>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Brúa en Compostela

(ultima actualización: 30 / 8 / 19 )





Sábado 31 de agosto ás 14:30h no Embora Bar Cultural


Brúa nace da amizade agromada á calor das foliadas compostelás. Traballan partindo fundamentalmente da tradición galega, incluíndo tamén pezas de tradicións irmás, como a asturiana ou a portuguesa, e tamén algunhas de composición propia.
No seu son, baseado na linguaxe do folk atlántico, nótase o pulso das foliadas e máis o contacto con outras músicas europeas. Gostan dun estilo directo e sinxelo, máis coidando os arranxos e pondo especial atención en que o resultado sexa axeitado para o baile solto ou agarrado.
A banda está composta por:
Xabi Agra :Frauta traveseira e voz
María G.:Violín
Manuel Carballada:Percusión e voz
Gumer Freire:Mandolina e bouzouki
Roi Sampedro:Guitarra e voz



Embora Bar Cultural
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal