
Venres 10 de maio ás 21h no Centro Ágora (Concello da Coruña) Concerto De balde (Con INVITACIÓN)
O Servizo de Normalización Concello da Coruña organiza, con motivo do Día das Letras Galegas e para promover a lectura en lingua galega, o AgoraSón Primavera que este ano contará coas Tanxugueiras en concerto.
Para conseguir os convites, tedes que ir, desde este luns 29 abril até o 9 de maio, a unha das Bibliotecas Municipais da Coruña e retirar materiais en galego. Por cada carné de socia/o da biblioteca, daranvos dous convites de agasallo.
De sobraren convites, estarán ao dispor do público xeral o mesmo día do concerto (10 de maio) a partir das 20.00 h na entrada do auditorio do Centro Ágora.
|