>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Serán´02 en Compostela

Ver en Facebook

(ultima actualización: 12 / 6 / 19 )





Venres 28 de xuño ás 13h na Cidade da Cultura


As bandas de música serán as grandes protagonistas do Serán´02. Encontro Galego de Cultura Popular. O evento, promovido pola Xunta de Galicia para impulsar e pór de relevo a cultura galega de base, volve á Cidade da Cultura de Galicia.

Baixo a dirección artí­stica de Quique Peón, o Serán´02 terá lugar o 28, 29 e 30 de xuño e incluirá concertos de bandas tanto galegas como de fóra de Galicia, así­ como de agrupacións infantí­s. Talleres para a cativada, clases maxistrais, obradoiros de baile, conferencias, unha exposicións de instrumentos antigos e un gran baile na Praza Central do Gaiás completarán o programa desta nova entrega que se desenvolverá en distintos espazos do complexo, incluí­ndo o Auditorio ao aire libre do Xardí­n do Teatro, que se encontra agora mesmo a punto de rematar as súas obras.

Serán´02 procura así­, en palabras de Quique Peón “poñer en valor unha manifestación artí­stica tan arraigada na cultura galega como son as bandas de música, que en moitos casos naceron das pequenas charangas ou murgas que habí­a en tantos lugares da xeografí­a galega”. A dí­a de hoxe, moitos músicos galegos tocan nas mellores bandas do mundo e as bandas galegas están consideradas entre as mellores de Europa polo seu alto nivel artí­stico. Segundo estimacións da Federación Galega de Bandas de Música, en Galicia contamos a dí­a de hoxe con máis dun cento de agrupacións que aglutinan a uns 8.000 músicos e no seo das que aprenden música uns 5.000 nenos e nenas.



Cidade da Cultura de Galicia
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal