(Ultima actualización: 05-05-2013)

Galicia Fiddle Maio 2013 - Concertos e Masterclass de Brittany Haas & Yann Falquet

- clases-

LUNS 6

Lugo

Clase Maxistral

Concerto no "CASA DO SABER"

MARTES 7

A Couruña

Clase Maxistral

Concerto no "PUB MATTHEWS"

MERCORES 8

Compostela

Clase Maxistral

XOVES 9

Vigo

Clase Maxistral "E-TRAD"

Concerto/Foliada en "O LAGHARTO PINTADO"

VENRES 10

Cangas

Clase Maxistral

Concerto no "AUDITORIO DE CANGAS"

SÁBADO 11

Xustáns

CURSO DE FIDDLE (Old Time Fiddle & BlueGrass)

Cea + Concerto + Foliada

Domingo 12

Xustáns

Cursiño de BlueGrass para Nenos

Concerto (...)

(Ultima actualización: 25-03-2013)

Clases de Canto na Repichoca. Impartidas por Paula Rey

- clases-

A Repichoca (Rúa Orillamar 13, A Coruña)

LUNS 20:00 a 21:30

MÉRCORES 16:30 a 18:00

O mes de abril terá lugar na repichoca un obradoiro intensivo de técnica e proxección vocal, impartido por Paula Rey.

O prezo do curso é de 35 euros o mes enteiro.

Animádevos a aprender!

(Ultima actualización: 27-09-2012)

Escola de Brincadeira (Compostela)

- clases- Brincadeira-

OS MESTRES E MESTRAS DA ESCOLA

Pandeireta: Felisa Segade, Marita Giadáns, María Iglesias e Rebeca Ces

Baile: Montse Rivera, Mario Ferreira e Susana Varela

Gaita e Percusión: Marcos Varela e Xoán Porto

Acordeón: Marcos Varela

Indumentaria tradicional: Toño López

Dende 1990, Brincadeira imparte clases de baile, pandeireta e canto, gaita e percusión tradicionais (tambor e bombo). Dende o curso 2005-2006 engadimos na nosa oferta clases de acordeón, e dende o curso 2008-09 impártense ta(...)

(Ultima actualización: 27-09-2012)

Clases de baile e pandeireta na A.C.D. Garrulaxe (Cecebre)

- clases-

Tódo-los mércores, pandeireta ás 20h e baile ás 21h.

(Ultima actualización: 27-09-2012)

Cursos da A.C.F. O Fiadeiro (Vigo)

- clases- Fiadeiro-

Requinta, Baile tradicional, Zanfona, Gaita, Acordeón, Percusión tradicional, Canto tradicional e pandeireta,...



(Ultima actualización: 10-09-2012)

Cursos da Asociación Folclórica Airiños da Lagoa (Baiona)

- clases- Airiños da Lagoa-

Gaita, pandeireta, percusión, canto e baile tradicional

(Ultima actualización: 10-09-2012)

Comezo das clases na Asociación Retrouso de Cela (Bueu)

- clases- Retrouso-

Gaita, Percusión, Pandeireta, Acordeón, Canto e Baile Tradicional

(Ultima actualización: 10-09-2012)

Escola de Música Tradicional de Ourense

- clases- Aoft-

A Escola de Música Tradicional de Ourense está a organizar as actividades para este ano, con algunhas novidades como Música e Movemento para nenos, Acordeón e diversos obradoiros durante o curso.

En breve subiran na súa web e no facebook toda a información cos horarios, precios das actividades, matrículas. O comezo das clases será a primeira semana de Outubro.

(Ultima actualización: 10-09-2012)

Matrí­cula - Cantigas e Agarimos (Compostela)

- clases- Cantigas e Agarimos-

A matrícula deberá formalizarse no local social de Cantigas e Agarimos, en horario de 18:30 a 21:00 horas, de luns a venres entre o 17 ao 28 de setembro.

Actividades:

Baile tradicional

Gaita

Percusión tradicional

Pandeireta

Solfexo

Presolfexo

Acordeón (nova actividade)

Guitarra (nova actividade)

Requinta (nova actividade)

Piano (nova actividade)

(Ultima actualización: 06-09-2012)

Cursos da O.C.T. Ultreia (Compostela)

- clases- Ultreia-

Inscrición durante o mes de Setembro

(Ultima actualización: 06-09-2012)

Cursos na Asociación Rosalí­a de Castro de Cacheiras (Teo)

- clases-

A Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras ten aberto o prazo de matrícula para as actividades do curso 2012 – 2011: Baile Tradicional (nenos e adultos), Pandeireta (nenos e adultos), Gaita (nenos e adultos), Acordeón, Pilates, Curso de Bordado, Arte Floral, Bailes de Salón, Cociña, Kárate, Cestería, Debuxo e Pintura, Ximnasia de mantemento, Ioga, Tai Chi, etc.

A Escola de Baile e Música Tradicional (dirixida a nenos e nenas dende 3 anos ata os 18anos), comeza o novo curso o Sábad(...)

(Ultima actualización: 04-09-2012)

Voltan os cursos de gaita ao C.S. Madialeva (Lugo)

- clases-

Desde a terça-feira, dia 4 de setembro volta arrincar o curso de gaita depois da parada em verao. Será às 20h30 às terças-feiras.

Lembramos também que o curso de pandeireta segue as quartas-feiras.

Se queres apontar-te a algum dos cursos em andamento ou bem propor que organizar algum envia-nos um mail ou passa polo local.

(Ultima actualización: 04-09-2012)

Actividades 2012-2013 da A.C. Xacarandaina

- clases- Xacarandaina- A Coruña-

Descargar PDF - tríptico

A escola conta con actividades de todo tipo e para todas as idades. Do eido do folclore galego impártense clases de baile tradicional galego, gaita, pandeireta e canto. Tamén acordeón, percusión e clarinete. Do eido das artes plásticas ofrécense clases de debuxo, pastel, óleo e acuarela; e outras actividades como bailes latinos e salón; ximnasia de mantemento, encaixe de bolillos e guitarra. As actividades son para todos os públicos, desde os 3 anos en diante. Para n(...)

(Ultima actualización: 04-09-2012)

Cántigas da Terra, a nosa música en galego! (A Coruña)

- clases- Cántigas da Terra-

AS ESCOLAS DA TERRA 2012 - 2013

Anótate nos teléfonos 981 203 284 ou 654 413 467

Inscrición gratuita!!

As actividades custan 15 euros/mes

Na 2ª actividade (e seguintes) tes un 30% de desconto Trae a un familiar e tamén terá un 30% de desconto!!

Os horarios poden sofrer variacións, sempre en consenso co alumnado

Mínimo catro alumnos por aula

(Ultima actualización: 04-09-2012)

Airiños Da Nosa Galicia (Santa Coloma de Gramanet - Barcelona)

- clases-

MATRICULA ABERTA do curso 2012-2013!

Actividades de Airiños:

Sabados: 9 a 10, baile pequenos.

10 a 12 baile mayores.

12 a 13 canto mayores

e pequenos.

13 a 14 Teatro.

Domingo: 10 a 11 Gaita principiantes.

11 a 12 Gaita (banda).

12 a 13 BANDA.

13 a 14 Percusion.

14 a 15 Repaso.

Matricula o mes de setembro!

(Ultima actualización: 04-09-2012)

A Escola livre da MPG Comeza un ano máis

- clases- MPG-

Reserva xa a túa praza

Desde o luns 3 de setembro podes reservar a túa praza na Escola Livre da MPG. As aulas comezan o día 15 de Outubro. Teñen lugar os luns durante todo o día (con posibilidade de escoller horario adaptado as necesidades de cada alumno) nos Centros Socioculturais de A Trisca e Castiñeiriño en Santiago de Compostela. Podes reservar a túa praza a través da nosa web ou do correo electrónico matricula@folque.com. Nos vindeiros días iremos achegando máis detalles sobre pagamento(...)

(Ultima actualización: 04-09-2012)

24 estudos tonais para Gaita de Fol

- clases-

Os presentes estudos están destinados a ser tocados con gaita de fol soprano, entendo por gaita soprano calquera entre Eb e Bb, sendo as máis frecuentes na actualidade D, C e Bb. Están ordenados de forma cromática, expoñendo en primeiro lugar o modo maior e seguindo polo menor de cada altura, facendo isto en tódalas tonalidades partindo de C e chegando ata B.

Este caderno de estudos está destinado a gaiteiros con certo coñecemento sobre a denominada como técnica expandida (que comezou na gait(...)

(Ultima actualización: 02-09-2012)

Escola de Música Tradicional Galega A Píntega Marela - Madrid

- clases- A Píntega Marela-

Avda. de Córdoba, 15, 4º A-2 (zona de Usera - Legazpi)

(Ultima actualización: 03-05-2013)

Audición da Escola Municipal de Música. A Coruña

- clases-

Venres 3 de Maio a partires das 20h

A Área de Música Tradicional oferta como instrumentos troncais: gaita, requinta, flauta galega e traveseira, saxofón , percusión tradicional e acordeón, totalmente adaptados ao repertorio tradicional. Ademais, oferta-se a posibilidade de estudar calquera outro instrumento ofertado pola escola, con certo grado de adaptación ao repertorio tradicional; co obxectivo de incluir a alumnado doutros instrumentos nas agrupacións específicas da Área; para elo os alum(...)

(Ultima actualización: 06-04-2013)

Curso de Iniciación ao Baile Tradicional Galego en Lugo

- clases-

Curso de Iniciación ao Baile Tradicional Galego (Adultos). COMEZA 8 DE ABRIL

-Organiza: Lugdunum Lugo

-Imparte: Laura Fouz (tocaebailaengalego.com)

-Lugar: Lugo (Rúa Azalea).

-Horarios: 2 meses, luns de 20:30 a 21:30 (ou máis tarde se hai acordo dos participantes). COMEZA O 8 DE ABRIL

-Consulta a valoración cos nosos alumnos fixeron deste curso anteriormente. Están colgadas nas fotos (avaliacións)

-Rede de Cursos TBG: Os participantes poden repetilo curso gratuítamente cantas veces(...)

(Ultima actualización: 02-03-2013)

O Agharradiño: Cursos de Bailes Agarrados en Vilagarcía de Arousa

- clases-

A Asociación Pesdebarro pon en marcha o vindeiro sábado 16 de marzo o seu primeiro curso de bailes galegos agarrados "O agharradiño" que será impartido por Manuel Cobas

O curso, terá un custe de 10 euros para socias/os e 15 euros non socias/os, para familias de 3 ou máis membros o prezo será de 10 € por persoa sexa socia ou non.

O curso desenvolverase o sábado 16 de marzo, en horario de 10:30 a 13:30 e continuara de 16:30 a 18:30. As interesadas/os en participar no mesmo poden inscribirse (...)

(Ultima actualización: 02-03-2013)

I Xornadas de Música Tradicional Cantodorxo en O Grove

- convocatorias- xornadas- clases-

PROGRAMA

SÁBADO 2 DE MARZO

10.00-12.00 horas. Técnica de ornamentación para gaita

12.00-14.00 horas. Principios básicos para a afinación da gaita

17.00-20.00 horas. Manipulación de elementos sonoros da gaita

DOMINGO 3 DE MARZO

10.00-14.00 horas. Obradoiro de percusión

18.00 horas. Concurso de Xoves Gaiteiros Solistas Concello do Grove

Estas xornadas compóñense de dúas partes: unha didáctica, de música tradicional, e un concurso de xoves gaiteiros solistas.

A parte didáctica(...)

(Ultima actualización: 01-03-2013)

CURSO SOBRE MÚSICA BRETOA PARA FRAUTA impartido por Pierrot Rougier (músico de Lorient)

- clases- Folque-

Data: sábado 2 de marzo 2013

Lugar: Auditorio do CSC de Fontiñas (Santiago DC, Rúa Berlín)

Horas: 16.30 a 20.30

Prezo: 30 €

As prazas son limitadas

O vindeiro sábado 2 de marzo o músico bretón Pierrot Rougier, ofrecerá un obradoiro de música bretoa para frautas traveseira para toda persoa interesada neste repertorio e xeitos particulares de toques nesa parte do mundo. Será unha descuberta da riqueza e variedade da súa música tradicional e ornamentacións propias, dos xéneros para danza (...)

(Ultima actualización: 01-03-2013)

Concertos & MasterClass de Lauren Rioux (violín)

- clases-

Despois de 5 meses sen actividade, Xustáns volve a acoller un novo curso, esta vez será LAUREN RIOUX, unha prestixiosa violinista-cantante norteamericana que ven a Galicia traída pola Asociación Cultural Galicia Fiddle acompañada do guitarrista Sten Isak.

A convocatoria esta vez é doble. Por un lado o Domingo impartirá unha clase para os máis cativos, seguida dun pequeno concerto, tralo cal faremos unha merenda.

O Sábado seguinte terá lugar o Curso de fiddle, e á noite, segundo o formato(...)

(Ultima actualización: 01-03-2013)

II Curso de Danza Tradicional Galega "Vagalume" en Alcalá de Henares

- clases-

2 e 3 de marzo do 2013 en Alcalá de Henares (Madrid)

(Ultima actualización: 01-03-2013)

Obradoiro de Danzas do Mundo no SalaSon (Cangas)

- clases- Salasón-

Neste obradoiro preténdese realizar un achegamento ás distintas culturas do mundo a través da súa linguaxe máis universal, a danza, utilizándoa como medio de comunicación e expresión. Aprenderanse danzas colectivas de diferentes países facilitando a integración e fomentando o respecto e a tolerancia cara a diversidade cultural.

HORARIO: de 11:00 a 14:00, e de 16:30 a 18:30

PREZO: 12€

MESTRA: Beatriz Díaz

CONCERTO-BAILE

E pola tarde, ás 20:00, baile-concerto con “Son Bretoned”, formado po(...)

(Ultima actualización: 26-02-2013)

1º ANIVERSARIO ACGB + Taller de Pandeireta e Canto con Davide Salvado

- concertos- Davide Salvado- clases-

O vindeiro sábado 2 de marzo, a ACGB celebra o seu primeiro aniversario na Euskal Etxea

Das 13.30 h ás 15.00 h, haberá un VERMÚ MUSICAL organizado pola propia Euskal Etxea e amenizado pola FIA (Foliada Intercultural Aberta)

Ás 20.00 h comezará o CONCERTO do cantante galego DAVIDE SALVADO, unha das voces masculinas con máis proxección do panorama galego. Desta vez, Salvado ven acompañado de percusións tradicionais, como a pandeireta galega, o pandeiro cadrado de Peñaparda e o adufe portugu(...)

(Ultima actualización: 22-02-2013)

Obradoiro de Palletas e Pallóns en A Coruña

- clases-

23 de febreiro de 10h a 14h

No local da AAVV Oza-Gaiteira-Os Castros (rúa da Mercéd, 56-baixo)

Impartido polo artesán Jesús Miranda.

+ info e inscripcións: 670 872 388.

(Ultima actualización: 28-12-2012)

Obradoiros Tarambainas 2012 (Vigo)

- clases- Tarambainas-

CEIP FONTE ESCURA (Vigo)

(ó lado do centro de saúde de Lavadores)

29 e 30 de decembro

¡¡¡ESPERÁMOSTE!!!

PRAZAS LIMITADAS-GRUPOS REDUCIDOS

INSCRICIÓNS ATA O 22/12/2012

TELÉFONO: 639 524 613 (Tamara)

(Ultima actualización: 14-12-2012)

Obradoiro de Pesdelán en Moaña

- clases- Pesdelán-

Venres 14 de decembro de 2012 ás 18:00h

Praza de Abastos, Moaña (Pontevedra)

Organiza: Concello de Moaña

Este obradoiro esta pensado para o publico familiar.

Unha oportunidade unica para que pais, nais, avos, fillos e fillas participen xuntos da aprendizaxe

de xogos de roda e bailes, dun xeito ameno e divertido.

As pezas que bailaremos son parte do libro CD / DVD Na Punta do Pé, do grupo Pesdelán e foron recollidas

en distintas zonas da xeograf(...)