>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

X CONCURSO DE MUSICA TRADICIONAL DA A.X. XIRADELA
Fonte / M�is informaci�n

(ultima actualizaci�n: 23 / 2 / 09 )





X CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL

GRUPOS DE PANDERETEIRAS
CUARTETOS DE GAITAS
GAITEIROS SOLISTAS

BASES

1. É un concurso no que poderán participar grupos de asociacións xuvenís, culturais e recreativas, folclóricas, de veciños, etc..., que o desexen.

2. Constará de tres modalidades: grupos de pandereteiras, cuartetos de gaitas (deberán estar formados por: dúas gaitas, tambor e bombo) e gaiteiros solistas (poderán levar, ou non, un acompañamento de percusión).

3. Na modalidade de pandeireta haberá catro categorías, que dependerá da idade da maioría dos compoñentes:

CATEGORÍA A: ata os 10 anos.
CATEGORÍA B: de 11 a 13 anos.
CATEGORÍA C: de 14 a 17 anos.
CATEGORÍA D: de 18 anos en diante.
Nas modalidades de cuartetos de gaitas e gaiteiros solistas, haberá unha soa categoría sen límite de idade.

4. Os grupos participantes poderán ser: femininos, masculinos ou mixtos, sendo obrigatorio o uso do traxe tradicional.

5. Os participantes poderán concursar en tódalas modalidades, sen embargo non poderán concorrer en máis dun grupo en cada unha delas. Na modalidade de cuartetos de gaita, sí poderán participar en máis dun grupo, sempre e cando non sexa tocando o mesmo instrumento.

6. Os premios serán os seguintes:
PANDERETEIRAS:
CATEGORÍA A e B: 1º premio: Trofeo e 200 €
2º premio: Trofeo e 150 €
3º premio: Trofeo.
Premio ó mellor vestiario en cada categoría

CATEGORÍA C e D: 1º premio: Trofeo e 250 €
2º premio: Trofeo e 150 €
3º premio: Trofeo.
Premio ó mellor vestiario en cada categoría

CUARTETOS DE GAITAS:
1º premio: Trofeo e 250 €
2º premio: Trofeo e 150 €
3º premio: Trofeo.
GAITEIROS SOLISTAS:
1º premio: Trofeo e 200 €
2º premio: Trofeo e 150 €
3º premio: Trofeo.

7. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos, para interpretar a/ás peza/s coas que tomará parte no certame. O grupo que sobrepase dito tempo quedará descalificado.

8. No momento da calificación o xurado terá en conta:
- Autenticidade da peza, que terá que ser tradicional (no caso dos cuartetos de gaitas e gaiteiros solistas a peza pode ser recollida ou de composición).
- Dificultade da mesma.
- Afinación e interpretación.

9. O concurso terá lugar o día de 5 Abril de 2009 ás 17:00 para os Cuartetos de Gaitas e Gaiteiros Solistas, e o día 19 de Abril de 2009 con horario de mañá e tarde, (aínda por determinar) para os Grupos de Pandereteiras, no Centro Cívico Cultural de Arteixo. A hora de presentación, orde e normas serán enviadas previamente.

10. A folla de inscripción deberá chegar debidamente cumprimentada ó local da Asociación (Polígono de Sabón, 5 15142 Arteixo), antes do 20 de Marzo de 2009. Poderanse enviar tamén os seguintes correos electrónicos:
concursogaitacuartetos@yahoo.es
concursogaitasolista@yahoo.es
concursopandeireta@yahoo.es
(segundo a modalidade na que se participe)

11. O xurado será nomeado pola A.X. Xiradela, e os seus fallos e acordos serán inapelables.

12. A participación no concurso implica a total aceptación destas bases. Non se admitirá ningún cambio fora do prazo de inscripción. Asimesmo, a organización resérvase o dereito de esixir o D.N.I. ou o libro de familia de calquer participante, que semelle dúbida da idade, ben a requerimento de calquera agrupación, membro do Xurado ou que estime oportuna a Comisión
Organizadora, en caso de negarse ou non presentalo quedará descalificado.

13. Unha vez rematada a actuación de tódolos participantes e a avaliación do Xurado darase a coñecer os nomes dos gañadores, facéndose entrega dos premios acadados. O día de 5 de Abril de 2009 daranse a coñecer os premios dos Cuartetos de Gaitas e Gaiteiros Solistas e o día de 19 Abril de 2009 os de Pandereteiras. (Categoría A e C pola mañá e categoría B e D pola tarde).

14. Nesta convocatoria non participarán os grupos da A.X. Xiradela.

15. Calquera dúbida que queirades consultar será atendida pola A.X. Xiradela nos teléfonos:
Teléfono: 981 64 11 25
Tlf. Móbil: 646 87 59 53 (mañás) / 676 23 37 48 (tardes)
Correo electrónico: xiradela@yahoo.es


- Xiradela -


NOVAS RELACIONADAS:



Resultados Concurso Xiradela
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=60366


Resultados do X Concurso de Música Tradicional Xiradela de Arteixo na sección de Pandereteir@s

Pode haber algún erro e falta algún grupo por colocar, se vos decatades dalgo avisade nos comentarios:

Cat. A: ata os 10 anos.
1º QUINTÁN da ANPA do CEIP Mondego de Sada
2º Cantaruxeiras da A.C. Donaire
3º CHUCHAMEL da A.X. Xacarandaina
vestiario: TEIRÓN da ARCD San Martín de Razo

Cat B: de 11 a 13 anos.
1º PEDRAVIXÍA da AC Adro de Baio
2º MORAZÓN da AMDT Queiroa Mondego
3º GRUPO C da Escola de Muiñeira Cantigas e Agarimos
vest: GRUPO A da AC A Ponte Vella

Cat C: de 14 a 17 anos.
1º+vest AXEITADIÑAS da AC Donaire
2º Grupo B de Muiñeira Cantigas e Agarimos
3º TAÍN da AC Adro de Baio

Cat D: de 18 anos en diante.
1º LILAINA da AC O Castro
2º OS MUIÑOS DE OLIVEIRA
3º VELAÍ VEN da AC Donaire
vest: GRIALIA















COMENTARIOS:



Categoria D:2ªA do Centro A Ponte Vella

Enviado o 22/4/10 ás 14:08h





 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal