Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]


NON É (só) MÚSICA
(cultura, tradición, denuncia..)




   >> Iniciar Sesión  


  [1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8]

Universidade de Vigo - Os Comités inician unha nova campaña en defensa do galego
Fonte / Mais información
(texto engadido o día 12/ / 11/ / 09 )


D. Besadío Vigo
Coa defensa do idioma galego coma unha das súas principais sinais de identidade, a organización estudantil Comités acaba de pór en marcha unha nova campaña coa que, baixo o lema Na defensa do galego, nin un paso atrás, tentarán dar un paso máis adíante na normalización do uso do idioma no ámbito universitario.
Cunha parte informativa, outra institucional e outra festiva, a nova campaña inclúe un reparto “masivo” de dípticos en defensa do seu posicionamento entre o estudantado das diferentes facultades e escolas do campus vigués. “En total seremos sobre 25 persoas repartindo a información e explicándolle aos compañeiros o por que da campaña”, sinalou Iago Varela, responsable dos Comités en Vigo.
“Maila que os diferentes estudos sociolingüísticos realizados no sistema universitario de Galicia revelan que un 35% do estudantado usa sempre o galego na súa vida cotiá, a porcentaxe de aulas na nosa lingua non supera o 18,7% nas universidades galegas”, sinalou Varela, quen xa estivo ao fronte o curso pasado das xornadas Dálle á lingua, xeiras sobre a lingua galega, unhas xornadas coas que se promoveu a reflexión e análise sobre a situación actual da lingua galega e se defendeu o seu emprego como idioma oficial de Galicia.

Coa mirada posta no Consello de Goberno

No ámbito máis institucional, os representantes dos Comités en Consello de Goberno solicitarán a inclusión dun punto na orde do día da vindeira sesión deste organismo co fin de aprobar unha serie de acordos en materia lingüística. “O que queremos conseguir é que calquera estudante saiba antes de matricularse nunha materia en que idioma se lle vai impartir”, explica Varela, ao tempo que lembra que o estudante tamén ten dereito a recibir os exames en galego, “sen prexuízo de podelos solicitar na outra lingua cooficial”. Na mesma liña, sinalan tamén a importancia de que nos novos graos se oferte cando menos a metade das materias troncais e obrigatorias en galego.

Un concerto de rock porá a nota festiva á campaña

E, “como non todo ten que ser serio”, tal como comentaba Varela, os Comités poñen a nota festiva coa organización dun Concerto pola lingua a cargo dun concerto do grupo de rock acústico Ataque Escampe. Será o vindeiro xoves 12 ás 18.30 horas no Teatro Vidal Bolaño da Cidade Universitaria. “Será unha boa oportunidade para que os estudantes descubran boa música e tamén para relacionarnos de xeito máis alegre”, comentou o representante dos Comités en Vigo.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


18 de Outubro, Manifestación en Santiago de Compostela: QUEREMOS GALEGO
Fonte / Mais información
(texto engadido o día 17/ / 10/ / 09 )


Saída dende a Alameda ás 12 da mañá

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Seminario de Autodefensa Linguistica
Fonte / Mais información
(texto engadido o día 29/ / 9/ / 09 )


Na Plataforma Cidadá Queremos Galego do Deza, na que está integrada “O Naranxo”, temos programado celebrarmos o Seminario de Autodefensa Lingüística, dito seminario consiste en tres conferencias cuxos temas e relatores son os seguintes:

1.- María Xosé R. Alvarez , profesora de galego de ensino secundario en Lugo. Falará de sociolingüística. O obxectivo é demostrar cientificamente o retroceso no uso da lingua.

2.- Ruco Alvarez , biólogo e matemático, investigador e docente da USC (campus de Lugo), con ampla experiencia en varias universidades escandinavas e centroeuropeas. Desmontou varias das teses de Galicia B. con argumentos e ideas-forza, así como debullou o concepto de “racismo lingüistico”

3.- Luis Villares , xuíz titular do Xulgado da Fonsagrada , portavoz de Xuices para a Democracia en Galiza . Entre outros aspectos desmontou a teoría da “liberdade lingüística” tal e como a entenden os agresores do galego, e argumentou a insconstitucionalidade de propostas como a segregación do alumnado por razón de língua

Como podedes comprobar tanto os contidos como os relatores son de gran interese para todos nós, e para a sociedade en xeral, que está a ser bombardeada constantemente dende os medios de comunicación con prexuizos e mentiras sobre a situación real da lingua e a discriminación do galego e dos galegofalantes.

Dito seminario é de balde, e vaise celebrar en Lalín o día 2 de outubro ás 20 horas, no Circulo de Recreo (Casino) de Lalín.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Concerto solidario no Monte Carrasco
Fonte / Mais información
(texto engadido o día 18/ / 9/ / 09 )



Noticia enviada por Almudena

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


1º Concurso de CUTREMETRAXES de Freixo
Fonte / Mais información
(texto engadido o día 20/ / 8/ / 09 )



1º Concurso de CUTREMETRAXES de Freixo

Para todo aquel que con cámara de afotos ou video queira facer unha chapuziña audiovisual.

ANÍMATE E MANDA A TÚA PELÍCULA

Consultade as BASES do concurso:

TEMÁTICA:
A temática das curtas e libre, ainda que a organización resérvase o dereito de non admitir as películas inadecuadas por: falta de cutrez, excesivamente violentas...
DURACIÓN:
As curtas terán unha duración máxima de 10 minutos.

SOPORTE:
As curtas serán entregados en DVD ou poden ser descargadas na web:http://cutremetraxes.freixo.net (neste caso non superará os 100 megas). A resolución non deberá ser inferior 640x480 pixeles.
ENTREGA:
O DVD será entregado nun sobre pechado donde indique o seguinte:
1º Concurso de Cutremetraxes de Freixo, Título da obra, nome do autor, Teléfono e correo electrónico (opcional).
Cada autor/es pode entregar ata un máximo de tres películas diferentes.
Lugar de entrega: "Biblioteca de freixo", Estrada de San Xoan nº 264, Freixo Valladares.
CP: 36315 VIGO.
PRAZO DE ENTREGA:
Ata o domingo 13 de setembro.
PREMIOS:
As proxeccións e FESTA CUTRE con entrega de premios serán o primeiro fin de semana de outubro no Barrio de Freixo, Valladares-Vigo.
Haberá tres premios:
1º. 100€
2º. 75€
3º. 50€
Os premios serán decididos a votación popular.

Ou no teléfono: 653 025 708 (César)

MÁIS INFORMACIÓN EN: http://cutremetraxes.freixo.net
Ou no teléfono: 653 025 708 (César)
- cutremetraxes- freixo- curtametraxes- curtas -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


XXIII FESTIVAL DA POESIA DO CONDADO
Fonte / Mais información
(texto engadido o día 5/ / 8/ / 09 )


XXIII FESTIVAL DA POESIA NO CONDADO 2009


Dia 4 de Setembro:

19.30 Exposicións: Pintura e fotografia
20.15 Proxeccións de audiovisuais: Mulleres da raia
22.30 Concerto nas minas: COVALBLU
(aforo limitado, reservas scdcondado@scdcondado.org;
Tlf. 986 658 036)
23,30 the TURRE'S BAND

Dia 5 de Setembro:

12.00 - Charanga SUR DO CONDADO
- CAMPEONATO ABERTO DE BILLARDA
- ARTESANATO E COLECTIVOS

17.00 - FESTA INFANTIL
- CURTAS PREMIADAS NO FESTIVAL DE CANS 2009

20.30 FESTIVAL POETICO-MUSICA

Apresenta: Carlos Blanco

Poetas: Anxo Angueira, Xabier Xil, Susana S. Aríns, J. Alberte Corral, David Pobra, Mario regueira, Dores Tembrás, CarlosmSantiago, Brais Glez., Manolo Pipas e Alberte Momán. Portugal:Filipa Leal. Brasil: Oscar Mourare.

GRUPOS: - COVALBLU ( FOLK FUSION -GZ)
- QUENPALLOU (FOLK - GZ)
- SKÁRNIO (SKÁ - GZ)
- JON LUZ (CABO VERDE)
- REVELIOM (DJ'S + HIPO-HOP - GZ)

Noticia enviada por SCD

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


III Marcha a pé a Mugardos
Fonte / Mais información
(texto engadido o día 22/ / 7/ / 09 )


O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca a III Marcha a Pé até Mugardos polo desmantelamento da Planta de Gas.Unha vez máis unha marcha a pé, desde Ferrol até Mugardos, terá lugar o Xoves 23 de Xullo coincidindo co segundo aniversario do peche veciñal na casa do Concello de Mugardos, por parte da veciñanza de Meá que durou 111 días.

Para lembrar esta mobilización de suma importancia na loita contra REGANOSA, o Comité Cidadán manten as marchas a Mugardos como unha acción máis contra o despropósito gasístico irracional e corrupto de REGANOSA que empobrece a Ría e ameaza a nosa vida e seguridade.

Sairemos ás 5 da Tarde do Parque “Carmelo Teixeiro” en Caranza e remataremos no Parque dos Carneiros en Mugardos, onde a Asociación Veciñal “O Cruceiro” de Meá agardará con música, sardiñas, churizos, cervexa, viño, …
- Reganosa- Galiza non se vende- Mugardos -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Coanhadeira presenta o seu novo CD: `Haique´

(texto engadido o día 29/ / 6/ / 09 )



- Coanhadeira -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


ROMARÍA REIVINDICATIVA EN REDONDELA (Autovía de Redondela, NON GRAZAS)

(texto engadido o día 24/ / 6/ / 09 )



- Romaría- Redondela -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


XV Edición de Ponte...nas ondas! - Os tesouros vivos
Fonte / Mais información
(texto engadido o día 2/ / 6/ / 09 )


Ponte...nas ondas ! realizará o 5 de xuño a XV xornada interescolar de comunicación coa emisión en directo por Internet dunha programación realizada por alumndado de máis de 60 centros educativos de Galiza, Portugal e América. O patrimonio cultural inmaterial continúa a ser o soporte das actividades promovidas desde Ponte...nas ondas! Convidamos aos centros educativos e a todas as persoas a seguir a programación audiovisual do 5 de xuño desdes esta mesma Web. A partir das 10 hs. desde a Universi ..>>

- Ponte nas ondas -

+ 2 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


  [1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8]


 

 


 





 

:: Concentración contra a sentenza do Prestige ::

:: Domingo 6 de outubro as 12:00 na Alameda de Santiago: “Por unha Galiza sen lumes, por un rural con futuro” ::

:: Por un uso social do faro de Oza - Acto reivindicativo/festivo ::

:: Manifestación en Compostela contra a Minarí­a Destrutiva na Galiza ::

:: 11 de Agosto: Festa Revolta no Courel ::

:: Intifada Cultural - Denuncia da Detención Ilegal do palestino Nabil Al-Raee ::

:: MARCHA MONTE PINDO - Pola declaración de Parque Natural ::

:: 2 de Abril, Concentración polas Fragas do Eume ::

:: Vitaminas para o galego ::

:: Festa de Galiza Non Se Vende na Taberna do Salgheirón ::

:: V Marcha a pé en Ferrol - Mugardos. “Planta de gas fora da ría” ::

:: Festival da Memoria Histórica en Aranga (A Coruña) ::

:: Mobilización expansiva en defensa da nosa lingua ::

:: Domingo 8 de Maio: Manifestación en Concerto de GALIZA NON SE VENDE ::

:: O GALEGO É A CHAVE COA QUE ABRIMOS O MUNDO - ACTO NACIONAL POLA LINGUA - Queremos Galego ::

:: Hoxe celébrase o espectáculo "Tatatachán!" en beneficio da protectora de animais O Jaticán ::

:: 10 de Novembro en Vigo: Día adicado aos ODM no FESTIVAL CURTOPÍA ::

:: Xeiras sobre a Lingua Galega ::

:: Tributo a José Afonso en Cangas ::

:: Festival Libérate contra a Violencia de Xénero na Coruña ::

:: Universidade de Vigo - Os Comités inician unha nova campaña en defensa do galego ::

:: 18 de Outubro, Manifestación en Santiago de Compostela: QUEREMOS GALEGO ::

:: Seminario de Autodefensa Linguistica ::

:: Concerto solidario no Monte Carrasco ::

:: 1º Concurso de CUTREMETRAXES de Freixo ::

:: XXIII FESTIVAL DA POESIA DO CONDADO ::

:: III Marcha a pé a Mugardos ::

:: Coanhadeira presenta o seu novo CD: `Haique´ ::

:: ROMARÍA REIVINDICATIVA EN REDONDELA (Autovía de Redondela, NON GRAZAS) ::

:: XV Edición de Ponte...nas ondas! - Os tesouros vivos ::

:: II Concurso de Fotografía Antiga - Rebulir ::

:: Galiza Non Se Vende » Defensa do Parque Rosalía ::

:: 2ª Cadea Humana - Por un albergue público XA! ::

:: O 17 de Maio. Todos en Compostela. ::

:: III Edición da Feira da solidaridade e diversidade - PANXEA | do 6 ao 17 de Abril en Carballo ::

:: Acto ridiculista no día mundial do teatro ::

:: PROGRAMA VIII XORNADAS BLANCO FREIJEIRO ::

:: A web Patrimonio.org reúne na Rede a información sobre o patrimonio cultural galego ::

:: Escoitar.org invitado ao foro mundial de ecoloxía acústica. Mexico 2009 ::

:: Manifestación nacional de Galiza Non se Vende en Compostela ::

:: Caravana Concerto de Galiza Non se Vende en Corrubedo - 4 de Febreiro ::

:: Vigo, 18 de Febreiro: CADEA HUMANA A FAVOR DAS PERSONAS SEN FOGAR ::

:: Ourense, Corrubedo e Compostela 5º, 6º e último concertos da caravana GNSV ::

:: Ghastas Camino? Google Translate incorpora o galego en fase de probas ::

:: FERROL 4º CONCERTO DA CARAVANA DE GALIZA NON SE VENDE ::

:: Plano estratéxico para os xogos tradicionais ::

:: Lugrís. Viaxe ao mundo de Ulyses Fyngal ::

:: 3º CONCERTO DA CARAVANA DE GALIZA NON SE VENDE ::

:: A Caravana Galiza Non Se Vende no LSO Casa das Atochas ::

:: Congreso da Guerrilla Antifranquista Galega. 15, 16 e 17 de xaneiro na Coruña ::

:: Uns Premios Xarmenta moi musicais ::

:: Badaladas en escoitar.org ::

:: PRIMEIRO CONCERTO DA CARAVANA DE GALIZA NON SE VENDE ::

:: EXPOSICIÓN OS TEMPOS DE ANTES.FOTOGRAFÍAS ANTIGAS DE RAMIRÁS ::

:: Implicate 08, Noite de música e palabra solidaria. 14 de Nadal en Compostela ::

:: XX Aniversario Amnistía Internacional en A Coruña, o 10 de nadal ::

:: 10 Decembro: Solidaridade con Cuba ::

:: III MOSTRA DE CINEMA ETNOGRÁFICO, do 31 de Outubro ao 6 de novembro no Museo do Pobo Galego ::

:: II ENCONTRO SOBRE O LOBO GALEGO. 8-9 de novembro no CEIDA ::

:: Xogos Populares - novas ::

:: Orella pendella | Nova web que pretende recuperar ditos, recitados e cancións infantís ::

:: Chámate con xeito ::

:: A Ría non se vende - Concerto 18 de Outubro ::

:: Salvemos Fonte Gaiteira - concentración o domingo 28 de Setembro ás 12h ::

:: Festival contra o Alzheimer o 13 de Setembro en Salceda de Caselas ::

:: II Mostra de Xogos e Deportes Tradicionais ::

:: II FESTIVAL SOLIDARIEDADE GALEGA CO POBO SAHARAUI ::

:: IX Mostra de Teatro Universitario de Galiza ::

:: O V Festival de Cans ::

:: I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA ANTIGA ::

:: A Academia asturiana nega que a fala do Eo-Navia sexa galego ::

:: Novo obxectivo da Ciberirmandade da Fala: Aqualia ::