>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Obradoiro de Canto e Pandeireta en Arzúa

Ver en Facebook

(ultima actualización: 30 / 1 / 19 )





Xa temos nova data para o obraodiro con Noemi Basanta Llanes unha adufeira de salitre que nos vai a ensinar un pouquiño máis acerca do canto e pandeireta. Quen se anima? Será o DOMINGO 3 de FEBREIRO ás 16:30 na ludoteca de Arzúa!

Noemi Basanta impartiu aulas regulares de canto e percusión na Escola viVAntes de Santiago de Compostela. Actualmente, é mestra na Asociación Cultural Cántigas e Frores e tamén a directora do seu grupo de pandeireteiras. Nos últimos anos, ofreceu diversas conferencias nas que explorou a variábel de xénero na música e na literatura popular en universidades como a Complutense de Madrid, a de Deusto ou a de Salamanca.
Participou como vocalista, percusionista e bailadora do grupo Leña verde de Pol e froito dese traballo é o álbum “A Contratempo” (2010). Forma parte de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, con quen editou “The tambourine man” (2015) e “Noró” (2017). Con elas tamén colaborou nos discos “Galiza” (2014) e “Maletak” (2016) de Kepa Junkera.



Arzúa
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova









Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal