O Concello da Coruña celebra dentro do ciclo "Forum folk '09" unha Foliada de Entroido na que asociacións da cidade encargaránse de poñer a música para facer bailar a todos/as os que se acheguen polo Forum Metropolitano o vindeiro luns de entroido o día 23 a partir das 21:00 da noite.
Animadevos a participar nesta festa do folclore galego, acercate a bailar, a cantar, a aprender, a mirar.... ao que queiras, pero sobre todo a desfrutar da nosa tradición.
Esta é a orde de participación dos grupos de música e as pezas que interpretarán. Recordade tamén que despois da "sección oficial" haberá máis música improvisada.
1. Os Gaiteiriños - Cantiga Mareira - Foliada de Pontevedra
2. Queiroa - Muiñeira Cabaleira - Serán en Toutón
3. Eidos - Forricallo - Xota de Beigondo
4. Cántiga da Terra - Foliada de Viascón (Popular) - Foliada de Meira (Popular)
5. Maghúa - Serán de San Vicente de Oitavén (Fornelos de Montes), composto por xota, ribeirana e valse - Pandereitada de Xirazga (Beariz, Ourense), composta por xota e muiñeira
6. Donaire - Pandereitada de Calvos (Rus, Carballo) - Rúa de Painceiros (Campo Lameiro, Pontevedra)
7. Alén do mar - Xota recollida en Riotorto - Muiñeira dos cinco de Galicia
8. Arestora - pendente - pendente
9. Xasteirazo (Círculo de Actividades de Tempo Libre de Xacarandaina) - Heicho de dar queridiña!! - Polca dos Areeiras.
|