
O sábado 6 de abril no Teatro Colón celebrarase unha gala na que se presentará o disco ’40 anos Xacarandaina’ na que participarán máis de 50 artistas entre pandereteiras, músicos, gaiteiros, percusionistas, cantareiras e coro. Será unha gala creada para a ocasión na que o obxectivo principal será promover e divulgar a noso arte inmaterial, facendo que o espectador viaxe no tempo a través das melodías e ritmos de Galicia. Actuarán máis de cincuenta artistas entre pandereteiras, músicos, gaiteiros, percusionistas, cantareiros e coro.
Para isto farase unha escolla de entre máis de 1000 melodías diferentes de todo o territorio galego, froito do traballo de campo que fixo Xacarandaina ao longo da súa historia. A singularidade deste espectáculo será volver poñer enriba das táboas músicas e cancións que se estrearon hai anos e que non se volveron a tocar, poñéndoas outra vez en repertorio, e así poder amosar a evolución da música tradicional galega escénica desde 1979 até hoxe en día, facendo un espectáculo de grande valor escénico, histórico e etnográfico.
Con un deseño de luces creado ‘ex profeso’, unha coidada posta en escena e os sucesivos cadros do espectáculo, conseguiremos que esta Gala do 40 aniversario de Xacarandaina sexa algo único e que espectador aprenda e disfrute a un tempo.
|