>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

VI Festival Agrocuir da Ulloa (Monterroso)

Ver en Facebook

(ultima actualización: 30 / 8 / 19 )





Venres 30 e sábado 31 de agosto

----------------------- PROGRAMA DETALLADO -----------------------

VENRES 30 DE AGOSTO.

16.00 HORAS / CENTRO SOCIOCULTURAL
.
.
🎥🌈PROXECCIÓN de Noite Irisada, documental sobre a loita dos colectivos galegos de gais e lesbianas durante as últimas décadas.

Fernando Rodríguez Gómez, produtor executivo do documental, adianta que na realización desta peza audiovisual mudou a súa perspectiva sobre a situación das persoas diversas no entorno rural: “partía do prexuízo de que habería moita máis represión, cando o que vexo en voz das persoas que entrevistamos é que o rural exercía de familia. Podía non entenderte, pero acollíate. Digamos que ti pertencías a esa aldea a pesar de como sentiras os teus afectos. Neste sentido, penso que neste ámbito existía maior acollida para a súa xente, talvez non así con quen viñera de fóra”, argumenta.

18.00 HORAS / CENTRO SOCIOCULTURAL
.
.
🗯PALESTRA Ruralidades queer em tempos de globalização: representações e alternativas

Entre concertos, danças e conversas festivas, abrimos com esta mesa um espaço para a reflexão sobre os nossos corpos e subjetividades. Desde a liberdade e a atmosfera que nos dá o Festival Agrocuir, debruçamo-nos sobre o pensamento e o debate coletivo à volta das sexualidades diversas. Neste encontro, abordaremos quais têm sido e quais poderiam ser os modelos de representação, os imaginários coletivos e as estratégias de resistência e criatividade para as comunidades e os sujeitos pensantes não heterossexuais na Galiza.. Em tempo de neoliberalismo selvagem e progressiva desruralização, o que nos guia na sociedade pós-industrial entanto sujeitos desejantes? Como gerimos as nossas identidades, como as construímos para lutar e como as deconstruímos para avançar? Afinal, que alternativa supom o “agrocuir” como conceito? Esperamos que o público venha mergulhar-se connosco para, entre tod@s, tentar chegar a algumas respostas.

Participantes
Daniel Amarelo (coord.) (Apresenta as pessoas participantes e enquadra o tema e a ideia da mesa. Mini-apresentação sobre língua e sexualidade para abrir.)
Filólogo pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), realizou labor de investigação sobre as ligações entre língua, identidade e sexualidade(s) na conversa e na interação. É editor na Através Editora e ativista cultural.

Cabezuda Travestida Divine: "Como de verde é o (agro)queer galego?: valados e cosmovisões no século XXI"
Entre a investigação militante, o ativismo em âmbitos culturais e a criação artística contemporânea, Cabezuda Travestida Divine apresenta-se como uma performance do coordenador do Programa de Estudos en Man Común - Ruralidades, Feminismos e Comúns da USC. Diretor de projetos e iniciativas como CulturaLab, Montenoso e Ruraldecolonizado, escritor em diversas revistas e participante de distintos espaços de arte e pensamento, conjuga a criatividade e a defesa do rural e da comunidade para abrir horizontes epistemológicos e artísticos plurais.

Beatriz Suárez Briones: "Lesbianizar o rural? Sexualidade, comunidade(s) e teoria queer"
Profesora na Universidade de Vigo, crítica literária e escritora, Beatriz Suárez Briones investiga sobre teorias feministas, lésbicas e queer no seu relacionamento com a escrita, a psicanálise a as comunidades LGBTIQ. Impulsou os estudos feministas na UVigo, dirixiu o seu Programa de Pós-Graduação em Estudos de Género e publicou variados libros e artigos sobre este assunto. Foi presidenta de Legais, coletivo LGBT de Vigo, e assessora do presidente da Xunta de Galicia em matéria de género e direitos civis entre 2005 e 2009.

Brigitte Vasallo: "Uma volta às raízes nom heterossexual desde a cidade neoliberal"
Afincada em Barcelona, escritora, formadora e ativista LGBT, Brigitte Vasallo imparte palestras, dá aulas e participa de espaços ativistas à volta de temas como o racismo, a islamofobia de género, o homonacionalismo ou o poliamor. Publicou variados textos literários, jornalísticos e académicos e tem participado de numerosos encontros e congressos internacionais sobre estas questões. Forma parte do Col.lectiu I+ e foi integrante do grupo Red Musulmanas.

Xácia Ceive: "Experiências trans em tempos transnacionais (ou nem tanto!): a importância da comunidade"
Nascida em Oklahoma, após ter morado em Londres, instala-se no rural galego, onde escreve sobre os processos de transição desde um lugar de fala situado no agro. Botou a andar o projeto Sete Outeiros, um espaço natural e cultural orientado para pessoas queer e trans. Nesse pequeno lugar na Ribeira Sacra, entre junho e setembro, cria-se uma comunidade em que as pessoas podem aprender saberes tradicionais como agricultura ou carpintaria.

18.00 HORAS / CAMPO DE FÚTBOL DE CERDEIRIÑOS
.
.
⚽🤸‍♀PARTIDO DE FÚTBOL FEMININO

No campo municipal de fútbol de Monterroso -Cerdeiriños-, en colaboración con Monterroso F.S.F, terá lugar un partido de fútbol feminino entre aldeas. ¿A qué aldeas te apuntas? Se eres muller e tes entre 0 e 100 anos, agardámoste para xogar o primeiro partido feminino en Cerdeiriños. Inscrición gratuíta escribindo a futsalmonterroso@gmail.com

20.30 HORAS / PRAZA DO FROITO
.
.
❗BENVIDA E PRESENTACIÓN DO VI FESTIVAL AGROCUIR DA ULLOA ❗

21.00 HORAS / PRAZA DO FROITO
.
.
🎵CONCERTO de Mounqup

En 2011, Camille Hédoin mudouse dende Nantes, a súa cidade natal, a unha pequena vila galega para montar un centro cultural. Catro anos despois, ao saber que agardaba un bebé, decide adicarse plenamente á súa música… electrónica rural, mística e tribal. Dende os 15 anos leva compartidno a súa voz en grupos de jazz, electrónica e folk, sendo en Galicia onde comeza a experimentar con loops e samplers.

Rodeada por amigas e familia, sumerxida no seu territorio, autoproduce e autoxestiona a súa propia música cos materiais que vai atopando nos seus arredores.

22.30 HORAS / PRAZA DO FROITO
.
.
💥PERFORMANCE de Nelu Vermouth

Flores de Marnela é unha pequena demostración do necesario que ás veces é voltar ao interior dune mesme para así abrirnos cara fóra. Marnela é onde eu me criei, unha pequena parte de Pantín que a chaman así porque o mar penetrou nela facendo mudar toda a xeografía ata obter o que temos agora. Deixemos entón penetrar en nós ese mar, para ver se é que troca algo no noso interior. Ollemos unhes para as outras, a partir dun pequeno conto que a miña tía me contaba de pequeno, para ver ata que punto podemos formar parte do noso propio mar.


23.00 HORAS / PRAZA DO FROITO
.
.
🎵CONCERTO de Boyanka Kostova

Aínda que son considerados o primeiro grupo de trap en galego, eles non se definen como unha banda trap, senón como un grupo de música que "experimenta con subxéneros hip hop dun modo un tanto adulterado pola retranca galega". Vinculados ao mundo rural galego, Boyanka Kostova transmite puro costumbrismo, falando de temáticas cotidianas pero sen caer nos habituais tópicos.


00.30 HORAS / PRAZA DO FROITO
.
.
📀DJs

Muslako Crew.
Entre a copla e o trap. Dj set onde escoitarás o que baila a túa prima, canta a túa sobriña e goza a túa tía, pero tamén moito máis. Hibridación de xéneros musicais da boa.

Dj Carabixa.
Electrónica tropical, cumbia e verbeneo.



SÁBADO 31 DE AGOSTO / SOUTO DO CARACACHO

11.00 HORAS
.
.
Apertura de portas. Durante todo o día, terá lugar unha feira de postos de artesanía, roupa, complementos, arte, asociacións... Tamén haberá diferentes postos de alimentación para todos os réximes alimenticios.

11.30 HORAS
.
.
OBRADOIROS para todas as idades.

💃🕺 Obradoiro de baile tradicional a cargo de Gabriel Reboredo.

🍂 Obradoiro de técnicas con barro e palla a cargo de Guido Alfonso.

⚱Obradoiro de cerámica a cargo de Ceniza de Papel.

⚙Obradoiro de reconversión de caucho en complementos bdsmeros a cargo de O garaxe de Santa Águeda.


13.30 HORAS
.
.
🎵SESIÓN VERMÚ CON ACTUACIÓN MUSICAL de Pansenfron

Degustación de Galletas Mariñeiras

Achégate a coñecer o pan dos antigos mariñeiros, o que se lles conservaba fresco nas súas travesías, de forma natural.

Saborea, goza e coñece as diferentes variedades deste pan de barco: as Galletas Mariñeiras. Un produto natural, sen aditivos, sen azucres engadidos, e galego. Agardámoste!


15.30 HORAS
.
.
🎪ESPECTÁCULO DE MAXIA E CONTACONTOS "O ritmo do Camiño".


DAS 16.30 ÁS 20.30 HORAS
.
.
⛳ECOXINCANA e degustación

Pensas que xa o sabes todo sobre agroecoloxía? Atrévete a xogar co Craega a unha xincana ecolóxica que tomará a carballeira do festival para poñer a proba as túas habilidades ao tempo que o pasas en grande.

- Para todos os públicos.
- Vas a pasalo moi ben e, sobre todo, a aprender moito.
- Cando remates, poderás degustar unha merenda ecolóxica da man do chef Martín Mantilla na food truck #CRAEGA.

A agricultura ecolóxica respecta o medio ambiente e garante o benestar animal. Motor de desenvolvemento rural, en Galicia constitúe un sector estratéxico para loitar contra o despoboamento.

17.00 HORAS
.
.
🎵Laura LaMontagne & Pico Amperio

Neste primeiro proxecto xuntes, Laura LaMontagne e PicoAmperio, abordan campos musicais diferentes que oscilan entre a tradición galego portuguesa das cantigas de amigo, ritmos electrónicos e ambientes íntimos provocados pola evolución das superficies de loops musicais. Poesía propia e adaptacións de Rosalía de Castro, Lorca, Pessoa, Martín Codax; raiba e desacougo dunha viaxe turbulenta coma a vida. Mesturas conectadas á realidade maquinal e tecnolóxica para contar historias, simplemente, porque o precisamos.

18.30 HORAS
.
.
🎭Carmen Conde representará o seu espectáculo "Tabú", froito de seis meses de recollidas a mulleres galegas de entre 70 e 95 anos. Conversas na cociña en torno ao amor, o sexo, a confusión na xuventude e a violencia nas relacións.

20.30 HORAS
.
.
📃Lectura do manifesto e entrega de Premios á visibilidade agrocuir.


21.00 HORAS
.
.
🎵CONCERTO DE OMIRI

Omiri é un dos proxectos máis orixinais de reinvención da música tradicional portuguesa. Para reinventar a tradición, nada mellor que contar no propio espectáculo cos verdadeiros intervintes da súa cultura: músicos e sons de todo o país, tocando e cantando como se formasen parte de un mesmo universo. Pero non en carne e oso, mais sí en son e imaxe, con recollidas transformadas e manipuladas em tempo real, servindo de base para a composición e improvisación musical de Vasco Ribeiro Casais.

Tamén se propón un baile onde todos os temas tocados son bailables, segundo o ritmo e o balance dos bailes tradicionais e non só (Repasseados, Drum n’bass, Malhões, Viras, Break
Beat, Corridinhos...).

Omiri é, por enriba de todo, remix, a cultura do século XXI, ao misturar nun só espectáculo prácticas musicais xa esquecidas, tornando-as permeables e acesibles á cultura dos nosos dias, isto é, sincronizando formas e músicas da nosa tradición rural coa linguaxe da cultura urbana.

22.30 HORAS
.
.
🎺🎻CANTOS DE TABERNA. Numerosos grupos de música tradicional trasladarán a actividade dende o Souto do Caracacho ata os diferentes bares da vila de Monterroso, onde se poderá seguir bailando, comendo e bebendo.

01.30 HORAS / ÁREA NATURAL A PENEDA
.
.
📀SESIÓN GOLFA
DJs Yiría Imaná e DJ Neto do Rubio.



Monterroso
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal