O vindeiro 11 de Agosto en Froxán vaise celebrar unha xornada de loita festiva en solidariedade cos colectivos do Courel que están a defender a serra contra a ameaza de espolio e destrución patrimonial, e que seguen reivindicando a creación do Parque Natural do Courel. Queremos apoiar a toda esa xente, veciños, veciñas, amigos e amigas que traballan na elaboración de estratexias para acadar un desenvolvemento sostible que evite o despoboamento e perda dos valores naturais e culturais dunha zona de montaña que é por riba de todo un ben común que debemos preservar para as xeracións futuras. Por iso facemos un chamamento en solidariedade coa asociación SOS Courel para participar na súa campaña de defensa da serra cando máis o precisa. Queremos convidar a todos e todas as cidadás a unha xornada festiva de loita que terá lugar o vindeiro 11 de agosto en Froxán, con diversas actividades artísticas e ecolóxicas, na que diversos e diversas artistas do país pasarán revista en clave cómica retranqueira á situación na que se atopa a Serra perante a cobiza e a comenencia duns poucos e a complicidade doutros tantos. Pois xa que o poder político, baixo calquera das súas aparencias, non parece aprestarse a servir ao ben común e cumprir coas súas obrigas como garante do noso patrimonio natural e cultural, só aos cidadáns e cidadás nos compre erguer defensas e loitar pola súa preservación coas armas que nos son dadas: o humor e a intelixencia. Programa provisional:
Venres 10 agosto 2012 22,00h. Proxección do documental "Nacional VI" de Pela del Álamo + jam session
Sábado 11 agosto 2012 11,00h. Alborada, a cargo de Mónica de Nut 11,30h. Roteiro Natural pola contorna de Froxán, con intervencións artísticas 14,00h. Sesión Vermú: Os da Ría + convidados 18,00h. Faladoiro sobre parques naturais e desenvolvemento rural 18,30h. a 20,30h. Artes vivas para todos os públicos: Pablo Trasno (malabares), El Retrete de Dorian Gray (teatro de obxectos) 20,00h. Alén da Onda, radio en directo 22,00h. Ultranoite SOS Courel, con participación de Chévere, Os Sancaetanos, Os da Ría, Carlos Santiago, Mónica García, Expo e a Ultrabanda (Xacobe Martínez Antelo, Manuel Cebrián, Max Gómez).
Na mesma aldea de Froxán habilitarase unha zona de acampada para toda a xente que queira facer noite. Tamén haberá postos de comida durante o día. Todas as actividades son de balde. A organización e financiamento desta festa corre a cargo dos veciños e veciñas de Froxán, da Asociación SOS Courel e dos propios artistas participantes, sen subvencións públicas. A colaboración das persoas asistentes será fundamental para viabilizar este tipo de proxectos.
No resto das vilas, ás 20:30: A Coruña: nos Cantóns; Vigo: na Porta do Sol (o "Sireno"); Compostela: no Obradoiro; Pontevedra: na Ferrería; Lugo: diante do Concello; Ourense: diante do Concello; Foz: diante da Delegación de Facenda Lalin: Praza da Igrexa Vilagarcía: Praza de Galicia Betanzos: Praza da Constitución Carballiño: Diante do concello Xinzo de Limia: na Praza Maior Boiro: diante da Praza de Abastos
Madrid: Atocha.
ESPALLA! REACCIONA!
Galiza Non Se Vende: Este incendio é gravísimo, non é un incendio máis, nin é un acidente casual, asemella ser unha operación premeditada, igual que muitos dos lumes nos últimos anos. Os montes que están ardendo son «zonas eólicas» e «zonas forestais», a «repoboar» con muiños e eucaliptos.
Queimar as Fragas do Eume e rebaixar o seu gran valor natural beneficia a muitos intereses:
1. Proxecto de Celulosa nas Pontes. Precisa dun área de eucaliptos próxima, e as Fragas do Eume son unha zona húmida onde terían un gran crecemento. O sector madeireiro leva anos comprando parcelas na zona.
2. Plano de Restauración da Mina das Pontes. Segundo o proxecto é imposíbel evitar as filtracións de carbón e metais pesados que producen contaminación contínua no río Eume. Ao ser um espazo protegido tan valioso, hai posibilidades de que haxa que pagar elevadas sancións.
3. Minas de andaluzita. Proxecto mineiro dunha empresa de capital inglés e surafricano a carón das Fragas do Eume que provocaría un grande impacto neste espazo natural.
4. Proxeto de novo encoro no Eume. O aproveitamento hidroelétrico do Eume para Endesa vai camuflado no financiamento da clausura da mina das Pontes.
Campaña de sensibilización sobre a importancia dos medios de comunicación en lingua galega
A iniciativa a prol dos medios na lingua do país acaba de lograr o seu primeiro éxito. “Vitaminas para o Galego” conseguiu recadar máis de 5.000 euros a través de Internet en menos dun mes dende a súa presentación. O obxectivo inicial era recoller 3.300 euros antes do 1 de febreiro. Con 22 días de antelación sobre a data límite, a cantidade aportada polos cidadáns xa supera os 4.000 euros.
As contribucións organizáronse a través da web Verkami, plataforma que foi traducida ao galego polos organizadores e onde se poden seguir facendo pagamentos. A cambio da súa contribución, os internautas recibirán material de promoción da campaña. Un deles, que aportou 1.000 euros, gozará na súa casa dun concerto do Leo i Arremecaghonacona e cinco quilos de percebes.
Colaboran 16 medios pero está aberto a novos socios
Os medios de comunicación que organizan esta iniciativa queren agradecer o apoio deste músico e dos máis de 100 mecenas que xa contribuíron en liña. Os cartos destinaranse integramente ao financiamento da propia campaña e o resto repartirase entre as cabeceiras que participan en Vitaminas para o Galego.
Os organizadores son a rede de emisoras municipais galegas Radiofusión, Tempos Novos, Galicia Confidencial (GC), Novas da Galiza, O Val Miñor Info, Praza Pública, Terracha Xa, Crónicas da Comarca (Arzúa – Melide), Radio Nordés (Cadena Ser Vimianzo) e Que Pasa na Costa. Tamén colaboran na campaña tres xornais comarcais, Crónica 3 da Mariña luguesa, O Sil de Valdeorras e Certo, xornal dixital de Barbanza e Noia. Ademais, están invitados a sumarse todos os medios ou proxectos de medios que publiquen na lingua propia do país.
Segunda fase da campaña
Agora comeza unha segunda fase da campaña, que consistirá na difusión dos obxectivos de Vitaminas para o Galego a través das redes sociais e da organización de relatorios e actos de promoción por toda a xeografía galega.
Entre os obxectivos de “Vitaminas” destaca contribuír á supervivencia dos medios en galego, que nos últimos meses sufriron importantes baixas como, entre outros, Vieiros, A Nosa Terra, A Peneira ou Galicia Hoxe. Asemade, búscase contribuír ao nacemento de novos proxectos informativos en lingua galega.
Máis información nas webs http://www.vitaminasparaogalego.gl/ e http://vitaminasparaogalego.blogspot.com/
Porque non todo ten que ser dura loita, un ano máis, en parte pola nosa obriga de facer caixa para as multas e os gastos de avogados motivados pola nosa loita contra o especulador malo, pero tamén por outra pola ledicia de nos xuntar cun viño e unhas navallas da ría e ter un pouco de troula coincidindo coas festas de Cangas, o Foro Social de Cangas, monta de novo a Taberna do Salgheirón!! Este é o programa:
Venres ás 20 horas: Circo na rúa
Sábado ás 18 horas: Charla debate “As rías, estado natural e recursos pesqueiros”
Domingo ás 23 horas: Salgueirón Jazz Trio
Luns ás 19:30 horas: Codia e Miolo -contacontos-
ás 21:00 horas: SOS Massó Jazz Band
ás 22:30 horas: “Arremecághona’s Produçións na Xira d@s Nen@s sen País ‘11″
Concentracións xa confirmadas (a listaxe irá aumentando a medida que teñamos novos datos)A Coruña: 12 da mañá, Obelisco (Cantón Grande)A Estrada: 13 horas, Praza do ConcelloA Guarda: 12 da mañá, Auditorio de San BieitoAllariz: 12 da mañá, Praza MaiorAres: 12 da mañá, Praza do ConcelloArteixo: 12 da mañá, anfiteatro do Paseo FluvialAs Pontes: 12 da mañá, Praza de AméricaBarcelona: 19 horas, Centro Galego de Barcelona (Rambla)Barreiros: 18 horas, escolas de Celeiro de MariñaosBelfast: 16 horas, Cu ..>>
Concentracións xa confirmadas (a listaxe irá aumentando a medida que teñamos novos datos)
A Coruña: 12 da mañá, Obelisco (Cantón Grande) A Estrada: 13 horas, Praza do Concello
A Guarda: 12 da mañá, Auditorio de San Bieito
Allariz: 12 da mañá, Praza Maior
Ares: 12 da mañá, Praza do Concello
Arteixo: 12 da mañá, anfiteatro do Paseo Fluvial
As Pontes: 12 da mañá, Praza de América Barcelona: 19 horas, Centro Galego de Barcelona (Rambla)
Barreiros: 18 horas, escolas de Celeiro de Mariñaos
Belfast: 16 horas, Culturlann, Falls Road (oeste de Belfast)
Betanzos: 12 da mañá, palco da música do Cantón
Boiro: desde as 11.30, romaría popular na finca do Pazo de Goiáns
Bos Aires: 12 da mañá (hora arxentina), Praza Castelao (Bernardo de Irigoyen e Independencia)
Bruxelas: 19 horas, Place de Luxembourg, fronte ao Parlamento europeo
Cambados: 12 da mañá, Paseo da Calzada (xunto á estatua de Cabanillas)
Cambre: 12 da mañá, Vila Florentina (Cecebre)
Carballo: 12 da mañá, Paseo do Anllóns
Carral: 12 da mañá, Monumento aos Mártires
Catoira: 13 horas, Torres do Oeste
Cedeira: 12 da mañá, Praza da Reitoral da Vila Vella
Celanova: 12 da mañá, Vilanova dos Infantes Culleredo: 12 da mañá, Praza de Europa (O Burgo)
Fene: 12 da mañá, local do Pote (Maniños)
Ferrol: 12 da mañá, Praza do Himno Galego (Esteiro)
Florencia: 18.30, Piazza Senioria
Lalín: 12 da mañá, Praza da Igrexa
Lugo: 12 da mañá, Rúa da Raíña (fronte ao Hotel Méndez Núñez)
Madrid: 12 da mañá, Parque Breogán (zona Avenida de Bonn), xunto á estatua de Castelao
Marín: 12 da mañá, na Alameda Monforte de Lemos: 12 da mañá, Praza de Santa Clara
Narón: 12 da mañá, Parque Botánico Carlos Rodríguez Dacal
Nigrán: 11.30 da mañá, Parque da Ramallosa
Nova York: 17 horas, Battery Park (fronte á estatua da Liberdade)
O Barco de Valdeorras: 12 da mañá, pasarela peonil do Salgueiral
O Carballiño: 12 da mañá, Praza Maior
Oleiros: 12 da mañá, Praza do Emigrante (Porto de Santa Cruz)
Oroso: 12 da mañá, Praza de Isaac Díaz Pardo (Sigüeiro) Ourense: 12 da mañá, Xardíns do P. Feixóo
Oxford: 17 horas (hora inglesa), xunto a Carfax Tower
Padrón: 12 da mañá, Paseo do Espolón (xunto á estatua de Rosalía)
Palas de Rei: 12 da mañá, Praza do Concello
Pobra do Caramiñal: 12 da mañá, Cantón da Leña
Pontedeume: 11.30 da mañá, Praza do Concello
Pontevedra: 12 da mañá, Praza da Peregrina Redondela: 12 da mañá, Praza do Concello
Ribadavia: 12 da mañá, Praza Maior Ribeira: 12.30 da mañá, Rúa de Galiza
Sada: 12 da mañá, Praza dos Irmáns Suárez Picallo
Salceda de Caselas: 12 da mañá, Praza do Concello
San Sadurniño: 12 da mañá, Praza do Concello
Santiago de Compostela: 11.30, Porta Faxeira Soutomaior: 12 da mañá, Alameda de Talorrío (Arcade)
Valdoviño: 12 da mañá, Praza da Casa da Cultura
Verín: 12 da mañá, Praza Maior
Vilagarcía de Arousa: 13 horas, praza nova do Castro, a carón da Rúa Arcebispo Lago
Vigo: 11.30, Praza da Princesa
Xenebra: 20 horas, Asociación S.C.D.R Galaica, 18, Chemin de la Caroline, Petit-Lancy
Xinzo de Limia: 12.30 da mañá, Praza Maior (ou Praza de San Roque)