Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]


Infantil
..nenos e non tan nenos




   >> Iniciar Sesión  


  [1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18]

Mamá Cabra, música para `peques´ e `adultos´
Fonte / Mais información
(texto engadido o día 19/ / 1/ / 09 )
(vía chuza.org)




O grupo comezou a súa andaina polo ano 2000 musicalizando
poemas de Gloria Sánchez, Ana Mª Fernández e Antonio García, entre
outros, e desde entón xa teñen ás súas costas 5 traballos e un
Premio da Música á mellor canción en galego pola peza 'Tan só con
leres un libro'. ANT TV falou con varios dos membro do grupo Mamá
Cabra co agallo da presentación do seu novo disco 'Patatín Patatán'.


A primeira actuación de Mamá Cabra foi na Aula Socio- Cultural de
Caixa Galicia, en Santiago de Compostela, nun congreso de Literatura
Infantil e Xuvenil, e desde entón os diferentes membros que foron
pasando polo grupo engancháronse a 'Mamá Cabra' e aos seus
concertos cunha perspectiva didáctica, poñendo a escusa da música.

O seu primeiro traballo foi Cantos Rodados, seguido de Cantando
Comigo, Tan só con leres un libro, Cartas que veñen e van coa
colaboración da profesora Susa Herrera e Patatín Patatán publicado en
2008 onde realizan versións propias de cancións infantís tradicionais. E
non acaba aquí o seu traballo, no próximo día 14 de Febreiro
presentarán en Pontevedra Todos os animais ó caixón, disco en
colaboración con Susa Herrera.

Gloria é a cantante, Tomi toca o baixo eléctrico, Pablo as frautas,
gaita e saxo, Paco céntrase na guitarra eléctrica, Rodrigo na batería e
Diego no acordeón. Estes son os 5 membros actuais de 'Mamá Cabra'
ao que lle emociona facer música para os máis cativos.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Concerto Contos en Cantos. 22 de Novembro Na Biblioteca Central de Cambre
Fonte / Mais información
(texto engadido o día 21/ / 11/ / 08 )


Como colofón á semana de exposicións e actividades na Biblioteca
Central de Cambre, o sábado 22 de novembro ás 12:00 horas
celebrarase o CONCERTO CONTOS EN CANTOS, no
Centro Sociocultural A Barcala, ao que están convidados nen@s, pais e
docentes, para disfrutar en directo da actuación da autora e intérprete
Almudena Janeiro, acompañada por músicos profesionais, os que
enfiaremos contos e cantos, nun repertorio variado que anima ao uso
da lingua galega, dun xeito natural e divertido.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


DIVERSOS CENTROS ESCOLARES VISITAN A EXPOSICIÓN DA V MOSTRA DE CUARTETOS DE MARÍN

(texto engadido o día 20/ / 11/ / 08 )


A exposición permanecerá aberta ao público no Museo Municipal
Manuel Torres ata o día 29 de Novembro.


Exposicións, debates, conferencias e actuacións musicais
conforman unha proposta que pretende por en valor a música
tradicional.


Diversos centros escolares do concello de Marín están a visitar estes
días o Museo Municipal Manuel Torres para ver a exposición da V
Mostra de Cuartetos que organiza a Asociación de Gaiteiros Galegos.
Os alumnos e alumnas poden, deste xeito, ollar fotografías,
instrumentos e diversos materiais do cuarteto Os Peruchos de
Castrelos, ao que se lle dedica este ano a Mostra. Ademais, unha
persoa da organización, explícalle aos rapaces e rapazas a historia
deste grupo con diverso material didáctico e obradoiros de música, co
que tamén se afonda no coñecemento e respecto pola nosa tradición.

A Consellaría de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia e a Concellaría
de Cultura e Xuventude do Concello de Marín colaboran nesta
actividade que xa camiña pola súa V edición, e por primeiro ano chega
ata as escolas. Segundo palabras do presidente da AGG, Santiago
Caneiro, “Dende a Asociación de Gaiteiros Galegos cremos
fundamental chegar ata os máis novos para amosarlles a riqueza da
nosa cultura tradicional. Pretendemos que a fagan súa para
conservala viva e respectala como propia”.

As actividades desta V Mostra de Cuartetos Tradicionais continuarán
ata o 29 de Novembro, data na que se pecha a exposición
permanente sobre Os Peruchos no museo Manuel Torres. Ese mesmo
día, a partir das 16:30, ofrecerase unha charla de Cástor Castro sobre
o Catálogo de músicos da Limia, ao que seguirá unha conferencia de
Beatriz Riobó e Nacho Mirás, gaiteiros da xeración actual dos
Peruchos, facendo un percorrido pola historia do cuarteto
homenaxeado dende os seus comezos, que nos axudarán a afondar
no seu coñecemento. Pecharase a mostra coa interpretación de parte
do repertorio dos Peruchos.


Noticia enviada por Nota de Prensa da AGG

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Nova programación dos Encontros dos Axóuxeres
Fonte / Mais información
(texto engadido o día 21/ / 10/ / 08 )


Carballo acollerá o vindeiro 24 de outubro a primeira cita do programa Encontros dos Axóuxeres, iniciativa promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística co obxectivo de favorecer o uso do galego como lingua habitual nas comunicacións no seo da familia. Na capital de Bergantiños, esta actividade levarase a cabo no Pazo da Cultura a partir das sete da tarde. Xunto con Carballo, outras 24 vilas galegas acollerán estes espectáculos nos que bebés e cativos son os protagonistas.A primeira xe ..>>

Noticia enviada por Entereime en blogoteca.com/malmequer

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Xogos Populares - novas
Fonte / Mais información
(texto engadido o día 18/ / 10/ / 08 )


Mañá domingo, 19 de outubro, terá lugar -na localidade de Estás -
Tomiño unha xornada de xogos tradicionais co slogan "Convivencias
interxeracionais e língua". Será apartir das 12 da mañá con
actividades para nenas/os e maiores e unha charla sobre xogos
tradicionais por conta da AGXPT.

Tamén haberá xantar (consistente en lacón con grelos, patacas,
bebidas e sobremesa), ás 14 h., previa inscrición na cafetaría do
Centro.

A actividade está organizada polo Centro Social de Estás e a
Asociación Xuvenil Buraco do Frade.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Abrese a matrícula para a Aula Folque Infantil de Pontevedra
Fonte / Mais información
(texto engadido o día 18/ / 10/ / 08 )


A Aula Folque Infantil (AFI) de Pontevedra é a
sección infantil do Centro Galego de Música Popular,
aCentral Folque.

A AFI é un espazo musical alternativo para nenas
e nenos e un lugar de ensino complementario aos
conservatorios e escolas de música. É unha aula
experimental coa música e baile tradicionais galegos
como eixo fundamental entendida dentro do contexto
global das músicas do mundo.
A Aula Folque Infantil propón aos nenos unha relación
coa contorna contemplando o feito sonoro como
unha ferramenta comunicativa e de autocoñecemento.

As materias de ensino son abertas e flexibéis. Hai
contidos básicos de expresión corporal, canto e técnica
instrumental, mais non restrinxidos, e sempre en
contacto con outros módulos coma artesanía musical,
gravación en estudio, videocreación, informática
musical, práctica escénica,…


A AFI propón un ensino sen transmisión directa baseado
nun profesor que conduza ao alumnado ao descubrimento
por si mesmo dos coñecementos da materia a
impartir. O mestre fornece os mecanismos de exploración interna infantil dun xeito lúdico e non traumático.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Orella pendella | Nova web que pretende recuperar ditos, recitados e cancións infantís
Fonte / Mais información
(texto engadido o día 16/ / 10/ / 08 )


Na lingua galega hai infinidade de ditos, recitados, cancións, etc. que
acompañaron desde hai séculos as brincadeiras dos/as nenos/as ou
as relacións entre os membros maiores da familia e os máis
pequenos.

Hoxe en día, debido ós cambios producidos nas formas de vida e nas
actividades de lecer dos rapaces e rapazas, corremos o perigo de
perder esta riqueza definitivamente. Sen rexeitar radicalmente as
novas formas de diversión e coñecemento que nos ofrecen as últimas
tecnoloxías, consideramos que é posible e, mesmo, moi positivo para
as relacións humanas recuperar, coñecer e practicar os xogos verbais
dos nosos avós.

Por moito que cambien os tempos hai sentimentos como a tenrura
entre pais e fillos ou a alegría de xogar cos amigos/as que nunca
cambiarán. A tradición oral ofrécenos a posibilidade de seguir
expresando estes sentimentos e seguir gozando cos xogos máis
sinxelos.

Moitos dos ditos populares de Galicia son comúns a varios pobos de
Europa e, incluso, de América e de África, e outros son de creación
xenuinamente galega. De aí a enorme variedade e as múltiples
versións que podemos escoitar por veces dun mesmo recitado.

Animámosvos a participar neste proxecto achegándonos os ditos,
recitados e cancións que coñezades e gozando cos que aquí
descubrades. Non teñades reparo en enviarnos versións moi
semellantes pois tede en conta que case todas as versións son
válidas porque no seu seo latexa o xenio creador do pobo.

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Xornal Vigo: Educación organiza o programa de narración musical " O rodaballo con botas"
Fonte / Mais información
(texto engadido o día 12/ / 10/ / 08 )


Educación organiza o programa de narración
musical " O rodaballo con botas"

A Concellería de Educación oferta un programa
educativo de narración musical co nome
" O rodaballo con botas" pensado para o
alumnado de 4,5 e 6 de Primaria, e que
ven de presentar a concelleira , Laura López Atrio
. A actividades desenvolverase os días 21 e 22
de outubro no auditorio do Centro Cultural Caixanova.


"O rodaballo con botas" é unha narración musical
que conxuga dúas das expresións con máis
apego na nosa cultura: os contos e os cantares,
que durante moitos anos sobreviviron ao paso
do tempo gracas á difusión polos canles de
transmisión oral. O rodaballo con botas é o
resultado da adaptación ao galego e unha
deslocalización cultural de O gato con botas;
conto de Charles Perrault, recollido na colección
Contos de mamá Oca e publicado en 1697.

A música, interpretada polo grupo vocal Campus
Stellae, ocupa un espazo destacado no fío condutor
da historia, incorporando algunhas das pezas máis
representativas da nosa música popular.

O conto é, dentro da literatura infantil, unha ferramenta
de traballo cunha capacidade educativa e pedagóxica
extraordinaria. Amais da beleza literaria, o desfrute
persoal ou a estimulación da imaxinación e a
sensibilidade, o conto é expresión primordial
no proceso de desenvolvemento integral dos rapaces.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Axóuxeres, unha festa da lingua para os máis pequenos
Fonte / Mais información
(texto engadido o día 6/ / 9/ / 08 )


Axóuxeres é un espectáculo para toda a familia: a través de palabras, arrolos, música, poesía ou teatro, quérese festexar a lingua e traballar pola transmisión xeracional. Galitoon colabora na segunda edición deste programa, organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, que pretende ser un motor de "cantigas, brincadeiras e aloumiños" para "metelos no peto e levalos para a casa". Un espectáculo que traballa cos cinco sentidos, encabezado por un entrañábel peluche (Totó, que está aprendendo a falar e que tamén estivo presente na conferencia de prensa), e que percorrerá varias vilas e cidades galegas.

Polo de pronto, ao longo do mes de setembro poderemos velo en Lugo (na Praza da Horta do Seminario) o sábado 6; na explanada do pavillón de Riazor, na Coruña, o domingo 7; no Parque Barbaña de Ourense, o sábado 13; na Praza do Rei, en Vigo, o domingo 14; e no miradoiro da Alameda compostelá o sábado. Todas as funcións serán de balde e ás 12.00 horas.

Estas Festas abren os Encontros dos Axóuxeres, que terán lugar ao longo do outono e o inverno en 25 vilas galegas. O espectáculo, dunha hora de duración, realízase baixo unha carpa, cun elenco de seis músicos e sete actores e actrices, e convida a facer unha suxestiva viaxe a través dos cinco sentidos, con arrolos, cancións, coreografías, xogos, adiviñas e outros recursos. O programa conta coa participación de Elena Paz na presentación, co músico Xosé Liz e con Xabier Díaz como artista convidado.

Noticia enviada por Miguel Souto

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


II Mostra de Xogos e Deportes Tradicionais

(texto engadido o día 29/ / 8/ / 08 )

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


  [1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18]


 

 


 





:: Quero Cantar - Concurso de música infantil da Deputación da Coruña ::

:: Nova edición do Proxecto “Brinquedos”. ::

:: Xogos Musicais, de Luis Prego. Libro + CD ::

:: Cursos na Asociación Rosalí­a de Castro de Cacheiras (Teo) ::

:: Comezo das clases na Asociación Retrouso de Cela (Bueu) ::

:: Escola de Música Tradicional de Ourense ::

:: Clases na A.C. Rosalía de Castro de Padrón ::

:: Mama Cabra en Arteixo ::

:: Pablo Díaz en A Coruña ::

:: Pablo Díaz en Pontevedra ::

:: Xoan Curiel no Salón do libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra ::

:: Concerto de Pablo Díaz na Casa-Museo Manuel María (Outeiro de Rei) ::

:: Praza dos Libros 2015. Feira da creatividade cultural (Carballo) ::

:: Mamá Cabra en Carral ::

:: Pitusa Semifusa en Sarria ::

:: Aula aberta de gaita en Monterroso ::

:: Os Axouxeres en Mondoñedo ::

:: Contos da boapipa no Museo do Pobo Galego (Compostela) ::

:: Son xogos, xogos son - Olga Kirk e Pablo Díaz en A Coruña ::

:: Uxia Lambona e a Banda Molona en Vigo ::

:: Pitusa Semifusa no Castelo de Moeche ::

:: Mamá Cabra presenta en Compostela o seu novo espectáculo ::

:: Pitusa Semifusa en Teo ::

:: Mamá Cabra en A Coruña ::

:: Gramola Gominola en Compostola ::

:: Obradoiro-Concerto con PABLO DÍAZ en Foz ::

:: Pesdelán no Culturgal (Pontevedra) ::

:: María Fumaça no Culturgal (Pontevedra) ::

:: Pablo Díaz CantaContos - Vindeiras actuacións ::

:: Cantos de Nadal en Narahío (Ferrol) ::

:: Lydia Botana na Pobra Do Caramiñal ::

:: Cantacontos para Bebes con Pablo Díaz en Ourense ::

:: Pablo Díaz e a Banda Tic Tac Toc no salón do libro de Pontevedra ::

:: Cantos de Taberna e Zurrumalla en Manzaneda ::

:: Festival infantil Por cantar e por bailar en Vigo (O Fiadeiro) ::

:: A nena e o grilo nun barquiño no Pazo da Cultura de Narón ::

:: Uxía Lambona en Ferrol ::

:: Gramola Gominola en Milladoiro (Ames) ::

:: Tic Tac Toc de Pablo Díaz en Outes ::

:: Encontro Infantil de Cantares Tradicionáis " O SAIME CANTA" en Narahío ::

:: Mamá Cabra en Boiro ::

:: VI Festival Infantil dos Amigos da Gaita Galega en Ribadeo ::

:: Pablo Díaz en Compostela ::

:: A Gramola Gominola presenta en Ourense "Cancións para Desafinar" ::

:: Festival CantoConto en Mos ::

:: Cé Orquestra Pantasma na Pobra do Caramiñal ::

:: Uxía lambona e a banda molona - Xira Verán 2017 ::

:: Praza Miúda - Romaría de Santa Margarida (A Coruña) ::

:: Mamá Cabra en Boiro ::

:: Pakolas na Fundaçom Artábria ::

:: Enredando con Pakolas en Pazos de Borbén ::

:: II Plis Plas Festival de Navia (Vigo) ::

:: Pablo Díaz na Feira do Libro de Vigo ::

:: Concerto presentación do libro-disco Pakolas, de Pako Cerdeira, en Moaña ::

:: Mamá Cabra en Abegondo ::

:: Festa do Apego en A Coruña ::

:: III Miúdo Fest (Tameiga. Mos) ::

:: Pablo Díaz en Compostela ::

:: Cantacontos para bebés con Pablo Díaz en Ourense ::

:: PESDELÁN en A Coruña ::

 

:: Obradoiro e concerto de Pesdelán en Melide ::

:: Concerto de Migallas Teatro en A Coruña ::

:: Pésdelan + Cantigas e Frores nos Xardíns da Deputación de Lugo (Cultura Aberta 2014) ::

:: Pablo Díaz nos Xardíns da Deputación de Lugo (Cultura Aberta 2014) ::

:: Tic Tac (e Toc Toc) de Pablo Dí­az. Vindeiras datas ::

:: Migallas Teatro e Kalandraka presentan Pan de Millo en Lugo ::

:: Vindeiros concertos - Rosalía Pequeniña (de Uxía Senlle) ::

:: Concerto de Mamá Cabra en Carral ::

:: Continúan os concertos de presentación de Rosalía Pequeniña (Uxía Senlle) ::

:: Obradoiro e concerto de Pesdelán en Ames ::

:: Continúa a presentación do novo libro-disco de Magín Blanco, "A nena e o grilo nun barquiño" ::

:: Presentación do libro-disco A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO ::

:: Vindeiros concertos de Mamá Cabra ::

:: Festival de Nadal Aleivosía (Rianxo) ::

:: III Festival Infantil Lembranzas da Ría ::

:: Concerto de MARíA FUMAÇA en Vigo ::

:: Presentación de María Fumaça no Auditorio das Pozas en Petelos - Mos. Domingo 2 de Nadal ::

:: Concerto de Mamá Cabra en Tui - 16/11/2012 ::

:: Datas e lugares das presentación do Método Infantil de Gaita Galega "SON DO FOL" ::

:: Presentacións de MARÍA FUMAÇA ::

:: Mama Cabra no Festival Music Way (Cidade da Cultura - Compostela). 29 de Setembro ::

:: Ultimos días para preinscribirse nas aulas de instrumento da ETRAD (Vigo) ::

:: 24 Festa do Requeixo en A Capela ::

:: IX FESTIVAL FOLCLÓRICO CARNEIRO AO ESPETO ::

:: Brincadeira Festival- Rock in Cambre Agosto 2012 ::

:: Festival Rockanos en Arcos da Condesa (Caldas de Reis) ::

:: Festa da Carballeira de Zas ::

:: IV Cruceiro Rock (Vila de Cruces) ::

:: 11 de Agosto: Festa Revolta no Courel ::

:: Festas do Carme e Festival da Fraga en As Pontes ::

:: Festival 27373 en Begonte ::

:: Dioivo - Roi Casal presenta 'Vai alborexar', o single do seu terceiro disco en solitario ::

:: Presentación de "DOUS" nos Atardeceres no Gaiás ::

:: Rescate Gaiteiro do Folk In Río en A Santaia (Touro - Compostela) ::

:: Romaría XXV Aniversario da Asociación Garrulaxe ::

:: Talabarte en Noia ::

:: Programación de Xullo 2012 na Casa das Crechas ::

:: XIII Festa Folc de Vilariño - O Hio ( Cangas do Morrazo ) ::

:: 7 Festival da Chaira (Baltar, A Pastoriza) ::

:: Concerto presentación do Proxecto Florencio, música, palabra e imaxes en A Fonsagrada ::

:: Clave de Fado e Xoan Curiel este mes de Xullo en A Ventana (Laxe) ::

:: Revenidas 2012 ::

:: Noitarega e Susana Seivane - Andoriña Mariñeira ::

:: Concertos no Xardín - Vindeiras actuacións no Museo Provincial de Lugo ::

:: Luar Na Lubre - Ao pasar pola Coruña (Directo en TVE) ::

:: Concertos este verán de Transilvanians ::

:: DOA, entrevista no Faro de Vigo ::

:: Uxía recibe o Premio ao Mellor Disco de Música de Raíz na IV edición dos "Premios de la Música ::

:: Chotokoeu - Xira de Verán ::

:: Vindeiros concertos de Treixadura ::

:: Coanhadeira, Xose Manuel Budiño e Kepa Junkera nas Festas de Ourense ::

:: Asociación Cultural Trépia - Cursos Monográficos de Verán ::

:: SAN SIMÓN FIDDLE CAMP (Curso de verán infantil e xuvenil de Violín folk na Illa de San Simón) ::

:: O Leo gravando ao vivo o seu 3º disco, A Neurona na Patineta (GZ Música) ::

:: aCENTRAL FOLQUE LEVA A MÚSICA GALEGA A IRLANDA ::

:: IX Festival Castelo Rock (Muros) ::

:: Festival Son Rías Baixas (Bueu) ::

:: Vindeiros concertos de Astarot ::

:: ODAIKO PERCUSSION GROUP ARRANCA A XIRA DE VERÁN 2012 ::

:: Dios Ke Te Crew - Xira Humanose XUÑO + XULLO ::

:: O grupo Doa -ao vivo- en Pontevedra (Teatro Principal) ciclo "Músicas abertas" ::

:: VII ARREAOCABO en Celeiro - Viveiro (Lugo) ::

:: Tic Tac de Pablo Dí­az en A Coruña ::

:: Luar Na Lubre presenta o seu novo disco, Mar Maior ::

:: XXXIII Festival de Pardiñas (Guitiriz) ::

:: O grupo Doa gaña "Mellor Disco" 2011 nos "XI PREMIOS OPINIÓN DE MUSICA FOLK" ::

:: Pancho Álvarez presenta SONCHE ATLÁNTICO ::

:: Cantos de Taberna en Pontevedra ::

:: DANZA 3. Espectáculos de baile e música tradicional ::

:: A revolución tamén se fai bailando | Sara Alonso - EL PAíS ::

:: Riobó presenta o seu primeiro videoclip “Fox” ::

:: Xiras con lucro e nostalxia | Galicia | EL PAíS ::

:: RUXE-RUXE - Máis cancións sobre toxos, cardos e silveiras (2012) ::

:: O canto agochado entre pipotes ::

:: Vitaminas para o galego ::

:: II Festival infantil Lembranzas da Ría (Cangas do Morrazo) ::

:: Pesdelán no Festival Andanças ::

:: O 'galego campa' achegará a música en galego aos campamentos de verán ::

:: Festa da Música - Concertos polo Día Internacional da Música no Museo do Pobo Galego ::

:: Foliada homenaxe a Pepito Temprano ::

:: ESPECTÁCULO ROMARÍA RAIGAME ::

:: Marful e Berrobambán Teatro, protagonistas xunto con Yolanda Castaño e Xurxo Borrazás da IV Festa da Lingua ::

:: Obradoiro de arrolos nas Bibliotecas Municipais da Coruña ::

:: PRE-LANZAMENTO DE ‘NA PUNTA DO Pɒ ::

:: IV MERCADO DAS RUTAS DO MAR DE MUXÍA ::

:: Verán Folque no Concello de Poio ::

:: Concerto de Mamá Cabra en Carballo ::

:: Festival da AFI + RadioAFIcionados do Laboratorio de Sons ::

:: O Laboratorio de Sons sae á rúa ::

:: VENTE VINDO QUE EU VOU ANDANDO ::

:: Sons miúdos - A MúSICA PARA NENOS AFIANZA A SúA PRESENZA NO NOSO PAíS ::

:: Foliada dos Cativos en Bueu ::

:: Xa están aquí as Festas dos Axóuxeres ::

:: Novo disco en Ghastas Pista: 13 Lúas ::

:: XV Edición de Ponte...nas ondas! - Os tesouros vivos ::

:: TRECE LÚAS XA Á VENDA ::

:: A.C. Seixebra: `AS VOCES DOS NOSOS NENOS EN TRECE LÚAS´ ::

:: Aberta a matricula para os monográficos ‘09 da Aula Folque Infantil ::

:: Voltan os Encontros dos Axouxeres ::

:: Plano estratéxico para os xogos tradicionais ::

:: Mamá Cabra, música para `peques´ e `adultos´ ::

:: Concerto Contos en Cantos. 22 de Novembro Na Biblioteca Central de Cambre ::

:: DIVERSOS CENTROS ESCOLARES VISITAN A EXPOSICIÓN DA V MOSTRA DE CUARTETOS DE MARÍN ::

:: Nova programación dos Encontros dos Axóuxeres ::

:: Xogos Populares - novas ::

:: Abrese a matrícula para a Aula Folque Infantil de Pontevedra ::

:: Orella pendella | Nova web que pretende recuperar ditos, recitados e cancións infantís ::

:: Xornal Vigo: Educación organiza o programa de narración musical " O rodaballo con botas" ::

:: Axóuxeres, unha festa da lingua para os máis pequenos ::

:: II Mostra de Xogos e Deportes Tradicionais ::

:: Vieiros: Galiza Hoxe - Desde o berce: "En galego" ::

:: En galego xa antes de nacer - Darán a embarazadas un CD con nanas para fomentar o galego ::