>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Programación de abril en Crechas (Compostela)

(ultima actualización: 16 / 4 / 19 )





PROGRAMACIÓN DE ABRIL DE 2019
Reservas aquí: reservascrechas@gmail.com

MÉRCORES 3, 10, 24 22:30 1,50 €
FOLIADA COA BANDA DAS CRECHAS

XOVES 4 21:00 5€
TATO LÓPEZ & CIA
Tato López presenta o que será o seu próximo traballo e que neste concerto na Casa das Crechas, fará unha presentación dalgúns dos temas que o conforman. “Rebelión” é o nome co que vai dar esta volta ao mundo coas súas cancións, que van desde o gipsy ata o tango, dende a zamba argentina ata o folk. Cun claro son de músicas de fusión. Temas que tocan directamente coa realidade e coa poesía da vida cotiá que representa sempre o seu traballo.

DOMINGO 7, 14, 21, 28 21:00 5€
JAZZ CON SUMRRA

XOVES 11 21:00 5€
VUDÚ (“Vudú vol iii”)
Vudú son Belém Tajes –voces e teclado- e Maritxinha –baixo e loops-. No ano 2016, a banda faise co premio á mellor canción en Galego por ‘Eu son VooDoo’ no certame Musica Xove e ao ano seguinte, acadan o Premio Martín Códax da Música galega na categoría Blues/Funk/Soul. Deste xeito conseguen consolidarse no seu estilo, íntimo e elegante, e comezan a explorar novos formatos en directo até chegar á proposta que as define na actualidade: música íntima e elegante para ‘grandespequenos’ momentos.

VENRES 12 21:00 5€
INCONEXIÓN (L.A.R. LEGIDO e MANUEL AMIGO)
Despois de tantos anos e centos de concertos, LAR Legido (Sumrrá) e Manuel Amigo (Banda das Crechas) deciden xuntar os dous mundos crechianos nun espectáculo inconexo no que contarán con colaboracións moi especiais. Música, porque sí. Cante, porque sí. Alegría inconexa, por que non?.

MARTES 16 21:00 6€
CAYUCO
CAYUCO é o nome dunha embarcación dun só tronco usada polos africanos para cruzar as fronteiras, pero tamén é o nome do novo grupo formado por Sérgio Tannus (guitarra eléctrica, viola caipira, mandolina, baixo e voz), Maurício Caruso (guitarra eléctrica e baixo) e LAR Legido (batería). Como o propio nome din, a proposta musical é xustamente viaxar, romper os límites da musicalidade. Deixarse levar e navegar por tódolos continentes e estilos musicais. Dende África á Europa, Brasil a Galiza...sen fronteiras. CAYUCO é utopía. CAYUCO é o noso pase para a liberdade!

XOVES 18 21:00 5€
FLORES ROTAS. “Flores rotas Jim Jarmusch inspiration music”
Dúo de improvisación, que basa a súa música no imaxinario fílmico do cineasta norteamericano Jim Jarmusch. Non tocan as músicas dos filmes; simplemente, déixanse levar polo que as imaxes, historias, e os propios títulos das películas lles transmiten, dándolle unha nova dimensión á interpretación que fan na linguaxe da improvisación libre, onde case todo é posible para levar á audiencia por unha ruta que vai do branco e negro a cor, do absurdo á poesía.
Eles son:
Margarida Mariño: violonchelo + electrónica
Pablo “Sax” F. Sinde: saxofóns, percusións + electrónica


SÁBADO 20 21:00 6€/8€ (Girando por Salas)
AURORA
Aurora reúne un grupo de talentos xurdidos da Escuela Superior del Taller de Músics. O novo cantaor Pere Martínez, Max Villavecchia ao piano, Javi Garrabella ao baixo e Joan Carles Marí á batería. Acompañados por Jose Manuel Álvarez ao baile emprenden esta nova aventura musical que viaxará polas cancións máis populares do compositor Manuel de Falla para evolucionar cara a linguaxes que transgreden as sonoridades tradicionais e explorar a fusión con outras estéticas. Además da obra do compositor de Cádiz, Aurora tamén homenaxeará outras figuras destacadas como Lorca, Albéniz e Pedrell. A formación levará as composicións a un terreo cercano ao jazz e ao flamenco, afastándose do clásico pero conservando a identidade.

XOVES 25
CELEBRAMOS a Revolución dos cravos

VENRES 26 21:00 3 €
DEQUENVESSENDO
Dequenvessendo é un novo grupo de folk creado na Coruña e formado por sete compoñentes: Miguel Rosales Reboiras (acordeón e teclado), Pablo Rosales Reboiras (zanfona, whistle e gaita), Miguel Ocampo Bermúdez (percusión), Bieito Romero Diéguez (frauta traveseira e gaita), Nathael Regueiro Arguibel (guitarras), Irene Cerqueiro Espinosa (frauta, teclado e voz) e Javier Ferreiro Barreiro (son) a partir da A.C. Triskell de Armentón, Arteixo.





Casa das Crechas
Abrir mapa en navegador

- dequenvessendo -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal