>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Queiroa na Rúa (Sada)

Ver en Facebook

(ultima actualización: 3 / 7 / 19 )





Sábado 6 de xullo


Pois xa estamos cociñando o noso día de Queiroa na Rúa! Como cada ano, toda a asociación botámonos as rúas de Sada para amosar todo o que sabemos da nosa cultura tradicional!
Comezaremos ás 12:00h da mañá cun desfile por diferentes zonas de Sada, onde pararemos para botar unhas pezas, desde as máis pequenas ata as máis grandes da Asociación!
Ás 20:00h, detrás da terraza, dará comezo o noso Festival Tradicional, para o cal contaremos coa presenza da Asociacion Cultural Retranqueiros
E para darlle remate ao día, ás 22:00h, desfrutaremos do concerto de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre
Non fagades plans! O día 6 de xullo tedes unha cita en Sada que non podedes perder!



La Terraza Café-Jazz
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal