>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Concerto de Leilí­a na Coruña

(ultima actualización: 7 / 6 / 19 )





Venres 7 de xuño ás 20:30h
Teatro Colón A Coruña


Leilí­a emprende esta nova aventura coa mente posta nun novo espectáculo que bota a mirada ás súas orixes e ao percorrido que levan feito xuntas desde xa hai 30 anos.

"CantarElas" é o tí­tulo deste novo espectáculo no que mesturan os seus temas máis emblemáticos con novos temas, co toque actual de Leilí­a. "Con eles queremos celebrar o noso aniversario, pechar o cí­rculo conectando a orixe coa actualidade pasando polas diferentes sonoridades do grupo".

Leilí­a conví­danos a viaxar unha vez máis da súa man a través das melodí­as, da evolución sonora, dos cambios escenográficos... e a percorrer a súa historia, unha historia chea de fabulosos momentos grazas ao seu público sempre fiel, un público ao que queren agasallar con esta nova viaxe músical!!



Teatro Colón A Coruña
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal