>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Carlos Núñez en Campo Lameiro (Pontevedra)

(ultima actualización: 11 / 7 / 19 )





Domingo 14 de xullo ás 19h
Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro


O concerto será completamente en acústico e terá lugar en diferentes emprazamentos do Parque Arqueolóxico, así que se aconsella só para persoas cunha mobilidade e capacidade auditiva normais e para nen@s a partir de 7 anos. Asimesmo aconsellamos levar un coxín ou toalla para poder sentarse no chan.

Antes do concerto, ás 18.30 o arqueólogo especialista en petroglifos Manuel Santos Estévez e Carlos darán unha charla, que é opcional e gratuita. Froito das investigacións e aprendizaxes para escribir ¨La Hermandad de los Celtas¨, Carlos Nuñez coñeceu a este mestre arqueólogo. Dende entón, Santos abriu a Carlos todo un mundo de recentes descubrimentos que demostran que existe unha continuidade e unha evolución dende a prehistoria ata hoxe en expresións vinculadas ao chamado "Rock Art" tan notables como a música, o folklore, ou a literatura oral.

Ao rematar o concerto, os que queirades poderedes facer unha visita nocturna dos petroglifos guiada polo persoal do Parque a un prezo de 10 euros a entrada para os adultos e 8 euros para os nenos, sendo obrigada a reserva previa no seguinte número de teléfono 886 151 195 ou o correo electrónico reservas@paar.es.



Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro
Abrir mapa en navegador

- Carlos Núñez -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal