Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]



Novas relacionadas







Navega polo arquivo de novas relacionadas
[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26]

Ou fai unha busqueda

 

 

Quique Peón - Novo espectáculo: Alén da Croa
http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2012/02/01/alen-da-croa-recreara-imaginario-popular-traves-danza/576052.html >>

Engadir comentario



Quique Peón - Novo espectáculo: Alén da Croa
http://www.elidealgallego.com/articulo/area-metropolitana/el-bailarin-quique-peon-y-su-compania-llevan-alen-da-croa-al-centro-civico/20120129034551015763.html >>

Engadir comentario



O premio alemán de música Folk “Eiserner Eversteiner” volve a Galicia con Anxo Lorenzo
http://www.freiepresse.de/NACHRICHTEN/KULTUR/Ein-Weltmusikgipfel-auf-vogtlaendischen-Hoehen-artikel7890385.php >>

Engadir comentario



O premio alemán de música Folk “Eiserner Eversteiner” volve a Galicia con Anxo Lorenzo
http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2012/01/31/mejor-premio-aleman-folk-regresa-galicia/619587.html >>



Engadir comentario



Pasamento de D. Xosé Manuel Seivane Rivas
http://www.gaiteirosgalegos.com/index.php?option=com_content&view=article&id=1958:o-mundo-da-gaita-galega-despide-ao-mestre-xose-manuel-seivane&catid=27&Itemid=18 >>
O mundo da gaita galega despide ao mestre Xosé Manuel Seivane

Engadir comentario



Novacaixagalicia deixa de programar en tres centros culturais
http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2012/01/27/novacaixagalicia-reduce-centro-social-aprovechara-auditorio/618371.html >>

Engadir comentario



Novacaixagalicia deixa de programar en tres centros culturais
http://www.laopinioncoruna.es/economia/2012/01/27/novacaixagalicia-cierra-tres-centros-privatiza-geriatrico-corunes-salvar-obra-social/574205.html >>

Engadir comentario



Novacaixagalicia deixa de programar en tres centros culturais
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2012/01/27/ncg-cesa-actividades-centro-sociocultural-cervantes/0003_201201S27C3991.htm >>

Engadir comentario



Novacaixagalicia deixa de programar en tres centros culturais
http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2012/01/28/lores-teme-reduzca-oferta-cultural-novacaixa-recortes-veian-venir/618717.html >>

Engadir comentario



Pasamento de D. Xosé Manuel Seivane Rivas
http://www.galiciaconfidencial.com/nova/9510.html >>
Segundo a súa familia, Seivane morreu hoxe aos 90 anos. Nado en 1921 na Pastoriza (Lugo), construíu a súa primeira gaita en 1939, nun pequeno taller deste recuncho da comarca da Terra Chá, creando así o primeiro selo “Seivane”. Aínda que xa era gaiteiro e clarinetista, cumpría así o seu soño infantil de facer o seu propio instrumento.

O seu pai Francisco, un grande ebanista, e a súa nai Estrela, dotada dun marabilloso oído musical, achegáronlle unhas bases moi sólidas para desenvolver toda a súa capacidade artesanal. Do seu pai herdou a técnica, ferramentas e as madeiras e da súa nai a sensibilidade musical, especialmente no que se refire á afinación e ton. Dela recibiu tamén as melodías de gaiteiros que xa desapareceran, como Curuxeiras, nado na Pastoriza.

Cumprindo o seu servizo militar en Pontevedra, entra en contacto co artesán Antón Represas “O Marreco”, co que comparte experiencias e coñecementos axudándolle a construír varias gaitas para o exército.

Era o comezo dun camiño difícil pois, en plena guerra civil, as necesidades do momento non pasaban por comprar algo que só achegaba satisfaccións. Naquela época, as gaitas eran construídas polos ebanistas–torneiros, e os gaiteiros afinábanas e facían as súas propias palletas. Moi poucas eran as persoas que reunían a dobre condición de construtor de gaitas e gaiteiro; unha delas foi, sen dúbida, Xosé Manuel.

Conseguiu, deste xeito, reunir as condicións necesarias para desenvolver a técnica construtiva dende un profundo sentimento musical. As súas expectativas víronse cumpridas e, anos máis tarde, casa e establécese en Ribeira de Piquín (Lugo). Nun primeiro momento, abastece unicamente os gaiteiros do seu ámbito, pero pronto ensanchará máis e máis o seu campo de acción ata superar os límites do Estado e converter o obradoiro en lugar de peregrinación de gaiteiros e amantes da música tradicional de Galicia.

A continuación

Os seus fillos, Álvaro (Ribeira de Piquín, Lugo, 1952) e Xosé Manuel (Ribeira de Piquín, Lugo, 1964) seguen os seus pasos dende moi nenos da mesma forma que lle acontecera a el con respecto ao seu pai. Ao seu lado van recibindo os pequenos segredos do traballo diario, os que xorden co tacto diario da madeira, así como a capacidade para recordar o son ao escoitalo, impregnándose para sempre do timbre da marca Seivane.

No ano 1972, Álvaro trasládase a Barcelona, por motivos de estudos, e acaba creando alí outro obradoiro a imaxe e semellanza do do seu pai. En 1986 decide regresar a Galicia para continuar o seu traballo aquí, o que anima a todos a unirse de novo. En 1994 toda a experiencia adquirida por cada un deles se fonde para formar, en Cambre (A Coruña), o actual Obradoiro de Gaitas Seivane.

Velaquí a reportaxe que lle fixo ANT Tv hai dous anos:



"Eu tamén podo facer unha gaita". Foi a partir dese desexo que comezou a construír o seu legado, e dende aquel ano 1939, Xosé Manuel Seivane non deixou de lado o seu soño até converterse nun dos máis famosos construtores de gaitas de Galicia.

Engadir comentario



Concerto de Luar Na Lubre na Coruña presentando á súa nova Cantante: Paula Rey
http://www.lavozdegalicia.es/ocioycultura/2011/11/04/0003_201111G4P44991.htm >>
A nova voz de Luar na Lubre ten unha longa formación que inclúe unha estancia en Viena, ademais de cantar nun grupo de «latin-funk»

Rodri García A CORUÑA / LA VOZ 4/11/2011

«Tú, gitana que adivinas, me lo digas, pues no lo sé, si saldré de esta aventura o si en ella moriré. Si en ella pierdo la vida o en ella triunfaré». Luar na Lubre facía onte probas de son. De súpeto, cantando a capela, soou con forza esta peza clásica da formación que lidera Bieito Romero. É a nova voz do grupo, Paula Rey Torreiro, que se presentaba onte no Teatro Colón da Coruña. É unha nova aventura para esta soprano e foi «un dos mellores agasallos» da súa vida, xa que o acordo chegou o día que cumpría 30 anos. Despois de interpretar tres cancións, Paula Rey amosábase feliz. Hoxe actúa co grupo en Luar, en TVG.

-¿Que tal a experiencia?

-Moi positiva, moi emocionante. É como un soño estar aquí.

-¿Supón moito cambio?

-É bastante cambio, aparte de que eu necesitaba un cambio. Eu veño do lírico, pero cando decidín deixar de cantar ópera ou cousas máis líricas, pois xurdiume poder cantar no grupo Duplo Son, era latin-funk cantado tamén en galego. Era subirme ao escenario dunha maneira diferente, andar con micrófono. Eu sempre quixen cantar nun grupo folk, un grupo celta, pero nunca estiven no medio axeitado. Sempre estaba como unha espectadora.

-De soprano a cantante de folk.

-Síntome moito máis cómoda neste mundo cantando, é máis coma min... Non sei como explicalo, é a nosa música, é unha cousa que sempre quería facer. Na lírica non encaixaba de todo, non porque fose malo, senón porque a xente busca o seu lugar. Creo que en Luar na Lubre podo encontrar o meu lugar.


-¿Ía aos concertos de Luar?

-Teño ido a moitos e dicía que quería facer un grupo coma este, pero xa tiñan as súas cantantes e nin o pensaba.

-¿Axuda ter estudos musicais?

-A técnica axuda ao cantante. Teño moito traballo que facer de estilo, de meterme no grupo. Eu sempre quixen cantar e a vía foi meterme na Orquestra Sinfónica de Galicia; de aí empecei canto e non me arrepinto diso. E sigo coas clases coa miña profesora, Diana Somjhieva.


- Cantou «Tú, gitana» a capela nas probas e soaba moi ben.

-Non teño problema en cantar a capela, fíxeno moitas veces. Impresiónanme máis outras cousas... como facer entrevistas.








Engadir comentario



Concerto de Luar Na Lubre na Coruña presentando á súa nova Cantante: Paula Rey
http://www.crtvg.es/tvg/informativos/paula-rey-e-a-nova-voz-de-luar-na-lubre-168787#.Twa-cTVDA2Z >>










Engadir comentario



Concerto de Luar Na Lubre na Coruña presentando á súa nova Cantante: Paula Rey
http://www.vtelevision.es/informativos/2011/11/13/0031_26_108300.htm >>









Engadir comentario



Concerto de Luar Na Lubre na Coruña presentando á súa nova Cantante: Paula Rey
http://www.abc.es/20111128/comunidad-galicia/abcp-meigas-nosotros-desde-hace-20111128.html >>
(Entrevista a Bieito Romero)







Engadir comentario



Concerto de Luar Na Lubre na Coruña presentando á súa nova Cantante: Paula Rey
http://www.elidealgallego.com/index.php/periodico-impreso/a-coruna/33339-b-noticia >>
Paula tarda 23 minutos en chegar desde a súa casa de Adormideras ao teatro que a verá estrearse no folk. O Colón será ponte. Pasarela pola que a cantante cruzará para chegar da lírica á música do país. A que comulga coas raíces. Da man dunha formación que non deixará de sumar kilos de tradición. Ambos casaron un día hai dous meses cando a coruñesa non deixou de moverse. Acompasada.
—¿Como está sendo a adaptación de Paula ao grupo e do grupo a Paula? Supoño que será algo así como cando unha parella casa.
—(Bieito) É un proceso que non é dun día para outro. Ela ten que entender as características do grupo porque vén dun estilo totalmente distinto pero a súa capacidade vocal e a tesitura son moi boas, entón bastaralle con poñer vontade. É unha boa profesional así que terá que adaptarse a nós. Pola nosa parte, teremos que facilitarlle as cousas o máximo posible. E si, é unha especie de matrimonio ou maridaxe ou como se lle queira chamar.
—(Paula Rey) Veño do campo lírico, moi desvinculado ao folk que non eu, que sempre estiven ao tanto dos grupos desta forma de facer música. O que si é que nunca cantei. Por iso, é marabilloso que me xurdira esta oportunidade. Procedo dun mundo máis académico, máis da lírica pero é positivo en canto a que uso todos os recursos que aprendín no clásico para o folk. É todo un reto pero estouno intentando.
—É a voz máis preparada que tiveron?
—(Bieito) Si, é a primeira que ten estudos a nivel vocal. Paula traballou a voz dunha maneira diferente ás outras que eran autodidactas. Todas tiñan a súa forma de cantar. Distinta. Sara Vidal viña do fado tradicional e marcaba os xiros. Paula é a primeira que fai exercicios antes de cantar.
—(Paula Rey) Aínda que veño da lírica, utilizo máis rexistros e non sempre canto dun xeito operístico. Cando tocan temas tradicionais, coloco a voz dunha forma e se son máis líricos, doulles o meu toque.
—Despois de varios meses con ela, que aporta Paula a Luar na Lubre?
—(Bieito) Nervio, unha forza interior que é moi interesante. É unha rapaza nova con moitas ganas e cunha voz privilexiada. Aporta frescura e esa forza que axuda a incorporarse a un proxecto porque non é o mesmo que tirar dunha persoa cun estado anímico baixo. É así como nun mes estamos arrancando a nova etapa, algo que non ocorreu coas outras cantantes. Paula aprendeuse neste mes o repertorio.
—Comentou na presentación que lles chamara a atención porque non paraba de moverse.
—(Bieito) Si. Ela non para. Nos escenarios e, sobre todo, no folk, as cantantes son moi estáticas pero o movemento ben acompasado está moi ben. Nas probas chamounos a atención porque non paraba quieta. Vainos a poñer a todos a bailar.
—Van presentar temas do novo proxecto no concerto?
—(Bieito) Vai a haber novidades. Trátase dunha maquinaria moi pesada e facer cousas leva o seu tempo. Embarcámonos nun novo disco que sacaremos na primavera de 2012. Tocaremos novos temas pero non moitos. A gran novidade será Paula. Ela será a protagonista.
—Nerviosa?
—(Paula Rey) Estou expectante. Positivamente nerviosa. Teño inquietude por como vai ser e moitas ganas de que chegue xa.
—(Bieito) Sempre se nos acolle moi ben na cidade e en Galicia, en xeral. Ademais que o Colón é un símbolo para nós, onde sempre enchemos e no que gravamos “Ao vivo”, en dous días seguidos con cheo absoluto.
—Houbo un tempo que este territorio estaba vetado para o grupo.
—(Bieito) Si que o pisabamos pero desde o Concello non había esa cousa que tiña que haber cando posiblemente somos o grupo máis importante da cidade. Desde as diferentes corporacións municipais nunca se nos valorou. Fixérono máis en Pamplona e noutras cidades, algo que ten que ver co mal extendido da falta de autoestima. Así ata este ano que actuamos en María Pita. É unha cuestión de saber apreciar.
—Que opina da nova corporación municipal despois das declaracións da concelleira que tildaba o anterior como un programa cultural “demasiado galego”?
—(Bieito) Eu fixen un comentario no seu día como traballadores da cultura galega que somos porque somos cultura galega e con nós hai que contar, porque por “hache” ou por “be” somos historia. O que non sexa capaz de velo é o seu problema. É unha batalla constante e que aburre.
—Como aguantan tanto tempo na escena?
—(Bieito) Non é fácil e non se trata de resistir porque a nosa traxectoria foi ascendente e nunca baixamos o número de concertos. A clave é saber o que se quere. Despois danse certos movementos que abren novas vías pero, sobre todo, están os equipos humanos e creo que temos enerxía suficiente para botar outros 25 anos máis. Somos o único grupo que saca un disco cada dous anos e estamos con Warner desde 1996, cando a discográfica soe liquidar ás formacións nun segundo ou terceiro traballo.
—Inspíranse no “Libro das invasións” para o disco. Como están solventando o reto?
—(Bieito) Nunha parte inspirámonos neste libro, contemporáneo ás cantigas de Santa María e a lírica galaico-portuguesa, e despois está a música tradicional e o que nós reinterpretamos dela. No libro fálase dos “milisians”, un pobo indoeuropeo que se instalou en Galicia. Temos datos da Torre de Hércules e dunha cidade como A Coruña desde a que Ith, fillo de Breogán, viu a silueta dunha illa. Irlanda. É un libro que todos deberiamos coñecer. Toda esta historia está recoñecida porque os grandes da literatura coma Murguía se inspiraron no celtismo e ata o himno fala de Breogán. Nós afrontamola recoñecendo a historia como propia. É como poñer banda sonora a unha peli. Tes que imaxinar o momento en que Ith colle o barco e cando chega a Irlanda.
—Por que apenas saen novos grupos folk?
—(Bieito) Parece que a música folk funciona soa pero hai un traballo moi potente detrás. As cousas non saen por un golpe de sorte e as bandas cansan porque nunca pasa nada e a xente ten moita présa. Nós levamos moito tempo traballando, ás veces, en condicións moi precarias que fixeron do proceso, algo duro onde houbo o risco de que se rompera. Porque estas cousas pasan como pasan os divorcios e as separacións.
—Actuarán nun teatro que comezará en febreiro unha nova etapa. Que cren que pasará?
—(Bieito) A noticia non é boa e danos pena porque non sabemos o que vai pasar nin as propostas que están detrás.







Engadir comentario



Concerto de Luar Na Lubre na Coruña presentando á súa nova Cantante: Paula Rey
>>


El grupo de música celta Luar na Lubre incorpora en su 25º cumpleaños cantante al grupo y prepara su próximo disco

Luar na Lubre ha celebrado este año sus bodas de plata sacándole brillo a su último disco, Solsticio, y cambiándole la voz al grupo, colocando en su trono vocal a Paula Rey. La joven cantante coruñesa sucede así, y desde hace unos meses, a sus antecesoras Rosa Cedrón y Sara Vidal, preparándose para formar parte del que será el álbum número 13 de una de las bandas cardinales del folk gallego moderno. El tiempo pasa, pero queda claro que para Luar na Lubre todo parece ayer.

«Creemos que lo conseguido y lo que nos queda por hacer», comenta el gaitero, zanfonista, acordeonista Bieito Romero. «El sentimiento no puede ser más que de satisfacción por haber hecho las cosas razonablemente bien». Veinticinco años en la cima de un folk con denominación de origen propia, enclavada en la cultura celta y atlántica, también en la vecina portuguesa. Mucho tiempo para recordar, incluido ese año de 1996 en el que Mike Olfield colocara en el mapa internacional su canción O Son do Ar. Echando la vista atrás, y a consulta del periodista, Romero destacaría «la sorpresa de ventas de Plenilunio y Cabo do mundo contra todo pronóstico; la gira que hicimos por toda España con Mike Oldfied y su cierre en la playa de Santa Cristina en Oleiros ante 150.000 personas; y los conciertos que hicimos en Jerusalén y Belén, por todo lo que nos marcaron».

Luar na Lubre es fiel espejo de la otra gran movida gallega que se ha ido fraguado en estos años, la protagonizada por artistas y grupos sujetos a la música de la tierra que pisan: «La música gallega en general tiene una historia dilatada e interesante en cuanto a trabajo y propuestas realizadas. Ahora es el momento de empezar a recoger los frutos de todo lo sembrado y las primeras cosechas han sido de una calidad excelente. La asignatura pendiente, quizás, es la de hacer que nuestra música se pueda exportar fuera de nuestras fronteras con fluidez y constancia».

Perseverancia y compromiso nunca le ha faltado a este grupo gallego, que ya prepara un nuevo álbum: «Seguirá los senderos de la lírica medieval galaico portuguesa que hemos iniciado con Solsticio, e intentaremos musicar parte del libro de las invasiones de Irlanda [Leabhar Gabhala], un libro épico escrito en el siglo XII por los monjes irlandeses sobre las diferentes invasiones que sufrió Irlanda. En este libro hay una parte que habla de los Milésians, un pueblo que según este libro, llegó a Irlanda desde Galicia y ésa es la parte que nosotros musicaremos».

El sortilegio musical, pues, ya está con el fuego, contando para la ocasión con las brasas vocales de la última integrante del grupo, Paula Rey: «Es una cantante con una versatilidad increíble y con una tesitura vocal envidiable. No le ha costado ningún trabajo incorporarse de pleno al grupo. En el poco tiempo que lleva con nosotros destacaría su vitalidad, su valentía e incluso su descaro a la hora de salir a un escenario. Creo que dará mucho que hablar».

La música popular gallega tiene en Luar na Lubre a uno de sus mejores portavoces y salvaguardas. Desde hace 25 años, y para otros tantos más.







Engadir comentario



Concerto de Luar Na Lubre na Coruña presentando á súa nova Cantante: Paula Rey
http://www.youtube.com/watch?v=F__yy3y-GAw >>







Engadir comentario



Dorothé Schubart abre o Ciclo de Conferencias 'A música na memoria'
http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=2597 >>
Hai vintecinco anos chegaba a Galicia de vacacións Dorothé Schubart. Alguén lle falara da riqueza do noso folclore, sen esquecer referirlle a pobreza característica do noso país. A viaxeira era autora de destacados traballos sobre a música popular europea e, movida pola vocación, en chegando, comezou a buscar as escasas recompilacións que existían no noso país sobre o tema. Ante esa insuficiencia, non o dubidou e comezou un traballo de colleita que se iría ampliando e enleando ata dar lugar, seis anos máis tarde, á publicación do "Cancioneiro Popular Galego", a máis importante recompilación do noso folclore musical.

Dorothé Schubart desempeñaba desde 1971 a cátedra de harmonía e contrapunto na Academia de Música de Lucerna, en Suíza. Desde este posto desenvolvera unha intensa tarefa de investigación da música popular europea, dedicándose especialmente á zona dos Balcáns e do Cáucaso, así coma aos cancioneiros de Alemaña e de Francia. A partir deste material elaborou o volume “O Canto Popular en Europa”, que analizaba as formas que adoptaba a música do pobo ao longo do continente, e que foi publicado en 1978. Nese mesmo ano, durante as súas vacacións, a profesora Schubart visitou España, onde alguén lle indicou que “en Galicia había un folclore moi rico e que era un país moi atrasado e que aquí se podía traballar”, lembra. E acó chegou. Seguindo a súa vocación, comezou a súa colleita segundo entrou no país, polo Cebreiro. Os seus coñecementos sobre a cultura musical galega e sobre a nosa lingua eran mínimos, e axiña se fixo evidente que precisaba de alguén para comprender os temas e transcribilos, e deste xeito entrou en contacto con Antón Santamarina, catedrático de Filoloxía Galega en Santiago de Compostela.



Pasos non dados

Xuntos comezaron un traballo de pescuda nos cancioneiros daquela editados no país, centrados no aspecto literario dos cantos e que non recollían a música, unha situación moi diferente da que Dorothé coñecera noutros países coma Alemaña. “Alá xa estaba en plena marcha todo o proceso de recollida e aquí practicamente había que comezar desde cero, pero xusto por iso era interesante, porque non é tan apaixonante andar detrás dos pasos de outros”. Por primeira vez, unha musicóloga emprendía a titánica tarefa de recoller o material do Cancioneiro Popular Galego, aplicándolle un método científico á clasificación e estudio dos temas.



Organizando o traballo

Deste xeito, coa axuda intelectual de diferentes persoeiros da cultura do país, a profesora Schubart iniciou o seu traballo sen ningún tipo de apoio económico. Sucesivas solicitudes á nacente Xunta e a unha das principais institucións de mecenado da época, a Fundación Barrié foron denegadas. A situación cambiou finalmente, gracias ás xestións de Santamarina. “Un informe de Filgueira Valverde sobre o traballo que estaba a realizar Dorothé permitiu que desde a Barrié lle pasasen unha pequena axuda e se comprometesen a editar a obra”, lembra o filólogo. Unha axuda coa que a profesora viviu durante os cinco anos que durou o seu traballo, “aínda que os dous últimos xa non foron tan intensos porque traballamos xa no estudio sobre o material recollido”. De calquera xeito, intensidade non se lle pode negar. Oitenta e dous concellos da Autonomía e trece máis situados na zonas galegofalantes limítrofes foron visitados por Schubart, que se iniciaba no galego a través dunha gramática de Carvalho Calero atopada nunha biblioteca. De calquera xeito recoñece que había moitas ocasións en que non entendía o que lle estaban dicindo. “Se non se entende hai que botar man da sensibilidade, dicir que si ou que non, é un comportamento que aprendes”.



De visita pola aldea

As visitas de Dorothé ás diferentes aldeas viñan determinadas polas orientacións que recibía de profesores, filólogos, afeccionados ao noso folclore ou mesmo grupos coma Fuxan os Ventos, que lle sinalaban onde podía atopar bos informantes. “Ás veces había un veciño ou alguén dun colexio que axudaba en cada aldea. Outras veces fun soa preguntando, ou tiña un enderezo... realmente é mellor ir soa porque é máis fácil entrar en contacto coa xente”, sinala a profesora Schubart. “A xente era moi hospitalaria” e recoñece que “axudou moito a curiosidade tamén”, aínda que “algúns non colaboraban, ás veces había medo a que puidese pasar algo, a que lles roubasen”.



O producto

Como froito de todo este traballo, a profesora reuniu arredor de 5000 letras diferentes que transcribiu Santamarina e que se viron obrigados a clasificar dalgún xeito. Seguindo os criterios empregados en Europa, realizaron unha organización temática das letras: cantos de oficios e labores, festas anuais, romances tradicionais, romances novos e outros cantos narrativos e dialogados, e, finalmente coplas diversas e cantos enumerativos. A esta grande clasificación temática acompañábaa unha ordenación da música segundo o seu xénero e atendendo a criterios coma o ritmo ou a cadencia.
Todo este material quedou distribuído en sete volumes, seis dos cales están divididos en dous tomos, un recollendo as melodías e outro que recompila as letras. Un sétimo tomo dedícase unicamente a táboas sinópticas e índices, o que dá unha idea da complexidade do traballo. Abondosas notas sobre o lugar e xeito da recollida de cada tema, indicacións e identificacións dos informantes, mesmo mapas e fotografías, acompañan as partituras e os textos nun traballo exhaustivo que, desde que comezou a súa edición en 1984 converteuse inmediatamente na biblia da música popular galega. E todo iso sen contar as cintas de audio que acompañaban os libros, un formato pioneiro nos estudios musicais do país.



A importancia e o futuro

Ademais do cancioneiro, o traballo de Schubart e de Santamarina deu lugar tamén a dúas escolmas de cantigas editadas respectivamente pola Fundación Barrié e por Galaxia ademais dun traballo en que a profesora analiza as semellanzas entre o noso legado musical e o europeo. Co seu traballo, a musicóloga suíza situou a nosa tradición musical á altura das de todo o continente, desbotando clasificacións anteriores que non se correspondían coa realidade que observou. Segundo a musicóloga, “sempre podes atopar máis temas que os que temos recollidos, o que non acontece é que aparezan novas formas, aínda que pode haber algunha peza boa que eu non atopei”. Neste mesmo sentido maniféstase Antón Santamarina, “sempre queda algo por facer e aparecen cousas novas, en calquera caso na súa maioría son variacións sobre o que xa temos recollido”. Logo de realizar este inmenso traballo, ningún dos seus dous autores continuou traballando sobre a música galega. Dorothé incorporouse ao seu posto de profesora de Musicoloxía en Lucerna e Santamarina continuou o seu traballo de filólogo realizando abondosas achegas ao noso idioma. A profesora Schubart valora o traballo de recollida que a día de hoxe seguen facendo afeccionados e agrupacións musicais, “hai xente nova que se forma e buscan un xeito de continuar ou de reanimar estas tradicións, pero está claro que non pode ser o mesmo. Se lles serve de algo este traballo, e poden aprender algo, pois ben”. Deste xeito continuou vindo por Galicia despois de rematar o cancioneiro para falar da súa experiencia. A súa última visita foi en marzo do ano 2003 para impartir unha conferencia sobre a evolución dos estudios sobre música tradicional no Consello da Cultura Galega. Sen embargo, é pesimista sobre o futuro da tradición musical. “Existe moito material pero ninguén que traballe nel, e tendo en conta que os seus protagonistas van morrendo, o estudio da música tradicional tamén morre con eles, xa non ten futuro. Isto é normal, tamén acontece noutros países”.


Engadir comentario



Dorothé Schubart abre o Ciclo de Conferencias 'A música na memoria'
http://consellodacultura.org/arquivos/asg/f_schubarth.php >>
Audio de mostra

Dentro dos fondos etnomusicolóxicos do Arquivo Sonoro de Galicia, cómpre subliñar a recompilación de todas as gravacións que deron lugar ao Cancioneiro Popular Galego, a obra fundamental sobre o folklore musical de Galicia.

Este traballo rigoroso, abnegado e magnánimo foi realizado por Dorothé Schubarth e Antón Santamarina. En 1978, a musicóloga suíza chega a Galicia durante as súas vacacións coa intención de coñocer a nosa música popular.

A riqueza, a diversidade e, incluso, os sinais propios e peculiares do que escoltaba prolongaron durante cinco anos a súa estancia. Un primeiro achegamento curioso converteuse nunha paixón que prolongou a súa estancia e o seu traballo de campo durante cinco anos.

As súas dificultades coa lingua galega precisaron de axuda e atopouna en Antón Santamarina, filólogo da Universidade de Santiago de Compostela, que se converteu en parte importantísima no traballo de recompilación, transcricións de textos e clasificación.

No ano 1984, tras un intenso traballo de recolleita que abrangue a 38 zonas xeográficas galegas e limítrofes, do análise, clasificación e estudo dese amterial, publicouse o Cancioneiro Popular Galego en sete volumes. Esta xoia bibliográfica foi patrocinada pola Fundación Barrié de la Maza así como gran parte do traballo de campo que orixinou esta edición. Este apoio institucional foi decisivo para que hoxe estea recollido o noso “corpus musical popular”.

Dorothé Schubarth introduciu parámetros de clasificación descoñecidos en Galicia e novidosas metodoloxías de traballo e de compilación que, aínda hoxe, están a influír nos nosos estudosos. En palabra do profesor López-Calo “un libro ao que non é aventurado calificar como a máxima aportación xamais intentada cara á conservación e coñecemento do folklore musical de Galicia”.

No Arquivo Sonoro de Galicia consérvanse os 248 CD -copias dixitalizadas das gravacións orixinais- con cadansúas transcricións, que D. Schubarth e A. Santamarina tiveron a xenerosidade de depositar para a súa consulta pública e a difusión do noso patrimonio musical popular.

Consulte a lista de Fondos de Dorothé Schubarth

Engadir comentario



Dorothé Schubart abre o Ciclo de Conferencias 'A música na memoria'
http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=20018 >>

Engadir comentario



Navega polo arquivo de novas relacionadas
[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9]

Ou fai unha busqueda





 

Voltar á páxina principal