O sábado 28 de febreiro, ás 22:00h, terá lugar o xa habitual Festival de Entroido na Casa Cultural da AC OS Muíños de Oliveira. Comezará cunha cea que dará paso á actuación dos direfentes grupos da Asociación, que amenizarán a festa, na que haberá un Concurso de Disfraces. O menú, o típico destas datas: Lacón con grelos. Prezo: 12€ socios e 14€ non socios. Todos aqueles que queirades asistir deberedes poñervos en contacto coa Xunta Directiva para confirmar asistencia no teléfono 986661863.
|