>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

VII Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés (Vigo)

Ver en Facebook

(ultima actualización: 24 / 5 / 19 )





Este domingo, día 26 de maio, vai ter lugar unha nova edición do noso Concurso de Canto e Percusión Tradicional, coma sempre, será no Auditorio do Teatro Afundación (Vigo), que ten a entrada pola rúa Marqués de Valladares.

Ao igual que en anos anteriores, no VII Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés, teremos dúas sesións, a da mañá que dará comezo ás 11 h. coas Categorías A e B, que corresponden aos grupos formados por rapaces e rapazas ata 16 anos, e a da tarde coa Categoría C que comezará ás 17 h., que comprende os grupos con integrantes maiores de 17 anos. En ámbalas dúas sesións haberá unha pequena exhibición, mentras delibera o xurado, por parte do noso grupo de pandereteiras (pola mañá) e o noso grupo de pandereteiros (pola tarde).



Teatro Afundación Vigo
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal