>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Monográficos da Central Folque - Inverno 2019 (Compostela)
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 31 / 1 / 19 )





Estes son os Monográficos de inverno de 2019 que aCentral Folque organiza en Santiago de Compostela. Cursos que a Escola de Música d’aCentral Folque ofrece para algúns sábados dos meses de febreiro e marzo de 2019, unha variedade diferente para a práctica instrumental, de voz e do baile en Compostela. Cursos específicos en diversas especialidades instrumentais para afondar en aspectos relativos á interpretación, técnica, repertorio, movemento e discurso cos mestres que os imparten. Terán lugar no CSC da Trisca (agás Bailegramas no CSC O Romaño) a prezos moi reducidos.
Esta é a oferta para o trimestre:
Rabeca do Brasil

Músicas populares do Paraná

con Guilherme Romanelli

Sábado 2 febreiro

16 – 20h // 20 €
Canto e Pandeireta

D’A Pontragha e outros cantos

con Carme Iglesias

Sábado 9 febreiro

11 – 14h // 30 €
Regueifa

Introducción á improvisación oral

con Alba María

Sábado 23 febreiro

16 – 20h // 30 €
Bailegramas

Escritura do baile galego

con Serxio Cobos

Sábado 2 marzo

11 – 14h e 17 – 21 h // 40 €
Birimbao

Trompa de boca

con Che Vázquez

Sábado 9 marzo

16- 20 h // 30 €



CSC A Trisca
Abrir mapa en navegador

- aCentral Folque -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova









Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal