>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

GILBERTO GIL en Vigo

(ultima actualización: 15 / 6 / 19 )





Martes 16 xullo ás 21:30h no Auditorio Mar De Vigo

Símbolo e lenda da música popular brasileira, ex ministro de Cultura… a influencia de Gilberto Gil nas artes brasileiras é infinita.Este ano inicia de forma excepcional unha xira por Europa co disco ‘Ok ok ok’ (2018) co que regresa logo dunha convalecencia que ameazou a súa vida. Con este novo traballo volve ao top mundial da música, con temas que falan da familia, das amizades, da vellez ou da enfermidade, pero tamén contra as patrullas ideolóxicas.

GRANDE DA MPB

Gilberto Gil é un dos grandes da música popular brasileira.O seu primeiro disco, ‘Louvação’, foi lanzado en 1967. Mais antes, en 1963, coñecería ao seu amigo Caetano Veloso na Universidade da Bahia. Con el iniciou o movemento tropicalista que marcaría unha nova era na música e nas artes do Brasil.
Na súa carreira musical gravou 60 discos dos que se venderon máis de 4 millóns de copias. Ten 9 Grammys no seu haber. Tamén foi ministro de Cultura do seu país, foi nomeado Artista da Paz pola UNESCO en 1999, e ademais é Embaixador da FAO.




Auditorio Mar De Vigo
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal