Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]


NON É (só) MÚSICA
(cultura, tradición, denuncia..)




   >> Iniciar Sesión  


  [1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8]

II Concurso de Fotografía Antiga - Rebulir

(texto engadido o día 26/ / 5/ / 09 )


A Escola de Baile e Música Tradicional Rebulir en colaboración co Concello de Ramirás e o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo “Xocas” da Deputación de Ourense, convoca o II Concurso de Fotografía Antiga. Este bosquéxase como principais obxectivos: recuperar da memoria fotográfica de Ramirás e Comarca de Terras de Celanova, , fomentar a investigación, recolleita e indagación de tipo etnográfico entre os participantes, e servir de base para estudar as costumes, traxes, instrumentos, oficios, etc que eran tradicionais nesta zona.

A dito concurso poderán presentarse tanto colectivos como persoas a xeito particular. Premiarase a mellor colección de fotografías, aínda que tamén existen dous premios especiais, un para a fotografía máis antiga e outro para a mellor fotografía. O prazo de presentación de fotografías remata o día 31 de Agosto, podendo entregalas ata este momento na sede da Escola Rebulir ou ben no Concello de Ramirás. A entrega de premios realizarase no mes de Setembro coincidindo co acto de presentación do curso.

Na pasada edición do concurso foron recollidas máis dun centenar de fotografías que retrataban desde festas e cerimonias (bautizos, enterros, comuñóns, entroido...) até os momentos da vida de cotío e o traballo (a malla, a vendima, na sega, cociñando...) e por suposto moitos retratos . Con esta segunda edición continuamos o proxecto de elaborar un arquivo fotográfico, o que fará que estas imaxes non queden perdidas en arcas e baúis senón que sexan un referente para consultar a historia de Ramirás e os Concellos limítrofes.

Axúntase a dita nota de prensa o cartaz desta edición, as bases do concurso e a ficha para a recolleita de fotografías (En PDF). Para máis información poden poñerse en contacto con nós a través do teléfono 639 90 80 05 ou ben no enderezo electrónico rebulir@hotmail.com.
- Fotografia Antiga- Rebulir -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Galiza Non Se Vende » Defensa do Parque Rosalía
Fonte / Mais información
(texto engadido o día 22/ / 5/ / 09 )


O presidente da Asociación en Defensa do Parque Rosalía de Castro presentou onte sendas denuncias no xulgado de garda e a Delegación de Cultura. No texto, Marcos Bourio di que se realizan traballos no antigo Sanatorio Portela, un edificio catalogado, e na leira lindeira cara ao final da rúa Xacobe III. Todo iso, asegura, sen o preceptivo permiso da Consellería de Cultura. Di que non hai cartel no que conste o número de licenza, arquitecto e as obras a executar.

Na mesma denuncia sinálase que a Lei de Patrimonio Cultural de Galicia establece a protección da contorna dos edificios catalogados. Cerca do antigo sanatorio está en execución a urbanización da unidade de actuación CS-5, á que se opón a citada asociación.

Nos escritos presentados no Xulgado e na Consellería de Cultura, solicítase a adopción das «medidas correctoras oportunas para evitar a total deterioración de devandita zona emblemática». Reclaman tamén a esixencia das responsabilidades que puidesen ter os organismos e os técnicos.

Noticia enviada por Xan Rolei

- Galiza non se vende -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


2ª Cadea Humana - Por un albergue público XA!

(texto engadido o día 16/ / 5/ / 09 )


Tras os reiterados incumprimentos dos prazos establecidos para a apertura do Centro de Inclusión Social e Albergue Público que a Xunta de Galicia ten proxectado ubicar no antigo Fogar San Paio - "Gota de Leite" na cidade de Vigo, a REDE SOCIAL GALICIA SUR convoca a cidadanía viguesa a participar na construcción da segunda CADEA HUMANA arredor deste emblemático edificio. Mediante a formación desta cadea humana coa que pretendemos "abrazar" novamente o edificio da Gota de Leite reinvidicaremos de forma simbólica o apoio da cidade a este proxecto así como a reclamación da urxente necesidade da súa apertura, sen máis dilacións. Este proxecto xa é unha realidade. As obras de adaptación do edificio xa están rematadas. Non podemos nin vamos a renunciar á prestación dun servizo esencial na cidade de Vigo e necesario para o conxunto da súa cidadanía. SÚMATE Á REIVINDICACIÓN DA SÚA APERTURA INMEDIATA. Súmate a celebración simbólica da súa inauguación que se celebrará xunto a CADEA HUMANA o vindeiro XOVES, 21 DE MAIO DE 2009, ás 20 HORAS no edificio do Fogar San Paio- "GOTA DE LEITE" (Ronda Don Bosco, 1. Ao lado do Concello).



Ademáis, o mércores 20 de maio ás 20 horas iniciarase unha sentada de 24 horas que arrancará coa "durmida" na porta do edificio e rematará coa Cadea Humana do xoves 21 ás 20 horas.



Se a vosa entidade, organización ou asociación desexa sumarse aos actos e apoialos públicamente remitide un correo electrónico a redesocialgaliciasur@yahoo.es





PÁSAO, IMPRÍMEO, COLÓCAO NO TEU LUGAR DE TRABALLO....É COUSA DE TODOS/AS



SOLUCIÓN XA PARA AS PERSONAS SEN FOGAR!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


O 17 de Maio. Todos en Compostela.
Fonte / Mais información
(texto engadido o día 13/ / 5/ / 09 )



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


III Edición da Feira da solidaridade e diversidade - PANXEA | do 6 ao 17 de Abril en Carballo

(texto engadido o día 2/ / 4/ / 09 )


Comeza a 3º edición de PANXEA, o festival da interculturalidade e a diversidade de Carballo, que se consolida como referente cultural na Comarca de Bergantiños.

PANXEA`09 conmemora o Día Contra a Discriminación Racial, que se celebra en toda Europa, cunha axenda de actividades para todos os públicos.
A 3º edición da Feira Intercultural Panxea contará con representación das culturas latinas, a música soará na Praza do Concello da man de artistas como María Manuela, Tangó Project (Uruguai), Chámalle Xís e Foula. Outras actividades coma a Ciclobiblioteca, Ciclo de cine árabe, Chocolatada popular ou obradoiros de candombe completan a variada oferta cultural de PANXEA`09.

Panxea celébrase en Carballo, capital de Bergantiños, do 6 ao 17 de abril de 2009. As actividades principais estarán condensadas entre o xoves 9 e o venres 10 de abril na Praza do Concello durante todo o día.


PANXEA`09 ademais de ofrecer un programa repleto de actividades para gozar en familia, axeitada para todas as idades, tamén pretende ser unha fiestra aberta ao mundo. Unha mostra do carácter plural e solidario das xentes de Carballo, así coma da convivencia de diferentes etnias e culturas que fan da comarca un exemplo de tolerancia, respecto e integración social.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Acto ridiculista no día mundial do teatro

(texto engadido o día 24/ / 3/ / 09 )


Porque ao mellor non sabes que durante os últimos meses a Sala NASA foi obxecto de duros ataques por parte do Partido Popular e de asociacións vencelladas a el, tratando de criminalizar a súa actividade cultural, solicitando a retirada de todas as axudas públicas e mesmo pedindo o peche da sala.
Estes ataques ademais viñeron carregados de insultos persoais que atentan contra a honra das persoas que dirixen a sala, pero tamén da descalificación absoluta das persoas que asisten ás actividades programadas. Consideramos que estes feitos constitúen un ataque inaceptable non só contra a Sala NASA,contra os seus traballadores, contra os artistas e contra os espectadores,senón contra todo o sector cultural da cidade de Santiago de Compostela e, porextensión, contra a convivencia, a tolerancia e a liberdade de expresión.

Polo mantemento da biodiversidade cultural
Polo dereito a pensar distinto
Pola tolerancia
Pola liberdade de expresión

+ 2 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


PROGRAMA VIII XORNADAS BLANCO FREIJEIRO

(texto engadido o día 17/ / 3/ / 09 )

Título "Arqueoloxía cultural nas Rias Baixas".

Biblioteca Municipal Vidal Pazos ás 20:00 horas

Luns 23 de Marzo- Presentación. Video sobre o Castro de Neixón. .
Martes 24 -Manuel Santos "Arte rupestre nas Rias Baixas. Petróglifos, viaxes e labirintos".
Mércores 25 -Fidel Mendez "Os poboados do bronce".
Xoves 26 - Manuel Rey, sobre a posta en valor de Mogor e Campolameiro.
Venres 27 - Matilde González "Posta en valor dos petróglifos"
Sábado 28 -Javier Luaces. Visita guiada a Tourón.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


A web Patrimonio.org reúne na Rede a información sobre o patrimonio cultural galego
Fonte / Mais información
(texto engadido o día 10/ / 3/ / 09 )


A Consellaría de Cultura e Deporte vén de poñer en marcha Patrimonio.org, a plataforma en Internet da Dirección Xeral de Patrimonio que reúne os recursos na Rede sobre patrimonio cultural galego. A web conta con información práctica e de actualidade, fotos, vídeos, lexislación, rutas e un buscador de elementos patrimoniais.A web nace coas fichas de 122 dos máis destacados elementos do patrimonio cultural galego. Castelos, pazos, pontes, igrexas, mosteiros, patrimonio etnográfico, castros, gravad ..>>

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Escoitar.org invitado ao foro mundial de ecoloxía acústica. Mexico 2009
Fonte / Mais información
(texto engadido o día 24/ / 2/ / 09 )


escoitar.org no WFAE. México 2009

Megalópolis sonoras. Identidade cultural e sons en perigo de extinción.

O Foro Mundial de Ecoloxía Acústica, creado en 1973 en Canadá, é unha asociación internacional integrada por organismos e individuos interesados no estudo dos factores sociais, culturais e ecolóxicos que determinan o ambiente sonoro.Desde a súa formación, o Foro Mundial de Ecoloxía Acústica foi crecendo ata converterse nun colectivo de 9 de afiliados en todo o mundo, incluíndo Canadá, Grecia, Australia, Reino Unido, Finlandia, Estados Unidos, profesionais alemáns, Xapón e agora México.En marzo de 2009, a Fonoteca Nacional e Foro Mexicano de Ecoloxía Acústica terán a honra de acoller o próximo acontecemento importante para o Foro Mundial de Ecoloxía Acústica, concibido como un espazo académico que permita a reflexión sobre un tema pouco estudado e explorado en México: a ecoloxía acústica.Co tema Megalópolis sonoras. Sons en perigo de extinción, A Fonoteca Nacional e o Foro Mundial de Ecoloxía Acústica México, 2009 invitan a investigadores, artistas sonoros, músicos e profesionais do son, a asistir ás conferencias, talleres, instalacións e presentacións de obras sonoras e audiovisuais, que serán realizadas por profesionais e artistas de 16 países, da comunidade mundial de ecoloxía acústica e paisaxe sonora.

MÉRCORES 25 DE MARZO.

19:30 - Concerto - "Alegorías do poder" - Pezas acusmáticas baseadas en sons en perigo de extinción de Galicia e Venezuela. Carlos Suárez compositor e etnomusicólogo, membro do Colectivo escoitar.org Galicia, España.Lugar: Sala Murray Schafer da fonoteca nacional de México.

XOVES 26 DE MARZO.

13:00 - Conferencia - Fonotopías de Galicia. Rexistro e estudo de sons en perigo de extinción. Carlos Suárez compositor e etnomusicólogo, membro do Colectivo escoitar.org Galicia, España.

PROGRAMA COMPLETO


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Manifestación nacional de Galiza Non se Vende en Compostela

(texto engadido o día 13/ / 2/ / 09 )



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


  [1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8]


 

 


 





 

:: Concentración contra a sentenza do Prestige ::

:: Domingo 6 de outubro as 12:00 na Alameda de Santiago: “Por unha Galiza sen lumes, por un rural con futuro” ::

:: Por un uso social do faro de Oza - Acto reivindicativo/festivo ::

:: Manifestación en Compostela contra a Minarí­a Destrutiva na Galiza ::

:: 11 de Agosto: Festa Revolta no Courel ::

:: Intifada Cultural - Denuncia da Detención Ilegal do palestino Nabil Al-Raee ::

:: MARCHA MONTE PINDO - Pola declaración de Parque Natural ::

:: 2 de Abril, Concentración polas Fragas do Eume ::

:: Vitaminas para o galego ::

:: Festa de Galiza Non Se Vende na Taberna do Salgheirón ::

:: V Marcha a pé en Ferrol - Mugardos. “Planta de gas fora da ría” ::

:: Festival da Memoria Histórica en Aranga (A Coruña) ::

:: Mobilización expansiva en defensa da nosa lingua ::

:: Domingo 8 de Maio: Manifestación en Concerto de GALIZA NON SE VENDE ::

:: O GALEGO É A CHAVE COA QUE ABRIMOS O MUNDO - ACTO NACIONAL POLA LINGUA - Queremos Galego ::

:: Hoxe celébrase o espectáculo "Tatatachán!" en beneficio da protectora de animais O Jaticán ::

:: 10 de Novembro en Vigo: Día adicado aos ODM no FESTIVAL CURTOPÍA ::

:: Xeiras sobre a Lingua Galega ::

:: Tributo a José Afonso en Cangas ::

:: Festival Libérate contra a Violencia de Xénero na Coruña ::

:: Universidade de Vigo - Os Comités inician unha nova campaña en defensa do galego ::

:: 18 de Outubro, Manifestación en Santiago de Compostela: QUEREMOS GALEGO ::

:: Seminario de Autodefensa Linguistica ::

:: Concerto solidario no Monte Carrasco ::

:: 1º Concurso de CUTREMETRAXES de Freixo ::

:: XXIII FESTIVAL DA POESIA DO CONDADO ::

:: III Marcha a pé a Mugardos ::

:: Coanhadeira presenta o seu novo CD: `Haique´ ::

:: ROMARÍA REIVINDICATIVA EN REDONDELA (Autovía de Redondela, NON GRAZAS) ::

:: XV Edición de Ponte...nas ondas! - Os tesouros vivos ::

:: II Concurso de Fotografía Antiga - Rebulir ::

:: Galiza Non Se Vende » Defensa do Parque Rosalía ::

:: 2ª Cadea Humana - Por un albergue público XA! ::

:: O 17 de Maio. Todos en Compostela. ::

:: III Edición da Feira da solidaridade e diversidade - PANXEA | do 6 ao 17 de Abril en Carballo ::

:: Acto ridiculista no día mundial do teatro ::

:: PROGRAMA VIII XORNADAS BLANCO FREIJEIRO ::

:: A web Patrimonio.org reúne na Rede a información sobre o patrimonio cultural galego ::

:: Escoitar.org invitado ao foro mundial de ecoloxía acústica. Mexico 2009 ::

:: Manifestación nacional de Galiza Non se Vende en Compostela ::

:: Caravana Concerto de Galiza Non se Vende en Corrubedo - 4 de Febreiro ::

:: Vigo, 18 de Febreiro: CADEA HUMANA A FAVOR DAS PERSONAS SEN FOGAR ::

:: Ourense, Corrubedo e Compostela 5º, 6º e último concertos da caravana GNSV ::

:: Ghastas Camino? Google Translate incorpora o galego en fase de probas ::

:: FERROL 4º CONCERTO DA CARAVANA DE GALIZA NON SE VENDE ::

:: Plano estratéxico para os xogos tradicionais ::

:: Lugrís. Viaxe ao mundo de Ulyses Fyngal ::

:: 3º CONCERTO DA CARAVANA DE GALIZA NON SE VENDE ::

:: A Caravana Galiza Non Se Vende no LSO Casa das Atochas ::

:: Congreso da Guerrilla Antifranquista Galega. 15, 16 e 17 de xaneiro na Coruña ::

:: Uns Premios Xarmenta moi musicais ::

:: Badaladas en escoitar.org ::

:: PRIMEIRO CONCERTO DA CARAVANA DE GALIZA NON SE VENDE ::

:: EXPOSICIÓN OS TEMPOS DE ANTES.FOTOGRAFÍAS ANTIGAS DE RAMIRÁS ::

:: Implicate 08, Noite de música e palabra solidaria. 14 de Nadal en Compostela ::

:: XX Aniversario Amnistía Internacional en A Coruña, o 10 de nadal ::

:: 10 Decembro: Solidaridade con Cuba ::

:: III MOSTRA DE CINEMA ETNOGRÁFICO, do 31 de Outubro ao 6 de novembro no Museo do Pobo Galego ::

:: II ENCONTRO SOBRE O LOBO GALEGO. 8-9 de novembro no CEIDA ::

:: Xogos Populares - novas ::

:: Orella pendella | Nova web que pretende recuperar ditos, recitados e cancións infantís ::

:: Chámate con xeito ::

:: A Ría non se vende - Concerto 18 de Outubro ::

:: Salvemos Fonte Gaiteira - concentración o domingo 28 de Setembro ás 12h ::

:: Festival contra o Alzheimer o 13 de Setembro en Salceda de Caselas ::

:: II Mostra de Xogos e Deportes Tradicionais ::

:: II FESTIVAL SOLIDARIEDADE GALEGA CO POBO SAHARAUI ::

:: IX Mostra de Teatro Universitario de Galiza ::

:: O V Festival de Cans ::

:: I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA ANTIGA ::

:: A Academia asturiana nega que a fala do Eo-Navia sexa galego ::

:: Novo obxectivo da Ciberirmandade da Fala: Aqualia ::