Pernas e Nuria Castro.
19:30 Un deserto de flores. De Manuel Iglesias Nanín.

Luns 3 de novembro
18:00 Ainielle tiene memoria. De Miguel Ángel Viñas.
19:00 Pic-nic, de Eloy Enciso.

Martes 4 de novembro
18:00 El sueño de la tierra. De Eva Abad e Pablo García.
19:00 A terceira póla. De Rubén Pardiñas.

Mércores 5 de novembro
18:00 Paris#1. De Óliver Laxe.
19:00 Atrás de las sombras. De Óscar Ramírez.
20:00 Los pastores del Bosque Flotante. De José Carlos Díaz e Salvador Castillejos.

Xoves 6 novembro
18:00 Kardala. De Juan Bidegain.
19:00 Bolivia para todos. De Emilio Cartoy Díaz e Cristian Jure.

1 comentario
:: Enlace a esta nova ::


II ENCONTRO SOBRE O LOBO GALEGO. 8-9 de novembro no CEIDA
Fonte / Mais información
(texto engadido o día 25/ / 10/ / 08 )


Non ten que ver coa música, pero..

+ 2 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Xogos Populares - novas
Fonte / Mais información
(texto engadido o día 18/ / 10/ / 08 )


Mañá domingo, 19 de outubro, terá lugar -na localidade de Estás -
Tomiño unha xornada de xogos tradicionais co slogan "Convivencias
interxeracionais e língua". Será apartir das 12 da mañá con
actividades para nenas/os e maiores e unha charla sobre xogos
tradicionais por conta da AGXPT.

Tamén haberá xantar (consistente en lacón con grelos, patacas,
bebidas e sobremesa), ás 14 h., previa inscrición na cafetaría do
Centro.

A actividade está organizada polo Centro Social de Estás e a
Asociación Xuvenil Buraco do Frade.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


  [1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8]


 

 


 





 

:: Concentración contra a sentenza do Prestige ::

:: Domingo 6 de outubro as 12:00 na Alameda de Santiago: “Por unha Galiza sen lumes, por un rural con futuro” ::

:: Por un uso social do faro de Oza - Acto reivindicativo/festivo ::

:: Manifestación en Compostela contra a Minarí­a Destrutiva na Galiza ::

:: 11 de Agosto: Festa Revolta no Courel ::

:: Intifada Cultural - Denuncia da Detención Ilegal do palestino Nabil Al-Raee ::

:: MARCHA MONTE PINDO - Pola declaración de Parque Natural ::

:: 2 de Abril, Concentración polas Fragas do Eume ::

:: Vitaminas para o galego ::

:: Festa de Galiza Non Se Vende na Taberna do Salgheirón ::

:: V Marcha a pé en Ferrol - Mugardos. “Planta de gas fora da ría” ::

:: Festival da Memoria Histórica en Aranga (A Coruña) ::

:: Mobilización expansiva en defensa da nosa lingua ::

:: Domingo 8 de Maio: Manifestación en Concerto de GALIZA NON SE VENDE ::

:: O GALEGO É A CHAVE COA QUE ABRIMOS O MUNDO - ACTO NACIONAL POLA LINGUA - Queremos Galego ::

:: Hoxe celébrase o espectáculo "Tatatachán!" en beneficio da protectora de animais O Jaticán ::

:: 10 de Novembro en Vigo: Día adicado aos ODM no FESTIVAL CURTOPÍA ::

:: Xeiras sobre a Lingua Galega ::

:: Tributo a José Afonso en Cangas ::

:: Festival Libérate contra a Violencia de Xénero na Coruña ::

:: Universidade de Vigo - Os Comités inician unha nova campaña en defensa do galego ::

:: 18 de Outubro, Manifestación en Santiago de Compostela: QUEREMOS GALEGO ::

:: Seminario de Autodefensa Linguistica ::

:: Concerto solidario no Monte Carrasco ::

:: 1º Concurso de CUTREMETRAXES de Freixo ::

:: XXIII FESTIVAL DA POESIA DO CONDADO ::

:: III Marcha a pé a Mugardos ::

:: Coanhadeira presenta o seu novo CD: `Haique´ ::

:: ROMARÍA REIVINDICATIVA EN REDONDELA (Autovía de Redondela, NON GRAZAS) ::

:: XV Edición de Ponte...nas ondas! - Os tesouros vivos ::

:: II Concurso de Fotografía Antiga - Rebulir ::

:: Galiza Non Se Vende » Defensa do Parque Rosalía ::

:: 2ª Cadea Humana - Por un albergue público XA! ::

:: O 17 de Maio. Todos en Compostela. ::

:: III Edición da Feira da solidaridade e diversidade - PANXEA | do 6 ao 17 de Abril en Carballo ::

:: Acto ridiculista no día mundial do teatro ::

:: PROGRAMA VIII XORNADAS BLANCO FREIJEIRO ::

:: A web Patrimonio.org reúne na Rede a información sobre o patrimonio cultural galego ::

:: Escoitar.org invitado ao foro mundial de ecoloxía acústica. Mexico 2009 ::

:: Manifestación nacional de Galiza Non se Vende en Compostela ::

:: Caravana Concerto de Galiza Non se Vende en Corrubedo - 4 de Febreiro ::

:: Vigo, 18 de Febreiro: CADEA HUMANA A FAVOR DAS PERSONAS SEN FOGAR ::

:: Ourense, Corrubedo e Compostela 5º, 6º e último concertos da caravana GNSV ::

:: Ghastas Camino? Google Translate incorpora o galego en fase de probas ::

:: FERROL 4º CONCERTO DA CARAVANA DE GALIZA NON SE VENDE ::

:: Plano estratéxico para os xogos tradicionais ::

:: Lugrís. Viaxe ao mundo de Ulyses Fyngal ::

:: 3º CONCERTO DA CARAVANA DE GALIZA NON SE VENDE ::

:: A Caravana Galiza Non Se Vende no LSO Casa das Atochas ::

:: Congreso da Guerrilla Antifranquista Galega. 15, 16 e 17 de xaneiro na Coruña ::

:: Uns Premios Xarmenta moi musicais ::

:: Badaladas en escoitar.org ::

:: PRIMEIRO CONCERTO DA CARAVANA DE GALIZA NON SE VENDE ::

:: EXPOSICIÓN OS TEMPOS DE ANTES.FOTOGRAFÍAS ANTIGAS DE RAMIRÁS ::

:: Implicate 08, Noite de música e palabra solidaria. 14 de Nadal en Compostela ::

:: XX Aniversario Amnistía Internacional en A Coruña, o 10 de nadal ::

:: 10 Decembro: Solidaridade con Cuba ::

:: III MOSTRA DE CINEMA ETNOGRÁFICO, do 31 de Outubro ao 6 de novembro no Museo do Pobo Galego ::

:: II ENCONTRO SOBRE O LOBO GALEGO. 8-9 de novembro no CEIDA ::

:: Xogos Populares - novas ::

:: Orella pendella | Nova web que pretende recuperar ditos, recitados e cancións infantís ::

:: Chámate con xeito ::

:: A Ría non se vende - Concerto 18 de Outubro ::

:: Salvemos Fonte Gaiteira - concentración o domingo 28 de Setembro ás 12h ::

:: Festival contra o Alzheimer o 13 de Setembro en Salceda de Caselas ::

:: II Mostra de Xogos e Deportes Tradicionais ::

:: II FESTIVAL SOLIDARIEDADE GALEGA CO POBO SAHARAUI ::

:: IX Mostra de Teatro Universitario de Galiza ::

:: O V Festival de Cans ::

:: I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA ANTIGA ::

:: A Academia asturiana nega que a fala do Eo-Navia sexa galego ::

:: Novo obxectivo da Ciberirmandade da Fala: Aqualia ::