>> Iniciar Sesión  




+     

 


 



XIV Encontro de Danzas do Mundo no Carballiño

Ver en Facebook

(ultima actualización: 13 / 6 / 19 )



Venres 21 ao domingo 23 de xuño na Residencia de Tempo Libre de Carballiño


Monteira, Grupo de Danzas do Mundo, organiza a que vai ser a décimocuarta edición do Encontro de danzas do mundo na Residencia de Tempo Libre do Carballiño(Ourense), concibido para compartir momentos de música, baile, ou simplemente para estar xuntos, aberto a todas as persoas que se queiran apuntar, independentemente da súa habilidade para a danza.
Coma sempre, faremos obradoiros de danzas e tamén teremos música en directo.
Se tocades algún instrumento animádevos a traelo!
Reunirémonos alí desde o venres día 21 de xuño pola tarde, ata o domingo día 23 tamén de tarde.
O custe de toda a fin de semana, con pensión completa, en habitacións dobres ou triplas, incluíndo obradoiros, festas, etc. é de 75 euros por persoa adulta; unha proposta ben económica, pois a Residencia está moi coidada, a paisaxe e o entorno son moi agradables e o goce musical está garantido.
Os nenos menores de dous anos non pagan e o custe para os que teñen entre 2 e 12 anos é de 40 euros.
Os socios de Monteira teñen o encontro bonificado: o custe para adultos é de 60 euros a fin de semana completa e de 30 os nenos entre 2 e 12 anos.
O prazo para anotarse remata o día 14 de xuño.
Para facelo, agradeceríamos que cubrades a través de internet o seguinte formulario: https://forms.gle/6gBxGnW8yzwMnyFx9
Ao mesmo tempo, debedes ingresar o importe total que vos corresponda na conta bancaria de Monteira en Abanca, número ES03. 2080.5075.12.3040022402, ou se vos cadra mellor pagalo en efectivo no local habitual de Monteira, na Salgueira (Vigo).ou, se non dispoñedes de acceso á rede, podedes contactar con Pili Otero (696442231) e facilitarlle o DNI, nome completo, franxa de idade na que están (menores de dous anos, entre 2 e 12, de 12 a 18, maior de 18), teléfono e correo electrónico, se o teñen, das persoas que van ir, así como restricións na comida se houbese. Se tedes algunha dúbida podedes tamén consultala por internet no correo monteiraencontros@gmail.com.
Recordade que se alguén desexa menú vexetariano debe solicitalo ao rexistrarse, ou se ten algún tipo de restrición na súa comida, pois alí xa non poderá modificarse.
Informamos a todos os asistentes que nesta sesión unha persoa da organización gravará os obradoiros de danzas co fin de compartir logo os videos aos inscritos que estean interesados e que tamén se farán fotos para fins divulgativos .
A inscrición no Encontro implica a aceptación das normas aquí expostas.
Animádevos a unha festeira fin de semana de danzas!
E divulgádeo e compartídeo cos amigos nas redes sociais. Cantos máis sexamos mellor o pasaremos.



Residencia de Tempo Libre de Carballiño
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova









Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal