>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Presentación do libro Ericia, de Xosé Luí­s Ramos Suárez

(ultima actualización: 15 / 7 / 19 )





O vindeiro mércores 17 de xullo ás 19:30 presentación de ERICIA, PRIMEIRO LIBRO, O TRÁNSITO, polo seu autor Xosé Luís Ramos Suárez., será en Cántigas da Terra na Rúa de Ramón del Cueto 31, Monte Alto, A Coruña.
"ERICIA é un conto de fantasía, configurado en forma de triloxía na que se ofrece unha versión moi particular e “lóxica” de moitos mitos, lendas e historias, dende Adán e Eva (Ames e Abes), Caín e Abel, e outras historias da Biblia, do Ramayana e do Mahábharata, do Leabhar Ghabhála Érenn, así como de “Os textos das pirámides” e o papiro 10188B do Museo Británico, coñecido como Papiro Bremner-Rhind, entre outros. Neste primeiro libro, O TRÁNSITO, nárranse as vicisitudes dun grupo de 400 persoas desta época nos tempos do Neolítico galaico e a súa repercusión na evolución de acontecementos que chegaron a nós a través de lendas e escuros relatos."



Local de Escolas da Terra. A Coruña
Abrir mapa en navegador

- Cántigas da Terra -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal