>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Cuarta Xusta no Aturuxo (Bueu)

Ver en Facebook

(ultima actualización: 1 / 2 / 19 )





Domingo, 3 de febreiro de 2019
Aturuxo Bar (Bueu)


CUARTA XUSTA
Esta agrupación xorde a comezos do ano 2016 como resultado da paixón pola música dos seus integrantes. Así­ pois, Cuarta Xusta comeza a súa andaina versionando temas de grupos coñecidos e sobe por primeira vez ós escenarios no Festival Presume de Galego do mesmo ano, aí­nda que neste momento os instrumentos que se atopaban na banda difiren dos da actualidade, xa que as guitarras eran acústicas e non habí­a nin baixo nin baterí­a.

No 2017 a banda segue a súa andaina musical participando en festivais como o Kurrala Rock, así­ como dando concertos varios e compartindo escenario con outros grupos do panorama galego como Superoito ou Zí«nzar, cuxo vocalista interpretou un tema con Cuarta Xusta no Festival Presume de Galego. A finais deste mesmo ano comeza a preparación para a gravación do seu primeiro traballo discográfico Un novo espertar, a cal se levou a cabo durante o mes de xaneiro do 2018 en Arzúa por Paco Cerdeira. Este foi presentado o 10 de marzo e inclúe oito temas propios que seguen unha marcada liña social e conta con grandes colaboracións do eido musical galego.





Aturuxo Bar (Bueu)
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova




- aturuxobar -






Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal