>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Unha homenaxe á Librarí­a Andel (Vigo)

Ver en Facebook

(ultima actualización: 22 / 3 / 19 )





O Ateneo Atlántico e Ora Galega queremos xuntarnos para encher Andel Libraría de palabras e música: así este venres 22, ás 20:00h organizamos alí un recital poético e músical para agradecer o seu labor impagable pola lingua galega e despedi-la como se merece.

Vinde a escoitar versos recitados por Marga do Val, Andrea Costas, Marcos de la Fuente, Clara Do Roxo, Antonio García Teijeiro, Lola Villar, Xavier Rodríguez Baixeras e moitos amigos máis, xunto con Pepe Cáccamo como presentador e a música de Santiago Ferragud e Carmen Penim.

Abrirase o micro tamén para quen queira ler versos, e sobre todo invitar a todo o público a mercar un libro, pois non hai forma mellor de celebrar nunha libraría.






Andel Librarí­a
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal