>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Curso de iniciación á harmonía tradicional e arranxo folc en Compostela

Ver en Facebook

(ultima actualización: 30 / 1 / 19 )





No seu compromiso por ampliar coñecementos arredor da música tradicional, Cantigas e Agarimos ofrece de novo un curso de iniciación á harmonía tradicional e arranxo folc.

Pedro Pascual axudaranos a comprender dende un nivel cero os principios básicos da harmonía moderna co obxectivo de ampliar o noso concepto da música tradicional, respectando e comprendendo as fontes de orixe e adecuándose ó arranxo. Dirixido a todas as persoas con coñecementos básicos de linguaxe musical e con interese en coñecer as normas e aspectos básicos que interveñen na harmonía moderna ou tradicional.

PROGRAMA COMPLETO DO CURSO: http://cantigaseagarimos.es/contido/varios/CURSOHARMONIATRAD.pdf

O curso estructúrase en 9 aulas de 3 horas. Serían os venres de 19:30 a 22:30h e repartidas durante os meses de febreiro a xuño.

Febreiro: 15, 22
Marzo: 15, 22
Abril: 12, 26
Maio: 10, 24
Xuño: 7

O prezo do curso completo é de 180€ (Pagamento único por transferencia).

É o momento de ampliar coñecementos! Apúntate!

Máis información no teléfono 618 518 524 ou no e-mail contacto@cantigaseagarimos.es




Cantigas e Agarimos
Abrir mapa en navegador

- Cantigas e Agarimos -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova









Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal