
Venres 31 de maio ás 21h Casino 1889
O próximo 31 de maio teremos o pracer de desfrutar do grupo folk De Ninghures no Casino 1889.
De Ninghures son unha agrupación de música tradicional conformado por xente nova comprometida coa música, o baile e a lingua galega. Son Marta ílvarez, Eva Bolón, Ana Fariña, Manuel Fernández, Hadrián García, Aldara Palmeiro, Alberto Liñares, Manuel Lucas, Adrián Méndez e Tomé Mouriño, mozas e mozos de Bergantiños, A Fonsagrada e Compostela. Beben da música tradicional con ritmos de maneos, xotas e muiñeiras que elas mesmas van arranxando.
Acaban de gañar o V concurso "Novos valores" do Festigal 2019, proclamado mellor festival galego nos Premios Martín Códax, e veñen con moitas ganas a tocar na que tamén é a súa casa.
Prezo da entrada: 3 euros.
Bulide! Aforo limitado!
|