Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]


Infantil
..nenos e non tan nenos




   >> Iniciar Sesión  


  [1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18]

ESPECTÁCULO ROMARÍA RAIGAME
Fonte / Mais información
(texto engadido o día 9/ / 5/ / 11 )


Castro-Floxo, Escola Provincial de Danza

O grupo Castro Floxo sintetizará nun espectáculo a xeito de homenaxe o que é Romaría Raigame no X Aniversario da súa celebración. Deste xeito aparecerán no escenario as múltiples esceas que identifican a Romaria: A música, o baile, os artesáns, os xogos, animación de rúa...

A representación vai máis aló do taboleiro como espazo físico, haberá momentos para a mistura co público, incluso a media tarde haberá un pasarrúas pola Vila de Celanova, facendo un chamamento a Festa. Así, tratase de transmitir en todo momento a atmosfera lúdica e participativa que cada 17 de Maio se vive en Vilanova dos Infantes.

Lugar: Auditorio Ilduara (Celanova)
Data: Sábado 14 de Maio
Hora: 20:30 h.
Entrada: Gratuíta (Ata completar aforo)

Recordemos que Castro Floxo nace no ano 1977 en Ourense, apadriñado polo ilustre etnógrafo Xaquín Lorenzo, Xocas. Desde este momento comenza a súa labor de recuperación e difusión da cultura tradicional galega nas súas múltiples manifestacións facendo especial fincapé na música e baile.

No ano 1984 crease a Escola Provincial de Danza que axudará a dar continuidade a este proxecto ata a actualidade. No ano 2004, créase o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, o cal actualmente integra no seu seo o grupo Castro-Floxo.

Castro Floxo leva percorrido numerosos escearios por todo o mundo, chegando a lugares como: Francia, Estados Unidos, Canadá, México, Brasil, Bolivia, Taiwan, Turquia, Polonia, Rusia, Ukrania, Italia, Portugal, Arxelia, Israel, Grecia, Bulgaria... etc. Ademais de desenvolver innumerables actuacións en territorio galego e español.


Un adianto do que pode dar de sí este espectáculo vai neste vídeo do Alalá adicado ao Grupo Castro-Floxo no seo da Romaría Raigame fai dúas edicións.


- Romaría- Raigame- Castro Floxo -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Marful e Berrobambán Teatro, protagonistas xunto con Yolanda Castaño e Xurxo Borrazás da IV Festa da Lingua
Fonte / Mais información
(texto engadido o día 6/ / 5/ / 11 )


A Deputación da Coruña, desde a Área de Normalización Lingüística que dirixe Xoán Sande, organiza en Bergantiños a IV Festa da Lingua, unha actividade que cada ano ten lugar nunha comarca da provincia e que nesta ocasión celébrase o sábado 7 de maio ás 21.00 horas no auditorio do Pazo da Cultura de Carballo
- Marful -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Obradoiro de arrolos nas Bibliotecas Municipais da Coruña

(texto engadido o día 1/ / 12/ / 10 )


As Bibliotecas Municipais organizan un obradoiro, dirixido polo grupo Mamá Cabra, para nais e pais que esperan un bebé ou acaban de telo, e queren recibilo con arrolos, nanas, contiños, aprendendo a contarlles e cantarlles desde o primeiro día. O único material necesario é levar un instrumento de percusión (pode ser caseiro e sinxelo: maracas, tambor, cunchas, botellas, morteiro, ...). O número de prazas é de 20 adultos, e a inscrición pódese realizar desde o luns 29 de novembro até o sábado 11 de decembro en cada unha das Bibliotecas Municipais. Os obradoiros realizaranse nestas datas e lugares:
- 13 de decembro ás 18:30 h. na Biblioteca Municipal de Monte Alto.
- 14 de decembro ás 18:30 h. na Biblioteca Municipal de Castrillón.
- 15 de decembro ás 18:30 h. na Biblioteca Municipal da Sagrada Familia.
- 16 de decembro ás 18:30 h. na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil.
- 18 de decembro ás 12:00 h. na Biblioteca Municipal dos Rosales.

- Mamá Cabra -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


PRE-LANZAMENTO DE ‘NA PUNTA DO Pɒ
Fonte / Mais información
(texto engadido o día 27/ / 11/ / 10 )


A próxima semana chegan ás librarías e bibliotecas de Galicia e de Portugal o libro-cd-dvd “Na punta do pé” -que na súa edición en portugués se titula “Pezinhos de lã”- para animar a bailar e a cantar a público infantil, xuvenil e adulto. O grupo Pesdelán é o autor desta obra, ilustrada por João Vaz de Carvalho, que xa se pode ver no stand (C3) de KALANDRAKA en Culturgal. Este domingo a partir das 17:00 horas, Pesdelán impartirá un obradoiro de música e baile nesta Feira das Industrias Culturais ..>>

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


IV MERCADO DAS RUTAS DO MAR DE MUXÍA
Fonte / Mais información
(texto engadido o día 7/ / 8/ / 10 )


Achégate a Muxía,ven a disfrutar da gastronomía, da música, do teatro...
Dous días de vida.


Rincón Infantil:
Xogos e Talleres dispoñibles pola mañán das 11 ás 14 horas e pola tarde
das 18 ás 22 horas.

ACTUACIÓNS:
-Xaramiños do Corpiño de Muxía,sábado e Domingo pola tarde.
-A.C "Pedras Miúdas" de Lires-Cee,sábado e Domingo pola tarde.
-Maruxía de Laxe,sábado pola mañán.
-Pandereteiras de Muxía.
-Art Monium.
-Grupo de Gaitas "Abrindo Rejo" de Xaviña-Camariñas, domingo pola mañán.
-Xogos Tradicionais "Arco da Vella" no Paseo Marítimo o domingo de mañán e tarde.

E tamén:
Os Piratas Chascóns, Chirinos e Chanfalla, os Deuses do Mar, os Piratas Conteiros, os Enxendros Mariños,Cohorte de Meigas,As Máscaras Malditas.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Verán Folque no Concello de Poio
Fonte / Mais información
(texto engadido o día 4/ / 8/ / 10 )


Seguindo a filosofía Tradición‐Diversión‐Innovación que guía os proxectos de aCentral
Folque dirixidos á infancia, Verán Folque constitúe unha orixinal alternativa de aprendizaxe e lecer
musical durante o estío para os escolares de Educación Primaria do Concello de Poio.

programa Verán Folque trabállase a música popular nas súas 4 vertentes
• Canto: o instrumento primordial da música, a voz, constitúe unha ferramenta básica para que as
nenas e nenos exploren as características propias das cordas vocais e do corpo. As aulas realízanse
sobre textos de cantigas e coplas populares de tradición oral e composicións propias do
alumnado.
• Baile galego e expresión corporal: o movemento e control corporal canalízase por medio
do baile galego o que axuda aos nenos e nenas a practicar a coordinación, o exercicio físico,
o xogo, a sincronización colectiva, a relaxación muscular, etc.
• Percusión: o estudo rítmico faise a través da percusión galega, en base ás técnicas e ritmos
tradicionais galegos como punto de partida.
• Exploración sonora da contorna: promóvese unha aprendizaxe musical en contacto co son
do noso ambiente, o denominado comunmente “ruído”, que nos serve como material de
experimentación e reciclaxe cara un concepto musical mais vangardista.

Mais informacion e programa

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Concerto de Mamá Cabra en Carballo

(texto engadido o día 6/ / 7/ / 10 )



- Mamá Cabra -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Festival da AFI + RadioAFIcionados do Laboratorio de Sons

(texto engadido o día 11/ / 6/ / 10 )


A Aula Folque Infantil e o Laboratorio de Sons de Pontevedra, proxectos adscritos n'aCentral Folque para unha formación musical alternativa para nenos e nenas entre 5 e 13 anos, rematan este curso 2010 co espectáculo "Universo AFI" co Festival da AFI unha mostra de cada unha das especialidades da AFI (expresión corporal, canto e percusión) e da montaxe escénica do Laboratorio de Sons "RadioAFIcionados", unha obra multimedia composta e interpretada polos propios rapaces sobre o mundo da radio e as ondas herztianas.

O espectáculo terá lugar o domingo *13 de xuño ás 18 h no Teatro Principal de Pontevedra *con entrada de balde até completar aforo.

----

Baixo o título de Universo AFI o público poderá ver as actuacións que amosan o traballo nas aulas da AFI e o xa tradicional espectáculo de fin de curso do Laboratorio de Sons, que este ano ten por título RadioAFIcionados.

Como cada ano o espectáculo a Aula Folque Infantil e o Laboratorio de Sons amosa o traballo desenvolvidos por nenos de 5 a 14 anos ao redor da música popular galega e as artes escénicas no seo de ambos proxectos.
Cun marcado carácter experimental e un elenco de profesores formado por destacados músicos en activo, Universo AFI promete ser una cita ineludible para o público en xeral e especialmente para os interesados na pedagoxía musical.

A primeira parte de Universo AFI é o Festival AFI 2010 unha mostra representativa do traballo das aulas de canto, danza, percusión e da aula de sons. Nenos desde os 5 anos cantarán, bailarán, manipularán instrumentos galegos e doutras culturas, sendo eles menos os directores e creadores de pequenas orquestras pouco convencionais.

A segunda parte de Universo AFI acolle RadioAFIcionados, un espectáculo musical e teatral que percorre a historia de da radio en Galiza en forma de pequenas historias cun marcado acento cómico.

A cita para difrutar de Universo AFI é este domingo ás 18:00 no Teatro Principal de Pontevedra. A entrada é de balde.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


O Laboratorio de Sons sae á rúa
Fonte / Mais información
(texto engadido o día 13/ / 2/ / 10 )


O sábado 13 de febreiro os nenos e nenas do Laboratorio de Sons farán unha saída á Praza da Ferrería co gallo da celebración de Entroido. A actividade comezará a partir das 11 da mañá. Levarán instrumentos, irán disfrazados, tocarán e cantarán cancións populares, mofaranse agarimosamente de calquera que pase por
alí, invitando ós paseantes pontevedreses a unirse á festa. Irán cos mestres da AFI e do Laboratorio Jose, Xurxo, Gema e Pepa.

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


VENTE VINDO QUE EU VOU ANDANDO
Fonte / Mais información
(texto engadido o día 29/ / 1/ / 10 )


Vente vindo que eu vou andando ven sendo o primeiro proxecto do Colectivo Didáctico de Música e Baile Tradicional XURDE, é un concerto didáctico dirixido para todo o público en xeral, pero en especial os máis pequenos da casa. É un espectáculo onde se mistura o teatro coa música e danza tradicional galega dun xeito interactivo e lúdico, para que o público máis pequeno disfrute e aprenda os aspectos mais relevantes da nosa enorme cultura.

Será o 31 de xaneiro ás 18:00 h no Forum Metropolitano na rua Río Monelos s/n da Coruña.

Venda de entradas: Taquilla Central, Prza de Orense: de luns a venrs de 9.30 a 13 e e 16.30 a 19.30 h. Taquilla Forum: día do concerto desde 1 hora antes e Televenda: 902 504 500

O Colectivo Didáctico de Música e Baile Tradicional XURDE somos:

Ficha técnica
Son e luces: Daniel Meléndrez Rodríguez
Guión de luces: Ana Colmenero Oujo
Guionistas: Sergio Núñez Martínez, José Antonio Vázquez Martínez, Miguel Ángel Vázquez Bujeiro e Jorge López Díaz
Dirección e coordinación artística: Sergio Núñez Martínez, José Antonio Vázquez Martínez, Miguel Ángel Vázquez Bujeiro
Autores do proxecto didáctico: José Antonio Vázquez Martínez, Miguel Ángel Vázquez Bujeiro e Francisco Manteiga Rodríguez e Sergio Núñez Martínez

Músicos:
Alejandro Fente Balsa (acordeón, gaita e arranxos).
Sergio Núñez Martínez (clarinete, voz, e percusións).
Antía Barreiro Mourelle (percusións).
Miguel Ángel Vázquez Bujeiro (gaita, voz e percusións).
José Antonio Vázquez Martínez (percusións e voz).
Paloma Picos Méndez (pandeireta e voz).
Lucía Mariño Quintela (pandeireta e voz).

Bailadores

Lucía López Trigo (voz no canto de arrolo)
Beni Frecha Arufe
Alberto Rodeiro Francisco
Ánxela Jorge Meijide
Noa Seijo Piñeiro
Valentín Varela Valiño

Actores

Jorge López Díaz como “José de vello”
David Mosquera Rey como “Mario”
Sergio Núñez Martínez como “o tío Caetán”
Beni Frecha Arufe como José “O pequeño”

Noticia enviada por Foliadeiro

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


  [1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18]


 

 


 





:: Quero Cantar - Concurso de música infantil da Deputación da Coruña ::

:: Nova edición do Proxecto “Brinquedos”. ::

:: Xogos Musicais, de Luis Prego. Libro + CD ::

:: Cursos na Asociación Rosalí­a de Castro de Cacheiras (Teo) ::

:: Comezo das clases na Asociación Retrouso de Cela (Bueu) ::

:: Escola de Música Tradicional de Ourense ::

:: Clases na A.C. Rosalía de Castro de Padrón ::

:: Mama Cabra en Arteixo ::

:: Pablo Díaz en A Coruña ::

:: Pablo Díaz en Pontevedra ::

:: Xoan Curiel no Salón do libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra ::

:: Concerto de Pablo Díaz na Casa-Museo Manuel María (Outeiro de Rei) ::

:: Praza dos Libros 2015. Feira da creatividade cultural (Carballo) ::

:: Mamá Cabra en Carral ::

:: Pitusa Semifusa en Sarria ::

:: Aula aberta de gaita en Monterroso ::

:: Os Axouxeres en Mondoñedo ::

:: Contos da boapipa no Museo do Pobo Galego (Compostela) ::

:: Son xogos, xogos son - Olga Kirk e Pablo Díaz en A Coruña ::

:: Uxia Lambona e a Banda Molona en Vigo ::

:: Pitusa Semifusa no Castelo de Moeche ::

:: Mamá Cabra presenta en Compostela o seu novo espectáculo ::

:: Pitusa Semifusa en Teo ::

:: Mamá Cabra en A Coruña ::

:: Gramola Gominola en Compostola ::

:: Obradoiro-Concerto con PABLO DÍAZ en Foz ::

:: Pesdelán no Culturgal (Pontevedra) ::

:: María Fumaça no Culturgal (Pontevedra) ::

:: Pablo Díaz CantaContos - Vindeiras actuacións ::

:: Cantos de Nadal en Narahío (Ferrol) ::

:: Lydia Botana na Pobra Do Caramiñal ::

:: Cantacontos para Bebes con Pablo Díaz en Ourense ::

:: Pablo Díaz e a Banda Tic Tac Toc no salón do libro de Pontevedra ::

:: Cantos de Taberna e Zurrumalla en Manzaneda ::

:: Festival infantil Por cantar e por bailar en Vigo (O Fiadeiro) ::

:: A nena e o grilo nun barquiño no Pazo da Cultura de Narón ::

:: Uxía Lambona en Ferrol ::

:: Gramola Gominola en Milladoiro (Ames) ::

:: Tic Tac Toc de Pablo Díaz en Outes ::

:: Encontro Infantil de Cantares Tradicionáis " O SAIME CANTA" en Narahío ::

:: Mamá Cabra en Boiro ::

:: VI Festival Infantil dos Amigos da Gaita Galega en Ribadeo ::

:: Pablo Díaz en Compostela ::

:: A Gramola Gominola presenta en Ourense "Cancións para Desafinar" ::

:: Festival CantoConto en Mos ::

:: Cé Orquestra Pantasma na Pobra do Caramiñal ::

:: Uxía lambona e a banda molona - Xira Verán 2017 ::

:: Praza Miúda - Romaría de Santa Margarida (A Coruña) ::

:: Mamá Cabra en Boiro ::

:: Pakolas na Fundaçom Artábria ::

:: Enredando con Pakolas en Pazos de Borbén ::

:: II Plis Plas Festival de Navia (Vigo) ::

:: Pablo Díaz na Feira do Libro de Vigo ::

:: Concerto presentación do libro-disco Pakolas, de Pako Cerdeira, en Moaña ::

:: Mamá Cabra en Abegondo ::

:: Festa do Apego en A Coruña ::

:: III Miúdo Fest (Tameiga. Mos) ::

:: Pablo Díaz en Compostela ::

:: Cantacontos para bebés con Pablo Díaz en Ourense ::

:: PESDELÁN en A Coruña ::

 

:: Obradoiro e concerto de Pesdelán en Melide ::

:: Concerto de Migallas Teatro en A Coruña ::

:: Pésdelan + Cantigas e Frores nos Xardíns da Deputación de Lugo (Cultura Aberta 2014) ::

:: Pablo Díaz nos Xardíns da Deputación de Lugo (Cultura Aberta 2014) ::

:: Tic Tac (e Toc Toc) de Pablo Dí­az. Vindeiras datas ::

:: Migallas Teatro e Kalandraka presentan Pan de Millo en Lugo ::

:: Vindeiros concertos - Rosalía Pequeniña (de Uxía Senlle) ::

:: Concerto de Mamá Cabra en Carral ::

:: Continúan os concertos de presentación de Rosalía Pequeniña (Uxía Senlle) ::

:: Obradoiro e concerto de Pesdelán en Ames ::

:: Continúa a presentación do novo libro-disco de Magín Blanco, "A nena e o grilo nun barquiño" ::

:: Presentación do libro-disco A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO ::

:: Vindeiros concertos de Mamá Cabra ::

:: Festival de Nadal Aleivosía (Rianxo) ::

:: III Festival Infantil Lembranzas da Ría ::

:: Concerto de MARíA FUMAÇA en Vigo ::

:: Presentación de María Fumaça no Auditorio das Pozas en Petelos - Mos. Domingo 2 de Nadal ::

:: Concerto de Mamá Cabra en Tui - 16/11/2012 ::

:: Datas e lugares das presentación do Método Infantil de Gaita Galega "SON DO FOL" ::

:: Presentacións de MARÍA FUMAÇA ::

:: Mama Cabra no Festival Music Way (Cidade da Cultura - Compostela). 29 de Setembro ::

:: Ultimos días para preinscribirse nas aulas de instrumento da ETRAD (Vigo) ::

:: 24 Festa do Requeixo en A Capela ::

:: IX FESTIVAL FOLCLÓRICO CARNEIRO AO ESPETO ::

:: Brincadeira Festival- Rock in Cambre Agosto 2012 ::

:: Festival Rockanos en Arcos da Condesa (Caldas de Reis) ::

:: Festa da Carballeira de Zas ::

:: IV Cruceiro Rock (Vila de Cruces) ::

:: 11 de Agosto: Festa Revolta no Courel ::

:: Festas do Carme e Festival da Fraga en As Pontes ::

:: Festival 27373 en Begonte ::

:: Dioivo - Roi Casal presenta 'Vai alborexar', o single do seu terceiro disco en solitario ::

:: Presentación de "DOUS" nos Atardeceres no Gaiás ::

:: Rescate Gaiteiro do Folk In Río en A Santaia (Touro - Compostela) ::

:: Romaría XXV Aniversario da Asociación Garrulaxe ::

:: Talabarte en Noia ::

:: Programación de Xullo 2012 na Casa das Crechas ::

:: XIII Festa Folc de Vilariño - O Hio ( Cangas do Morrazo ) ::

:: 7 Festival da Chaira (Baltar, A Pastoriza) ::

:: Concerto presentación do Proxecto Florencio, música, palabra e imaxes en A Fonsagrada ::

:: Clave de Fado e Xoan Curiel este mes de Xullo en A Ventana (Laxe) ::

:: Revenidas 2012 ::

:: Noitarega e Susana Seivane - Andoriña Mariñeira ::

:: Concertos no Xardín - Vindeiras actuacións no Museo Provincial de Lugo ::

:: Luar Na Lubre - Ao pasar pola Coruña (Directo en TVE) ::

:: Concertos este verán de Transilvanians ::

:: DOA, entrevista no Faro de Vigo ::

:: Uxía recibe o Premio ao Mellor Disco de Música de Raíz na IV edición dos "Premios de la Música ::

:: Chotokoeu - Xira de Verán ::

:: Vindeiros concertos de Treixadura ::

:: Coanhadeira, Xose Manuel Budiño e Kepa Junkera nas Festas de Ourense ::

:: Asociación Cultural Trépia - Cursos Monográficos de Verán ::

:: SAN SIMÓN FIDDLE CAMP (Curso de verán infantil e xuvenil de Violín folk na Illa de San Simón) ::

:: O Leo gravando ao vivo o seu 3º disco, A Neurona na Patineta (GZ Música) ::

:: aCENTRAL FOLQUE LEVA A MÚSICA GALEGA A IRLANDA ::

:: IX Festival Castelo Rock (Muros) ::

:: Festival Son Rías Baixas (Bueu) ::

:: Vindeiros concertos de Astarot ::

:: ODAIKO PERCUSSION GROUP ARRANCA A XIRA DE VERÁN 2012 ::

:: Dios Ke Te Crew - Xira Humanose XUÑO + XULLO ::

:: O grupo Doa -ao vivo- en Pontevedra (Teatro Principal) ciclo "Músicas abertas" ::

:: VII ARREAOCABO en Celeiro - Viveiro (Lugo) ::

:: Tic Tac de Pablo Dí­az en A Coruña ::

:: Luar Na Lubre presenta o seu novo disco, Mar Maior ::

:: XXXIII Festival de Pardiñas (Guitiriz) ::

:: O grupo Doa gaña "Mellor Disco" 2011 nos "XI PREMIOS OPINIÓN DE MUSICA FOLK" ::

:: Pancho Álvarez presenta SONCHE ATLÁNTICO ::

:: Cantos de Taberna en Pontevedra ::

:: DANZA 3. Espectáculos de baile e música tradicional ::

:: A revolución tamén se fai bailando | Sara Alonso - EL PAíS ::

:: Riobó presenta o seu primeiro videoclip “Fox” ::

:: Xiras con lucro e nostalxia | Galicia | EL PAíS ::

:: RUXE-RUXE - Máis cancións sobre toxos, cardos e silveiras (2012) ::

:: O canto agochado entre pipotes ::

:: Vitaminas para o galego ::

:: II Festival infantil Lembranzas da Ría (Cangas do Morrazo) ::

:: Pesdelán no Festival Andanças ::

:: O 'galego campa' achegará a música en galego aos campamentos de verán ::

:: Festa da Música - Concertos polo Día Internacional da Música no Museo do Pobo Galego ::

:: Foliada homenaxe a Pepito Temprano ::

:: ESPECTÁCULO ROMARÍA RAIGAME ::

:: Marful e Berrobambán Teatro, protagonistas xunto con Yolanda Castaño e Xurxo Borrazás da IV Festa da Lingua ::

:: Obradoiro de arrolos nas Bibliotecas Municipais da Coruña ::

:: PRE-LANZAMENTO DE ‘NA PUNTA DO Pɒ ::

:: IV MERCADO DAS RUTAS DO MAR DE MUXÍA ::

:: Verán Folque no Concello de Poio ::

:: Concerto de Mamá Cabra en Carballo ::

:: Festival da AFI + RadioAFIcionados do Laboratorio de Sons ::

:: O Laboratorio de Sons sae á rúa ::

:: VENTE VINDO QUE EU VOU ANDANDO ::

:: Sons miúdos - A MúSICA PARA NENOS AFIANZA A SúA PRESENZA NO NOSO PAíS ::

:: Foliada dos Cativos en Bueu ::

:: Xa están aquí as Festas dos Axóuxeres ::

:: Novo disco en Ghastas Pista: 13 Lúas ::

:: XV Edición de Ponte...nas ondas! - Os tesouros vivos ::

:: TRECE LÚAS XA Á VENDA ::

:: A.C. Seixebra: `AS VOCES DOS NOSOS NENOS EN TRECE LÚAS´ ::

:: Aberta a matricula para os monográficos ‘09 da Aula Folque Infantil ::

:: Voltan os Encontros dos Axouxeres ::

:: Plano estratéxico para os xogos tradicionais ::

:: Mamá Cabra, música para `peques´ e `adultos´ ::

:: Concerto Contos en Cantos. 22 de Novembro Na Biblioteca Central de Cambre ::

:: DIVERSOS CENTROS ESCOLARES VISITAN A EXPOSICIÓN DA V MOSTRA DE CUARTETOS DE MARÍN ::

:: Nova programación dos Encontros dos Axóuxeres ::

:: Xogos Populares - novas ::

:: Abrese a matrícula para a Aula Folque Infantil de Pontevedra ::

:: Orella pendella | Nova web que pretende recuperar ditos, recitados e cancións infantís ::

:: Xornal Vigo: Educación organiza o programa de narración musical " O rodaballo con botas" ::

:: Axóuxeres, unha festa da lingua para os máis pequenos ::

:: II Mostra de Xogos e Deportes Tradicionais ::

:: Vieiros: Galiza Hoxe - Desde o berce: "En galego" ::

:: En galego xa antes de nacer - Darán a embarazadas un CD con nanas para fomentar o galego ::