>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

IX Concurso de Música e Baile Tradicional Galego en Cataluña
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 5 / 3 / 09 )





A Federación de Entidades Galegas de Catalunya organiza o IX Concurso de Música e Baile Tradicional Galego en Cataluña, aberto a todas as entidades que en calquera parte do mundo dedícanse a difundir a nosa música tradicional. Terá lugar o 17 de maio de 2009 no Auditori de Cornellà ás 10 h. Os concursantes terán que levar traxes tradicionais galegos e empregar instrumentos tradicionais galegos.

Debido as múltiples categorías do concurso e a variedade de grupos que se rexistran o número de inscricións máximo, por categoría, é de 10 participantes e será rexida en orden de chegada das inscricións.
O prazo de inscricións será do 1 de abril ata o 17 de abril de 2009, por e-mail: concurso@fegalcat.org, ou no fax 934 310 434. A cumplimentación de todos os datos da folla de inscrición é imprescindible.

Podedes consultar as bases completas aquí.

Organiza:
FEDERACIÓN DE ENTIDADES CULTURAIS GALEGAS DE CATALUNYA
Rúa Córcega 168, 1º 4ª. 08036 Barcelona
Teléfono 933 214 350 Fax:933 636 206
concurso@fegalcat.org














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal