>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Febreiro na Casa das Crechas (Compostela)

Ver en Facebook

(ultima actualización: 1 / 2 / 19 )





PROGRAMACIÓN CASA DAS CRECHAS FEBREIRO 2019

Do 9 ao 28
PEQUENA
Exposición Luis Berroy (pintura)
Inauguración o sábado 9 ás 20 horas.

DOMINGO 3 21:00 5€
XACOBE MARTINEZ ANTELO TRÍO
Xacobe Martínez Antelo Trío presenta o novo repertorio que integrará o seu próximo disco, que gravarán en Marzo de 2019. Esta formación xenuinamente jazzística, é ao mesmo tempo transfonteiriza e pioneira en novos terreos tan sorprendentes como inhabitados. Xosé Miguélez ao saxo tenor, Max Gómez á batería e o propio Xacobe Martínez Antelo ao contrabaixo despregan un abano tan inusual como imaxinativo, para unha proposta musical que non entende de concesións nin edulcorantes, e que se empeña en facer Música dende Galiza para o século XXI.

MÉRCORES 6, 13, 20, 27 22:30 1€
FOLIADA CON BANDA DAS CRECHAS

XOVES 7 21:00 5€
XOANA
Presentación de Dardos, o primeiro disco de Xoana, que ten com principal aliada á lingua galega. Este proxecto promociona o uso da mesma a través dunha variedade musical coa que outorgarlle a posibilidade de abarcar distintos ritmos, que a caractericen como un transmisor de actualidade. Todas as cancións teñen unha mensaxe social, con temáticas que reflicten a nosa realidade, e expresan queixas resumidas no título cunha soa palabra, a modo de dardos.

DOMINGO 10, 17 e 24 - 20:30 5€
SUMRRÁ
SUMRRÁ cumple 100 domingos de residencia artística na Casa das Crechas. 100 domingos que foron forxando unha comunidade entorno ao universo de SUMRRÁ e que sen dúbida impulsaron o trío compostelán a unhas cotas de entrega e dedicación que non terían sido posibles doutro xeito. Os domingos de SUMRRÁ nas Crechas foron o punto de partida e de retorno das súas xiras, o espazo onde xestaron novas músicas, e tamén onde continúa a evolución semana a semana dunha das propostas máis afortunadas da música galega dos últimos 20 anos. 100 domingos ao vivo. Un público inesgotable e insaciable. O tempo que se detén no soto das Crechas. E a música de SUMRRÁ que semella infinita.

XOVES 14 22:00 5€
CLARA PINO & PABLO VIDAL
Pablo Vidal e Clara Pino interpretarán temas do seu último traballo NOWHERE, acompañados de Sabela Dacal ao acordeón e Rafa Otero á guitarra. Neste formato a cuarteto amosarán música de autor con influenzas que abranguen desde o jazz á Música Tradicional.

XOVES 21 21:00 5€
BARAHÚNDA
Barahúnda volve ás Crechas. Desta volta para presentar o seu 4º álbum Onde vai o mar? e celebrar o seu 20 aniversario sobre os escenarios.

VENRES 22 A 21:00 3€
Dequenvessendo
Dequenvessendo é un novo grupo de folk creado na Coruña e formado por sete compoñentes: Miguel Rosales Reboiras (acordeón e teclado), Pablo Rosales Reboiras (zanfona, whistle e gaita), Miguel Ocampo Bermúdez (percusión), Bieito Romero Diéguez (frauta traveseira e gaita), Nathael Regueiro Arguibel (guitarras), Irene Cerqueiro Espinosa (frauta, teclado e voz) e Javier Ferreiro Barreiro (son) a partir da A.C. Triskell de Armentón, Arteixo.

XOVES 28 21:00 5€
SÉSEGA
Sésega é o proxecto multidisciplinar conformado por Charles Rapante e Nuria Vil que basea a súa proposta na improvisación musical e na palabra falada. Presentarán o seu espectáculo "Barco", que integra en directo musica experimental, poesía oral e proxección en super8.





Casa das Crechas
Abrir mapa en navegador

- Sumrrá -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova




- Crechas -






Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal