|
- 1969, Erkowit |
- 1987 Casón - ¿? |
Nós somos mar. Eles son imbéciles e escuros
ENTRA NA NOVA SECCIÓN: NOTICIAS ENVIADAS POLOS USUARIOS |
![]()
(..aprendendo a 'sindicar'...)
A A.C. Tangaraño presenta unha nova edición do seu espectáculo
Este ano, a gala celebrarase no renovado Teatro Cine Salesianos de Vigo, ubicado na céntrica rúa Venezuela, sendo a entrada gratuita. Xa que para Tangaraño o verdadeiro protagonista dos seus espectáculos é o público, no deseño desta nova edición de Ao Son do Tangaraño, fixeron unha minuciosa selección tanto das pezas a interpretar como do vestiario, fidel reflexo da roupa usada polos nosos antergos. Desde a súa fundación, a A.C. Tangaraño foi medrando paseniñamente e facéndose cun oco no ámbito da cultura tradicional. Así, ademáis da súa gala anual, organizan diferentes cursos e talleres etnográficos; son habituais en festivais, mostras e exposicións de traxes tradicionais e incluso teñen colaborado con institucións coma o Museo Olimpio Liste na organización de exposicións ou actos culturais. A pesares da xuventude do grupo de baile Tangaraño, este acadou diversos premios, o máis recente a medalla de bronce nas últimas Xornadas de Música e Baile Tradicional do Concello de Vigo, onde acadaron tamén o premio ó Mellor Bailador. A última aposta da A.C. Tangaraño no ámbito da divulgación das nosas tradicións é o Proxecto Didáctico Ëspallar, un ambicioso traballo deseñado para diferentes tipos de público que foi acollido con grande interese por diversos centros educativos. Todo aquel que queira coñecer máis sobre o traballo da A.C. Tangaraño pode consultar a web www.tangarano.org
Para más información, poden contactar con: Manuel Chorén, vicepresidente de la A.C. Tangaraño 649 96 83 35 Kari Cabezas, presidenta de la A.C . Tangaraño en el 676 091 338
|
máis información: www.colectivourbanolugris.org |
Ciclo Sons na Laracha Un ciclo de actividades relaccionadas coa música cantada en galego , nos meses de abril e maio no auditorio do concello de A Laracha organizado pola Asociación Cultural Santa Maria de Torás . Dia 21 de Abril ........... Mesa Redonda ( Presente e futuro da música cantada en galego ) Eloi Pérez e José Fraga ( asoc. Casa da Leiteira ) Dia 22 ..................... Curso de Canto Carmen Iglesias ( Logopeda ) O curso comeza ás 11 da mañán . O prezo para os alumnos é de 40.00 € có xantar incluido , podedes remitir ós interesados ó teléfono 699454251 ou ó enderezo electr. actoras@inicia.es . ( Prazas Limitadas ) Dia 28 de Abril ................. Concerto de Xabier Diaz " Musicas de Salitre " Ás 22.00 , taquilla ou 699454251 ( prezo 6.00 € ) Dia 7 de Maio .................... Xuntanza de Pandereteiras Taravela ....................... A.X.Xiradela de Arteixo Info no tel.699454251 ou no enderezo actoras@inicia.es |
XXIV CURSO DE CULTURA - Prazas: 125 persoas. - Horario: de 9:30 a 13:00 e de 16:30 a 20:00. - Lugar: AUDITORIO MUNICIPAL GUSTAVO FREIRE Parque da Mila grosa. Avda. A Coruña S/N (Lugo) - Especialidades: - Matrícula: Aberta e gratuíta. Os gastos da estadía en Lugo serán a cargo dos asistentes ó curso. - Inscricións: - Prazo: Rematará no momento que se cubran as prazas de cada especialidade. - Programa previsto. DÍA 13 Xoves: 08:30 A 09:30 Entrega de documentación DÍA 14 Venres: 09:30 a 11:00 Clase práctica 16:30 a 18:00 Clase práctica DÍA 15 Sábado: 09:30 a 11:00 Clase práctica 16:30 a 18:00 Clase práctica - Profesorado: Pedro David Lamas Varela (1978, Cecebre). (Técnicas de Gaita) Finaliza o curso de Formación Musical e a súa Didáctica na Escola de Maxisterio da Universidade da Coruña en 1999 con Matrícula de Honra. Contacta coa música tradicional na Asociación Cultural ‘Garrulaxe' de Cecebre (1987). Mestre de Gaita (1999-2001), cursa harmonía (Suso Atanes), arranxos e composición (Abe Rábade), piano (Manolo Gutiérrez) e saxofón (José Nine). Estudios de saxo con Roberto Somoza e Carlos Averhoff Jr. en ‘Escola de Músicos' (A Coruña). Membro fundador do grupo ‘Lelia Doura' (1995-2000), na actualidade é componente do cuarteto ‘Luvas Verdes' e da compañía ‘Nova Galega de Danza', coa que está a presentar a súa última producción baixo o título de ‘Engado' (2006). Xurxo Fernández García (Técnicas de canto e pandeireta) Excompoñente dos grupos Xacarandaina e Trebón. Colaboracións con Pepe Vaamonde Grupo, entre outros.
Alberto Costas (Técnicas de percusión tradicional). Escomenzou os seus estudios na aula de percusión tradicional da Asociación Cultural Deportiva Atlántida de Matamá no ano 1989 da man do mestre Francisco Estévez “Chuco”. No ano 1990 funda o cuarteto “Millaradas”. Formou parte de Xendra, O Fiadeiro, Rumbadeira, Violia, Foula ou Doela o que segue pertencendo neste momento. Así mesmo colaborou con agrupacións de Baile Tradicional como Anduriñas de Vigo, Corisco, A Buxaina, Lembranzas Galegas, Os Trazantes de Tenorio, etc... con grupos de música tradicional como Picuiña, Ledaiña, Roxidoiro, etc... e con gaiteiros solistas como Ricardo Portela e Moxenas, con Iván Costa, Luis Correa “O Caruncho”, Telmo Costas, Abraham Fernández, Alberto Coia, etc... Xesús Vidal (Técnicas de baile tradicional). Membro de Pepe Vaamonde Grupo. Luís Correa “Caruncho” (Técnicas de canto-zanfona, e improvisación). Fundador e compoñente do grupo “Os Carunchos. Mestre de gaita e percusión. A personalidade do gaiteiro, a improvisación, os cantos cego, a regueifa, a festa ... Organiza: Cántigas e Frores |
II ENCONTRO COA ZANFONA CONTEMPORANEA |
28, 29 e 30 de abril 2006
|
|
||||
|
|||||||
VIII ENCONTRO DEGUSTACIÓN DO
|
MEIRO- BUEU
|
![]() |
Pásate tamén polo foro para
engadir ou ler outras novas.
| Atrás |