>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Roi Casal en Vilagarcía
http://vilagarcia.es/novas/rtdo2.asp?idnoticia=10598

(ultima actualización: 9 / 3 / 19 )





O Auditorio de Vilagarcía acolle este sábado, 9 de marzo, unha gran cita musical. Trátase do concerto “Son galego, son cubano” co que Roi Casal funde folclores e culturas en recordo dos milleiros de emigrantes galegos que cruzaron o Atlántico para facer fortuna na illa caribeña e como homenaxe ao escritor Xosé Neira Vilas, que tamén pasou parte da súa vida en Cuba. O aplaudido espectáculo do músico catoirense, que xa xirou por decenas de cidades de España e de Latinoamérica, regresa a Vilagarcía tras o éxito acadado no seu anterior concerto na Xunqueira de hai dous anos.

Roi Casal elixiu o Auditorio de Vilagarcía e o Teatro Nacional de La Habana como os dous lugares nos que gravará os seus últimos concertos de “Son galego, son cubano” para editar o disco en directo deste magnífico espectáculo. Para a ocasión, o catoirense despregará o maior dos formatos deste concerto no que intervirán 12 músicos galegos e cubanos tocando en directo. Ademais, o espectáculo do sábado incorporará unha sección de baile.

As entradas para este concerto pódense adquirir de forma anticipada a través de ticketea.como e do teléfono 902044226. O billete de adultos custa 12 euros, o infantil (de 3 a 12 anos) 6 euros, e a entrada para os menores de 3 anos será de balde (previa retirada de invitación numerada. De non esgotarse antes do sábado, as entradas tamén se porán á venta ese mesmo día na billeteira do Auditorio a partir das 19:00 horas. O concerto comezas ás 21:00 horas.



Auditorio de Vilagarcía
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal