>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

XIV Festa da Pandeira en Piornedo (Cervantes. Lugo)
https://festadapandeira.wordpress.com

(ultima actualización: 22 / 8 / 19 )





Sábado 24 de agosto

Como cada ano, o penúltimo sábado de agosto é úa data marcada no calendario, na que Piornedo (Donís, Cervantes) se transforma en capital das músicas da montaña. O protagonismo é prás mulleres que conservaron letras ancestrales iun xeito de interpretalas á pandeira que asombra a leigos e entendidos.

Este 24/08/2019 haberá novidades. A primeira sesión da tarde reunirá as tocadoras veteranas nun coloquio con inerpretaciois. A segunda parte reunirá os músicos e bailaríns que colaboran habitualmente nesta festa, preparando o ambiente prá parte final, na que participan os novos grupos. Manteremos os obradoiros á mañá (pandeira e baile) ios pinchos ia polavila á noite, pre que poidades improvisar agusto. A festa está servida!

Na decimocuarta edición homenaxeamos a María de Alonsico, de Suárbol (Candín). Como mutias mulleres da montaña, María adeprendeu os toques de pandeira cuando era rapaza, mais o matrimonio ia emigración fizeron que deixase de tocar. Inda hoi recorda as cántigas da mocidá, que ten interpretado numerosas veces na Festa da Pandeira, na que vén participando desde 2011.





Piornedo
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal