>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

XXVI Festival Río Castro (Narahío. San Sadurniño)
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 3 / 7 / 19 )





Sábado 6 de xullo


Achegádevos a Narahío a pasar unha boa xornada de colegueo. Sendo respectuosos con toda a xente e coa veciñanza,sendo respectuosos tamén co entorno e medio. Se non vides con esa idea ,xa sabedes,quizas tedes que buscar outro sitio no que vos atopedes máis comodos noutro lugar.

Vémonos en Narahío o sábado 6 de xullo para pasar unha boa xornada!


Desde primeiras horas da mañá convidámoste a que veñas de merenda á beira do río Castro. Porén, para irmos quentando motores de cara á troula da noite, neste 2019 volvemos ter unha pequena sesión vermú a iso das 14.00h. cos Feroces da Galgueira e un entretido obradoiro de baile tradicional para aprendermos os puntos básicos.

A partir das 15’30, Odaiko Crea faranos pasar unha tarde ben entretida con xogos e actividades pensadas para grandes e pequenos

Cara ás 17'30 teremos a actuación dos Trotaventos, un proxecto musical que nos trae ritmos que nin son para rapazada nin para papás e mamás, senón para soñadores e soñadoras, teñan a idade que teñan.

Ao remate do espectáculo, a iso das 18'30 empezará un dos apartados máis exitosos do noso festival, o campionato de xogos populares. O concurso de xogos e deportes populares pón a proba a forza e a pericia de quen queira sentar cátedra co tronzador, tirando á corda ou petando na chave. O importante é participar, pero lembrade que tamén haberá premios para os equipos gañadores en cada proba. Este ano, como novidade, os equipos deberán ser mixtos e paritarios en cada modalidade: 2 persoas/equipo na chave (home e muller), 2 persoas/equipo no tronzador -obvio- (tamén muller e home) e 6 persoas/equipo no tiro á corda (tres mulleres e tres homes).

Ás 22'30 empezaremos cos concertos nocturnos, no apartado Grupos tedes máis información sobre todas as formacións que nos acompañan nesta edición: Lenda Ártabra, Os Melidaos, Tiruleque e Mekanika Rolling Band.



Narahío
Abrir mapa en navegador

- festivais- Festival Río Castro- Lenda Ártabra- Os Melidaos- Tiruleque- -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal