>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Luar Na Lubre - SacroXira nos Mosteiros

(ultima actualización: 3 / 8 / 19 )





Luar Na Lubre ofrece unha serie de concertos baixo o nome ‘SacroXira nos Mosteiros’ para presentar o seu último traballo ‘Ribeira Sacra’ en diferentes mosteiros da comarca, como o de Santo Estevo de Ribas de Sil / Nogueira de Ramuín (8 de agosto), Santa María de Montederramo (13 de agosto), Patio de Armas do Parador de Turismo de Monterrei (30 de agosto), San Pedro de Rocas / Esgos (15 de setembro), Santa. María de Xunqueira de Espadanedo (20 de setembro) e Igrexa San Francisco de Betanzos (16 de novembro).
O traballo ‘Ribeira Sacra’ contou coa colaboración de destacados artistas como o asturiano Víctor Manuel, a cantautora galega Ses, a Coral de Ruada de Ourense, o músico coruñés Nani García, a asturiana Marisa Valle Roso ou Carlos Gandón e Xoán Antepazo da banda heavy galega “Astarot”.

Desta volta e nesta ‘SacroXira nos Mosteiros’ diferentes colaboracións enriquecerán o espectáculo tanto dende o punto de vista musical como escénico. Os felos de Maceda e Esgos, a inesquecible e única figura do afiador ou os cacharreiros de Niñodaguia, formarán parte destes eventos dando unha interesante achega etnográfica en combinación coa parte musical e visual.















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal